Benvidos porcos e poliños

Xaneiro 27th, 2012

Benvidos porcos e poliños.

O xefe morreu. Celebrástedes unha boa mariscada pagada por todos e a festa debe continuar.

Ana Botella di que señamos voluntarios. Por exemplo, nas bibliotecas.

Estou dacordo. Máis esta terxiversando cando fala doutros paises. En paises avanzados, nunha biblioteca xamáis prescinden de bibliotecario. Un, con tempo libre, (xa que isto dase en paises con pouco paro) vai axudar os rapaces ou adultos  a facer os deberes , ou de contacontos.

¿Pensabades que non iamos dicir nada? O malo que ten de arrinconar a xente e que cada vez ten menos que perder.

Benvidos, porcos de mariscadas, e poliños chiadores ós porcos. Ide a rezar a cidade das Filloas do xefe finado.

Na foto, a biblioteca pública de Toronto.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Fraga: que te leve o demo

Xaneiro 15th, 2012

Manuel Fraga cantando «que te leve o demo»


Chuzame! A Facebook A Twitter

homenaxe de Mariano Grueiro a Isaac Díaz Pardo 5-1-2012

Xaneiro 5th, 2012
homenaxe a Isaac Diaz Pardo por Mariano Grueiro

 

homenaxe a Galiza feito home. Non esquenzo o affaire Sargadelos pero tampouco o laboratorio de formas, a colaboracion con Luis Seoane, monografias que so saian en edicions do castro, carteleria xa dende o 36…imaxinou a Galiza do futuro e ata foi quen de creala. Nada me tería gustadomais que entrar a traballar para el no 99 ou no 2002. Pero nen tiven nen teño mais curriculo ca min mesmo. Isaac morreu e a nave queda sen governo.
Sen governo.
Ata sempre Isaac
Saude e terra
Chuzame! A Facebook A Twitter

«Rompe tu voto» rompe teu voto contra o golpe de estado dos mercados

Novembro 17th, 2011

qrcode

«Rompe tu voto» Rompe teu voto o 20N

Os mercados son os que de verdade governan

Isto e un ataque de denegacion de servicio contra o sistema das eleccions xerais o 20N

Rompe unha papeleta ou mais ( por exemplo, unha do PP e outra do PSOE, xa que eles téñense coma «o voto útil», vótaos e bótaos logo), méteas nun sobre e vota.

Legalmente é un voto nulo.

Se o 32% de indecisos fai iso terán que anula-las eleccións de farsa , controlados polos mesmos bancos que controlan os mercados

http://www.facebook.com/pages/Rompe-tu-voto/242638389131485?sk=wall

Chuzame! A Facebook A Twitter

homenaxe a Hernán Naval, ano 2002

Xullo 17th, 2011

No ano 2002 fixoselle unha homenaxe a Hernán Naval no auditorio que agora leva seu nome en Ribadeo.

Hoxe puiden subir o video a rede

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/RsyLDD3akuw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/5OZFtnxoPbU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/gYYjyP8qHVQ" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/bPoo7ksMyts" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Púxenme a ler o blog de Antonio Gregorio sobre unha táboa redonda que se celebrou en Ribadeo sobre o mestre, e así foi como matinei se non tería xeito de dixitalizar este material que tiña por perdido. A calidade e pésima pero ben merece a pena a lembranza.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Gesucht!

Xuño 11th, 2011


Gesucht!

Weibliche und männliche deutsche Mannequins, die nackt und ohne Entgelt als Fotomodelle auf einer «Pro spanische Gurke»-Werbekampagne aufreten würden.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/5ZOQ1s9Gs00" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Chuzame! A Facebook A Twitter

mariano.grueiro.com e ribadeo.gl

Novembro 18th, 2010

Estes días creei, mediación de flavors.me, dous puxigos de entrada. A ferramenta flavors.me, resultou ser un sopro de ar fresco despois de as veces saturarme tanto de código. Non te deixa facer moito, e un sistema moi simple de ficha persoal de redes e ligazóns…máis gústame esa sinxeleza, e o que precisaba xusto agora.

