Ley de costas?
Xoves, Agosto 31st, 2006(preme na foto para ler as anotacións da mesma)
Teño entendido que existe a obligatoriedade de deixar unha marxe de cen metros (100 m.) para contruir preto da costa.
No seu momento, Greenpeace protestou pola construcción dun hotel que violaba esta ley.
(foto de Greenpeace. preme na foto para ver a maior resolución)
Isto e asi polos abusos cometidos nos ultimos anos , pola construcción de xeito indiscriminado no litoral do estado español.
E nos, como bos españois, non nos libramos na Galiza de construccións elitistas, que non se pode permitir calquer persoa, como e o caso da foto que amoso hoxe.
O chalet en cuestión non ten perda, atópase entre a praia de Illas e a praia dos Castros.
Varias persoas por separado dixeronme en varias ocasións diferentes que debaixo desa casa habia unhas mámoas ou un enterramento antigo semellante, inda que eu iso non o vin.
Pero non o vin por duas razóns:
1- Eu non estaba cando construiron esa casa, asi que non podo sabelo.
2- Debido a que agora hay unha casa, endexamais poderei ver esas mámoas. So vexo a casa.
Ben poderia ser certo. Teño a persoal teoria, e sei que non son o único, que a área do literal que esta o oeste de Ribadeo e unha das máis ricas en xacementos arqueolóxicos de cultura castrexa (chamalle castrexa, celta, etc). Pero estan sen explotar, outra cousa a revisar as razóns diso.
Preguntámonos ata que punto é ético que, habendo esta ley , pasen estas cousas, pasa que fanse estas construccións, non de necesidade, senon de luxo, amosando ante todo o mundo que non todos somos iguais ante a ley como ben di a constitución española.
Din que o litoral vai ser sementado, non dunha casa, senon de moitas casas. De agrupacións de casas as que chaman non lugares ou aldeas ou parroquias, senon urbanizacións, que é como unha parroquia laica. Laica xa non de santos e relixión, Senon laica de ética e cerne.
chuzame - 

