“alto a la invasion”
07/06/2004
As eleccions europeas son as miñas favoristas en canto a propaganda electoral, posto que todos teñen oportunidade de falar.
E como todos podemos falar, eu falarei dunha opción política (e que acabo de poñer a tele e ver un anuncio deles) que afirma que estamos sendo invadidos polos moros [...] e que fai falta votar por eles se queremos rematar coa invasión do islam. Que se queremos apostar por Europa, que lles votemos
Votar non sei, pero teño que voltar pola sua tenda, que teñen productos moi interesantes -aconsello a visita-.
E mentres que eu comezo a plantexarme se en caso de sair estar persoas, en fin eu correria perigo en España dado que falo nunha lingua de regionalistas, separatistas y paletos e dado que teño na casa unha gramática de árabe , vexo que a continuación sae un de Izquierda Unida falando que se queremos apostar por Europa, que lles votemos.
Eu cada día sei menos de política, pero coido que está ben que cada quen exprese suas ideas e asi votar en coherencia, non como fan moitos que din unha cousa por diante, e por detrás fan outra.(esta soe se-la tendencia).
Iso e criticable, polo menos nunha democracia, posto qué é unha das suas enfermidades, e que pode rematar en demagoxia.
Asi que quen queira apostar por Europa que me vote
Seu voto sera nulo, pero cada vez que escoito a partidos maioritarios- non estes dous- falar de Europa, sen citar as politicas europeas, ou da sua apliccion na sua terra , en fin ,millor que me vote e asi non pasara un dia depre nas urnas .
E non riades, que de seguro que en moitos pobos galegos so se abrirán dous ou tres paquetes de papeletas, e o resto quedarán precintadas, co cal se queres votar por outra opción terás que facelo desprecintando os paquetes, diante da guardia civil -isto pasoume hay catro anos en Ribadeo, e non e coña, ante a vista de guardia civil, prensa local, e xente do partido popular e partido socialista de Ribadeo.
Viñan a dicir que se alquen queria votar por eles, que o abrise.
Iso sí, todo era secreto, o lado , despois de desprecintar o paquete de papeletas a vista dunhas dez persoas, podias meterme detrás da cortina para poñer teu voto nun sobre.
Legalidade ante todo.
Hipócritas. Iso sí, depois mais dun politico deste pobo ribadense saira nos libros galegos, e outros xa o fixeron (se alguen sigue esta ligazon, que se prepare para non marearse ante un libro de 247 paxinas -non teño en conta o índice onomástico- que as tres veces que cita algo en galego, faino para facer referencia a asesinatos, ignorantes, etc).

Ben, eu tampouco estou libre de culpa ,quen sabe se un dia lles da por poñerme nun libro (iso si , coido que tardaran en aceptarme aqui, a este paso coñeceranme antes os rapaces xaponeses)
Xa dixen bastantes cousas serias, e non son eu un columnista de La voz de Galicia ( e digo eu, se e de Galicia por qué non se chama A voz de Galiza, A voz de Galicia ou A voz galega.? está visto que teño o dia parvo).
Agora quedo vendo escribiuse un crime (outro deses productos que poñen as duas da maña e co cal ninguen, o mesmo que pasa cando poñen concertos de hay dez anos, levase a engano) , na galega, mentres vexo como un fotógrafo de modas inda utiliza unha cámara coma a miña (vaia, agora que o penso, que mérito ten, esta serie e dos oitenta...estou feito un romántico coas cámaras)

Isto e o que temos: cando parecía que ia facer (dun xeito -o que son as cousas, e falando de política- , políticamente correcto) un discurso facil contra a extrema dereita, ou despois contra os partidos dos extremos , rematei reflexionando se políticos que pensamos que son moi centristas, (coma os citados anteriormente nas ligazóns) non serán o final os máis radicais. Sí, aqueles mesmos que tamén serían os primeiros en facer leña de tódolos partidos non de centro.
Informarse. Ler. Formar un criterio. E o que veña despois, pois así tamén sempre teremos curiosidade en coñecer porque a outra parte pensa coma pensa.
E falando de todo un pouco, e curioso non atopar en galego títulos tan dispares coma Stupid white men, Mein Kampf e outros.
Só por darlle a reviravolta: Mein Kampf seria como sendo indio ler unha do oeste, e o outro 'é dos americanos, aquí non é necesario, non somos estúpidos'. En fin... Mellor de eso que dalgunha política (por sorte, non de todas, aínda que se lles poda aplicar o mes mo que ós ricos na biblia, o de pasar polo ollo da agulla)
chúzame -
