mudanza a Blogaliza
Son tempos de mudanza, outra máis.
O 5 de xaneiro de 2004 os reises magos trouxeronme un novo xoguete. Un sistema de blogs que puxen no meu servidor. Co tempo escribin. Co tempo quixen facer un sistema en que cadaqun puidese darse de alta de xeito libre, un sistema galego.
Tenteino como puiden.
O tempo pasou e as silvas (comentarios automatizados de casinosonline e drugsforfreepillsforyourpenis, 17.000) saturaron o servidor.
Asi que decidin facer varias cousas:
- Rozar enderezo.com, miña eira dixital.
- Trasplanta-los meus blo a BloGaliza.
- Cando teña recursos, tempo e enerxia, sementar de novo enderezo.com
velaquí unha das varias portadas que tivo o primeiro blo:

chúzame -
xullo 9th, 2006 at 7:28 am
benvido , rapaz!
estas na tua casa… ponte comodo e pasao ben.
xa sabes que podes personalizar o teu tema e, se non queres, tes unha coleccion boa de temas para empregar.
agosto 30th, 2006 at 6:18 pm
güelcom bak! mozo… o outro día quería deixarche unha mensaxe en enderezo… e vexo que deixache posta a malladora… o caso é que sobre podcast tes máis info en http://homedareia.blogspot.com/2006/08/podcasteiros-galegos.html …o podomatic, non está mal…