Archive for Setembro, 2006

Sometimes You Can’t Make It On Your Own. As veces non podes facelo o teu xeito.

Venres, Setembro 22nd, 2006

captura escaneado proxecto plan Galicia

Facia ano e pico que non encendia o escaner.

Fixeno hoxe, a captura de pantalla de arriba amosa o ultimo no que estivera a traballar.

A fotografia e cadrada porque son as diapositivas de cor que fago coa Mamiya C330, en 6×6. De cor porque asi querian ver Galiza despois do Prestige. Mais cores que no arco da vella. Non querian cores. Ahi os teñen.
Sometimes You Can’t Make It On Your Own, di unha canción de U2: As veces non podes facelo o teu xeito.

Bono escribiuna despois da morte do seu pai.

Eu tamen lembrome de meu pai, el xa non esta aqui para ver nada do que faga.

E tampouco me esquezo dos quixeron que parase o proxecto. Han de roelo.

Acceso a internet no rural galego

Venres, Setembro 22nd, 2006

Hay xa moitos meses que non escribo sobre o tema do acceso a internet dende o rural na Galiza.

Non so estaba desanimado despois de estar dende o ano 2000 o 2004 invertindo miñas millores enerxias nisto, sen conseguir aparentemente nada. Estaba desanimado o ver que os galegos que iban incorporándose moi pouco a pouco a rede, dáballes igual que isto pasase.

Pero ontes recibin un correo que fixome pensar, e fixome crer que algo do que sementei neses anos saiu adiante.

Quero agradecer todalas persoas que estan facendo, de xeito público, privado ou sobre todo alternativo, esforzos por poñer solución a isto.

E inda que non seña nada importante, quero lembrar unha iniciativa que puxera en marcha na rede dende o 2004 para solicitar que as galegos e galegos do rural teñan acceso a rede. Dame igual que vaian facernos caso dende Madrid ou non, e o espacio para amosar nosas voluntades. A voluntade dos galegos que xa temos acceso a rede, se queremos que o resto teñan acceso ou non.

Galicia merece outra oportunidade

Fondos europeos para destruir a ria de Ribadeo

Xoves, Setembro 14th, 2006

Vou amosar unhas fotografias feitas o ano pasado (concretamente o 27 de marzal de 2005) no peirao de Mirasol en Ribadeo.

Quero denunciar duas cousas:

  1. Que ocultase a cidadadania que isto fixose coa axuda de fondos europeos
  2. Que o concello de Ribadeo adicouse dende principios dos anos 90 do seculo XX , a ir facendo pequenas ampliacións da ria de Ribadeo, cargandose esta pouco a pouco, para que o ser pouco a pouco de cada vez a xente non se una nen proteste polo sucedido.

Digo isto cando , como comenta no seu weblog Antonio Gregorio, vaise facer outra ampliacion máis.

Primeiro amosarei tres fotografias do acceso a obra:

Acceso a obra do recheo do porto #1

(preme na fotografia par aumentar e ver anotacións).
Acceso a obra do recheo do porto #2

(preme na fotografia par aumentar e ver anotacións)

Acceso a obra do recheo do porto #3

(preme na fotografia par aumentar e ver anotacións)
Nestas tres fotografias observase a manipulación: como por lei e obrigatorio poñer os carteis de obra, estes poñensi, si , pero fano de xeito oculto.
Como estan dentro da obra e esta prohibido acceder, a xente non pode ver o seu contigo, que agora amoso nestas duas fotos:

Cartel da obra da ampliacion do porto de Ribadeo

Este cartel podiase ver o lonxe mais ou menos, inda que con dificultade.

O seguinte cartel era xa imposible de velo sen internarse moito:

Cartel da obra da ampliacion do porto de Ribadeo

Vexamo-la incoherencia.
Anteriormente diciasenos que a UE paga cartos por sacar area da ria. E aqui estan a dicirnos que a UE paga cartos por botala a uns metros esa area.

Por culpa das ampliacións teñen máis area, enton quitan a area pero con ela voltan a facer outra ampliación, co cal so van conseguir ter proporcionalmente inda máis area e máis problemas para a navegación.

Seria desexable un minimo de lexislación en deseño gráfico, polo menos en sinalética pública, para que non pasen estas cousas. En detalles asi vese o avanzadous ou non que estamos. Non digo crear un corpo de inspección de deseñadores gráficos, pero tampouco permitar estas cousas, porque entón estos carteis con información pública non cumplen coa sua función.

