Archive for Novembro, 2004

deseño grafico = debuxos animados

Venres, Novembro 19th, 2004
deseño grafico = debuxos animados

on 19/11/2004

O deseño gráfico consiste en facer debuxos animados.
Ou iso e o que di a Xunta.
Hay que ser imbècil.
Deseño gráfico refirese a planificación de elementos gráficos. Para definicións máis concretas, acudir a Satue.
Isto non fai gracia, e na xunta se non dimiten moitos, arriscanse a seguir quedando en ridículo, como acabo de amosar.
Eles que sigan falando de plan Galicia

Simo 2004

Domingo, Novembro 14th, 2004
Simo 2004

on 14/11/2004

Cando me metin na última liña de metro que me faltaba para chegar a feira, xa sabia cales ian tamén alí.
E ali eu era o único cunha americana (porque cando levas americana, non teñen medo que fedelles nos racks), inda que tamén o único con botas militares (utilizoas porque son baratas e moi duras). Todos ian cunhas zapatillas coa deusa grega da victoria. non querian ser serios para levar americana, eran moi liberais, pero iso si, liberais de marca.
O metro chegou a estación, “campo de las naciones”. O sair, unha chea de columnas con carteis, anunciando, non xa o mobil, senon a personalización deste. Visita tal pabellon. O sair do metro , unha chea de maos repartgindo toda clase de folletos con ofertas. Cando xa case chegara os pabellóns, paréceme escoitar o son dun avión o acelerar. Pero cando estou máis preto, ábrese o campo visual, e vexo un gran globo aerostático inchándose. Microsoft, poñía.
Vou ata dentro, e teño que sair fora pór unha entrada. Entro de novo. A mochila ten que pasar polo escáner de seguridade, pero eu non paso por arco ningún: podeste inmolar, pero non e de educación levarte por diante máis de cinco persoas.
Xa dentro, o primeiro estand que me chama a atención e o de Apple, e venme unhas imaxes a cabeza. Aquelo e como o antigo mercado de gando de Salgueiriños. En lugar de uralita o teito e de metal, en lugar de xatos hay ordenadores, en lugar de tratantes, hay tratantes, e en lugar de porcos hay porquiñas. unha chea de porquiñas, e algun porquiño, facendo de reclamo sexual cara o fenómeno tecnolóxico.
E eu digome, que anacrónico.

