Archive for Decembro, 2003

o saco dos inocentes

Venres, Decembro 5th, 2003

GlendaloughFotógrafos, xornalistas, escritores, artistas e demais fauna : xa podedes estar orgullosos. Hay un ano chegastes a miña terra. Por quinta vez. Ou séptima. Perdín xa a conta dos buques que se votaron a durmir nesta curva perigosa do trafico marítimo internacional no que queren reducirnos. Para uns cantos só somos iso, sen historia, sen cultura…. sen nada. Non sei porque non traen as excavadoras e nos quitan do medio, así acababan con esta curva. Menos mal que inda temos memoria. Que dicir hoxe.

Deume vergonza allea todos estes fotógrafos que chegaron de tódalas partes do mundo para facer carnaza de nosa desgracia. Seino, sei esa pregunta que anda no ar, porque non ir eu, que teño a sensibilidade de vivir estas mareas negras dende que era cativo. Ese tipo de de sensibilidade que desenrolas cando ata tes doencias cronicas debido os verquidos. En fin, supoño que me dixen que xa habería bastantes facendo a labor de berrar imaxes. Pois coido que a sexta vez si que irei, porque… ¿u-los fotógrafos todos ? ¿En Iraq ? ¿U-la súa verdade ?

So hay unha vez na cal non puiden conterme. (outro día falarei dela)

Xa pasou un ano. Ben, non dependo de ninguén. Iso as veces é un problema, agora só quero contar a historia do que pasa. Se non ¿que futuro queremos ? ¿turismo ? ¿industria ? ¿Qué clase de turista voltará se é enganado ? É só un exemplo.

A verdade, é mala sorte cando túas fotos non falan das nenas que son noxentamente prostituidas en Asia ou da loita dos zapatistas, ou dos Cadillacs en La Habana. Quen quere saber nada de nós, dinme. Como se foran poucos os galegos que queren saber o que pasa. A pregunta tería que ser re-enfocada, ¿u-los críticos de arte, ou concretamente de fotografía ? ¿non falan dos autores que nos adicamos a falar da nosa terra ? ¿Qué pasa cos profesores de Historia da Arte das nosas facultades ? ¿Qué pasa cos do resto das facultades (xornalismo, etc) ?

¿Será que só e moi “cool” falares da obra de autores de hay 50 anos ? non ¿Será que a os títulos das nosas obras non son “a spanish village” ? tampouco ¿O millor sera que tes que facer fotos de Kosovo, de Iraq ou de fora ?

NON. Acabo de vir de Irlanda do Norte. Por suposto, pola miña conta (o que os “cool” chaman freelance). Pero non fixen o que outros fixeron con nos hay un ano. Non fun alí a facer fotos dos tópicos, senon a amosar a miña visión do seu camiño cara a paz, e no eido da paisaxe, a fermosura desa terra irmá.

Fagan apostas ¿cal será a seguinte excusa para ignorar os que falamos da terra ? Pois agardar a que o fagan dende fora, dese xeito seguirán atrasados e insensibles, pero maior será o medo o ridículo. Pois tanto ten, coido que hay moito por facer sen falar de xente que ten coma único mérito traducir textos do inglés o castelán, para despois ensinarllos a nosa mocidade. O dito : queda moito traballo por facer.

Mais as veces, realmente, non o entendo. Non acerto a entender cando utilizas a túa terra coma referente e algún xa califica a obra de política ¿ ?. Pois bendita política, pero un non entende esas cousas, se non anda en politica e as únicas armas que coñece son a sua cámara e o seu teclado. Coime. Debo ser moi inocente, porque se non que alguén me explique porque nas revistas de fotoxornalismo só falaron de nós coas imaxes icónicas dun buque partido en dous. Por certo , ¿Algún de vos preguntouse o por qué de atopar só unha firma detras desas fotografías ? Ben, esas fotos foron premiadas, pero eu o premio daríallo a mala persoa que fixo que nese avión que sobrevoou o buque, so levara a un fotógrafo determinado.

Non, tranquilos, eu nunca quixen ir nese avión, dende o principio dixen que xa habería traballo de sobras para os fotógrafos que quixeran, un ano despois de que pasara todo. Así é. E con iso non quero nen negar nen apoiar versións oficiais. O único que sei é, respecto o meu oficio de deseñador gráfico e fotógrafo, que tiven que buscar traballo fóra, posto que aquí non o atopo. Así págasenos os que queremos quedar na terra. Máis incógnitas o saco dos inocentes.

Vamos,batédelle o saco. Batédenos os que queremos quedar, si, dádenos máis, máis forte, nós culpaveis de crer en nós e nesta terra. Imbéciles de crer que podemos facer algo sen ter bonos de mariscadas. Pero que saberei eu da vida ? Que saberemos nos, que só sabemos darlle un boton ?

Repaso o anteriormente escrito e vexo información desestructurada. Confío na vosa intelixencia, hoxe non é o día para concentrarme no traballo.

Hoxe é o aniversario.

Cumprese un ano do novo día de Galiza.

Acabouse SantiagomatamorospatróndeEspaña. Chegou o novo día do pobo. Un díá gañado a pulso. E aproveitarei para lembrarme dun proxecto agora en pausa. Fixen no seu momento un documental sobre o 1-12-2002, traballo que pensaba continuar con entrevistas ás persoas que participaron nela, un ano despois. Entrevistas voluntarias e sen censura, sen importar que fosen donos de iates ou furtivos, crear un espacio de opinión. Pero non puido ser. O equipo que ia utilizar para facer isto morreu o día mesmo que decidín non apagar a cámara o 1-12, aquel día de tanta choiva.

