virus , ¿qué e iso?

Cada vez que nos medios falan de virus eu vexo un pais atrasado que vive nun soño de metracilato e radios kitch amarelas.

Existe un centro de alerta temprana para os virus, pagado con fondos públicos.
E todo isto e mintira.
E MINTIRA. NON EXISTE INDA NENGUN VIRUS QUE ATAQUE A TÓDOLOS EQUIPOS. SO A UN 3 % DE TÓDOLOS TIPOS DE SISTEMAS OPERATIVOS.

Terían que dimitir tódolos responsables dos medios: televisión, radio, prensa, etc que seguen a falar de ataque xeralizado do virus de turno. ISO E MINTIRA.
¿E logo?

Porque esos virus dos que falan so afectan a un sistema operativo.
Podemos instalar nos equipos informáticos unha chea de sistemas operativos, e tan so un, toda a familia de windows, da empresa estadounidense microsoft, cede ante tales virus.
Direi máis, a maior parte das veces son virus que se extenden polo correo electrónico, e non so requiren o uso do windows, precisan específicamente dun programa de correo da mesma empresa para que este se extenda. Se utilizamos calquer outra alternativa este non se espallará.
E mentres, no telexornal falan de virus. Chamase tal, e é moi perigoso, e transmitese por tal, e o que seña.
Eu utilizo para traballar o Mac OS X, o Mac OS e diferentes versións de linux. Todos estes sistemas operativos, quedan o marxe dos virus. Cando un destes virus chega o seu sistema, e como cando un ruso falalle ruso a un arxentino. Xa poden vi-los virus que veñan, que o sistema non lle pasará nada.
¿Por qué a administración pública segue a utilizas sistemas operativos que son sensibles os virus cando hay xa 30 anos que temos sistemas operativos que son inmunes a eles? Descoñezoo, e isto e de interése pública (da igual cal seña nosa profesión), dado que estamos falando de recursos de todos. Dame igual que unha empresa privada fale o que queira dos virus, e seu problema se quere investir en tecnoloxías enfermizas, pero o feito que dende o eido público se gasten cartos de todos en pagar antivirus, e en perder horas e recursos desinfectando virus, da que pensar.

Se como dicia, queremos instalar un sistema operativo inmune os virus, temos moitas opcións entre calquera dos sabores de linux ou BSD. Isto na plataforma intel (i386), na mac (powerpc), tódolos sistemas que temos a nosa disposición, xa son de por sí inmunes.

Se por puro masoquismo, ou por motivos de traballo, alguen precisa de seguir utilizando calquer tipo de windows, recomendo encarecidamente utilizar calquer programa xestor de correo que non seña o que trae de serie. Proxectos de código aberto como o Mozilla, integran un xestor de correo electrónico. Dentro da sua familia, tamén podemos recurrir a thunderbird. Ambolos dous proxectos, sen ter que pagar un peso . Sen ter que , legalmente, pagar un peso.

Iso sí, todo cambio ten un precio, e a proxima vez que fales cos compañeiros ou amigos, acabouse o tema dos virus. Para non caer no aburrimento, eu recomendo a fotografía, tanto no eido da creacción coma no seu estudio ou coleccionismo. Podemos comezar por revisar a obra de Helmut Newton (finado en xaneiro de 2004 o chocar co seu cadillac contra un hotel de Hollywood de Califormia -temos unha chea de pobos que se chaman Hollywood, coma unha vila preto de Belfast-), Ansel Adams, ou no eido galego, temos unha chea de creadores, coma Manuel Ferrol (que deixounos o ano pasado), Xulio Villarino (adicado a reportaxe e o documentalismo), ou tamén eu (sintoo, a miña obra inda non está en liña, en casa de ferreiro…).

Comments:|Comentarios
opaco on 30/01/2004
…espeto de pau?

Sen nome on 01/02/2004
Estou dacordo contigo. PD: acabo de descubri a túa bitácora. Está bastante ben. Noraboa.

ascárida on 02/02/2004
Home, decir que hay sistemas inmunes ós virus…

RyT from Debian GNU/Linux on 16/04/2004
O 90% da poboación cré que Windows é un estándar. Polo tanto os virus tamén son estándar.

Os comentarios están pechados.