Archive for Setembro, 2004

Izar …… Crash

Mércores, Setembro 22nd, 2004
22/09/2004

Izar …… Crash

Enrique Martin Robles.

Documental de tve1, a mesma que o 1-12-2001 apagou as cámaras , a mesma que dicia que “la mancha se esta dispersando”.

Esta persoa , responsable de SEPI, fala de :

-competencia
-axudas do governo
-inexistencia no marco europeo

Eu falo de :

– a competencia coreana tamén afecta a Alemaña e Italia.
– estamos cheas de rémoras. E non so de directivos, tamén falo de sindicatos e de obreiros. Sei do que falo. do 100% da miña familia o 100% veñen do naval.

E dígome, que pasaba hay moitos anos, hay corenta anos cando se construian os petroleiros mais grandes. Hoxe segue utilizándose petróleo nos coches, logo segue a precisarse deses barcos, así de sinxelo.

Serìa sinxelo impedir o paso do tràfico internacional. Non me refiro impedir a todos, senon os que non teñan uns minimos requisitos de seguridade. E xa postos, esixir os mesmos estàndares de seguridade a que estan obrigados as empresas europeas. Nunha Galiza independente, non habería problema. E xa que é unha Galiza dependente, xa que Galiza=España, ¿u-las autoridades españolas?

E todo isto aderezado de imaxes tipo modelo dos obreiros navais.
Planos cortos.
Primeiro plano dun con cara de noxo.
Agora plano americano dun o que lle fan entrevista. Cargo sindical.
Todo moi cineverité.

Foi porno-porno-porno, como dirian a poeta subencionada pa-pa-pá e todalas wannabe-your-fucking-pussy galegas.

Si, o mesmo tempo estaba vendo Crash, de David Cronenberg e non podo menos de establecer esta sublimaciòn da sexualidade entre a pa-pa-pá, e as protagonistas de Crash.
Entre os coches de ferro esnaquizado e o esnaquizamento do naval galego.
Entre os obreiros parados e a morte dos protagonistas.

Habera quen a istos comentarios , lle merezan o calificativo de superficiais. A min , mentres, o que me pareceu totalmente superficial foi o salvapantallas que tiñas posto no ordenador o presidente da sepi: unha paisaxe idílica e un indìxena de Perù: a ecoloxía e a humanidade molan, cando non se fan na tua casa. Como todas esas novas fundacións que se fan para dar de comer os neniños, mentres a nosa España explota a seus pais.

A fermosura abstracta dos accidentes de automòbil, e a fermosura abstracta dos restos de barcos abandonados. A dor do parado e a dor do ferido.

En fin, cando esta xente queira contactar (obreiros), botarei unha mao, non antes, xa anda un escaldado. Estan choràndolle as persoas equivocadas, e asì non hay leite que mamar. Miran o teto equivocado. Non me dan magoa, teñen que comezar por ter cabeza, porque se non da igual o que eu fixera, voltarian a caer no mesmo buraco.

Ah, e un de comisiòns obreiras cunha pantalla plana. Iso lèmbrame que unha das personaxes de Crash, utilizaba coma càmara unha Mamiya. Vaia fixaciòn que teño coas Mamiya. A càmara do proxecto plangalicia tamèn e Mamiya, unha C3330. Pantalla plana (por certo, como se traduce “flat screen”? pantalla plana? pantalla chaira? se a Terra Chà e a Terra Chà, porque non unha pantalla non habia de ser cha) pantalla plana do presidente da SEPI, pero seguro que seu operativo e unha versión de windows, virus incluido. Eu preferia un monitor normal, e ter linux. A mamiya do protagonista e unha mamiya press de 6×9.

Unha esecie de escudo feito con metal en maos dun obreiro, durante unha carga policial, e a pintada zapatero cumple.

Mentres, penso onde carallo estaba a cobertura que esta dando tve1 o 1-12-2001. Onde?
Sei onde. Coas càmaras apagadas.
Mentres, xonais con fotos tamèn o xeito de fotos de modelos. Unha pose, outra, outra con fogo de fondo, outra cun detalle das maos dun traballador. Unha desas fotos serà premio galicia en foco 2005. Que o seña, eu a derradeira vez que participei foi o ano pasado. Meu traballo non foi nen seleccionado. Seria malo. E como eu considero que e do mellor que fixen nunca, inda non voltei a participas, posto que o que fixen dende aquela non e mellor, logo non serà nen seleccionado. Logo diranme que por que non se ve nunca meu traballo.

Ah, para quitarlle ferro o asunto. A moza do anuncio do Opel Meriva e moi cautivadora. E o vello seguro que conta boas historias (histo e para querer parecer. Ah, e o h e para despistar.)

jeidi i marco. Educa a tus hijos con valores. Xa rematou a peli e o documental, non sei cal era cal. Educa a tus hijos con valores. Pois eu coido que jeidi era sadomaso, con gusto polo coiro e cadeas.

En guerra telemática

Mércores, Setembro 22nd, 2004

22/09/2004

Na Galiza estase a desenvolver unha das guerras máis fortes dos últimos séculos.
Como calquer guerra, influe o factor sorpresa, e as estratexias

Telefónica e Vodafone, o 12 de febreiro de 2004, comezan a dar servicios UMTS

O seu precio: tarxetas entre 500 e 400 euros, e cada megas custa entre un euro, e euro e medio.