O igual que o concello de Ribadeo cala co do ruido polas noites, cala tamén con isto.
Conclusión:

Por culpa das sucesivas ampliacións do porto dos mercantes, acumulouse unha gran cantidade de sedimentos en forma de area na ria, provocando o aumento do teson (que e como se lle chama a esa area que sempre puido verse en baixamar. Iso si, en moita menor cantidade que agora). Iso foi a mais e a sua vez esta a provocar máis problemas, como cambio de correntes, ou que no astaleiro das Figueiras cada vez teñen máis problemas para sacar os barcos. En definitiva, cada ampliacion do porto de Ribadeo e rematar un pouco máis coa ria. Xa non so pola propia ampliación, que tamén, senon polas consecuencias colaterais que esta a provocar.

A continuación, unhas vistas xerais da ampliación:

Por certo, este porto e utilizado en boa parte para sacar a pasta de papel da papeleira de Navia -Asturias-

draga e excavadora

(preme na fotografia par aumentar e ver anotacións)

draga vertendo area no recheo do porto

(preme na fotografia par aumentar e ver anotacións)

recheo do porto de Ribadeo e paseo maritimo

(preme na fotografia par aumentar e ver anotacións)

Psalmus, a película: presentación internacional desta pelicula galega na rede

Mércores, Setembro 13th, 2006

Acaba de ser presentada na rede a película Psalmus.

Santi na cadeira e frikicola, Psalmus

Psalmus e unha película rural rodada nunha estrada en Vilaframil (Ribadeo, Galiza) , o 31 de xaneiro de 2004.

A pre-estrea da película tivo lugar en Ribadeo o 3 de septembro de 2004 no auditorio Hernán Naval.
Adxunto a continuación a sinopse da película. Dous anos despois da pre-estrea coido que segue a ser un texto válido. So engadiria que nestes tempos de iPod Video e televisión en 3G polo móvil, esta pelicula foi no seu momento concebida para ser reproducida perfectamente nestes aparellos, inda antes de que aparecesen. As limitacións técnicas convertíanse así noutro xeito de expresión, que inda que agora comeza a ser normal, daquela non o era.

Seguindo co anecdotario, supoño que esta e a primeira película galega con licencia libre e ademáis concebida para poder existir na rede, inda tendo aparte outros formatos (coma dvd con máis contidos, ou proxeccións públicas como na pre-estrea.)

Deixovos xa coa película, que e outra producción de Foula, productora que temos entre Santi e máis eu dende o 2003, na que adicamonos a facer películas con licencia libre. O mesmo día que Apple anuncia a venda de películas pola rede e Edonkey pecha como empresa, aqui tedes este agasallo feito con toda a ilusión e que xa podedes compartir de balde cos vosos.

Podedes abrir a película na sua páxina de youtube: nesta ligazon.
Ou vela aqui debaixo: (despois da película poño a continuación a sinopse)

