¿compilar ou binarios?

terminal

Binarios versus código.

¿Compilar ou cliclí?
Non e unha decisión fácil.
Agora teño posto no servidor o MacOS X (10.2.8), logo de dar por imposible atopa-lo xeito de facerlle funcionar únha webcam con linux, cun demo e sen as X. Non son James Duncan

dous paréntesis

1: ¿por qué se moitas das cámaras ip de hoxe en dia teñen coma software o kernel de linux, o apache , os drivers e pouco máis, eu non atopo ninguen que me resposte como podo facer iso mesmo nun equipo normal baixo linux? o outro dicia que o amor está no aire, eu digo que o que está no aire son os drivers para linux dunha webcam. E claro, sen X, que a gracia do servidor e te-lo Seat supermirafiori no chasis.

2: ¿Por qué non hay cámaras web da televisión galega en toda a costa de Lugo?
ben, iso se exceptuamos a miña

Iso, que o bo de un sistema coma o 10.2, e que engancha moito iso de ter paquetes xa preparados para poñe-lo mysql, ou outros.
O malo e que a metade das veces non funciona, e non rinde coma quixera.

Para iso, tiro de fink , que é a metadona ideal cando ves do Debian. Un dpkg, para entendernos. Fai uns dias deixei compilando todo.
Agardei
Agardei
Agardei.
Unha hora, duas tres.
Funme a revelar un tri-x de 35mm.
Cando voltei do laboratorio, isto seguia igual.
E rematou
O millor e que non funcionaba.
Asi que rematas con cara de dicir, millor a mao. Nin binarios, nin paquetes, nen agasallos de nadal. A monte, a colle-lo código, e a darlle. A editar os arquivos de texto para configurar.
Pero por outra parte e tan chusqueiro o asunto do cliclí, de executar un binario e ter solucionado o sendmail .
Sí, xa sei que deberia poñe-lo qmail, que se lle vai facer.
O millor e que vou vello

Comments:|Comentarios
MrJoNeS on 20/01/2004
Siempre código siempre :D, tienes que probar los ports de FreeBSD

Dr Zippie on 27/01/2004
El sistema de ports de FreeBSD es muy bueno, siempre tienes todo compilado para y por tu máquina, organización y corrección de dependencias … En el caso de OS X, yo he tenido problemas con el FINK a la hora de instalar paquetes (y compilarlos) pero no a la hora de instalar directamente los binarios empleando la sintaxis de debian: sudo apt-get install *nombre_paquete* 

Os comentarios están pechados.