zorki 4
martes, abril 20th, 2004
|
Phtos are from the man...good sentence!
chuzame -
|
Phtos are from the man...good sentence!
chuzame -
chuzame - Na facultade de informática da complutense de Madri,atopeime unha chea de xente falando de esquiar, e de cousas asi, de xeito que fun a biblioteca.
Segunda planta, e na sección de redes tiñan algun libro interesante.
Despois fun a facultade de Física. Teñen unha asociacion adicada a astonomia. E despois por un carreiro fun a facultade de matemáticas, onde tiñan unha chea de antenas para satélite no teito. Mais errei, aquelo poñía "centro nacional de meteorología".
E dalí fun por un carreiro ata un edificio cheo de lousas o redor del. Alí ensinan telecos, e na biblioteca hay unha seccion interesante -10 libros- sobre criptoloxía.
Madri e moi rural tamén, máis moitos (non penso facer coma os que falan da Galiza, penso sinceiramente que haberá de todo) dos que estudian nestes sitios teñen panico a Galicia e so se atraven a deixar o iate alí: a cousa e complicada cando non tes nos carreiros antenas que falan co hispasat.
Polas noites non ves as estrelas con tanto fume , por madri.
chuzame - on 14/04/2004
o juifi
"oes Mariano, que e iso do juifi"
- E do que che falei hay catro anos
- E porque agora falan do juifi?
- Porque telefónica non sabe falar galego (so catala se visitas sua paxina guef onlain), e por que dese xeito ten o traxe novo do emperador.
Hehehe.
Risa parva.
Agora seica Santiago vai ser a primeira cidade galega con rede inarámica. Ribadeo tena dende o 2000, pero claro, e un pobo
Isto parece un contuvernio deses.
Ontes falei con Paola, e hoxe vexo que os de soluziona organizan unhas xornadas.
Pero non puiden enterarme de máis porque non me entraba a páxina co meu navegador, o Mozilla en galego.
Sería porque o meu navegador fala galego?
Quen sabe. Parece que fora eu o paranoico da lingua, pero a xente ponse a pensar cando lle ensinas estas capturas de pantalla. Xa non probei a entrar co Debian e Mozilla.
En fin, pregúntome para que son esas presentacións, ou conferencias, que as dan os mesmos que hay un tempo non lle vian futuro as redes inarámicas , inalámbricas , wifi , juifi ou como queiran chamarlle agora para tentar vender o que non venderían chamándolle as cousas co seu nome.
En fin.....
Non, de en fin nada. un despois ten que emigrar mentres os que antes pasaban de ti, seguen pasando. Que pasen , que pasen, que mentres outros pasan, outros traballamos
Eu acuso
Paro xa, isto xa da para ir comezando, e nin comezamos (isto daria para falar e falar...).Quen diga que estou equivocado, que diga porqué, e que expoña o que pensa nos comentarios. Iso seria moi positivo, pois trátase de chegar a algures.
Autocritica positiva, e o que precisamos. Noutros paises funcionan asi e vailles ben, porque asi melloran moito. Culturas onde valorase o erro como elemento de ensinanza. Aqui co clima asfixiante, pareces un iluso cada vez que tentas facelo.
Tanto me ten, a critica podeche facer aprender moito.
Non me preocupa meter a pata,que eles se comezen a preocupar de facer mellor o seu traballo: estamos todos no mesmo barco, e se esto afundese, afundirase todo, parece que non lles quedou claro co recente ecocidio.
Ogalla un dia teña que correxir todo o que digo, iso significaria ou ben que non recibo o mais minimo apoio a hora de poñe-las cartas sobre a mesa, (e en tal caso todos, no seu conxunto, merecerémolo por seguir poñendo excusas) ou ben todo mellorou.
Opto pola última.
Coido que outro dia falarei do juifi,pero hay que comeza-la casa pola zanxa, non polo juifi. Errare humanum est, gustariame facer mellor as cousas ,pero non son perfecto, e tampouco soño con ovellas eléctricas
chuzame - songs of desperation and elocuence.
among the years remained the true
among the forest remained the
deeply scared by the blind artist
the beauty of the stone reminds
the song of the waves reminds
it's remain the sound of green and yellow gorse.
chuzame - on 04/04/2004
Estiven reflexionando sobre os que poderian ser alguns usuarios do club de golf da illa da Toxa, dixenme, vaia, estou vendo a persoas que o millor chegan de moi lonxe ata o aeroporto, vaixan do avion (seguramente un McDonell Douglas antigo), collerá nun coche unha autoestrada ata Santiago de Compostela, de ahí outra autoestrada ata un desvío para a via rápida de doble sentido cara O Grove, momento no que moitos diran "oes, encántame Galiza, estas carreteras comarcais tan pequeniñas".
