Archive for xuño, 2004
Katsushiro okama, a cuota láctea e os oligopolios neotelemáticos
mércores, xuño 9th, 2004![]()
Estaba a ver de novo Akira e o comezo vin de súpeto explosións termonucleares, vacas mortas cun feixe de teléfonos escachados.
Non recurro os tripis, pero as veces chego a dubidalo.
Creo que te confundiches mariano, é Katsushiro Otomo... aunque ben enténdese coa foto da portada... aunque eu teño outra. A min unha das partes que máis abraiado me deixan, aunque en tódalas esceas fico alucinando e vendo pastillas de cores, é a de tetsuo como 'emperador' semi-ciborg (*_*), sentado no seu trono de formigón... alucinante. Ainda non sei moi ben o que esa escea provoca na miña cacholiña, pero sego a pensar que non é nada nada bo.
chúzame - lingua inexistente
mércores, xuño 9th, 2004son voz da lingua inexistente
o calado da lingua prostituida
o inexistente do eido durmido.
son o mar das pedras que non son negras
o vento das voces que non falan
a sede dos mantidos que non beben
chúzame - Galicia in a nutshell.
martes, xuño 8th, 2004Paco
martes, xuño 8th, 2004Paco
Paco is the big chiken
Paco have an Audi, and he have no problems of money.
He have the half of the village.
Paco is the son of his father.
His father the son of Paco's grandpa.
chúzame - un webmail diferente
martes, xuño 8th, 2004
|
Teoría de xogos... o malo é que na mundo actual (e moitas veces ó longo da historia) a teoría dos xogos (o dilema de cooperación ou confrontación) considérase dende o punto de vista persoal, e xa se sabe: cando un non coopera pero leva ventaxa, sae con ventaxa e o resto apandan.
chúzame - saturacion de internet no 11m
martes, xuño 8th, 2004Inda case ninguen fixo un estudio serio diso.
Vou deixar anotados un par de ligazons para cando poida, voltar sobre o tema.
_________
cando poida edito isto
chúzame - Mna na hÉireann
luns, xuño 7th, 2004Mna na hÉireann, mulleres de Irlanda, e unha canción Irlandesa moi fermosa.
En irlandés:
Mna na hÉireann
Tá bean in Éirinn a phronnfadh séad damh is mo sháith le n-ól
Is tá bean in Éirinn is ba binne léithe mo rafla ceoil
No seinm théid; atá bean in Éirinn is níorbh fhearr léi beo
Mise ag léimnigh no leagtha i gcré is mo tharr faoi fhód.
Tá bean in Éirinn a bheadh ag éad liom mur bhfaighinn ach póg
O bhean ar aonach, nach ait an scéala, is mo dhaimh féin leo;
Tá bean ab fhearr liom no cath is céad dhíobh nach bhfagham go deo
Is tá cailín spéiriúil ag fear gan Bhearla, dubhghránna cróin
Tá bean a dearfadh da siúlainn léithe go bhfaighinn an t-ór
Is tá bean 'na léine is fearr a méin no na tainte bó
Le bean a bhuairfeadh Baile an Mhaoir agus clar Thir Eoghann,
Is ní fhaicim leigheas ar mo ghalar féin ach scaird a dh'ól
miña libre traducción o galego é:
Mulleres de Irlanda
Hay unha muller en Erin, que acolleume e encheume o vaso de cervexa;
Hay unha muller na Irlanda que prefire miñas cadeas a que eu sega preso;
Hay unha muller en Eirinn e nada poderialle gustar máís
Que verme queimándome ou enfriandome na sepultura.
Hay unha muller en Eirinn que estaría anoxada comigo se eu fose bicado
por outra algun dia, elas teñen xeitos estranos, pero eu quéroas a todas; Hay mulleres que adorarei sempre, batallons de mulleres e máis,
E hay unha fermosura sensual e ela puxo cadeas un feo xabarín.
Hay unha muller que prometeu que se eu vagase con ela, atoparía algo de ouro.
Unha muller vestida de noite, cunha fermosura digna da máis muller que disgustou Ballymoveer e a chaira de Tyrone; E a única curación para miña dor e que son certo de que hay unha cervexa baixando polo carreiro.
copyleft 2004 Mariano Grueiro
E pensar que non hay moitas traduccións (non sei de ningunha antes que esta) desta canción irlandesa tan fermosa! Escoiteina cantar en directo, e emocionoume tanto coma cando escoitas a negra sombra.
chúzame - “alto a la invasion”
luns, xuño 7th, 200407/06/2004
As eleccions europeas son as miñas favoristas en canto a propaganda electoral, posto que todos teñen oportunidade de falar.
