A voda xa ten imaxe gráfica.
05/05/2004
A voda xa ten imaxe gráfica.
O millor foi o anuncio que dela fixo o xornal el mundo, no cal falaba dun tal "Bodone", coma o nome da "tipología" utilizada para a composición do "logotipo".
A tipografia, e insisto, tipografia, non "tipología", tal e como viña no xornal el mundo, e unha letra que ven por modas.
Agora ponse de moda, agora non( xa o di José Martinez de Sousa, no seu "diccionario de edición, tipografía y artes gráficas"). Ese tipo foi feito polo italiano Bodoni, para o seu manual, 1788.
Así que para parodiar o traballo de Jacobo Pérez-Enciso, utilicei unha Didot.
A didot, e un tipo de letra romana moderna que ten o remate horizontal, e foi creada por François-Ambroise, e posteriormente perfeccionada polo seu fillo Firmin. O tipo que coñecemos hoxe foi feito por Adrian Frutiger no 1992 para Linotype.
De Jacobo Pérez-Enciso non direi nada, o seu traballo para El Real, fala por si mesmo.
E curioso que segundo o plan laboura da xunta,, son un peón de albanel, e segundo outras persoas, son un experto fotógráfico e en gráfica. Supoño que vivo nun pais de mutantes, iso explicao todo.
O outro dia, deume por poñerlle nome o japenin que facia unha amiga que recollía tréboles de catro follas: era unha experta en biotecnoloxía, especialidade en mutacións.
Mentres uns casan, outros temos que buscar traballo fora.
Sí, isto e de tolos, pero cada quen ten a interletraxe que se merece.
Outros teñen ¿sorte?, invítanlles a boda
( Por se alguén non sabe de que falo, ou e emigrante: Galiza esta governada por Madrí, e en Madrí hay boda, casase Felipe[mmm , por que ten pegadas a foto abaixo, preto do seu peto?] e Letizia. Letizia estivo por Galicia facendo unha reportaxe sobre o Prestige [ Días después de aquella cena, el 19 de noviembre de 2002, se producía el hundimiento del Prestige. Letizia estuvo allí. Una prueba de fuego apetecida por cualquier periodista. Los espectadores de TVE pudieron verla junto a las personas que limpiaban las playas y los acantilados de la Costa de la Muerte, incluso vestida con el mono blanco que usaron los voluntarios. Allí se encontraba también un segundo equipo de TVE grabando a Letizia, cómo preparaba sus entradillas, cómo consultaba con sus compañeros... Imágenes que se utilizaron en el especial informativo que emitió TVE el día después del anuncio del compromiso y que sirvieron para dar la dimensión de la llamada a ser reina de España. Las cintas sobrevivieron a la condena habitual de ser reutilizadas en otros menesteres para ahorrar. ]. Contra o que poida parecer, isto non ten nada que ver con Urdaci, nen co CNI, nen co cesid, nen con Manuel Fraga , nen con Perez Varela. Coido que me estou liando. E que na COPE hoxe a tarde, o igual que en ANTENA 3 , falaban desta boda. O que vou, que cada dia falan un anaco desta boda polos medios . De Jalisia ninguén fala, pero non o digo -claro está- por criticar. Esta claro que "LA BODA" e un tema da maior interese.)
Por certo, que ninguén opine da interletraxe entre o "M" e o "A" de "mayo", ou da distancia entre o "A" e o "Y". A min por facer algo así suspendíanme, claro que hay unha asignatura imprescindible para o deseño grafico por madri -ou compostela- que teño que repasar, a da mamonética.

Por suposto, devezo coas ganas de ir ve-la voda, ¿non hay ninguen que vaia ata aló?¿algún residente en Madrí disposto a dar aloxamento de balde?
chúzame -
