patentado en Europa o caciquismo
Santiago, redacción, por pepeperez.
A oficina de patentes de Compostela ven de rexistrar a nivel mundial o concepto de caciquismo.
O caciquismo, patentado como método economico-social de participacion coyuntural, parece querer ser adoptado polas administración autonómicas, para o cal recibiran subencións de fondos europeos, os fondos FEDER, todos aqueles concellos que queiran aplicar o concepto de caciquismo, e extendelo polos mesmos.
Para levar a cabo esta tarefa, sairán a concurso directo por adxudicación de postos de confianza, unha serie de prazas de caciques, que serán as persoas responsables da aplicación deste método innovador.
A patente foi rexistrada por unha multinacional estadounidense, chocheichonchuneichon, que ten unha sede en Madrid, chochecheichon Es - pain . O seu responsable , declarou que as suas redes de telecomunicacións , están a disposición deste proxecto, para que asi Galicia "entre en converxencia con Europa e dese xeito afastar os riscos que teñen as zonas rurais de perder a brecha dixital".
Meterse na brecha, segun este responsable de chanchanchuaneixon, parece ser o obxetivo.
A multinaciona percibira dereitos de autor por esta patente.
No exterior do acto , manifestáronse unha serie de elementos radicais, que en declaracións a prensa, afirmaban que "o caciquismo non e patentable, e só un xeito de opresión que adolecemos os galegos dende hay séculos, e todo isto supon un despilfarro dos fondos europeos".
Os devantidos elementos radicais, vestidos con camisetas do que parecían ser churras, foron postos a disposición das forzas de seguridade, por unha unidade de intervención especial que veu expresamente de Valladolid.
Noutro eido de cousas, a festa da empanada do millo transxénico, foi inagurada polo consell........
Isto, que poderia ser unha ficción, parece que pode ser real, visto que a unha compañia estadounidense deulle por patentar o dobreclí . Non e incrible, e real e todo apoio contra a lei das patentes informática e pouca.
Quen sabe se un dia unha desas empresas dalle por patentar o caciquismo. A verdade e que seria un negocio que medraría explosivamente en Galicia. Serian poucos os que non terian que pagar os dereitos de autor
Máis información en galego sobre o que anda a pasar eiqui.
Por certo, que máis poderiamos patentar, similar o caciquismo ( e tan só para dar oportunidades esta 'nova economía')?
dende logo poderíamos patentar a fraga directamente (se non se "autopatenta")... non che hai outro coma él... afortunadamente!
chúzame -