Archive for Maio, 2004

muller e linux

Luns, Maio 17th, 2004

17/05/2004
Uxia DoBarro manexando seu equipo con Ubuntu

(Uxia DoBarro co seu Ubuntu)

Por qué parece que a muller non ten tanta presencia coma o home na informática?
Por qué segue habendo neste eido tanto machismo imperante?
Por que todo isto?
Por moitas cousas.
Ontes visitei O sitio de Erinn Clark , que presentará nas conferencias de desenreladores de Debian deste ano (Coma min, e usuaria de Debian e vexetariana), unha conferencia sobre Muller e Debian.
Dende sua paxina ten ligazóns un howto moi interesante (iso si , está en inglés) sobre muller e linux, asi coma un grupo de mulleres que gostan do linux, linuxchix.
E para rematar, un bo artigo sobre as causas do afastamento. Que hay homes patéticos. (e eu engadiria, e mulleres que calano).

paxinas persoais en galego, un geocities en galego

Domingo, Maio 16th, 2004

o que son as cousas.
Cando nos iniciábamos na rede, era normal abrir unha conta nun servicio de Estados Unidos, para facer a tua primeira páxina -que tempos-
Anos despois, hoxe cada vez máis galegas e galegos temos acceso un equipo informático conectado a rede . Non moitos, pero máis que antes.
Os ordenadores van máis rápido, os sistemas operativos non avanzaron moito, e os libres avanzaron moito, e as páxinas persoais dos galegos…..seguen na diáspora.
Non entendo ben porque a emigración dixital segue adiante, pero tiven unha idea.
Por que non evita-la diáspora dixital, dando aloxamento en Galicia
E iniciei un proxecto para dar un enderezo as paxinas persoais: http://persoais.enderezo.com.
Non hay detras unha grande empresa, nen tan sequera institucional . Por suposto que todo apoio seria ben recibido, pero iso non me votou atrás, un sempre esta a tempo de apagar todo.

E posible, de feito agardoo, que alguen se ofrecese ou ben a axudar ou a iniciar un proxecto similar.
So agardo que non se tarden outros oito anos.

Posted by:|Feito por: MarianoGrueiro

Comments:|Comentarios

  1. agremon on 17/05/2004
  2. mira á túa beira, un pouquiño detrás: …’que alguen se ofrecese ou ben a axudar ou a iniciar’… por eiquí andamos
  3. dorfun on 20/05/2004
    parabéns pola proposta… vouna publicitar!

nota a 31 de agosto de 2006. Despois de moitas paradas tecnicas por mor de cortes de tensión, ataques, e finalmente falta de mantemento pola imposiblidade de actualizacion tecnica, a cousa esta parada, por iso esta desactivada a ligazon. Pero non esta morta a idea. Inda non

The street

Xoves, Maio 13th, 2004
13/05/2004

That street were Lorca was.
Time ago.
Now, over the mud, a thousand tons of cement.
Money from Europe.
Money for fireworks.
Money for seafood.
Money not for food.
Money for the petrol company.
Not many money for the sea.
That times, at Argentina, Lorca said words about Compostela.
About the sea.
Here no granite, but cement.
Cement over Lorca.
Forgetfulness over his words.

Ampliación del campo de batalla

Domingo, Maio 9th, 2004
09/05/2004

De Michel Houllebeq.
Non coñecia este autor, e interesoume sua prosa (lin a traducción o castelán, nos pobos galegos e dificil de atopar a versión en francés, Extension du domain de la lutte
) e sua descripción da realidade.

As veces teño escrito cousas asi, e por ignorancia e por ter unha pésima formación en literatura, non tanto por min como por non ir cunha camiseta que poña “escritor” ou “escritor doente” ou tamén “escritor maldito” (si a de escritor currante, pero excepto Antonio Pernas cando fala en programas de tve 1 de Bukowsky, iso non sae nas camisetas que preven ler os mestres ), pensei que era un mal camiño; agora doume conta que non hay que parar de percorrelo: Houllebeq non tivo problema en describir a crise de valores dun informático que xa non lle ve sentido a vida.
Fai ben.
Un peon de albanel de Neda tampouco lle veria sentido, ou unha nai solteira das que traballan para unha subcontrata que traballa para unha empresa que traballa para zara ( falo de zara empresa, non de zara a protagonista feminina do último libro de LeCarré, que era amiguiño de kubrik, o cal tamén denunciaba as guerras).
Unha paréntese, sen darme conta citei a unha empresa copia-moda (non o digo eu, dino eles, asi como o satisfeitos que estan de baixar a música varias veces o dia nos paises arabes para permitir seus ritos relixiosos) , zara, e un deseñador de moda galego, vaia, máis nomes concretos que na metade das novelas editadas no que vai de ano en galego….Houllebeq e un problema, porque non me sinto culpable despois de facelo (el non fala de erreonce, máis si do erreonce francés, o 205 gti)
Enganchoume dende o momento en que despois de falar dunha secretaria, puxose co C++

Pasou o pascal (entrámbolos, duas linguaxes informáticas) , e rematou falando de Pascal (científico).
A continuación, pasou a outra cousa.
Ben, eu tampouco voltarei a autolimitarme, se aqui non queren velo, en fin, que lean coma min a Michel.
Michel que despois foi a Tenerife, o mesmo que eu fun a la Moraleja, pero iso xa e outra historia.