O final da via rápida chegarán a unha rotonda, e a unha estrada ata O Grove, no cal os protagonistas da viaxe pensarán
"uhm, esta estrada e realmente pequena, debe ser un costume autóctono regional". Despois chegaran ata unha illa, e comezaran a xogar o xogo do grande-pequeniño ata chegada a noite.
Así durante uns dias, momento no cal farán o percorrido inverso, e cando volten os seus lugares de orixe, diran "encántame Galiza.
Coñezo moi ben Galiza, o mesmo que coñezo moi ben Zurich ou a Costa Azul, pois en todos estes sitios paso moitas horas xogando o xogo do grande-pequeniño, o cal faime entrar en contacto con toda a cultura de cada terra, e por suposto gustame a viaxe para chegar o lugar de xogo do grande-pequeniño, porque vexo o entorno.
Hay unhas autoestradas marabillosas, e ata as estradas pequeniñas tamén están moi ben (nótese o concepto autoestrada-grande , viarápida-pequeniña).
Oh, Quero voltar a Galiza, encántame, encántame.
Ademáis, cando vou o Beach club, a auga do mar está moi limpiña.
Vou o Beach club cando canso de xogar o xogo do grande-pequeniño, porque alí falo cos amigos e coas amigas.
Non e como a cafetería do hotel, no Beach club, podeste relaxar , incluso máis, porque hay un campo, e herba, e auga, e a xente nen tan sequera esta xogando o xogo do grande-pequeniño.
A xente tan só está ali.
Supoño que por iso se chama o clube da praia.
Non hay moita area, pero e coma un grupo de amigos. Todos somos moi amigos, e alí hay xente de todas partes. Hay xende do barrio de Salamanca, hay xente do Barrio do Pilar, e hay xente de El Pardo.
Ata hay xente de La Moraleja.
Hay todo tipo de xente, e iso e moi positivo a hora de enriquece-la convivencia.
O que me gusta destes lugares e a cantidade de xente de cantidade de sitios que están aquí.
As veces non está todo o mundo, claro.
O millor vas a tua terceira residencia, e ves catro residencias que están valeiras na semana santa, pero....¡iso e normal!
TODO O MUNDO vaise a Sevilla, porque alí a semana santa está moi ben, e levas peineta, e todo e máis formal.
Pero ben, iso, Galiza e moi fermosa, eu coñezo ben Galiza, tamén vou as veces as operas, nese aditorio de LaCoru, e cando teño tempo vou na avioneta ata Ribadeo.
Alí teño un amigo que ten un aeroporto, e voto un par de días.
Ben, agora máis.
E que antes non podías votar moito tempo, pero agora podes xogar o grande-pequeniño preto de alí, en Asturias, porque so tes que cruzar a Ria.
Ben, o campo do xogo do grande -pequeniño xa non está en Galiza, pero e que coñeces Galiza enseguida, so tes que coller a avioneta, ou o yate, posto que Ribadeo ten porto deportivo, e xa chegas, e todo esta moi ben. E mais pequeniño que LaCoru pero o igual que LaToja esta tamén moi ben.
E nada.
E iso, Coñezo dende hay anos a Galiza e gustame moito."
chuzame - on 04/04/2004
Facia tempo que non ia por alí.
O Grove, e latoja,-atoxa (normalmente utilizo o topónimo a toxa, pero e probable que estea nun erro: namáis chegar a esa illa ves "a toxa" en pequeno,coma querendo correxir erros)
Fun cun par de amigos, Santi e Payute, que nunca estiveran ali, e coido que deixelles unha lembranza indelebel, do que alí viron durantes os primeiros minutos.
Coches, coches grandes e de cor gris ou azul.
Pero cousas diferentes, non se sabia o que.
Non eran as marcas de coches 'de representación' (din eles) ou de luxo (digo eu!).
Non eran os hoteis con mais estrelas que a via lactea que leva de camiño a compostela, ou era a latoja o millor.
O clú de golf.
E alucinante.
Santi puxo música de Chueca, que ademáis do nome dunha zona moi curriña de Madrid, e o nome dun compositor de zarzuela.
Non puido ser millor a elección da banda sonora.
Mentres o noso utilitario avanzaba lentamente, case mafiosamente sobre aquel cemento que facía de rua, meus compañeiros de viaxe miraban absortos polas ventás aquelas esceas de golf, case coma estampas vivas. Siluetas montadas en carriños de rodas pequeniñas, encerrados nunha alambrada, cuna eira de herba pequeniña, e xogando cun pao e unha pelota pequeniña.
Había cousas pequeniñas, e cousas grandes.
Os coches eran grandes, e as pelotas, pequeniñas.
Os valados eran grandes, e as costas, pequeniñas.
As eiras eran grandes, e os furados, pequeniños.
Preferín non dicirlles nada os meus amigos, porque gústame que cadaquén se forme cadanséu criterio.
E inda non me comentaron moito, pero farano.
Eu admito que inda non teño moitos comentarios que facer.