[gv data=”Qh3XqNmJzgk” width=”425″ height=”350″][/gv]
Psalmus.
unha producción de Foula produccións,
Música: Santiago Sanjurjo
Tècnica: Mariano Grueiro
Escrita protagonizada e dirixida por Santiago Sanjurjo e Mariano Grueiro
Sinopse.
Duas persoas saùdanse e comenzan a falar, coa estrada Galiza-Asturias de fondo (paradigma do paso da vida, das viaxes, do coñecemento, do mundo) e tomando de referente os libros. Establècese entre eles unha especie de diàlogo e bi-monòlogo, a partir do cal sucèdense diferentes àreas temàticas ( a arte, o amor, a guerra, a vida, a terra…). A luz do dia da paso a noite, e a historia continùa. Trescentos enlaces e os automòbiles de fondo serven de fio nesta obra.Aspectos de estilo
E unha “road movie”, pero en parado.
A diferencia das peliculas ianquis, esta road movie e ata prescinde do uso do coche polos protagonistas (o coche e utilizado polos actores secundarios).
A primeira “road movie” (poderìamos traducir este tipo de filmes coma de estrada) de toda a historia do cine mundial, que se fai en parado.
A estrada de fondo (Galiza-Asturias) serve de continuidade no tempo, e paradigma da vida, o mesmo tempo que a iluminaciòn: comeza sendo iluminaciòn natural, tornando cara a escuridade para falar de determinados temas, e rematar cunha càlida luz artificial barrolindiana. As referencias a obras clàsicas son constantes, tanto o detalle citado da iluminaciòn (Barry Lyndon, de Stanley Kubrick, 1975; a destacar que el tamèn fixo a rodaxe en entornos “rurais” da Irlanda), coma a sucesiòn dos feitos ( “en attendant a Godot”, “agardando a Godot”, de Samuel Beckett), ou o uso de localismos na lingua, asi como diferentes linguas, coma o Ulysses de Joyce. De feito, o igual que o Ulysses sucede nun dia, esta obra sucede a tempo real, e durante unha posta de sol.
Os exteriores son reais, nun entorno rural tamèn rural (en contraposiciòn a entornos rurais feitos en estudio).
E por iso unha pelìcula rural?
É unha pelicula real que prescinde precisamente deses tòpicos.
Asimesmo, tècnicamente, e un plano secuencia que ten unha duraciòn de duas horas e varios minutos. (de novo os referentes, esta vez da mao de Andy Warhol, que na sua obra, “Empire” (en referencia o Empire State Building de Nova Iorque) , facia unha única toma de 9 horas da posta de sol, encuadrando o Empire State.
A càmara utilizada foi unha càmara de videoconferencia, traballando o feito da contemporaneide da imaxe texturizada dixital, e a renuncia consciente de corrente a renunciar totalmente primitivista , un feito comparabel o uso da figura humana por Gauguin nas suas obras por illas exòticas. En lugar de renunciar a tècnica dixital para afianzar valores primitivos, utilizouse precisamente o traballo con equipo dixital absolutamente mìnimo ( a captura foi feita con ordenador, renunciando ata a ter unha imaxe en cinta de video dixital), e a unha resoluciòn baixa, para unir asi primitivismo e actualidade. Prescindese tamèn do uso de 24 fotogramas por segundo, utilizando 3 fotogramas por segundo, (un referente tamèn o cine de warhol, que facia proxectar os seu filmes a 16 fotogramas por segundo: desta tècnica dan boa conta os realizadores actuales de publicidade), iconificando asi a perpetua limitaciòn de ancho de banda no rural versus a sociedade de hoxe en dia ( e velaqui o icono de chaplin en “tempos modernos”)

Recursos sobre Psalmus:

ENDESA: 1900 MORTES PREMATURAS SO COA CENTRAL DE AS PONTES

Mércores, Setembro 13th, 2006

Cemiterio de Freixeiro

ENDESA: 1900 MORTES PREMATURAS SO COA CENTRAL DE AS PONTES. Responsabilidade corporativa xa. Minten o accionista. Minten a sociedade. Os que non traballamos na central nunca levamos un ca e papamos todo o sulfuro de xofre. Ogalla que un dia teñan seu merecido.

A chimenea e As Pontes de festassd

1-12-2002. A manifestacion: o espertar do sono (video documental)

Martes, Setembro 12th, 2006

Despois de ontes anunciar outro documental galego, teño que darvos hoxe duas novas.

Unha, fun admitido a conta de director de youtube , de xeito que xa poderei subir traballos meus que duren máis de dez minutos (era o que estaba a agardar para poñer na rede os traballos)

O primeiro traballo que subin foi o documental feito o 1-12-2002, ” A manifestación: o espertar do sono”. E sobre a manifestación que tivo lugar ese día en Santiago de Compostela. Foi convocada por Nunca Mais en denuncia do pasado as semanas anteriores co afundimento e ecocidio do petroleiro “Prestige”.
[gv data=”HCxIDLUw4Xw” width=”425″ height=”350″][/gv]

Hay xa camiño de catro anos deste traballo. Estiven no dique seco, por moitas razóns. A demanda con avogados feita pola Xunta polo proxecto plan Galicia foi unha delas (graciñas casa encantada e hacklab compostela) . A cámara coa que fixen este traballo, estropeouse por mor da chuvia dese día. Tiña duas opcións, seguir grabando e estropear a cámara, ou non grabar e agardar que TVE, TVG e demáis televisións me contaran o conto.
Escollin a opción A e tería que agardar a película “Psalmus” – un traballo de Santiago Sanjurjo e meu – para voltar as andadas. Neste momento levo un ano coa rodaxe de “Tanhäuser”, sobre a emigración galega.
Non dou por rematado este traballo de “a manifestación”; gustaríame, inda anos despois, poder entrevistar os protagonistas, isto e, a xente que ali estivo, e que den sua opion, tanto de antes dela, como o que se atoparon ali, e o que ven hoxe en dia.