E como todos podemos falar, eu falarei dunha opción política (e que acabo de poñer a tele e ver un anuncio deles) que afirma que estamos sendo invadidos polos moros [...] e que fai falta votar por eles se queremos rematar coa invasión do islam. Que se queremos apostar por Europa, que lles votemos
Votar non sei, pero teño que voltar pola sua tenda, que teñen productos moi interesantes -aconsello a visita-.
E mentres que eu comezo a plantexarme se en caso de sair estar persoas, en fin eu correria perigo en España dado que falo nunha lingua de regionalistas, separatistas y paletos e dado que teño na casa unha gramática de árabe , vexo que a continuación sae un de Izquierda Unida falando que se queremos apostar por Europa, que lles votemos.
Eu cada día sei menos de política, pero coido que está ben que cada quen exprese suas ideas e asi votar en coherencia, non como fan moitos que din unha cousa por diante, e por detrás fan outra.(esta soe se-la tendencia).
Iso e criticable, polo menos nunha democracia, posto qué é unha das suas enfermidades, e que pode rematar en demagoxia.
Asi que quen queira apostar por Europa que me vote
Seu voto sera nulo, pero cada vez que escoito a partidos maioritarios- non estes dous- falar de Europa, sen citar as politicas europeas, ou da sua apliccion na sua terra , en fin ,millor que me vote e asi non pasara un dia depre nas urnas .
E non riades, que de seguro que en moitos pobos galegos so se abrirán dous ou tres paquetes de papeletas, e o resto quedarán precintadas, co cal se queres votar por outra opción terás que facelo desprecintando os paquetes, diante da guardia civil -isto pasoume hay catro anos en Ribadeo, e non e coña, ante a vista de guardia civil, prensa local, e xente do partido popular e partido socialista de Ribadeo.
Viñan a dicir que se alquen queria votar por eles, que o abrise.
Iso sí, todo era secreto, o lado , despois de desprecintar o paquete de papeletas a vista dunhas dez persoas, podias meterme detrás da cortina para poñer teu voto nun sobre.
Legalidade ante todo.
Hipócritas. Iso sí, depois mais dun politico deste pobo ribadense saira nos libros galegos, e outros xa o fixeron (se alguen sigue esta ligazon, que se prepare para non marearse ante un libro de 247 paxinas -non teño en conta o índice onomástico- que as tres veces que cita algo en galego, faino para facer referencia a asesinatos, ignorantes, etc).

Ben, eu tampouco estou libre de culpa ,quen sabe se un dia lles da por poñerme nun libro (iso si , coido que tardaran en aceptarme aqui, a este paso coñeceranme antes os rapaces xaponeses)
Xa dixen bastantes cousas serias, e non son eu un columnista de La voz de Galicia ( e digo eu, se e de Galicia por qué non se chama A voz de Galiza, A voz de Galicia ou A voz galega.? está visto que teño o dia parvo).
Agora quedo vendo escribiuse un crime (outro deses productos que poñen as duas da maña e co cal ninguen, o mesmo que pasa cando poñen concertos de hay dez anos, levase a engano) , na galega, mentres vexo como un fotógrafo de modas inda utiliza unha cámara coma a miña (vaia, agora que o penso, que mérito ten, esta serie e dos oitenta...estou feito un romántico coas cámaras)

Isto e o que temos: cando parecía que ia facer (dun xeito -o que son as cousas, e falando de política- , políticamente correcto) un discurso facil contra a extrema dereita, ou despois contra os partidos dos extremos , rematei reflexionando se políticos que pensamos que son moi centristas, (coma os citados anteriormente nas ligazóns) non serán o final os máis radicais. Sí, aqueles mesmos que tamén serían os primeiros en facer leña de tódolos partidos non de centro.
Informarse. Ler. Formar un criterio. E o que veña despois, pois así tamén sempre teremos curiosidade en coñecer porque a outra parte pensa coma pensa.
E falando de todo un pouco, e curioso non atopar en galego títulos tan dispares coma Stupid white men, Mein Kampf e outros.
Só por darlle a reviravolta: Mein Kampf seria como sendo indio ler unha do oeste, e o outro 'é dos americanos, aquí non é necesario, non somos estúpidos'. En fin... Mellor de eso que dalgunha política (por sorte, non de todas, aínda que se lles poda aplicar o mes mo que ós ricos na biblia, o de pasar polo ollo da agulla)
chúzame - Eucaliptos rumorosos
domingo, xuño 6th, 2004Cada día hay máis eucaliptos xunto do mar.
Sonche para que nos colguemos mentres buscamos onde se meterían os rumorosos.
chúzame - 