E os xatos comen na corte, e tamén ali a xente, a maior parte que na vida tocara un mac, estaba a probar de seguido os ipods, e se maravillaba cunha pantalla de trinta polgadas.
Coma se fosen xatos, están concentrados rumiando os botóns, empurrandose uns os outros para coller vez. Algún pon cara de listo, falandolle a outro: debe ser que algo leria no xornal.
No meu camiño entre os diferentes pabellóns, asáltanme unha chea de maos ofrecendome folletos. Sempre, unha muller nova e con minisaia. Anacronismo de novo, e unha inexorabilidade que percorre estas palabras: se non o digo, non se lembrará, máis se o digo, parecerá forzado, máis así era.
Eu, tódalas veces, paraba a mirar o folleto. Se me interesaba, ia a cabana (alí chámanlle stand, o cal literalmente e soporte. coime, aquelo son cabanas), e se non, sorrialle e dicialle que non me interesaba. Non o entendía nen o entendo, pasei por case tódalas cabanas, e se algo me interesaba, eu era o primeiro en pararme, e se non, non paraba ¿De que servían entón aquelas mulleres en minifalda? Tiñan unhas pernas moi fermosas, pero inexorablemente, de cada vez que tentaba falar con elas para que me resolvesen unha dúbida con determinado producto, enviábanme a cabana.
Cheguei o da marca do globo aerostático que vira a chegada, era unha das cabanas máis grandes, pero estaba case valeiro, en comparanza con outros. Era como se dixeran: mirade que cabana máis grande temos. (o final de todo, estaban as suas azafatas escangalladas riba das sillas, vendo como unha chea de homes entre vinte e trinta anos miraban xogar a un da empresa nunha pantalla enorme).
Tamén estaba o de telefónica. Como sempre lle pasa a esa empresa, aquel barroquismo lindaba xa co manierismo. Uns carteis anunciaban a “chegada da videochamada”. Coime, dixenme, pero se hay sitios que non telen nen fixo, nen cobertura para o móbil. Tanto tiña.- Alí había unha chea de bacoriñas con minisaias, pero estas poñíanche cara de noxo, como se elas se atopasen no monte Olimpo. Non lles faltaba razón.
Tamén vin a algun rapaz novo de traxe, con cara de circunstancias, tentando amoldarse o seu papel. Xa coñecía esa expresión da terra: poñena os que comenzan a ir as mariscadas clientelistas.
E tamén vin, as poucas horas, corredor valeiro, con dous animadores deitados descansando. E uns bancos baleiros, a xente prefería descansar cun bocata forrado de papel de aluminio, noutra esquina, pese a que alí poñía que era zona de relax.
E o que ten o barroquismo: o rey sol ten que contratar a nenos para que xoguen con el.
Alí o único que funcionaba era que unhas rapazas novas ian enviar mensaxes de texto dende uns equipos. E eu digo, se non socializamos a tecnoloxia, ¿de que serve?
Había tamén un par de equipos amosando unha presentación, cun cartel no medio “las antenas no son peligrosas para la salud y benefician la expansión de la sociedad de la información”. Se non dicia isto, dicia algo moi semellante. A parte que máis me gustou foi na que expoñían uns teléfonos antigos (non falarei de Tesla, que seica para iso están os que fan pelis alternativas, millor sera adicarlle un monográfico), sobre todo os que antes de 1910 tiñan unha manivela e un magneto, para que soara un sinal na centraliña, e que dende alí lles puxeran en comunicación. Debido a isto, non tiña numeros, carecia destes, posto que o número era “marcado”(enfchufado con clavixas”, pola operadora. O que son as cousas co mal que o pasa a mulleres. Ata os anos sesenta so había mulleres de operadoras, e despois utilizábanas para poñer minisaias.
E por ali pululaba unha cabana de red.es, que seica e un proxecto do novo governo para levar internet a todo o país. Alí tiñan un folleto que poñía “internet rural“, e que dicia, literalmente, “internet rurral permite que todos los entes locales participantes en el programa puedan acceder a Internet con calidad”, e outras barbaridades polo estilo, como que e para “nucleos aislados”. Mira que teñen que liala, hay que ir por partes:
¿como que illados?
Ou seña que como din eles, “na nada”, collen, e fan unha presa de tropecentas mil toneladas, tendo que construir vivendas, estradas, comunicacións, unha loxistica de varios anos,etc, pero despois, resulta imposible levar a rede para lugar illados . Ou seña, que poden levar millons de toneladas de cemento e torres de alta tensión, pero e un esforzo inhuman levar uns postes pequenos con fio de cobre estreitiño.
¿Qué e “internet con calidad”?
Imaxinemos un 486 con linux, conectado por porto serie un terminal gsm, e navegando cun navegador web de texto, traducido, e con paxinas axeitadas. Algo tan sinxelo sacaría do illamento a miles de persoas, pero como se empeñan en lialo, chegamos a absurdos en que din que podense facer videochamadas, o cal significa unha necesidade inxente de ancho de banda, tanto polo propio terminal, como de tráfico de datos a través das redes telefónicas. Pero e máis complexo dar rede no rural.
¿entes?
Oink oink, diria o xabarín, e o entenderíá mellor. Sei ben castelán, pero o de entes..hay que ser ben rapóso para utilizalo. Dicindo iso non dis nada, o millor refireste a unha cidade ou unha parroquia, ou a un barrio de Madri.
¿entes locales participantes?
Ahhhhh……. ¡acabaaaaramos!
Non e para todos, e so para os que se monten o chiringuito na cabana esta. Unha vez preguntei nas Pontes por algo así, pero non serviu de nada: tiña que ser aprobado pola deputación. E daba igual o solicitado que estivese, non era algo de relevancia para o proxecto.
Claro, enton dis, se non e de relevancia, que o e?
Pois segundo o panfleto, pode obterse a segunda lectura: ” daremos internet, cun ancho de banda por determinar, a determinados sitios que nolo soliciten, e ignoraremos o resto, inda que tamen o precisen, ou o precisen máis. E farémolo porque somos moi bos, posto que estan no quinto curuto, alo onde non se chega máis que ando hay que ir a unha casa rural a branquear os cartos dos fondos europeos coa nova amante que e unha funcionaria que pediu o traslado onde traballo eu”.
Así, que marchei da cabana de red.es sen atreverme mirar xa o folleto de “internet na educación”. Visto o visto, a ver quen tiña valor.
Mirei o chan cando xa pasaran unhas horas, e observei que estaba cheo de lixo. Aquelo era talmente como o mercado de gando, so que ali a bosta cae cando lle pasan mangueira.
Tamén pasei por unha chea de cabanas que non me chamaron a atención, ata que cheguei a unhas que poñían nonseiquechunchuan, Taiwan. Tiñan uns productos interesantes, e pregunteilles que quen os vendia en España. Ninguén. E ninguén en Europa. E preguntaronme se eu era distribuidor, e claro, dixenlles que inda non, pero que quen puidera selo. E en todo momento moi correcto co seu inglés (eles falaban chino e inglés), dandome explicacións de todo,e ata un folleto, que cando cheguei a casa, vin que imprimiran cunha impresora. Máis o que a tecnoloxía que ali expoñía, solucionaba moitos problemas. Como o de internet no rural. Encantoume a sua exquisita atención, lonxe da prepotencida de moitos cos que falara antes. Vaia paradoxa.
Fun comer, e aquelo estaba ateigado. Vaia, e chamoume máis a atención o feito de ver todo con botes tirados, e moito lixo no chan. Era moi extrano por dous motivos, habíá papeleiras, e aquelo era unha feira sobre productos tecnolóxicos. Tería que ser algo do que a humanidade estivese saitsfeita, por poñer o máximo os valores de ciencia e arte. Máis os arredores estaban cheos de lixo.
Do pouco que me interesou despois, foi da cabana de hispalinux, tamén moi amables, e dun posto dunha editorial sobre linux. Faleilles dun libro que ando escribindo en galego sobre linux, e deronme seus datos para contactar con eles. Por un intre estiben por dicirlles.

