fotos da viaxe a Madrid, ano 2004
Xoves, Abril 29th, 2004Xa subin o flicrk as fotos da viaxe a Madrid do ano 2004.
Podelas ver como fotos separadas.
Podedelas ver tamén como pase de diapositivas.
chuzame - Xa subin o flicrk as fotos da viaxe a Madrid do ano 2004.
Podelas ver como fotos separadas.
Podedelas ver tamén como pase de diapositivas.
chuzame - (preme na foto para ler as anotacións da mesma)
están falando agora na tele (teño que vela máis) a mandrágora, un programa que se di cultural, no cal fala da obra de Joan Colom sobre o barrio chino de Barcelona, coa sua leica.
A leica e unha cámara que costa uns cartiños.
Agora as fotos de Colom amosanse pola fundación telefónica na Gran Vía madrileña.
Ben, o programa, a crítica, insiste en falar deses retratos de branco e negro sobre "as zonas marxinais de Barcelona".
A min o que me parece e unha prostitución das imaxes en si mesmas, asi que a miña crítica foi coller un bus e ir a Madrid, para facer un traballo sobre zonas interesantes, tales coma Gran Vía, a universidade , e La Moraleja, un barrio marxinal de madrid: so esta cheo de chabolas illadas do resto de Madrid, que a diferencia das chabolas normais, estas non están intercomunicadas, nen teñen máis vida social que a través do centro comercial.
A falta que teña claro dunha vez como abordar a estructura da seccion galega do meu sitio (admito suxerencias) velaquí a ligazon para ver esta serie sobre as zonas mais marxinais de Madrid. (por suposto, parodiando o traballo de Salgado e Colom, meu traballo foi levado a cabo cunha zorki )
chuzame - Acabo de ver que na na tele esta unha que foi hay máís de trinta anos , cantante de eurovisión , falando das suas historias mentres seu entrevistador fala riba dunha silla de Ron Arad.
Lembrome de tódolos estudiantes de arquitectura que mañá falarán deste programa, e non da relación que mantén coa arquitectura Ron Arad.
Sí , e para que falar xa de Andrés DoBarro.
Hoxe repousa no cemiterio de La Almudena, del non falan, e inda que falasen, o que falase del sentaria nunha silla, que non sería de Ron Arad.
Os que se din cultos deberian reflexionar acerca de se coñecen e de que xeito a Arad ou DoBarro, e non so os programas de petardeo e as historias da euro? visión?
chuzame - Coñecer a calidade do fluido electrico. E o último plan da Xunta.
Iso pareceme positivo, moi positivo, pero non suficiente.
E curioso, por que , que precisara dito plan para a análise? Entre outras cousas,
unha adsl. E dicir, E unha boa iniciativa para analizar a competitividade de empresas....que están en certos sitios. Unha vez máis, nada de montar empresas en pobos.-porque neles non chega a adsl-
Ou seña, que a nivel oficial, da igual ter un corte de luz e que o ext3 se vaia de cañas, "se queres poñer algo, vaite un polígono". A este paso isto será como Iberia que cobra a auga os cativos " xa nada e gratis " di. O que se traduce coma "Antes non era gratis, pero cobrabamolo doutro xeito".
Supoño que o dia que o rural non teña cortes de luz será cando vaia pagar máis que na cidade.
O meu servidor, normalmente leva un tempo de acendido, ou uptime, maior que o que teño contratado fora cunha empresa galega . Por que?
Digoo porque suponse que os servidores de fora estarán por Alcobendas , e non terán cortes de luz de sete minutos (que como fago eu para soste-lo servidor? maxia
Non sei nada, non entendo nada. Hay dias que vexo que vaia parvo que son.Se non algo faria, non?
Que como fago para que un servidor rural aguante máis queun servidor ianqui? polo traballo, non hay recetas segredas
chuzame - |
on 13/04/2004
|
oides, non era regalado? Facemos isto: no proximo cumpreanos para celebralo vendovos o meu cepillo de dentes, por so 10 euros o mes
óla Sabela, canto tempo! bicos -xoel, irás a Ourense?
chuzame -
Estos dias estiven no congreso Irlanda-Galicia que organizaba o consello da cultura galega. Os meus parabéns os organizadores.
As xornadas foron variadas e de bo nivel, e so caberia apuntar precisamente a falta de tempo, se ben isto e un contrasentido,posto que obrica a adicar máis medios e recursos, o que moitas veces remata en proxectos inviables.