A descarga dunha distribución de linux, ou seña, un cede de 600 megas, custaria 600 euros.

http://www.cadenaser.com/articulo.html?xref=20040212csrcsrtec_2&type=Tes

Falanse dunha chea de siglas que o consumidor ten que aprender vaixo risco de ser ignorante social.

Coido que eu son o primeiro deses ignorantes, posto que non entendo esa relaciòn de custes, e ese xogo de siglas.

Esta fin de semana, aparecìa nunha revista que veñen cos xornais do domingo, unha declaración dun directivo de Vodafone, dicindo cousas sobre o de que as redes inarámicas non tiñan futuro.

Curioso.

Hay catro anos non falaban delas.

Hay dous, dicían que eran para a oficina.

Hoxe xa non se rin: pasan a atacalas, a dicir que de nada valen.

Apliquemos a lòxica aristotèlica.

Se de nada vale, de onde ven o medo?

Ah. Preto das pontes, na Faeira, non hay interné. Nen telefonía GSM, nen GPRS. E dubido que o UMTS chegue alì antes de seis anos.

Na Galiza estase a desenvolver unha das guerras máis fortes dos últimos séculos.
Agora gustarìame que todos foran conscientes dela.
Si. Cando a revolta irmandiña todo era claro. Máis coido que nesta todo anda claro tamén.

Comments:|Comentarios

boricualibre on 28/09/2004
Enton mellor lle pido a un amigo que me toste a Debian Sarge. 600€ e moito diñeiro de Deus. ¿E baixar o Window$$ XP tamen costaria 600€?
mariano on 29/09/2004
o juindos xp xa esta en galego, so tes que mercalo…. e descargar o parche, heheheh
MaRSoP on 11/10/2004

Asegurate de q al comprarlo no te cobren más de 600..

izar, astano bazar. a

Martes, Setembro 14th, 2004

Sintoo polas suas nais, pero agora so me queda afirmar que a maior parte dos politicos, escritores, artistas, funcionarios de grupo A, B, C, D, funcionariado especial, vividores do conto, cociñeiros de mariscadas, xefes de mafiosos, torturadores de cunetas, profesores de renda antiga, conselleiros clientes de sadomaso, concelleiros que mercan audies usados, son todos un puto feixe de preñacadelas.

preñacadeliñas.
Non teñen puta vergoña.
E tamen meto neste saco os traballadores que non loitan polos seus dereitos. O unico que fan e condenar os seus fillos a estar no mesmo cruce de camiños vinte anos despois.
E coa afirmacion que che da vivilo en primeira persoa, podo dicir que este puñeteiro grupo de vividores, poden seguir autodenominandose galegos. O contrario que moita xente de moitos movimentos, non serei eu quen os bote da terra, pero non por iso deixarei de afirmar o erro nesas actitudes, que o unico que fan e non facer de Galiza unha franquicia (que palabra, eh, FRANQuicia) de España. No fondo iso seria para moitos aceptable. O que estan facendo e de Galicia coma unha franquicia do barrio de Salamanca. E por esas non paso.
Xa poden irse a tomar por saco.
Ah.
Tamen danme puta vergoña os xornais , xornalistas e fotografos que se deixan vender de mal xeito. Hoxe son eu o que escribe sobre Benjamin, asi que se deixen de queixar da ignorancia dos obreiros e dos seus fillos: son eles os ignorantes.
Que se vaian a vivendi a pedir traballo, o farian moi ben, pero que deixen de dicir que o seu traballo informa.
Que puta pena.

Veña, festa

Luns, Setembro 6th, 2004

Veña, festa
Festa rachada
Que paga manuel

Papá, papá, e quen paga a manuel?
Papá foi o paro por non dar pagado o prestamo da furgoneta de peixe.

Festa, festa rachada

Dirty old town

Luns, Setembro 6th, 2004

Vila cocha e vella, agora chámanlle feismo as casas que fanse a xente sen cartos ou sen máis cultura que traballar toda a vida na Suiza, na eira, mentres outros podían levar a seus fillos a que aprendesen a facer cubos de cristal.
Vila cocha e vella.
Isto parécese cada vez máis a Irlanda.
A Irlanda do XIX.

Non apodrecen as patacas eiquí,
máis morre a mar e maila terra

I kiss my girl.
Pero as mozas emigraron.
Porca e vella vila!

Psalmus, pre estrea en Ribadeo

Xoves, Setembro 2nd, 2004

Santi na cadeira e frikicola, Psalmus

2/9/2004

Por unha vez falarei na secciòn de cine de mìn.

En realidade, de Santiago Sanjurjo e de min.

Maña estreamos, preestreamos, ou como se lle dea en chamar, a pelìcula Psalmus.

Mais detalles dela na web de Foula.

E que màis? que eu non estarei, e que agardo que todo vaia ben, e que quede alguèn a ver o final (dura màis de duas horas).

Comments:|Comentarios

dorfun on 05/09/2004
…todo e friki…erreonce…psalmus…e o resto dos mortais, cando as poderemos ver?
mariano on 07/09/2004
http://www.enderezo.com/foula/psalmus/proxeccions_psalmus.html 😉
dorfun on 07/09/2004
xa oh! …pero ribadeo queda tan lonxe… (quiriquiri, dixo… será cabrón! ;P)
mariano on 09/09/2004
referiame a que envianse copias de balde a quen queira facer proxecciòns pùblicas…
dorfun on 11/09/2004

…pero eu non teño onde proxectala (teño un salón pequeno)… pódese enviar igual sen visos de proxección?