Por causas varias, nestes tempos onde todos e todos estan na rede, semellara que eu tivera na rede menos presenza ca nunca.

Asi que fixenme dous puxigos de entrada

o primeiro deles da acceso os meus contidos persoais: este blogue, miña conta do flickr, do facebook, todo cunha breve introducción persoal.

está nunha URL ben sinxela de lembrar: http://mariano.grueiro.com
mariano.grueiro.com
Tamén puxen en marcha un vello proxecto: reunir nunha serie de albumes tódalas miñas fotos que teño encol Ribadeo, facer un arquivo fotográfico de Ribadeo.

O arquivo en realidade xa está feito, pero so unha pequena parte está subida a rede.

Pensaba utilizar o dominio ribadeo.gl exclusivamente para poñer gigapanes (fotografías panorámicas de moitísima resolución) de Ribadeo, máis inda non merquei o equipo axeitado, nen sei cando o farei. Podo facelo de xeito manual, máis os resultados de outros autores son moi mellorables.

Nestas estaba eu agardando, cando me din conta que podería retoma-lo proxecto de liga-lo dominio os albumes de Ribadeo que xa tiña no flickr, para acceder de xeito fácil .

e velaquí está o novo puxigo:

http://www.ribadeo.gl

ribadeo.gl

Que ningúen busque ningunha maravilla de foto….son meu arquivo de Ribadeo e hay moita foto, a maior parte son fotografías documentais, sen valor artístico pero con valor de deixar constancia de lugares, alguns recentemente desaparecidos.

A desfrutar deles.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Festa do Instituto Cultural Brasil Galiza

Outubro 22nd, 2010
Hora
Sábado, 23 de octubre · 19:00 – 21:30

Lugar Casa do Brasil de Madrid, Avda. Arco de la Victoria, s/n, CP 28040

Creado por:

Más información
Programa:
19:00 Apresentação do ICBG
- Intervenções de Cássio Roberto, presidente da Casa do Brasil e Concha Rousia, Presidente pela parte galega do ICBG; apresenta Jurjo F. Martins, Delegado do ICBG em Madrid.

- Recital poético-musical com Ana Cibeira, Begoña Regueiro, Concha Rousia, Jurjo Martins e Rafa Yáñez.
… – Concerto com Brasileg@s (Uxía, Sérgio Tannus, Fred Martins), Aline Frazão (Angola) e Leo Minax (Brasil).

21:30 Coktail de Encerramento

Entrada livre

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *
Evento: Festa de apresentação do Instituto Cultural Brasil-Galiza

Local: Casa do Brasil de Madrid, Avda. Arco de la Victoria, s/n, CP 28040
Metro: Moncloa e Ciudad Universitaria. Ônibus: U, 46, 82, 83, 132, 133 e 162.

O ICBG é uma organização destinada a promover o conhecimento mútuo entre o Brasil e a Galiza e o mantimento, desenvolvimento e criação de laços culturais e sociais entre ambos os povos, as suas tradições, história e língua.

Promotoras deste evento:
Casa do Brasil (Madrid)
Casa das Crechas (Santiago de Compostela)
Sociedade dos Poetas Advogados de Santa Catarina (Brasil)
Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa.

ESPERAMOS A TODOS E TADAS VÓS !!Ver más

Chuzame! A Facebook A Twitter

Nunca Mais

Setembro 1st, 2010


Nunca Mais, originally uploaded by Mariano Grueiro.