Este congreso si que foi viable, e o parecer poida que remate tendo unha continuidade noutro seguinte en Cork, quen sabe.
A nivel persoal, aprendin moito, e máis que de Irlanda en sí (Non e que o saiba todo, pero moitos dos datos dados, podes estudialos -estou deixando aparte que tamén varias das ponencias eran de datos específicos- ), aprendin do medio universitario , posto que nunca fun universitario, e ali todo o mundo o era.
Ben, o millor era poder compartir experiencias e inquedanzas, dada a especificidade da temática, e de que poucas veces podes contactar. Coido que para alguén da universidade, non se da con asiduidade (ou así o indican os resultados, este e o primeiro congreso do que teño nova en toda a historia), e menos da , pero para min, e inda máis excepcional, de ahí a miña ocasión poder establecer contacto.
Os meus parabéns para a organización
chuzame - on 23/04/2004
Recentemente, atopeime cun problema.
Todo o mundo riuse de min porque comencei a falar en inglés e ninguén me entendeu.
Que divertido e rirse con alguen, e que maldade rirse de alguén.
Despois pedironme que falase so nun idioma.
Ben, irei o grao.
Ata que punto agárdase que un ( ti , eu) escoite en tódolos idiomas, para despois non falar en ningún?
E esta afirmación da fala , e con dobre sentido, referíndome a falar coma crítica no feito da comunicación, e tamén o non saber falar (porque tampouco tes ocasión en emprega-la fala e así pulila).
De certo xeito, isto e coma unha moda.
Solicitar idiomas.
Un, tres, cinco, un feixe deles.
Se non os tes, non te-lo traballo.
Máis a hora da verdade, é o xefe ou ninguén quen se ocupa de todo, ou quen fala todo.
Para qué os idiomas entón?
Pois será para para os que teñen cartos para pagarse os títulos, e os que non teñen eses cartos, non teñen idiomas.
Con iso non quero dicir que so cos cartos te-lo título, pero sí afirmo exactamente seu oposto, que se domina-lo idioma e non tes papel, non tes nada (falo so a nivel social, desentrañando estas leis non escritas, non e que eu pense que teña que ser así).
Inútiles e frustrados.
Inútiles os que aprenden que so podes millorar facendo inutilidades, e frustrados, os que aprenden que é inútil facer cousas útiles.
Dito todo isto: con ou sen titulo, saber idiomas e fermoso , divertido , e moi útil.
Fai un mundo máis pequeno.
Xa o din: esta e a era da destrucción da xeografía.
chuzame - Paco, Don Paco, is the Mayor.
The Mayor of a council near the coast.
The council have a big big shield, but Don Paco missed these times.
Or at least he says that when people asked him about a shiel from the times of Franco dictatorship.
Don Paco spend the summers in the Franco's camp , when he was young.
Now, he see, everyday, from his windows, the shiel, made of stone and blood,in the park, where the children plays.
While play the children of the democracy.
The democracy of Don Paco.
.
chuzame - Dictaduras tecnolóxicas.
Tanto falar de brechas dixitais e todo témolo diante.
A cmt, que e un sitio que ata hay uns dias poucos coñecian -eu sí- , e que sen embargo, influia na vida de todo o mundo que queira comunicarse de xeito non presencial. Comisión das telecomunicacións.
Estes dias hay polémica, porque o concello de Altarfe fixo un plan para dar acceso a todo o mundo. ( coma eu quixera facer xa hay catro anos).
O caso e que hay pouco houbo unha denuncia, e todo o proceso atópase en perigo.
E aqui comeza outro friki-chou:
A excusa de todo e que o concello fai a competencia desleal as compañías de telecomunicacións.
A ver se enterome ben do que pasa.
Sucede que hay unha xentiña que di que non poden dar acceso a rede, a moitos usuarios, e sen embargo se ti queres dar acceso a rede, denúncianche.
Se en lugar de datos falaramos de auga, significa que moita xente non ten acceso a auga corrente, e hay alguén que quere levala a cubos, e a esa persoa que sube o monte cos cubos dinlle "oes, que non podes, faslle a competencia desleal a estos " -" pero se estos non queren levala" "sí, si, pero a ley ten que cumplila todo o mundo"
Pois que noxo de ley.
Os pastilleros xa están a poñe-las cousas sobre a mesa, e outros tamén.
