Archive for Agosto, 2004

huit femmes (oito mulleres)

Venres, Agosto 13th, 2004

Vaia, porque escribir sobre cine cando se vas ver a paxina oficial (por certo, encántoume a diglosia dos franceses: en troques de poñer “english site”, puxeron “site anglais”. oh, a diglosia, ese fenómeno tan galego. Cando entras en caixa activa, un servicio de caixa galicia para operar utilizando a rede, ves nun perfecto castelan “¿desea usted utilizar español o gallego”) dunha politica xa veñen os datos? Que alguen resposte, eu mentras seguirei a falar desta película.
Non falarei do deseño da gráfica (carteis, páxina, etc) utilizados, que son estupendos. Esta película fascinoume, e iso que é un musical. Digoo,porque a pesar que agora moitos musicáis gústanme, outros atópoos fráncamente aburridos. Con este, non parei de escarallarme. E moi francés, moi seu, pero precisamente por iso funciona, porque están todo o tempo ríndose de si mesmos (non ten que ver moito con iso, pero coido que no seu momento o éxito de “airbag”, foi precisamente iso). A ver cando por aqui facemos algo parecido, sen recurrir a rinos dé, senon rirnos con.

A historia, e a de oito mulleres, con diferentes relacións entre si o redor dun home, ausente durante todo o tempo, que están nunha casa, ante a morte deste. A trama , a pesar de non utilizar efectos especiais nen tiros (perdón, hay un so tiro. Non, errei de novo, hay dous) resulta interesante, e as cancións están en situacións que complementan moi ben a trama. Tamén se escolleron moi ben coa trama.
A min gustaríame ver un musical galego, coa trama dun wannabe-cacique e todo o redor del, con cancions dende “eu quero ser funcionara ohhh eu quero ser de grupo a”, ata “tu abuelo era un rojo, tu no sabes con quien estas hablando”, pasando polo clásico “pepe, imos facer unha mariscada e cóntasme o de facer unha estrada ata marraxón,que votaron por nos”. Pero admito que hay outros proxectos que me atren máis, como facer unha peli galega de coches, ou rematar un dia destos o documental do 1-12-2002.
Namais que engadir, oito mulleres (de tódalas idades, dende a experimentada Catherine Deneuve, esa besta da pantalla que tense atrevido ata con proxectos coma Dancer in The Dark -bailando na escuridade-, de Lars Von Trier ata Virgine Ledoyen, que moitos coñeceran de “a praia” con DiCaprio) en pantalla cantando e falando francés durante duas horas, e unha experiencia do máis saudabel.

textos sobre arte galega e deseño, de Luis Seoane

Venres, Agosto 13th, 2004

Lendo estas páxinas non puiden menos de pensar o incrible que resulta a contemporaneidade desta escolma de textos de Seoane.
Recoñecoo, atopeino de casualidade, pese a que no seu momento o buscara e non o atopara. E nestas que teño a ocasión de facerme cun exemplar. Non quedei defraudado, o revés, asombroume a capacidade de Luis Seoane para abordar diferentes problemáticas da arte e do deseño, mentras que deixa sempre a sua opinión.
Ambas cousas, son de agradecer, nestes tempos en que moitos que escreben sobre arte e deseño, nen teñen idea do que falan, nen saben no mundo que viven, e nen teñen o valor de dar solucións, xa non digamos en xeral, para máis considerar o feito diferencial galego e dar solucións reais.

So sinto que estamos lonxe do mundo ideal o que poderíamos ter chegado hay tempo. Máis nese senso son tan inocente coma Seoane, e vexo que maña mesmo poderiamos estar moito máis preto dunha situación ideal, a pouco que tornaramos nosa actitude.
O libro está composto por unha escolma de textos de deseño e de arte. En ámbalas duas, aborda con valor a situación galega que foi contemporánea sua ( século vinte ) , veñen cartas suas con Maside, o que tiña unha profunda admiración, o cal e moi saudabel nestes tempos en que , non sei se por as tensións ou se por sinxelamente como son as persoas, isto está cheo de envexas.
Fala Seoane tamén das suas aportacións a arte galega, a como as veces hay que deixarse de mirar a un , o mesmo tempo que un non pode renunciar as suas orixes, e precisaménte iso e un feito a defender, no mundo enteiro.
Seoane coñece outras vangardas, autores, correntes, e inda así non ten vegoña polo seu, senon que reafírmao.
Na parte adicada o deseño, dunha modernidade…..como dicilo. Xigantesca, anticipa os problemas polos que pasamos os deseñadores galegos, o paso do artesanado a producción industrial, a busqueda do referente galego, a utilización de ferramentas electrónicas para a tarefa do deseño, e que precisamente estas ferramentas non significan renunciar o propio.

En definitiva, e sen desmerecer os textos de William Morris ou Jacobsen este é un libro que calquer artista, deseñadora ou deseñador galego deberían ter na sua biblioteca. Pode supoñer un oasis neste deserto que é adicarse a creación visual ou gráfica galega.

“Textos sobre arte galega e deseño”, del Luis Seoane
edicións a nosa terra
depósito legal (non ten isbn): Vg-72-94

Dous apuntes máis:

esta e a paxina da sua fundación. Non podo deixar de dicir, de xeito constructivo, que mete medo o seu deseño. A verdade e que non puiden vela, precisamente porque, está configurada como ventá emerxente -bloqueado por defecto co Mozilla- que ninguén deixe de ver seu código fonte, non ten perda.

– hay unha páxina estupenda para ver seus murais en Buenos Aires, aqui