En determinados medios preguntan onde estan o de nunca mais.
Velaqui está. O pobo da Galiza , dunha beira e da outra
E gracioso ver alguns mandamaseis da dereita vincular o sucedido con Zapatero.
Eles non estaban alí, eu si:a Zapaterono botouno a xente o comezo da manifestación, queimada polo sucedido coa anterior marea negra.
E ese dia, o 1.12.2002, vin a xente de esquerdas, de dereitas, xente de iates e xente do campo.
Iso foi o que pasou

Chuzame! A Facebook A Twitter

a hipocresía do ruido, do sonido e da música en Ribadeo

Agosto 31st, 2010

Quen non estivera nunca en Ribadeo e se puxese a investigar pola rede, pensaría que e un lugar case idílico.

Un ascensor para vaixar a ver o dragón de dúas cabezas, perdón, a ria con dous nomes (en realidade so ten un, pero cada beira dalle un nome diferente de facto), ascensor que remata sendo unha atracción en si mesmo, un atraente casco vello (con casas tanto restauradas como que cáense (gugulea «ribadeo falls» para ve-lo traballo de Antonio Gregorio sobor delas ), Unha paisaxe fermosísima nos arredores, unha ría (outra repetición pero e que esta ría e única )que tórnase praia duas veces o dias polo medio, e os de Ribadeo chamámoslle a este amoreamento de sedimentos «Tesón»), vida política ribadense totalmente inútil nas formas no xogo político entre os diferentes grupos, digna de estar o nivel da política que se fai na capital do reino (de España). Unha vida cultural abraiante, unha chea de locais de hostaleria.

Non e tan bonita a couas, e comezarei por estes últimos.

Cando vives en Ribadeo hay un problema que non sae proporcionalmente reflectido na rede: o ruido en Ribadeo de noite.

Este ruido faise co consentimento de hosteleiros, políticos e forzas da orde.

Coma bo amante de Rachmaninov, o death metal e outras variantes musicais, quero primeiro contextualizar: este artigo non vai contra a música, e menos inda cos locais de ocio cun mínimo de responsabilidade. Desfruto tanto tomandome unhas bitrras escoitando a suicidal tendences coma tomándome un Alvariño se no local poñen Mozart.

Mais non caiamos na trampa dos que demonizan o que se queixa. Eu queixome da vista gorda que se fai para certas cousas, mentres que outras son materia imposibel. ¿Queda claro, caciques do carallo?

Fáise moi util utilizar a teoría de xogos para explicar a situación, e concretamente o xogo do presidiario. Estás na cadea e outro tamén está , podes denuncialo máis se o fas o millor o outro faino e estarás máis tempo. O ideal seria chegar únha situación de entendemento, máis co caciquismo presente, o outro presidiario en plan sobrado coida que mandándoche os cans el librase. (podería seguir un bo rato falando de teoría de xogos; confórmome coma outras veces en suscita-la interese, busque vostede «teoría de xogos» no eido matemático e entenderá moitos algoritmos sociais).

Se vives en moitas das ruas da zona vella ou nova de Ribadeo non hay dios que durma. Punto.

Ante unha afirmación tan sinxela non hay solucións, so xente barrendo para fora. Veciños que calan, ou que calamos (esta é unha autocrítica imprescindibel , sorte non todos son tan cobardes coma nos), hostaleiros que pasan de autoregularse, (algo que vai contra deles: cando queiran lévolles a moitos sitios de España nos cales os propios locais respetan horas de peche, illamento do ruido, carteis pedindo responsabilidade os clientes cando saian a rua), empresarios non hostaleiros que miran para outro sitio, políticos de dereitas, de esquerdas e ate nacionalistas (!!!) que pensan que Ribadeo e un far west, e forzas de orde que inda que son uns mandados, as veces teñen un comportamento reprobable (por sorte estos últimos non son maioría pero sei de máis dun caso de colaboracionismo chivato entre forzas de orde e hostaleiros/empresarios. Isto para min non e de recibo).