Durante unha breve temporada, subin a rede o documental. As poucas veces que puiden ir a algunha xuntanza de burla negra (unha en realidade), puxen o meu chiringuito vendendo fotos e peliculas miñas, xa que non tiña outro xeito de distribución.

E agora, inda que sego sen ter medio de distribución físico, polo menos xa podo voltar a poñer cousas na rede:

http://www.youtube.com/grueiro

Pouco a pouco tamén vou subindo miñas fotos eiqui:

http://www.flickr.com/photos/marianogrueiro/

Desfrutade do traballo. E sobre todo, desfrutade do orgullo e dignidade dun pobo que dende ese dia voltou a facer sua a rua.

NON TODO E CARBON. Adianto do documental sobre as Encrobas no youtube

Luns, Setembro 11th, 2006

Teño que felicitar os que están facendo, – Xosé Bocixa – ,os que xa fixeron , o documental sobre As Encrobas. Ogallá non seña o único. Ogallá moitos máis veñan tamén. Decenas, centos de visións sobre o acontecido. Ogallá A eléctrica fixera tamén a sua versión, máis iso non vai pasar: a película da empresa e a que vemos tódolos dias., xente dicíndoche despectivamente que se non de a ver de onde quitamos a corrente. Agora cos aeroxeneradores non o din tanto, e agora inda preto deles os cortes de luz continuan na Galiza como hay decenas de anos.
Gracias a Chuza e a si home si puiden ver no youtube un adianto (teaser) do traballo. Chorei, e quero dicilo, chorei por pena, e sobre todo porque alguén lle deu a oportunidade a xente.
[gv data=”4uEwMeiFeh4″ width=”425″ height=”350″][/gv]
“Non hay nada que legarlle os que veñen detras, porque todo o que eramos, temolo aqui (e sinala a cabeza) e temolo aqui (e sinala o corazón)”, di unha muller. Ten toda a razón
Niso a rede xoga un papel moi importante. Non podemos esquecer nosa cultura , e nosos sentimentos cara a nosa terra.

Gustariame que alguen me contase as suas historias con respecto a mina de As Pontes, porque so teño a miña historia persoal e as do meu redor. Non digo que poida facer un documental, pero se teño as suficientes historias algo poderei facer. Neste momento non podo ir, casa por casa, pero meu correo volta a funcionar, a si que se tedes algo que dicir, dadelle uso a conta:
Quixera saber a historia dos que tiveron que rematar marchando, e dos que fixeron a que inda hoxe en dia e cos seus 356 metros a construcción máis alta do estado español. Os que fixeron esa chimenea. Quixera saber todo iso e para facelo agora teño so a rede, e a maior parte dos protagonistas non teñen acceso a rede, ven o sei, pero habera algún, ou familiar ou coñecido que si.
Despois de ver o resumo do documental das Encrobas , eu tamen digo que son da Faeira (As Pontes). Lembro inda cando eu era un cativo, o “cura das Encrobas”, Moncho Valcarce, dando a misa na Faeira. E daquela eu non sabia quen era. Hoxe el non esta pero outros han de lembar o que pasou, e han de contar o que esta a pasar.
Han de roelo.
NON TODO E CARBON

kusturica e o galego da galega

Luns, Setembro 11th, 2006

O galego da galega e unha expresion que xa temos no inconsciente colectivo.
Kusturica e un que fai pelis e as suas personaxes falan na sua lingua, e non so na sua lingua, senon con cadanseu acento propio. Algún di que e como cando un pode utilizar inglés de cada sitio ou ben “inglés da BBC”.
inglés da BBC > galego da galega.
Mais informacion del eiqui.

PINK POMBAS in the stock market: Brenntag and Caldas de Reis

Mércores, Setembro 6th, 2006

hi folks!

today we have a nice new: Brenntag talk in it`s corporate website about Caldas de Reis.

HO-HO-HO

And what these people talk about?
they say that “Due to the contaminated fire-fighting water, the nearby river has been partly contaminated with chemicals, primarily toluene. Brenntag deeply regrets the incident and – regardless of the question of responsibility – will play an active part in a possible remediation of this part of the river.”.

ERROR

Sorry, the true answer it is not this, and the prize it will go to the people who are ringing now to the 902-VAI-TOMAR-POLO-CU.