Mentres sostiña a cámara, aquela mesma cámara que rexistraba o audio do discurso de Manuel Rivas, da canción de Uxia, de todo o pobo galego naquela praza, a cámara diciame adeus. Un ano despois non me arrepinto de facelo, mais o que queira que continue o proxecto, xa está tardando en mandarme un equipo (¡coime : que mañá dous de decembro e o meu cumpreanos !). Este é o problema que ten non ter unha productora subencionada, non vives dos teus documentais porque non se votan pola tele. E os que se pregunten polo mercado internacional : xa o tentei, pero polo de agora non hay interese. Admítense -digoo de verdade- suxerencias.

Vexo que isto que xa non sei se chamar artigo, ten cada vez menos fíos conductores. Novo erro ; isto é unha materialización en palabras do noso ecocidio e a súa repercusión caótica na natureza. Así que ollo, quédanme un par de cousas por dicir dos que nos adicamos a centrar a maior parte da nosa obra na nosa terra por decisión propia. Un día fixen un traballo sobre a costa galega. Votei varios meses. Quixen sacalo a luz (é inédito na sua maior parte) mais só atopei pegas, risas e complexos. Hoxe todos falan da costa galega, e o traballo segue inédito (se vedes o meu nome nalgún recuncho perdido de Dublín ou Belfast ; si, son eu, esa xente tivo un maior interese). E tamén hay pouco tiñamos unha exposición dun autor de excepcional calidade, que facía fotos da súa terra. E el si que tiña cabida (Falovos de Ansel Adams, estou traducindo a sua biografía -inédita en castelán e galego- o galego ¿algunha editorial interesada ?), máis, ¿cal e o motivo de que autores similares galegos non teñan cabida. E por favor, inda que estea dando exemplos propios, e no ámbito da fotografía, non o tomedes ó pe da letra coma unha reivindicación persoal : refírome por suposto os fotógrafos e demais autores galegos, e se dou detalles e para deixar patente esa realidade (gustaríame dar detalles sangrantes sobre moita xente, pero iso sería falar da súa intimidade : cada quen e libre de compartila ou non).

Ben, pasou un ano, esquecede se queredes todo o anterior pero quedádevos con isto : temos que seguir cara adiante, e temos que seguir entre todos. O traballo de todos é imprescindible.

publicado en decembro de 2003 en andar21

a rede inarámica galega como motor da sua sociedade

Venres, Decembro 5th, 2003

A rede inarámica galega como motor da sua sociedade
on 05/01/2004

No seu momento, (ano 2000) afirmei que poderia implantar na Galicia unha tecnoloxía que permitise o acceso a internet dende calquer punto nela, sen importares a existencia de línea telefónica ou móvil, nen tan siquer a corrente eléctrica. E a un precio suficientemente asumible : 10 euros o mes. E sen precisar unha millonaria inversión, nin subencións europeas. E totalmente rendible. E legal. E ate dando a opción de crear varias empresas.

Ninguén me fixo caso. Uns non me crian : normalmente, persoeiros de moito poder ou titulacións, supoño que sería porque ,xa que ninguen no mundo, e menos en Galicia, fixo algo así, ninguén máis poderia. Outros creronme, pero claro, así o mérito non seria deles. E outros crian nelo, pero non se fiaban que algo así puidese ser permitido : era demasiado bo. Un mes despois de facer miña primeira proposta, vin coma unha empresa quere ofrecer algo parecido o meu para toda España. Pero , coma era de prever, non implantará a sua tecnoloxía nas pequenas aldeas ou pobos : eles chámanlle rendibilidade, eu chámolle ganas de non facer cartos, toda a masa de xente vivindo en pobos e aldeas na Galicia, ten que ser algo rendible coma potencial económico.Por último, agora, a finais de febreiro do 2002, vexo que queren facer algo coma o meu proxecto nunha provincia de Canadá. E farán unha infraestructura de alta velocidade, accesible a todos, comezando por hospitais e escolas.

E en momentos así, preguntome non xa se algunha vez Galicia terá proxectos de futuro, nin se os ten xa.A realidade e que , vexo coma non só desaproveita oportunidades, sinxelamente esmaga as novas oportunidades que ten de sair do seu ostracismo. Coma se lle convise. Pero creo que isto non dará para moito mais, e se agora a cousa non se empeza por mellorar, aproveitando oportunidades que loxicamente non debesen nin existir, isto rematará mal. Moi mal.
___________
nota a Decembro do 2003 : todavia hay tres meses que telefónica, a compañía española mais grande, acaba de comezar a ofrecer un servicio de conexión a internet de xeito inarámico. Por suposto, so realiza un 30 por cen do que eu ofrecia, posto que so dan acceso a rede, e iso xa coma a gran novidade….tres anos despois de que Galicia rexeitase ter un proxecto millor.
Isto e para pensalo

_________

nota a xaneiro de 2004.

Estoume a plantexar o reescribi-los proxectos, para ofrecelos a algún pais do este, ou ben para dalo a coñecer a opinión pública galega . Por se a algún dos responsables das institucións , do ano 2000, ten interese en coñece-lo nome dos proxectos, eran proxecto volvoreta [o proxecto de acceso a rede] e o proxecto esquío [o proxecto da rede ip galega]

Comments:|Comentarios
Agremon on 06/01/2004
… sen comentario

João on 07/01/2004
falaches com Diaz Pardo?

Mariano Grueiro on 07/01/2004
Non, con el non.

virgula on 14/01/2004
Impresionante.