A voda xa ten imaxe gráfica.

Mércores, Maio 5th, 2004

galiza segue a emigrar no 2004

05/05/2004
A voda xa ten imaxe gráfica.
O millor foi o anuncio que dela fixo o xornal el mundo, no cal falaba dun tal “Bodone”, coma o nome da “tipología” utilizada para a composición do “logotipo”.
A tipografia, e insisto, tipografia, non “tipología”, tal e como viña no xornal el mundo, e unha letra que ven por modas.
Agora ponse de moda, agora non( xa o di José Martinez de Sousa, no seu “diccionario de edición, tipografía y artes gráficas”). Ese tipo foi feito polo italiano Bodoni, para o seu manual, 1788.
Así que para parodiar o traballo de Jacobo Pérez-Enciso, utilicei unha Didot.
A didot, e un tipo de letra romana moderna que ten o remate horizontal, e foi creada por François-Ambroise, e posteriormente perfeccionada polo seu fillo Firmin. O tipo que coñecemos hoxe foi feito por Adrian Frutiger no 1992 para Linotype.
De Jacobo Pérez-Enciso non direi nada, o seu traballo para El Real, fala por si mesmo.
E curioso que segundo o plan laboura da xunta,, son un peón de albanel, e segundo outras persoas, son un experto fotógráfico e en gráfica. Supoño que vivo nun pais de mutantes, iso explicao todo.
O outro dia, deume por poñerlle nome o japenin que facia unha amiga que recollía tréboles de catro follas: era unha experta en biotecnoloxía, especialidade en mutacións.
Mentres uns casan, outros temos que buscar traballo fora.
Sí, isto e de tolos, pero cada quen ten a interletraxe que se merece.

Outros teñen ¿sorte?, invítanlles a boda

( Por se alguén non sabe de que falo, ou e emigrante: Galiza esta governada por Madrí, e en Madrí hay boda, casase Felipe[mmm , por que ten pegadas a foto abaixo, preto do seu peto?] e Letizia. Letizia estivo por Galicia facendo unha reportaxe sobre o Prestige [ Días después de aquella cena, el 19 de noviembre de 2002, se producía el hundimiento del Prestige. Letizia estuvo allí. Una prueba de fuego apetecida por cualquier periodista. Los espectadores de TVE pudieron verla junto a las personas que limpiaban las playas y los acantilados de la Costa de la Muerte, incluso vestida con el mono blanco que usaron los voluntarios. Allí se encontraba también un segundo equipo de TVE grabando a Letizia, cómo preparaba sus entradillas, cómo consultaba con sus compañeros… Imágenes que se utilizaron en el especial informativo que emitió TVE el día después del anuncio del compromiso y que sirvieron para dar la dimensión de la llamada a ser reina de España. Las cintas sobrevivieron a la condena habitual de ser reutilizadas en otros menesteres para ahorrar. ]. Contra o que poida parecer, isto non ten nada que ver con Urdaci, nen co CNI, nen co cesid, nen con Manuel Fraga , nen con Perez Varela. Coido que me estou liando. E que na COPE hoxe a tarde, o igual que en ANTENA 3 , falaban desta boda. O que vou, que cada dia falan un anaco desta boda polos medios . De Jalisia ninguén fala, pero non o digo -claro está- por criticar. Esta claro que “LA BODA” e un tema da maior interese.)

Por certo, que ninguén opine da interletraxe entre o “M” e o “A” de “mayo”, ou da distancia entre o “A” e o “Y”. A min por facer algo así suspendíanme, claro que hay unha asignatura imprescindible para o deseño grafico por madri -ou compostela- que teño que repasar, a da mamonética.

Por suposto, devezo coas ganas de ir ve-la voda, ¿non hay ninguen que vaia ata aló?¿algún residente en Madrí disposto a dar aloxamento de balde?

libros de vello

Mércores, Maio 5th, 2004

Iberlibro, antiqbook e outras son boas ferramentas a hora de buscar libros de segunda mao.
Eu queria vender uns cantos, e mercar outros, asi que utilizarei a rede.
Admitoo , non coñezo librerias galegas que vendan libros de segunda mao pola rede.