Archive for Xullo, 2004

o funil dourado

Xoves, Xullo 15th, 2004

Hoxe , preto de onde eu estaba comendo uns esparragos con tomate e unhas leitugas, declarouse un incendio.
A 500 metros.
Non e que fose pequeno, pero tampouco ia rematar o mundo.
E eu seguin como se tal.
E o chegar a noite, puxen o telexornal de tve1, de telecinco, de antena tres, e de telemadri.
Deume algo de impresión, porque so falaban do incendio.
E dixenme, “isto foi como sempre pensei”.
Asi e, non e que fora moito, pero lembreime de moitas noticias importantes na Galiza inda a nivel “español” -non entro agora en politica- , e que non saian.
E un incendio nunha casa vella, sae.
Non ten sentido.
E dicir, se sae e porque estaba preto de onde estan os representantes da xente (congreso), máis non esta en proporcion o que puxeron e o que foi.
E coma tamen vivin en primeira persoa moitas cousas que pasaron en Galicia, e que as veces NUNCA chegaron a sair, non entendo isto. Cousas asi son unha declaración de independenza máis forte que calquer cousa escrita por Daniel.
Eu a noite vou tomar algo de empana de Carral que atopei por aqui.
E penso.
Un funil.
Un funil dourado, barroco, con policromia figurativa nos bordes.
En Madri hay boa xente, pero uns cantos , e sobre todo, institucionalmente, isto e un gran funil dourado.
A ver se un dia falan do que pasa na terra.

Audición, de Miike Takashi

Martes, Xullo 13th, 2004

Non podo por menos que sentirme reconfortado de ter tido a ocasión de poder ver esta película. Non coñecía nen o seu director, nen os seus actores, pero atraeume dende o principio. Xapón e unha terra sempre atraente para calquera, coido, e a pesar de estar rodeados da influencia xaponesa en moitos dos eidos da nosa vida, e dificil acceder a obras feitas ali, contando historias de alá.
Audición (ou Audition que dirían no mundo anglosaxón, ou Odoshi, que e como soa en xaponés) está baseada nunha novela de Ryu Murakami, un escritor xapones que seica é moi coñecido, en especial polas suas historias desenvoltas nun Xapón contemporáneo, lonxe dos tópicos.

E a historia dun home ( interpretado por Ryo Ishibashi) que perde a sua muller hay uns anos, e remata cun amigo, organizando unha audición (de ahí o título da película) par buscar noza. Alí atopa a unha que chama poderosamente a sua atención, e embárcase nunha relación con ela. E antes de seguir, dous detalles que poden parecer sen importancia: el ten unha productora que se chama , non chun-sao, nen nada parecido, senon “tierra”. E cando vai cun amigo a tomar unha copa, pódese ver claramente coma o carón deles hay unha botella de tio pepe. Eu pensei que a este paso, a ver se non comenzarán a aparecer as botellas dun augardente de herbas. A relación complícase, e entre tanta sofisticación xaponesa, a cousa vai tornando dificil .

Ryo Ishibashi e crible, e inda que falase de sentimentos comúns a todos os humáns, e moi interesante ver o xeito que teñen en Xapón de levar unha relación de parella, e ver como están marcados os seus roles. E desas cousas que damos por feito que cada un ten a sua individualidade, e moitas veces non chegamos a ser conscientes do que herdamos da nosa sociedade a hora de ter un corportamento que dicimos que é individual.
A primeira metáde da película avanza de xeito tranquilo, e a segunda acelera seu ritmo narrativo de xeito incrible, ata o punto de preguntarnos se a historia segue sendo a mesma. O seu manexo dos planos, dos ambientes, o vestuario, as actitudes, so fan aumentar esta sensación.
O final, non podo contalo, pero lembroume cando algúns autoras e autores franceses falancha sobre a dondura e transcendencia da pel da mazá para rematar trabándoa.

Eu agora o que quero e saber que teño que facer para levar meus traballos por aquelas terras, o millor alí tamén queren coñecer nosas historias…

Comments:|Comentarios

dorfun on 14/08/2004
…non sei porqué, pero penso que teñen tanto ou máis interese na nosa cultura, coma nós na deles… ó mellor, polo seu xeito consumista de interesarse por todo o que ven de fora… ou polo feito de vivir nunha illa… …aproveito para recomendarche unha que vin o ano pasado no festival de ourense, Dolls de Takesi Kitano, supoño que non será dificil de atopar…
Va! on 21/08/2004
pois eu tiña ganas d ve-la e agora xa teño mais, aber se podo pq co ke soen durar estas pelis no cine e/ou nos videoclubs tes ke ser rapido ke se non t kedas a dous velas. Creo que é a primeira vez que entro e Gustame moito a páxina, os contidos estan moi ben. http://tellaceibe.blogspot.com
dorfun on 02/09/2004
…remato de ver Audition, que vin gracias á túa recomendación… é unha sorte que non apareza aquí o teu número de teléfono… para despertarte esta noite cos meus pesadelos!!!… ;P
on 06/09/2004

guiriguiriguiriguiiiii……..guiriguiriguiiiiiiiiii……guiriguiriguiriguiiiiiiiiiiiii(dorfun sabe de que falo)

pequeno ensaio sobre os contra-argumentos das miñocas

Mércores, Xullo 7th, 2004

Ben.
Consideración, desconsideración.
Becas.
¿Reminiscencias do pasado?
Quen sabe.
Xa non e reclamado coma dereito.
A educación e para todas, para todos.
Logo todos teñen dereito a educación.
Logo todos poden ter acceso a educación.
Logo xa comezamos os erros.
Non todos os que queren, teñen acceso a educación.
E ante este argumento oponse ún contra-argumento.
“as cousas son así e máis persoas teñen ese problema, e a historia de cadaquén e longa, e..”
Utilizase iso sen pensalo realmente.