Estamos deixando de vivir na era de acuario para vivir na dictadura tecnolóxia. Tes dereito a dicir o que queiras, se e utilizando nosos micros. Tes dereito a usar a biblioteca, se les nosos libros.
1984-2004.
O que falaba de Catalunya, so errou en vinte anos.
Pero non podemos deixar que esto continue.
O meu procesador de textos, e o Abiword.
Un procesador de textos gratuito e libre que calquera pode baixarse de balde aqui ( ou se queredes o binario para mac aqui).
Pois ben, proxectos coma este, corren perigo cunha lei, que socarronamente chámase "de patentes de software -programas-", e que se leva a cabo, a probada polos representantes de todos (entre eles, os eurodiputados do PP, BNG, PSOE, etc), o que provocara e que eu cando queira escribir cun procesador de texto, teña que pagalo. E dicir, moitos voluntarios que traballan desinteresadamente, xa non poderán levar a cabo seu traballo.
Supoño que e o que pasa cando moitas ONG'as cada vez más institucionais son as que acuden a zonas de conflicto internacional, posto que dese xeito, menos testigos.
Lembro que cando saiu a ley do voluntariado, dende a ONG dende a que daquela estaba de voluntario, fixemos unhas xornadas para analizar a nova ley do voluntariado. Baixo a excusa de máis control, máis axudas, existia a vontade dun control férreo sobre todo o que se movese.
Control, control, control..... ten que ver. Eu digome que se as forzas que se teñen en querer controlar, se puxeran en traballar, isto iria doutro xeito.
E agora lembrome da galipedia, (enciclopedia libre en galego), cando hay so uns meses falabas dela, ninguen a coñecia, e non tiña moitas entradas . Ben, tiña unha chea, en proporción a xente que colaboraba.
Pero agora xa hay máis de mil entradas. Mentres outros controlan, outros traballan, e alédome de ter colaborado un currusquiño con algún proxecto destes, porque todo e pouco , dende a difusión ata o traballo en sí.
chuzame - on 20/04/2004
![]() |
Algo bo que ten Madri e, a parte do bus 157 que vai a LaMora -La Moraleja-, ou que cando vas a buscar traballo tes máis que na tua terra (cousa que nunca entendin: aqui temos mais cousas por facer!), e La casa del libro, unha libreria na que e moi facil atopar literatura estranxeira.
Teñen unha sección de literatura estranxeira, onde podes atopar literatura rusa, literatura alemana, literatura galega (si, si, esta nesa sección, entrando a mao dereita) ou literatura inglesa.
Na sección de novidades atopei este "pattern recognition" ( recoñecemento de patróns), de William Gibson, que seguramente moitas recoñeceran por se-lo autor de Neuromancer. (sí, casualmente o carón seu tamén estaba "en que soñan as ovellas eléctricas", xa citado noutro artigo, que moitos coñecen por se-la obra na que esta baseada a película Blade runner.
Ben, o libro e xa
do 2003,máis e o último de Gibson, e foi botarlle un ollo e botarlle a mao. Quedeime sen ver estarsquiejach, pero ERREONCE vaille dar mil voltas.
Con tempo.
Polo de agora so lin os primeiros cinco capitulos, pero gustome moito eses aqueles de Gibson, coma "fun Guugelar a palabra X" ou darlle un papel protagonista o equipo dunha das protagonistas, un cubo (de Apple).
Gibson está o dia, e non só pola temática, senon que só hay que ve-la sua paxina.
Xa, o millor por esto que digo mañá mesmo atopareime que con que Manuel Rivas ten páxina oficial,pero non falo diso. Falo de participación activa na rede como a que tiña ata hay nadiña (e da que foi pioneiro), Suso de Toro, o que se lle vota a faltar.(i e que ter que atopar a Suso de Toro na caché do gugel, dame mal despois de todo o que fixo na rede)
Relendo de novo os dous primeiros capítulos, estou pensando en retomar algo que comezara a escribir en Agosto de 2001 mentres traballaba de peon cavando zanxas por Neda.
Deixeno daquela cando chegou o 11S,máis polo que estou lendo do traballo de Gibson, o millor non era tan mala a idea dun rapaz galego que da solución a fusión fria dende a sua aldea....
[non sei se está en castelán, porque merco directamente en inglés -lingua do autor-, máis sei que non está en galego. E preguntome se non hay editoriais interesadas en publicalo -eiqui xa teñen un traductor-, xa que se traduce a jarripoter...]
chuzame -