Archive for Febreiro, 2004

un feixe de ordenadores, un feixe de mariscadas, un feixe de cousas por mellorar

Mércores, Febreiro 4th, 2004

Este documento basease nunha gran cantidade doutros documentos que vin pola rede.
E totalmente normal que se pareza a outros, pero como tódolos documentos que escribo, isto e mais que unha xuntanza dun feixe de textos, quero aportar algo.

Hoxe en dia e dificil gañarse a vida en Galiza. A economia galega basease na actualidade en boa medida en redes de clientelismo-caciquismo, algo para o que teriamos que buscar un nome, algo que no fondo non e máis que unha especie de segunda idade media, unha economía medievalizada. Noutras ocasións escribin sobre este tema, de xeito que quero concentrarme no eido da tecnoloxía e a competitividade.

Vou a dar un exemplo. Invistese moito, moitísimo en pagar licencias para usar sistemas operativos nos equipos de todo o governo galego. Dende calquer eido que pensemos. E iso hoxe en día, e un luxo que coido que non podemos permitirnos. Pensémolo un pouquiño.
¿Cantos ordenadores ten a Xunta?
Descoñezoo
Pero son un feixe deles . ¿1000?¿10000? ¿50000? (falo tamen de centros educativos, etc)?

O dito, un bo feixe. E quen leva os ingresos en concepto de licencias para equipar de sistemas operativos os equipos? Pois non moitas empresas. Nen sei nen quero saber quen fai as vendas finais, pero son maiormente duas empresas, microsoft e sun.

[e facil de descubrir: so tedes que ve-lo código fonte , as cabeceiras, dun correo enviado dende a xunta. O normal soe ser que o programa de correo seña o outlook, e o servidor, un Sun]

E eu digo, ¿ que pasaria se nos usaramos todos os cartos de licencias noutra cousa, como dar cursiños para ensinar a manexar esos equipos?. Claro, temos dous problemas, que utilizar para poñer nos equipos que non leven windows, e quen daria esas clases.
Ben, isto e a parte sinxela. poderiamos poñer linux, dame igual cal distribucion, e asi aforrarnos moitos moitos moitos cartos. E para dar clases contratriamos as mesmas persoas que formaramos para instalar linux nos equipos.
¿Vedes que fácil?
Temos problemas, pero dende logo non sera falta de potenciais traballadores dipostos a aprender o que seña con tal de ter un traballo digno.

Os problemas disto e que todo este sistema poderiase facer público ,e acabaronse as ceas, as comisións e a corrupción. Ben , non quero dicir que seña algo xeralizado, pero si que sucede, e un feito que esta a suceder, e a esnaquizar a nosa terra. E se o pensades ben, isto non conven a ningun partido político (a nivel de ideas, facede un repaso por todos, e veredes que é así, que non lle convén a ningún).
Tanto, que moitos, por medo a perder seu posto, miran a outro sitio, en troques de ver que traballo chama a máis traballo.
_________
Publicaron en Barrapunto a nova de que a Generalitat utilizara o open office,por suposto, en catala . A lectura que fago desta nova, en contraste co artigo anterior, non e totalmente satisfactoria, polo seguinte: Sun, e a que fai o desenrolo de open office na sua versión en catala coa xente de softcatala, parece ser quen para vender licencias de servidor e non para ofrecer un producto libre a Xunta…Como esa son moitas as empresas que dan as millores solucións para as zonas máis desenvolvidas, deixando para as zonas mais desenroladas as peores solución.
Eu tomo nota. Por certo. Eu coma servidor de correo utilizo o postfix
, non nada de Sun. Supoño que devo ser medio pailán , verdade?
Por certo, o centro de cultivos mariños de Ribadeo ten enlace directo coa Red Iris. Pero a 4 km hay parroquias que non teñen nen acceso por modem, e os que viven ali teñen que emigrar. Mais que enfadarme, eu poñome triste con iso.
Para os que teñan interese en buscar o centro de cultivos mariños, preguntade polo chalé dun coñecido escritor ribadense, o centro esta máis abaixo

Comments:|Comentarios
dorfun on 09/02/2004
Eres ben iluso. A min ainda non se me pasou o disgusto, despois de vir da exposición esa en 3D que houbo en compostela, con gafas e conexións e fibras do carallo… e no telexornal seguen sainda pobos de lugo sen electricidade.