The true is that Brenntat it is lying to their investors in the stock market who maybe thinks that it is enought to now that Brenntag have a lot of enviromental certifications. The rude true is that Galician people it is now soooo tired after what happened with the ecocide of the fueltanker Prestige and a summer of fire.
And now come Brenntag with his white (so white, bleaching white) papers and say that all it is OK and Bambi will come to give Toluene to the Galician boys in Christmas.

Today I feel so good because I was reading the Brenntag’s magazine, TOGETHER, and I thought, Thank Lord, and thank you Brenntag, because a month ago I even do not know who or what was Brenntag, but now, I will be like your John Waters in PINK FLAMINGOS. We will do our PINK POMBAS

oh boys, Bambi Brenntag come to the Umia not only with Toluene (“Some chemicals, principally toluene and styrene were washed into the nearby river Umia with the fire-fighting water. The extraction of drinking water has temporarily been suspended.”) , but with this: (Galician government)

1,1,1,2-Tetracloroetano HRGC-MS µg/L
1,1,1-Tricloroetano PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
1,1,2,2-Tetracloroetano PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
1,1,2-Tricloroetano PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
1,1-Dicloroetano PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
1,1-Dicloroeteno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
1,1-Dicloropropeno HRGC-MS µg/L
1,2,3-Tricloropropano HRGC-MS µg/L
1,2-Dibromo-3-cloropropano HRGC-MS µg/L
1,2-Dibromoetano HRGC-MS 150.0 µg/L
1,2-Diclorobenceno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
1,2-Dicloroetano PE-BV/0048 HRGC-MS µg/L
1,2-Dicloropropano PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
1,3-Diclorobenceno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
1,3-Dicloropropeno HRGC-MS µg/L
1,4-Diclorobenceno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
2-Clorotolueno HRGC-MS µg/L
4-Clorotolueno HRGC-MS µg/L
Bromobenceno HRGC-MS µg/L
cis-1,2-Dicloroeteno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
cis-1,3-Dicloropropeno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
Clorobenceno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
Dibromometano HRGC-MS µg/L
Diclorometano PE-BV/0012 HRGC-MS 710.0 µg/L
Isopropilbenceno HRGC-MS 30.0 µg/L
n-Butilbenceno HRGC-MS 70.0 µg/L
n-Propilbenceno HRGC-MS 110.0 µg/L
p-Isopropiltolueno HRGC-MS 35.0 µg/L
sec-Butilbenceno HRGC-MS 50.0 µg/L
tert-Butilbenceno HRGC-MS µg/L
Tetracloroeteno PE-BV/0048 HRGC-MS 720.0 µg/L
Tetracloruro de carbono PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
Trans-1,2-Dicloroeteno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
Trans-1,3-Dicloropropeno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
Tricloroeteno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
Trihalometanos
Bromodiclorometano PE-BV/0048 HRGC-MS µg/L
Bromoformo PE-BV/0048 HRGC-MS µg/L
Cloroformo PE-BV/0048 HRGC-MS 65.0 µg/L
Dibromoclorometano PE-BV/0048 HRGC-MS µg/L
BTEX’s
1,2,4-Trimetilbenceno PE-BV/0015 HRGC-MS 600.0 µg/L
1,3,5-Trimetilbenceno PE-BV/0105 HRGC-MS 260.0 µg/L
Benceno PE-BV/0048 HRGC-MS 30.0 µg/L
Estireno HRGC-MS 8540.0 µg/L
Etilbenceno PE-BV/0015 HRGC-MS 720.0 µg/L
m+p-Xileno PE-BV/0015 HRGC-MS 1720.0 µg/L
o-Xileno PE-BV/0015 HRGC-MS 350.0 µg/L
Tolueno PE-BV/0015 HRGC-MS 1640.0 µg/L

Merda

Mércores, Setembro 6th, 2006

Onde as dan as toman, unha sesion de googlebombing: merda , merda , merda (curso rapido de googlebombing: se ligas unha palabra cunha paxina, podes conseguir que o buscar un termo -merda- apareza o que ti pensas que se corresponde -paxina- ).

Este googlebombing non está supeditado a ningun control de calidade medioambiental Iso nonseicantos.
Todo seña para informar os accionistas de Brenntag e subir sua cotización na bolsa.

Aproveito a ocasion para rendir meu agradecemento e homenaxe o hacklab compostela. Sen eles eu hoxe non estaria de volta na rede. Grazas.