Archive for Outubro, 2004

o plan labora e un fraude

Venres, Outubro 1st, 2004
o plan labora e un fraude

on 05/11/2004

E podo demostralo

Digoo a conto de que hoxe La voz de Galicia, afirma que moitas mozas e mozos acadaron emprego con este plan. Tamén di que foi gracias o incentivo do autoemprego e que a xente non quere moverse. Coido que se queren falar dos mundos de yupi, non o farían mellor. No que a min respecta:

  • Enviaronme unha carta do plan labora hay anos. Quixen cubrir o curriculo, pero nunca máis voltei a saber nada.
  • Quixen, activamente, acollerme o autoemprego. E totalmente imposible se vas de cero, e esquécete se o fas cunha base tecnolóxica. Iso esta ben so cando tes titulo. Tomante a carallada, inda que o teu nivel supere o dos seus bechmarkingistas
  • Eu hay uns meses, precisamente -entre outras causas- polo fracaso dese plan, emigrei.

    Algo que me encanta de la voz e cando se trabuca a sección de novidades de ficción coa de actualidade. Por iso a leo a diario, E millor que o señor dos aneis -ou case 😉 –

  • o rural morrera

    Venres, Outubro 1st, 2004
    o rural morrera

    on 03/11/2004

    Leo no portal do consello da cultura galega:

    Internet voará

    Integrar a Galicia na sociedade do coñecemento está no fondo dos orzamentos da autonomía para o 2005. Esta vontade concrétase en que un dos obxectivos a conseguir para o 2007 é que toda Galicia teña Internet de alta velocidade. Para que sexa unha realidade creouse a Estratexia de Banda Ancha na que se investirán 45 millóns de euros no próximo trienio. Entre os primeiros pasos a dar nesta dirección está a extensión da rede troncal que levará a alta velocidade a eses puntos nos que os operadores privados non teñen previsto facelo, a promoción das vantaxes de este servizo ademais de continuar co programa de Internet no rural.

    ( collerono de El Correo gallego)

    45 millons??????

    Estàn tolos. Non queren dar internet a todos por 20 euros o mes (ano 200) e agora din que se gastaràn iso.

    persoais.enderezo.com e boeing

    Venres, Outubro 1st, 2004

    Que teñen en comun persoais.enderezo.com e Boeing?
    Que as duas utilizan a mesma plataforma, a distribución yellow dog linux sobre hardware mac.
    Iso si, namais.
    A diferencia dalí, no rural galego, inda cando tes acceso a rede, hay cortes de luz.
    Sintoo por todas esas persoas que me preguntan que pasou co proxecto de persoais.enderezo.com (por certo, que ninguen o visite polo momento, e que sega a ler: ) , máis este non o abandonei, nen moito menos. O problema e que en canto teño o proxecto algo avanzado, ven un corte de luz e deixame o sistema de arquivos -ext2, ext3…- escachado, de xeito que xa teño recomenzado varias veces.
    Así andamos. E probable que no IZAR de Ferrol, esta xente de Terrasoft instale seus equipos, e os directivos -educados en madri- seguramente ignoraran que non demasiado lonxe dali, hay quen fai funcionar a seus equipos dun xeito semellante os utilizados nesas fragatas, máis tamén pensarán , como di a canción, que nunca chove o este de California.
    Mentres o CNI español pide expertos en guindos, esta xente ten meritos recoñecidos, e come na sua mao o departamento de defensa estadounidense. Logo queixaranse de Perejil ou do 11M, mais se andan a velas vir, non e por falta de medios, senon por falta de xeito.
    Eu o que digo e que en canto poida, arrinco de novo o proxecto de persoais.enderezo.com ( e xa deixarei aviso eiqui cando seña iso 😉 )

    o bispo ibizeño non da esmola para o obreiro

    Venres, Outubro 1st, 2004

    O bispo fala da homosexualidade, pero seica dalle noxo falar dos obreiros.
    E patético abrir o número da sua revista facendo mencion os obreiros, cando no fondo tanto lle ten: quere utilizalos como icono paradigma dos valores neocristiáns. Enchen espacio para quedar ben, tan so iso. Cando hay vinte anos a xente quedou na rua, o clero so estaba interesado en conservar o que lles deixara o dictador nacido en Ferrol, dáballes igual que os obreiros e fillos de obreiro nacidos en Ferrol se metesen na droga, delincuencia ou emigración: a loita de intereses era algo modificable, a sorte dos obreiros non.
    Lacazáns.
    Máis nen os homosexuais, nen os obreiros (nen os homosexuais obreiros), son xoguetes, senon persoas.
    Mentres outros calarán. Seica Galicia e a esquina española con dereito de pernada de tantos sectores, que so podemos prostituirnos por unha axuda europea.

    Sorte que tamén tiñamos xente coma Moncho Valcarce (“o cura das Encrobas”). ¿onde están eles hoxe?