Propoño un boicot. Máis que propoñelo, hay xa varios anos que o fago. Paso de ir os locais que dan problemas, e a tódolos negocios. Sí, o millor de cando en vez estarei nalgún deles. Fixeno e fareino so cando seña imprescindibel e / ou cando teña un forte compromiso social. Son bo pagador e os meus cartos iran o peto de empresarios máis intelixentes.

E famoso en Ribadeo o dito de «en Ribadeo cada un paga o seu». Abofé.

O que non lle guste isto, xa pode quitarme coma amigo do facebook. Outras estratexias tipo ameazas e demáis por un sinxelo artigo como este, so levarán unha degradación da situación.

Esquecíame. Criticar a políticos, a tódolos grupos, que aqui hay para todos.

Danme noxo os concertos que montan en Ribadeo no vrao. Deberían regular o número máximo de decibelios.

En agosto era imposible durmir ata que non remataban ¿a quen se supon que lle fan o favor cos concertos?¿non será o propio grupo e seus representantes, a SGAE e demáis? Porque aquelo non era música, era ruido. Os concertos tiñan unha calidade en moitos casos pésima, e non so este ano senon noutros. E conxuntos que salvávanse, fracasaban no de todos: un volume brutal, e non falo dese estupendo disco de Obus. falo de que as veces o volume de ruido e inversamente proporcional a cantidade de público que hay e sua calidade musical.

¿Que pasa, que eu podo poñer unha jota aragonesa a tope as duas da mañá unha chuviosa noite de outubro abrindo as ventás?¿logo non?¿por qué non?

Pero se os veciños non nos queixamos, semella que nos gusta. Nen a min nen os veciños que coñezo lles gusta un carallo.

Se os hostaleiros queren sair adiante que comezen a pinchar boa música, e dean alcohol de calidade. Inda lembro o garrafón que me deron nun sinxelo gintonic nun local de Ribadeo. Cálome o sitio , non por medo se non por vergoña que inda pasen estas cousas. ¿Pensan acaso que os clientes somos parvos ou que? acabaron perdendo, as contadas veces que voltei a entrar nese local, pedinme unhas estrellagalicia.

¿Pensan os veciños que calan que calando amañan algo? Certo e que nunha convivencia todos temos que ceder, pero ata certo punto. E a partir de certo punto non se pode quedar ben con todos, hay que dicir «ata aquí».

E os políticos? eu non lles voto e punto, paréceme patético que a picien deste xeito, porque ata o momento non fixeron máis que intervencións cara a galería.

Meu consello e que nas próximas eleccións , fagan unha foto a calquer vaca e poñan a foto coma papeleta.

Voto nulo? sí, porque son a nulidade, logo non merecen un proceso electoral serio.

Habería que falar doutros pobos de Galiza, pero so queria falar do meu pobo esta vez.

Esta e a situación de Ribadeo. Hay xa camiño de dez anos, como pasa o tempo! que comecei a recibir ameazas das miñas publicacións da rede. E digo ameazas. A certa xente semella que lle custe demasiado crearse un blog para criticar miñas ideas, que sería o paso lóxico, confrontación de ideas. Pois non, ameazas puras e duras, e as veces teñen pasado a acción. Se alguen lle parece paranoia, que busque no google «mariano grueiro plan galicia casa encantada» e flipará con certos párrafos nos cales eu era que considerado case que un terrorista….por facer fotos duns carteis e publicalas na rede. Iso e materia doutro artigo.

post data: falando de clásica e de metal, do que é ruido, e do que non o é.

Co gallo de renovar meu book de fotógrafo, fágolle fotos de balde (con certas limitacións técnicas , licenza creative commons e demáis, pero de balde) a grupos galegos.

Repito, de balde, xa vedes que malo son coa música. Miña axenda anda sempre moi ocupada (desculpas cando tardo en resposta-los correos) pero para estes proxectos sempre pode buscarse un anaquiño de tempo.

Próximamente, o mesmo para modelos galegas (e galegos), maís iso adiante, que agora ando ateigado de cousas! saúde e boa música!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp