Archive for Marzo, 2004

australia, con catro anos de atraso

Mércores, Marzo 31st, 2004

on 31/03/2004

Con respecto o que poderia ir Galiza.
Australia da rede os seus utilizando ferramentas que hay tempo que nos poderiamos ter comezado a utilizar .
E curioso isto de personalizar, pero non che queda outra cando xa parece que estas fora de lugar. Non polo que digas, senon coma che tratan.
Coma un marciano,asi miroume moita xente do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia, e de moitas outras administracións, o propoñerlle un proxecto ben parecido o que fixeron en Australia. Ali acaban de poñer en marcha un proxecto para dar acceso a rede por medio de redes inarámicas, satélites e linux

.
Isto e de tolos, aqui hay catro anos que poderiamos ter feito algo asi. Pero nunca acvaban de crelo, teñeno que facer primeiro en Australia

E asi, o millor o dia de mañá un ten oportunidades, non?
Non.
Hay unhas semanas, falando con alguen da administración galega, cain na conta do grande faio, a ignorancia. Aquela que fai que os que poden axudarche non o fan porque pensan que ti non es suficientemente bo. Os mesmos que despois colganse medaias. Familia, amigos,administración….hay unha chea de xente na Galiza infectada por este virus, e contra el so coñezo tres vacinas: traballo, traballo, traballo.

Posted by:|Feito por: MarianoGrueiro

Comments:|Comentarios

Eu on 01/04/2004
Querido, em galego nom existe o Y 🙂
Mariano Grueiro on 01/04/2004
querida, tampouco existe “acvaban “, nen outras cousas que un pon cando escrebe rapido. ¿por qué sempre facer referencia a lingua castelá? mmm teras que collerme noutra 😉 outra nota; tamen o outro dia dixeronme que non existia “Galiza” . Tanmo me ten, utilizo entrambalas dúas. Máis eu preguntoche , que pensas do que escribin? algunha alternativa que aportar? a gramatica esta ben , pero tamen o esta o sair adiante
Eu on 01/04/2004
Escreve como queiras. Nom direi nada mais.
Mariano Grueiro on 01/04/2004
Non hoh, gracias polo apunte, referiame a que podes -tamén- apuntarme o que penssas sobre Australia-Galiza en canto o uso dos recursos. Veña, bicos
Sabela on 14/04/2004
X algo kero ir eu a Australia, xq ch son listos de coidado xDD
mariano on 14/04/2004

sonche, si….;)

Candles at Madrid

Luns, Marzo 22nd, 2004

Last days I was at Madrid.
On 14-M, the same day of the elections and three days after the train blast, I did a work [i began to upload it to the website] at Atocha and El Pozo rail stations about the tribute of the people to the victims.
I still have not many words to say .
Too shocked to say anything.
Peace and love, only this.

supercoomputadores para super….super

Mércores, Marzo 10th, 2004

supercoomputadores para super….super

Un profe de Virginia di:

He looked at various architecture options and was in the process of buying Dells when the deal fell through. He also worked with IBM and AMD and couldn’t get the price to match. The budgets were coming in at $9 to $12 million dollars. The IBM with a PowerPC 970 was a first choice but the earliest delivery date would have been January 2004. Varadarajan said that you can’t design a Supercomputer and wait that long for delivery. “You wouldn’t buy a car and leave it at the dealer for a year and a half. We wanted a short three-month-build cycle and could not wait six months.

[….El estivo votando un ollo a varias plataformas, e de feito ia mercar uns Dell cando deu en pensalo millor. Traballara con IBM e AMD e non acababa de ter un precio. Os costes ian entre nove e doce millons de dólares. O IBM co PowerPC 970 foi a primeira elección, pero a data de entrega máis temprana era xaneiro de 2004. Varadarajan dixo que “ti non podes deseñar un coche e deixalo no distribuidor un ano e medio. Queriamos un ciclo de construcción curto, de tres meses, e non agardar seis” ….]

vaia ohhhhh….. aqui van agardar non seis meses senon un ano a que IBM España lles monte o parato.

En cifras.

Na tele e noutros medios dixeron que o supercomputador español sera quen de facer 40 billons de operacions por segundo, que terá tanta memoria coma 18000 ordenadores, e que terá 4500 procesadores xuntos.

Ou seña, que 70.000.000 euros / 18000 ordenadores, = 3888’8 euros por ordenador …. coime co ordenador, e despois metense con certas marcas.. 😉

Agora imos con Virginia.

Utilizaron 1100 ordenadores, cada un deles con 4 gb de memoria e 160 megas de almacenamento, o cal fai un almacenamento total de 176 terabytes.

¿Cantos terabytes tera o ordenador español?
128 Terabytes. e 9 terabytes de almacenamento. O de Virginia, ten 4’4 teraflops. Dous coma o de Virginia serían coma un do español.

¿Cal sera a sua potencia de cálculo?
40 teraflops. O de Virginia ten 17 teóricos. ou seña que con dous e pouco xa terían a mesma potencia. E iso sería 5 millons de euros (imos redondear e euro=dolar) X 2= 10 millons de euros…… o español custará 70, SETENTA millons de euros.

mmmmm

Isto de non ter carreira fai que me plantexe onde está o truco. Polo momento ollando as fotos da firma do acordo de compra, xa atopei un rapaz con tirantes [ligazón a foto, 2 megas]. Quen sabe, o millor o dos tirantes e o que ten a solución de todo este lio…

peticion para un rural con rede | sign for Broadband access in rural Galicia

Martes, Marzo 9th, 2004

on 09/03/2004

Levo uns dias dándolle volta a que podo facer para vencer unha situación sen saida. Tódolos galegos que están sen rede.
Así que pensei en facer unha petición telemática.Precisamente os galegos que non teñen acceso a rede, non poderán asinala, pero ahi agardo a solidaridade do resto dos galegos. Cantos mais sexamos, menos excusas terán as empresas e a administración para atopar solucions, que hainas – e rendibles para todos.
http://www.petitiononline.com/f2004/petition.html

Non podo cambiar o texto, pero si que podemos ir xuntando ideas, asi que dentro duns dias poñerei unha web sobre isto, por se xurden proxectos, ou para coñecer os que seguro que xa hay pola rede.
_________________

Half a million of Galician people are withouth access to the Net.

Here you’ll find a petition online where you can sign.

EEUU prohíbe publicares artígos científicos de Cuba, Irán, Libia e Sudàn

Domingo, Marzo 7th, 2004

on 07/03/2004

Como soa.
A nova foi do 24 de febreiro de 2004 e inda duas semanas despois estou tentando encaixar esa nova neste mundo. Ou encaixarme a min nel.
A excusa e que os de facénda din que a publicación destes artigos sería violar o bloqueo, e blablabla.
Revistas coma science e outras declaráronse en contra…. pero non sei ata que punto.

Isto non pasou nen nos tempos da guerra fria.
Pero ben, quen sen eu para dicir nada.
Estiven todo este tempo agardando por unha reacción, da universidade de Santiago, da Complutense, ou de calquer outra europea.

Considerei seriamente, e inda o fago, poder axudar a dar

soporte a tódolos cientificos destes paises que non atopen plataformas para a publicación, pero mentres , preguntome porque son eu e non as universidades, o que pensa nisto.

Un señor chamado Michel Lightner, do IEEE, dixo que faría cumplir as leis do seu país. Ese organismo e o instituto de enxeñería, eléctrica e electrónica. E algo moi importante, a moitos niveis.

Algunha reaccion da comunidade científica vai chegando, pero agardo que esta co tempo sexa maior.

A persoa da ligazón anterior propoñía cousas tales coma:

What can you do?

* Attend receptions and functions at IEEE meetings smoking Cuban cigars.
* Leave little Iranian and Sudanese flags hanging around the conference hotel on tables, in lounge areas, in the toilet, next to the microphone, on your transparencies, in startup screens, and if possible, in the organizer’s suite.
* Play some hot Cuban salsa music at the conference hotel (windows open, volume up).
* For the movers and shakers: propose Havana as the next conference site.
* Give cute names to your methods, as in the “Havana algorithm”, or the “Tripoli formula”, or “the Iranian space”.
* Refuse to referee papers for the IEEE unless they can send you proof of citizenship of the author. Create bureaucratic hell.
* Submit papers under assumed names, pretending to be Iranian, or whatever. The flood will drive them nuts. It’s not illegal to publish under assumed names and nationalities, so create confusion.
* Steal IEEE books at night from the IEEE desks at IEEE conferences, leaving behind a business card with an appropriate message. You have my permission to sign it with my name (Luc Devroye). To be fair, send the books to one of the poor countries on Bush’s hit list.
* If you are Iranian, Sudanese, Libyan or Cuban: we love you, and you are not alone, rest assured. Please submit your work to Canadian and European journals until the governor of Texas is deposed.

“Aquelo e unha carroña que non ten sentimentos”

Venres, Marzo 5th, 2004

“Aquelo e unha carroña que non ten sentimentos”
Recentemente escoitei este testimonio.
Unha persoa queixabase dese xeito da atención recibida por unha inspectora de saude en Burela.
Vou a contextualizar un chisco.
Burela e internacionalmente coñecida polo seu bonito do norte.
En Burela atópase o hospital da costa, o hospital o que tes que ir cando vives na mariña de Lugo e tronzas un óso.
Atópase tamén a inspección, noutro sitio. A inspección de saude tes que ir, cando por calquer motivo non podes traballar: dese xeito a seguridade social do estado español, comproba que efectivamente non deixas de traballar porque deuche por ir a tomar os vermús para ver os programas da tele no bar, senon que efectivamente, non podes traballar.

Ben, a esta persoa citada anteriormente, unha inspectora díxolle que “usted se está aprovechando de esta situación, y ahora mismo le doy de alta”.
Ante esta situación, a persoa afectada tentou defenderse, máis recibiu un “se está en contra desta decisión , denúncieme”.
Denuncieme…..tremenda valentía!
Denuncieme….. que me digan coma unha persoa nesa situación, dada de baixa por enfermidade, pode denunciar cando dificilmente chega a fin de mes. Denuncieme……. pois si, denuncia a merecía, pero aproveitase que non está tratando coas baixas de abogados e funcionarios de grupo A , senon con mariñeiros, amas de casa, obreiros, caixeiras de supermercado…..Denúncieme….

Ou seña, que inda por riba que tes problemas económicos e de saude pola baixa, tes que aturar como unha persoa que se supon capacitada para desempeñar ese traballo, che di esas cousas.
Doe.
Xa podes pedir cita pola rede pero hay cousas que parecen de hay corenta anos.
Esa persoa, semanas despois, tiña cita para un especialista. No hospital da costa da mariña. E o primeiro que di o especialista, despois de ler o expediente, foi
“hay unha cousa que non entendo ¿Como é que está vostede de alta? Vostede non pode traballar neste estado!”
E entón recibiu información de toda a historia. Coincidiu con esa visión, pero non pasou de ahi….

Eu súmome tamen a afirmación
CARROÑA, con maiúsculas.
Descoñezo o que cobrarán e as ordes que lle darán a eses inspectores, pero toda esta historia lembroume dun caso que coñezo ben. foi hay xa uns cantos anos, máis de dez e máis de doce, pero non moito máis.
Un obreiro do naval chegou un dia buscando a baixa definitiva.
Nesta época en que moitos xornalistas califican de vagos os traballadores navais, aquel obreiro chegou solicitando aquela baixa. Foi tamén unha inspectora de saude de Burela (outra diferente) a encargada en avaliar o caso.
Ben, sempre daba excusas. Chegou a dicir que era algo psicolóxico.
Este obreiro estaba podre de cancro. Despois de 6 anos por médicos, e rematar así “Apareceu de súpeto”. Coime, de súpeto, 8 anos de síntomas. Se chega a ser despacio…
Aguantou un ano máis.
Fun o seu enterro, e o dia seguinte, cando a familia xa esquecera todo aquelo das baixas, recibiuse unha carta da inspección de saude.
Seica a cousa xa ia resolverse, tan so tiña que personarse a propia persoa en Burela para firmar un par de papeis máis.
Este obreiro, era meu pai.