Porque de feito moitas persoas teñen ese problema, pero que digo que moitas…que digo… todos, tódalas persoas que queren, non son as que teñen acceso.
E sen embargo paradóxico que as persoas que utilizan este contra-argumento, soen ser xeralmente persoaas que nunca tiveron problema para acceder a calquer nivel do eido educativo.
E, por tanto, un argumento-vergoña,
un argumento que quere tapar a sensación de culpabilidade.
Si , culpabilidade.
Non digo, polo menos inda non dixen, que ditas persoas sexan culpables de algo, máis e probable que ante a pregunta antes referida, queda patente no outro interlocutor, a sensación de valeiro e ignorancia, por ter que pasar a unha introducción así.
A situación vóltase máis agresiva, e sóltase o contra-argumento, e a guerra, inda sen pretendelo, está asegurada.

E así e coma a parte máis feble, porque non esquezamos, todo comeza cun inocente argumento da ventaxa do acceso os estudios, remata ante un ” non queiras estar a un nivel superior, mantente o teu nivel….o nivel da tua clase”.
E por tanto e educación unha ferramenta de distinción clasista? parece ser.
Solucións?
Vivir moito.
Cando vas probando tódolos argumentos, probandoos na tua vida, chegas a unha conclusión.
Contra-argumentos coma o citado anteriormente, son unha carallada, imbécil, e sobre todo, inútil, por todo o que pecha de superficial e de negativo.
E coma entón, tentar o diálogo co contra-argumento?
Coma xa dixen, a experiencia de un feixe de armas contra-argumentais, sobre todo se estas experiencias parten de supostos abertos o faio. O que e un anti-valor na nosa sociedade. E unha socieade tan preocupada polo éxito, que o fracaso, inda como ferramenta para chegar o éxito, e denostado. Comezase a estudiar linux ou outros sistemas operativos que tiveron éxito, comezase a estudialos nas facultades de economías, e eu digo que non se trata de cambiar a etiqueta da caixa, tratase da cultura do fracaso, a que ten éxito: se linux e agora o que é , e gracias o estar aberto os faios, e a enmendalos, non a tapalos.
Contra-argumentos coma o citado, son perigosos, pois son incoherentes (son a descripción dunha inexperiencia que quere ser experiencia.
E remata en macroincoherencias sociais. (E dicil, a nivel macroeconómico, macrosocial, etc).
Todo o que leve dito, que inda que poida parecer complexo, e extremadamento sinxelo para unha persoa educada na nosa sociedade occidental ( a mesma que é un ser adulto coma tal non os quince anos coma antes, senon os trinta. Coido que isto require outro ensaio: a nosa sociedade tel tan complexidade que e chegaremos o punto de ser nenos na nosa sociedade, e iso vese claremente nas cidades, na abundancia de tantos locais con grandes lunas, paredes brancas e camareiros vestidos de negro, reminiscencias dunha infancia sen gozo), unha sociedade coma a nosa, que economiza en valores e perdeu a capacidade de asombro.
Un exemplo sinxelo que parte do argumento e contra-argumento do principio: as becas.
As becas son ese elemento que inda que xa conseguiu ser recoñecido na sociedade coma icono, non foi así coma obxeto de uso.
E gostaría de seguir de xeito lixeiro con este argumento, pero velaquí que quen saltou a xeito de repetición e sen ter sequera matinado nel, o contra-argumento, agora coa carraxe da batalla perdida, dirá outro super-contra-argumento, coma

” e acaso algo funciona de verdade nesta sociedade?”

Deixarei a crítica deste super-contra-argumento para despois, agora seguirei o rego.
Se o primeiro contra-argumento e malo, este e peor, inda peor.
E inda máis imbécil, máis idiota, máis estúpido.
E ir contra a propio argumentación: se quen salta con ese argumento (neste caso un super-contra-argumento por estar frustrado), precisamente e alguén da sociedade quen o propon: e o argumentador, e como tal, pertence a ela.
E o que fai, cal sorte non de super-home nietzsiano, senon de infra-miñoca conservadora.
Parecen longas todas estas liñas, máis pode verse de cheo coma somos nos os que procesamos, normalmente de xeito inconsciente e en décimas de segundo, toda esta fraga de datos, de iconos, de argumentos.
Iso ten a sua razón de ser, por economía dna comunicación, máis o problema ben dado en situacións nas que o referente non se corresponde co referido, facendo así unha fagocitación da realidade.
Iso e pésimo, posto que así os valores, e os significantes creados para coñecer a realidade, non se corresponden cunha realidade, senon cunha invención.
E se máis e máis persoass seguen no camiño de utilizar esa invención coma realidade, todo tornará nun dedo acusador contra os que vexan e falen da realidade.

¿ Cal e oa sua vez a resposta ante o segundo exemplo de contra-argumento de infra-miñoca?

As bibliotecas

Chegas, colles un libro e eo lees.
Con cousas así, vemos un avance real na sociedade.

No caso das becas, e algo a medio rematar, nesta sociedade que voltou a enfermar e segue sen querer reparar definitivamente esta parte.

Comments:|Comentarios

Agremon on 09/07/2004

Gustoume. Como facelo chegar á xente? Á non interesada? Á que ten outra estructura montada que lle impide ver cousas evidentes? Á que por estar montada na súa propia vida non ten máis que olleras para o resto? ‘A que só le alg que outro ‘relato do verán’? Á que non le, mira sen ver?