Archive for Xaneiro, 2005

2005 en Dublin

Domingo, Xaneiro 9th, 2005

Non, inda non emigrei a Dublin, e tampouco pasei ali o fin de ano.
Todo foi cousa destas últimas tres semanas, paseinas traballando e coincidiu, coma que non quere a cousa, que rematou un ano e comezou outro.
E namentres agardo poder achegarme o vindeiro venres a Dublin, so para estar o fin de semana.
O que son as cousas, seica no 2006 habera un vuelo directo entre Compostela e Dublin, máis polo de agora atópome que sáeme máis barato e tardo menos, en achegarme a Irlanda que a Galicia.
O cal e paradóxico posto que onde estou vivindo agora (Madrid) e o cu do mundo (alguns que viven en Madrid din eso de Galicia, porque tardanse nove horas en chegar en Bus. Si, está moi mal comunicada, pero Madrid si que está no medio de ningures.).
Galiza si que quedaria preto de Irlanda, máis Madrid está fisicamente máis lonxe. Supoño que todo e cuestión de loxística. A min de pequeno dicíanme tamen que había que pagares peaxe na autoestrada para axudar a pagala en trinta anos.
E ontes lin que en so un xa se pagaba a Ponte de Rande.

O caso foi que estes dias , semanas, meses foron pasando, e inda no renovei o meu sitio na rede (nen o xeral, nen este gueblo), e collin pereza, non de escribir, se non de poñer algo para despois voltar a renovalo.
Pero todo seña porque xa estamos noutro ano. De xeito que cando me queira dar conta, collerei o DART ata a praia, a ver se daquela doume conta queeste ano será o de non rematar de escribir. E teño que dicir, neste senso, que nestas semanas axudoume moito, ter a oportunidade de ler o Cryptonomicon, de Neal Stephenson, (que me ensinou que a imaxinación non e mala, por máis que se empeñe a maior parte de autores do sur de Europa) e Das Klavierspielerin , de Elfriede Jelinek (versión en castelán: porque non teño suficiente nivel de alemán, e fundamentalmente, porque so o atopei en castelán), no que vexo que tampouco e malo , si que ten como consecuencia que che sometan o ostracismo, mais non e malo, escribir sobre a realidade que ves a diario.

Xa, estou a falar moito do ben e do mal, pero e que este e un conto galego – irlandés, e temosche (ademais de moito uso do relativo e do complemento indirecto) moita tradición xudeico -cristiá.

A ultima vez que estiven por ali foi extrano estar lonxe e a vez sentirme na casa.

