paxinas persoais en galego, un geocities en galego

o que son as cousas.
Cando nos iniciábamos na rede, era normal abrir unha conta nun servicio de Estados Unidos, para facer a tua primeira páxina -que tempos-
Anos despois, hoxe cada vez máis galegas e galegos temos acceso un equipo informático conectado a rede . Non moitos, pero máis que antes.
Os ordenadores van máis rápido, os sistemas operativos non avanzaron moito, e os libres avanzaron moito, e as páxinas persoais dos galegos.....seguen na diáspora.
Non entendo ben porque a emigración dixital segue adiante, pero tiven unha idea.
Por que non evita-la diáspora dixital, dando aloxamento en Galicia
E iniciei un proxecto para dar un enderezo as paxinas persoais: http://persoais.enderezo.com.
Non hay detras unha grande empresa, nen tan sequera institucional . Por suposto que todo apoio seria ben recibido, pero iso non me votou atrás, un sempre esta a tempo de apagar todo.
E posible, de feito agardoo, que alguen se ofrecese ou ben a axudar ou a iniciar un proxecto similar.
So agardo que non se tarden outros oito anos.
Posted by:|Feito por: MarianoGrueiro
Comments:|Comentarios
- agremon on 17/05/2004
- mira á túa beira, un pouquiño detrás: ...'que alguen se ofrecese ou ben a axudar ou a iniciar'... por eiquí andamos
- dorfun on 20/05/2004
parabéns pola proposta... vouna publicitar!
nota a 31 de agosto de 2006. Despois de moitas paradas tecnicas por mor de cortes de tensión, ataques, e finalmente falta de mantemento pola imposiblidade de actualizacion tecnica, a cousa esta parada, por iso esta desactivada a ligazon. Pero non esta morta a idea. Inda non
chúzame -