Ehhhhhhhh…..houhhhhhhhhhhhh……dixen que e un libro en galego, en ga-le-go, e sobre linux, liiiinuuuuxxxxxx ¿entendedes? non ten futuro! , posto que algo asi me respostaron en Galicia, o igual que comentarios parvos.

Pois eles o que fixeron foi darme os seus datos de contacto, sen maior complicacións.

Inda que non toda a xente ten o mesmo sentido. Cando saia, parei un pouco nunha cabana que era un postodunha librería. Vaia paraiso, todo de informática, e con moito de O’Reilly, polo que estaba en inglés (O’Reilly traducese agora o castelan, pero distribúeo Anaya Multimedia). Nesto que escoito por detras

– Jodeeeeeerrrrr, jodeeeeeeerrrrrr, tiiiiio, miraaaa, un libro de possssfissssss, diossss, tio, a ver si lo tienen en español. Oye, oye, oye, …..(o encargado estaba atendendo un cliente negro, pero estes dous pipiolos vestidos coa deusa da victoria grega falaban como os reis do Olimpo pretendendo atención exclusiva, o outro non contaba. Seguro que viñan da cabana das videochamadas, ou dunha mariscada), el libro de possssfisssss lo teneeis en españoll?

– No, noh, loh tenhemos, eestos libros di orrhaili estahn (tiña acento inglés) todos enn inglés

. Ah, vaaaale

Claro , e eu digome

¿Non ven, xa que tanto entenden de informática, que O’Reilly e de fala inglesa? Tanto ten, pero ¿se os seus pais lles mandan o colexio a fora, que carallo -perdon por esta interxección, tan precisa por outra parte, para dar énfase- aprenden?¿ e que lles resulta tan dificil ler en inglés?
Claro , despois son os que chegan de volta a terra rindose do galego, falando de Irlanda, de njnijammpsiorerrr, de glasgou, e de que sei eu.

