¿Miña web cumple coa LSSI?

22/05/2004

Atopei na rede unha páxina na cal pódese coñecer se a nosa web cumple coa LSSI ou non, atoparédela eiqui.
E moi curiosa. En realidade , dalle a volta: a LSSI, básicamente e unha lexislación que rixe sobre , por exemplo as persoas que fagan, manteñan ou aloxen webs. Nela reflictense multas extraodinarias (extraodinariamente caras) para quen non a cumpre. O paradóxico do asunto e que faise dificil saber se unha páxina cumple ou non con esta lexislación. Moitas -e moitos- , foron os que optaron por desenchufarse ante esta situación.

E todo isto, ante a complacencia de moitos, ora oposición, ora mestres de universidades, ora empresariado. Vou falar claro onde outros miran para outro sitio: eu coido que máis que a vontade de establecer un marco legal e de protectorado ante o usuario, que era a excusa desta lei, o único que conseguen e quitarse a autónomos e empresas pequenas do eido de internet, favorecendo claramente a determinados contidos e a empresas grandes.
Se nos damos unha voltiña e guuguelamos un chisco, veremos como será prácticamente imposible atopar un autónomo, unha persoa física e non xurídica que dea aloxamento. Todo e de sociedade limitada para arriba. Nunha terra coma a nosa con tantos artesanos, a situación normal, coido eu que seria atoparnos unha chea de traballadores, o mesmo que podemos atopar carpinteiros ou albaneis coa furgoneta, teriamonos que atopar unha chea de galegos co seu negocio pequeno baseado na rede.
Non e asi, polo momento, e normativas coma esta, son as que provocan unha gran dificultade.
Ben pensado, aparte de a estes traballadores, ou hipotéticos traballadores, e a tódalas sociedade que seria beneficiada dunha maior cantidade e calidade de contidos e de servicios ¿A quen lle interesa unha lexislación axeitada? Máis ben a ninguén, as empresas grandes interésalles ser máis grandes, e os grupos políticos interésalles estar a ben con elas, pois delas reciben apoios financieiros para seus partidos. Terei agora que dicir que neste eido estan mellor nos Estados Unidos de América, posto que alí o que fan e publicar tódolas aportacions que se fan os partidos políticos. De feito, e inda que neste intre non me lembro dela, existen diferentes sitios na rede onde poden verse as relacións directas entre politicos, partidos políticos,empresas e directivos delas.
E todo e legal

O final saiume un artigo no cal incido sobre a política -no seu verdadeiro sentido da palabra- querendo falar da rede, pero son os lexisladores e agardo telo demostrado con estas liñas, os que tiveron afan de mesturar entrámbalas disciplinas. Pero non podemos darnos por vencidos, nen podemos perdernos nas consecuencias (ou obxetivos?) desta lexislación, e voltemos o rego, ¿ Como poder comprobar se a nosa páxina cumpre coa lexislación da LSSI ou non?.
Ben, se consideramos que a nosa saude mental non corre risco e querémoslle botar un ollo, veremos que hay un apartado no que dí que se temos dúbidas, podemos consultarlle a eles. Non queda moi claro concretamente a quen, máis iso e normal, posto que e unha lei que omite concretar calquer cousa que non seña o importe das multas. Máis como coñecemos o lexislador, o que faremos e dirixirnos a el.

Se optamos pola recomendable e intelixente solución de utilizar o traballo dos que nos precederon, nesta web atoparémonos un formulario que , legalmente, solicita o ministerio que revise a nosa web, para confirmarnos se está dentro da legalidade ou non.

Cheguei a esa web dende esta outra, cuxo autor fala de que dende o 12 de Outubro de 2002, levamos xa case seiscentos días de censura na rede.

Non lle falta razón, [ e o que son as cousas, mirando o código da sua web, meta name=”keywords” CONTENT=”emilio garcia loeda, loeda, emilio, garcia, perl, html, gsm, etacs, gprs, umts, kixtart, galicia, españa, spain, ventosela, ribadavia, programacion, linux, windows nt, madrid, dhtml, javascript, java “ , vexo que esta persoa e de Rivadavia], e é unha magoa que moita xente debido a esa lexislación aprobada ante a conmiseración de moitos fose aprobada: contidos con tanta liberdade como os desa páxina, dan fe do que pode perderse.

Os comentarios están pechados.