So que vin que a gracia do xogo e xogar co concepto da iconoloxía do grande e do pequeniño, algo que deixarei para outro artigo.
Algún chámalle golf, pero eu coido que faino irónicamente.
Coido que ese xogo e unha bomba semiótica.
(oh, Mariano dixo que o golf e unha bomba semiótica!, dirá alguén preocupado)
Despois , seguimos avanzando, ata chegar a zona dun embarcadoiro, onde fixen en decembro de 1998 unha das fotos do meu proxecto fin de carreira, adicado a costa da Galiza
A foto titulábase "as duas Galicias".
Nela, a unha beira, aparecía un embarcadoiro deportivo, pechado, cun sinal de "prohibido el paso". Na outra, podemos ver unha rampa, utilizado polos pescadores.
Nela hay nasas (aparellos de pesca).
A mar anda brava, lembro que de tanto vento que facía, tivera que termar do trípode, e pensei que os que estiveran pescando, de seguro que terían que facer uso da rampa.
Pola contra, o embarcadoiro deportivo, estaba valeiro.
Máis, paradóxicamente, mantiña unha cadea, e un sinal prohibindo o paso.
Ou seña, que daba igual que te gañaras a vida pescando, non podias utilizalo, inda tendo temporal.
O fondo o Gran Hotel da Toxa, varias estrelas.
E o ceo, amenazador.
Sobre quen , preguntábame.
Cando un par de semanas depois, revelara o negativo, dérame problemas de densidade, pero solucioneino na copia final -despois de esforzos-.
Abril de 2004, máis de cinco anos, coma pasa o tempo!, despois desa foto.
Cinco anos despois voltei por alí, coa excusa de coñecer a pepi-luci-bom (omito nomes reais, pois elas saen con estes a rede), e vexo unha oportunidade de voltar o mesmo sitio.
Cinco anos despois, inda non atopei xeito de publicar o proxecto. O millor non ten suficiente calidade, o millor non ten saida comercial. O soporte final non deixa de ser un libro, con todo o que iso conleva
Cando pasou o ecocidio do Prestige, lembréime do proxecto: de súpeto, moitas persoas, ou máis ben entidades, preocupadas da costa galega.
Vaia, tres anos despois do proxecto,de súpeto, interese.
Máis foi temporal.
Eu sempre me interesei e inda o fago, pola costa galega, motivo peremne de inspiración para moitas e moitos.
Lembro que me deu problemas a hora de escoller como temática, a costa galega, porque tiñase coma moi vista, dicianme.
Máis a visión de cada unha e subxetiva, persoal, e de ahí ven a orixinalidade e iso era outra directriz que abranguída no proxecto.
Voltei onde fixera aquela foto, e que me atopo.
Alquitrán.
Alquitran,posto que ampliaran a zona de chegada, botándolle alquitrán.
Iso e o que eu chamo atopa-las cousas con sorna.
Vin que as cousas non mudaran moito.
Non vin nasas.
Asi que despois fomos a sentarnos a agardar, a agardar, a agardar, ata que o final atopámonos todas e todos, e botamos a tarde xuntos, falando.
Falando de proxectos, de realidades, e falando de coña, e ata non falando.
Que bo cando ves a alguen en persoa despois de coñecer a esa persoa na rede. E un luxo. Quedas con ganas de falar, pero falar en persoa directamente ten esas limitacións.
O Grove ten un aquel que Ribadeo, so que máis, se ben e certo que Ribadeo ten certas esencias en cantidades moi concentrades, motivo polo cal iguálanse (comezo a pensar se os vasos comunicantes entre Ribadeo-O'Grove non seran estas seis persoas facendo un fluxo de datos)
O camareiro da pizzeria era de Uruguay.
Uns rapaces de Marrocos vendían cámaras a outros rapaces de Salamanca.
O Grove como paradigma da rede.
A cafetería tiña batidos e chocolate, e unha estanteria con varios libros.
E servicios con espellos públicos, nos cales podías ver cine (se o levabas ti, e en tal caso, as mulleres que saian do baño, non lavaban as maos. O cal farianos pensar no motivo instrascendente de porque din iso dos homes, e que tera que ver todo isto co cine)
E no cine hay intermedios, pero inda non descubrín porqué.
E en pasados paralelos atopaste a ti mesmo. Vaia, coma o teatro. A ver se un dia destos puidera. Pero todo compénsase con outras cousas. Máis e fermoso ver a máis persoas con ilusión.
En futuros hipotéticos veste a ti.
Que tarde, precisa un de cousas asi.
E o solpor sobre esa praia.
E cunchas na area.
E chapapote nos pes, xa tempo despois de que dixeran que todo rematou. Non existe.
Friaxe nos pes da auga salgada.
Pero iso so che da mais ganas de sair adiante.
Ollos.
Beizos.
Bicos.
E noite.
Publicado tamén en Amigus
chuzame - |
on 01/04/2004
|
chuzame -