Comments:|Comentarios

Viana on 16/01/2005
Por completo inservible a ligazon que engades sobre a ultimo Premio Nobel (dalle un aire internacional a todo esto, pensaras, como as entradas que lin por ai nun ingles gramaticalmente nefasto -como se quen escribira verquera directamente o galego en palabras anglofonas-). Nin ti sabes aleman nin, probablemente, toda a xente que le este sitio (un 0,7% das tuas visitas venhen da Alemanha). A vindeira vez, acordate de nos. Gracias.
Mariano Grueiro on 17/01/2005
Pois sintocho. E, dende cando me esquecin?
Santi on 17/01/2005
HAHAHAHAHAHAHHAHA FICKT DICH! FICKT DICH! JETZT IST ALLES IM ARSCH! ICH SCHEIßE AUF DER ORDNUNG DER WELT! SOMOS TODOS UNS CONAS. SOMOS UNS SIBARITAS DA LINGUAXE. PRETENDEMOS FALAR CORRECTAMENTE AÍNDA CANDO NON TEMOS NADA MÁIS CA UN MAREMÁGNUM DE FRUSTRACIÓNS. CONAAAAAAAA. CONAAAAAAAA. A FODER TODO DIOS. OINK OINK!
Santi on 17/01/2005
A este meu Mariano pásalle ó mesmo que a Paul Celan: -se non dis algo, non es suficientemente comprometido. -se o dis, ou está mal dito, ou es acusado de plaxio. En fin. Paul Celan está considerado un dos mellores poetas en lingua alemana, a pesar de ser da Bucovina rumana e xudeu. Algo así como ser de Ferrol e vivir en Ribadeo, ou ser asturiano, ribadense e vivir en Madrid. CONAAAAAAAAAAAA
Jaromir Hladik on 18/01/2005
Alegrome, Mariano, de que teñas un defensor, que demostra ademais que fala aleman de toda a vida incluindo polo medio esas betas desaparecidas da normativa do idioma hai 4 anos. CONAAAAAAAA.
Santi on 01/02/2005
Non desapareceron…. Agora teñen unhas normas especiais (úsase dependendo da vocal que vaia diante, se é longa ou curta ou ditongo). Iso si, só se temos en conta a nova Rechtschreibung. Xornais, escritores e demáis persoeiros importantes de Doichelandia non a están a aceptar, co que pode suceder que non se chege a implantar. Así que: CONAAAAAAAAAA E bueno, xa postos a ser sibaritas, o galego tamén ten tils e hai que poñelas. Son unha falta máis grave que o uso arbitrario do Es-Zet en alemán. Cuánto me quiero.
Santi on 01/02/2005
Borges era un carallán.
Mariano on 02/02/2005
Si, decididamente Borges era un carallan
Insisto on 02/02/2005
Dedicidamente, Borges era un carallan. As tiles son un artigo de luxo en teclados ingleses. Alegrome, Santi, de que te adhiras a norma culta dos prohomes alemans. Moitas faltas graves en moitos lados: o amigo Grueiro, que insiste no uso do ingles (para atraer, se cadra, a unha audiencia mais ampla ou para impresionar a unha mocinha que conheceu ala) sen respetar en absoluto reglas minimas de sintaxe ou a terceira persona do singular. Borges era un carallan, pero cando escribia en ingles o facia sen dar vergonha.
Adrian Leverkühn (Eu leo algo) (Santi) on 02/02/2005
Tamén ten o seu mérito aquel que aprendeu o que sabe de inglés pola súa conta. Non todo o mundo (entre eles eu) ten o luxo de poder aprender inglés en Inglaterra… ou Irlanda… Ademais, non creo que o señor Grueiro utilice un idioma (sexa cal sexa) como marca de prestixio. É unha tendencia propia doutro tipo de suxeitos. Tamén é un pouco de necios o feito de criticar un contido pola forma ou, aínda peor, criticar só a forma e nin mirar o contido. En fin. Mellor deixalo, que isto xa parece un fotolog de adolescentes quentes.
Arnold Schoenberg on 02/02/2005
Invitote a reler ao teu admirado Mariano, en textos como Wildliza, para que compartas comigo que non soamente e risible a forma, amigo Santi, senon que (agora que mo recordas) tamen o contido.
Mariano on 03/02/2005
Mark Wing-Davey on 02/02/2005 O eso outro clasico da literatura de blogs anglosaxona chamado The Unemployment Card. Cando un non sabe, mellor cala-la boca que Hablar Por Hablar. vaia….enterome agora! como veras na resposta que deixei a continuacion, agradezo calquer axuda. Mira, iso lembrame a unha vez que expuxen un pedaciño de xabon usado para unha exposición. Entereime posteriormente que o xurado pensaba que eu o que queria era reproducir certas obras vangardistas dos anos 20….o millor foi que non tiña nen idea, o final quedei fora por demasiado vangardista, mais eu nunca quixera entrar niso, so amosar un concepto. A tarxeta do paro e algo que me pasou moi de preto. Tanto, que non era capaz de poñelo en galego, por iso recurrira o ingles, porque obrigame a sintetizar. Cando o rematei, supoxo un avance, posto que fose como fose (neste caso recurrindo a lingua inglesa para narrar un feito) din rematado. Por certo, inda que neste momento se atopa no novo weblog, en realide esta ahi porque estou pasando os artigos vellos (os deste sistema) o sistema novo, antes de borrar este. Por se che interesa ver os comentarios que se deixaron no seu momento, podes acceder por eiqui: http://www.enderezo.com/grueiro/gueblo/detail.php?id=12&catid=&show=19 se fas o favor, (seña deixandoo coma comentario ou enviandome un correo) a ver se me puideras dar unha referencia do clasico que me dis, interesame moito.
Mariano on 03/02/2005
jei, a proxima vez avisa e vemonos por ahi! Respecto o meu nivel de ingles: penso en inglés coma en galego ou castelan, logo porque non vou utilizalo? e boa razon para non utilizalo, a que me comentas, e de feito por iso antes non o utilizaba, mais se por o meu nivel fose, tampouco poderia escribir en galego. ¿Para impresionar?, para min xa impresiona a realidade, fagoo so porque me gusta e dende hay un par de anos sintome comodo escribindo nel. O igual que ti -segundo parece- fuxo dun neo-elitismo cos idiomas. Gustanme as linguas porque achegan. En canto o inglés como lingua, permiteme expresar cousas que noutras linguas non son capaz de expresar (como me pasa tamén co galego, cada unha ten as suas caracteristicas). Mira, precisamente aprendin dos autores irlandeses contemporaneos, a tirar para diante, e que non mme pareza unha imbecilidade o que fago. O millor poida que o seña, mais o millor non. Precisamente o que queria dicir co que puxen arriba no artigo foi iso. E dificil facelo, e tamén e dificil utilizar outra língua, e máis recoñecendo o meu nivel, pero non pretendo dar clases de gramática, senon utilizar a lingua. Non e que careza de respeto a língua, máis agora teñolle máís respeto o que quero dicir. Tamén che digo que se o meu nivel non chega o mínimo que me comentas, non e porque seña parvo, senon porque non tiven polo momento oportunidade de melloralo. Se podes axudarme a facelo, agradezo calquer axuda que poidas prestarme -meu correo está sempre aberta, grueiroATenderezo.com-. Hay outras linguas (alemán, francés e italiano) nas que inda non son capaz de escreber, mais estaría ben facelo ¿ por qué? pola mesma razón que nos gustaría que unha polaca que falara connosco utilizara o galego, ou que ún rapaz de Guanajuato que non saiba outra lingua prerira que utilicemos o castelán. ¿A audiencia? pois si, a min gustariame ler, mundo adiante cousas en galego, logo fago o mesmo eu coas outras linguas. Un exemplo, estou a empregar neste weblog, un sistema feito por un programador holandés, e o novo e dun programador indio. Eu non sei ningunha das 14 -non sei realmente a cantidade – das linguas que se falan na India, nen sei holandés, e se non fora porque eles utilizan tamén outras linguas, hoxe ninguen poderia ler isto, posto que non podería a sua vez traducilo e utilizalo.
Santi on 03/02/2005

Eu non admiro a ninguén. E bueno, gustaríame ver un exemplo dun blog de alta alcurnia, tanto na forma como no contido. Iso si, escrito por alguén que cando ve algo que non lle convence, fai algo propio, máis alá das críticas ós demais.