Pois o final non che foi tanto avance a feira esta. Supoñíase que era un avance, pero eu so vi unha sociedade neoburguesa. Non polos cartos e polas comodidades, non as vexo mal, senon por esta forte ignorancia que ademáis non ten piedade coa parte da sociedade que non poden acceder a estos bens .
“Algo farían” ” que traballen” e cousas semellantes, dinxe de xeito ignorante. Zinn, o autor de ” The other history of United States“, xa nos advertía disto tamén. Moitas das cabanas eran realmente cabanas, “o pobo do futuro” ” o hotel do futuro” “domótica”.
E eu pensei, e a corrente…¿de onde sae? Se non se lembra un disto, a convivencia na sociedade fracasa. O igual que o simple ruido pode rematar coa convivencia da xente, se non existe un respeto mínimo. Construimos unha sociedade onde suponse que o respeto existe,porque hay contraprestacións, máis
U-las elas?
Non vin placas solares alimentando a ordenadores.
Non digo que non estivesen, pero alí non vin placas solares que alimentasen a servidores, ou servidores de baixo consumo eléctrico. A ninguén lle preocupaba, e a sua vez, iso foi do que me deixou máis preocupado. O feito desta ruptura da sociedade. Seguramente, dentro duns meses, o mesmo lugar que ocupaban uns servidores cheos de fontes de alimentación, serán ocupados por placas solares nunha feira sobre ecoloxía, pero iso será un fracaso máis. Iso, e non fotografías de homes (sempre homes!) de garabata e traxe cun portatil riba das pernas, mentres sorri nonse sabe por qué, e o éxito e o fracaso. Iso, e non esas persoas que non se sabe ben porque sairon a rua co seu equipo portatil. A iconoloxía actual, chegou tamén a un manierismo tal que e dificil de entender: o éxito e ter traxe e garabata, e facerse fotos cun portátil, sorrindo. O fracaso e estar incomunicado por vivir nunha parroquia. Non. O fracaso e que esta feira ignoraba de onde ben a corrente, e o moito que depende da natureza.
Ata habíá unha cabana dunha empresa de productos do refinado de petróleo, anunciando sua páxina web. O que vendía amosando esa cabana, non era vender máis gasolina, era vender o estilo de vida de viaxar sen problemas. Por iso ia a feira tecnolóxica, para ensinar a sua ferramenta. Pero da natureza, non habíá moito.
E outra reflexión.
Nestas últimas semanas de outono de 2004, vexo en xornais de novas económicas, coma expansión, anuncios do plan galicia, anuncios do departamento galego de inversións (igape), máis non estaba nesa feira. E si estaba Andalucía, Extremadura, Madrid ou Asturias . Poñen anuncios na CNN, falan de tecnoloxías, e despois ves como unha tenda de barrio pon un “stand”. Agora nen teñen que gardar as formas. Inda lembro da ultima feira galega tecnoloxica a que fun, o mite, na que a cabana feita e para ver realidade virtual. Seira sinxelo dicir “mellor evadirse”, pero o feito e que hay que ter responsabilidade. Eu pola miña parte o que podo facer e contar a feira como me foi nela.
Mentres ia de volta o metro, voltei a coincidir ucns informáticos, os cales, non soen gustarme. Non me gustan cando esquenceron o sentido da arte. E din que o poden todo, e coma me pasou hay cinco anos, poñiaslle linux nun powerpc, e dician “isto e un emulador” , facias unha rede con catro cousas, e dician “isto non seríá estable” Poñias un equipo coma servidor durante 211 dias e protestaban: “isto non seríá rendible”. Seus sistemas, inda son menos posibles, reais e rendibles, pero esa xeración loctite, na que as cousas son porque si, comeza a fraguar, convertíndose en neoburguesía.

Puxen agora os sobriños do capitan Grant, fenomenal zarzuela do mestre Manuel Fernández Caballé (baseada na novela de Xulio Verne, os fillos do Capitan Grant”), e a cama, que foron moitas emocións. A soñar coas videochamadas as deusas do Olimpo, cos seu ceo tinguido de terminais compilando, agardando a rematar, e que saia o sol binario que nos redima desta feira de gando.

choromicas profesionais a dous anos do ecocidio

Luns, Novembro 8th, 2004
choromicas profesionais a dous anos do ecocidio

on 08/11/2004

Si, o 13 celebrase o aniversario do ecocidio, e miña querida lavoz fala hoxe de que non hay cartos para radares, de que os becarios emigran, de que….en fin, eu coido que a cousa non esta tan mal:

  • de voltar hoxe outro ecocidio, reaccionariase millor. Non polos medios, que non hay màis nen màis cartos, senon pola mobilizaciòn popular da xente, que xa ten experiencia.
  • Os investigadores teñen problemas e emigran porque queren. Si, esta frase e unha parvada, admitoo, pero màis parvada e segir coa esmola, e non reclamar en firme. Ou hay cartos ou non os hay. Se non os hay, pois habera que aguantarse, pero parece que os hay para outras cousas. Ese e o problema.

    Xa teño un novo xeito de ver todo isto, parafraseando o titulo dunha pelìcula de finais dos noventa. Contra o que pasou en Sarajevo, Susan Sontag non falara de nos cando morramos.