Archive for Xullo, 2006

mudanza a Blogaliza

Mércores, Xullo 5th, 2006

Son tempos de mudanza, outra máis.

O 5 de xaneiro de 2004 os reises magos trouxeronme un novo xoguete. Un sistema de blogs que puxen no meu servidor. Co tempo escribin. Co tempo quixen facer un sistema en que cadaqun puidese darse de alta de xeito libre, un sistema galego.

Tenteino como puiden.

O tempo pasou e as silvas (comentarios automatizados de casinosonline e drugsforfreepillsforyourpenis, 17.000) saturaron o servidor.

Asi que decidin facer varias cousas:

  1. Rozar enderezo.com, miña eira dixital.
  2. Trasplanta-los meus blo a BloGaliza.
  3. Cando teña recursos, tempo e enerxia, sementar de novo enderezo.com

velaquí unha das varias portadas que tivo o primeiro blo: