Archive for Setembro, 2006

carta aberta o presidente de Brenntag D. Heinrich Eickmann

Mércores, Setembro 6th, 2006

(a fotografia e de Adega, posta aqui con fins informativos e ligazón a sua páxina)

Carta aberta o presidente de Brenntag D. Heinrich Eickmann

Galiza ten acollido diferentes comunidades o longo da sua historia. Compartiu suas riquezas coas diferentes civilizacións que pasaron por esta terra.

Sei que, coma xestor de algo tan delicado e o mesmo tempo tan necesario para a industria occidental coma os productos químicos, será coñecedor dos problemas ecolóxicos que tivo Galicia no século XX e no que levamos de século XXI:

o réxime do dictador Francisco Franco quitou as terras o pobo para enchelas de enormes masas forestais. Este vrao unha gran cantidade destas teñen ardido , por diferentes causas.

o dictador Franco permitiu tamén a apertura de duas das centrais térmicas que máis contaminan de toda Europa: Meirama e As Pontes. Agora e a dona destas centrais, a empresa ENDESA, que será absorvida pola empresa alemana EON, Alemaña terá unha responsabilidade engadida sobre Galiza.

Na Galiza teñen habido máis mareas negras que noutro lugar do planeta Terra. A última e maior delas foi a provocada polo petroleiro Prestige.

Sei que vostede non e responsable das pasadas miserias ecolóxicas, pero ten que entender que nosa xente esta cansada e alporizada por tantas agresións contra seu medio ambiente. Vostede non e responsable do que pasou co buque petroleiro Prestige, nen co que ten pasado coas fragas, pero si que é cupabel de xestionar unha empresa que tivo un incendio que provocou un vertido de residuos tóxicos cara un rio. Son vostedes os responsabeis de escoller precisamente o emprazamento, e se non tiveron posto en marcha as suficientes medidas de seguridade, son culpables. E se tampouco previron medidas de seguridade suficientes para evitar que no caso de incendio os productos cheguen o medio ambiente, eu fagolle tamén responsable disto.

Sua páxina web fala de medio ambiente e de trazabilidade, pero a cadea de fallos indica pouco amor polo medio ambiente.
Unha sociedade que, en Galicia, viviu sempre ligada o seu cerne, seu medio natural. Din ser honestos coa sociedade, pero na sua web non aparece a nova do incendio, e do posterior vertido de residuos tóxicos. Non aparece nada, nen a nova nen tan siquera unha nota de desculpa, e ocultan a verdade os accionistas internacionais de Brenntag.

Agardo que as próximas semanas, aparte de que se fagan cargo dos costes económicos de diferes desta catástrofe ecolóxica, seña feito público un comunicado pedindo perdón o pobo galego polo que ten sucedido.
Agardo que mentres teñan aberta, tanto esta como outras factorias no estado español, as devanditas fábricas señan exemplares na sua seguridade medioambiental. Se vostede non fai isto, as empresas adicadas a producción de productos químicos industriais perden seu argumento de ser necesarias, porque o único que fan e rematar co mesmo medio ambiente que lle suministra as materias primas, e fan un dano máis grande que o ben que fagan.

O vertido tóxico no rio Umia foi un erro e Galiza precisa que lle digan exactamente iso, que e un erro, que non e normal e que vostedes piden desculpas.

Mariano Grueiro

actualización as 16:15 do . Brenntag acaba de publicar nas suas paxinas como nova o ecocidio do Umia asi como os cartos que levan gastados en limpar todo.  QUE CASUALIDADE.

ligazóns:

seccion de medio ambiente de Brenntag.

xestores de Brenntag.

paxina de novas de Brenntag.

Análise dos vertidos por parte da Xunta.

Adega.

Merda con control de calidade . Iniciativa de Vigoblog para que dean de baixa a empresa Brenntag da organizacion de empresas responsables co medio ambiente).

Onde as dan as toman, unha sesion de googlebombing: merda , merda , merda   (curso rapido de googlebombing: se ligas unha palabra cunha paxina, podes conseguir que o buscar un termo -merda- apareza o que ti pensas que se corresponde -paxina- ). Este googlebombing non está supeditado a ningun control de calidade.
versión en aleman a continuación (ollo, foi feita por un traductor en liña de xeito automatico, dubido que poida entenderse. Se alguen quere traducila e enviarma, adiante, conformome con que un aleman poida entendelo por encima)

Buchstabe öffnete sich zum Präsidenten von Brenntag D. Heinrich Eickmann

Galizien hat empfangen unterschiedliche Gemeinschaften während seiner Geschichte. Er hat seine Fülle mit den unterschiedlichen Zivilisationen geteilt, die durch diese Masse geschahen. Er gab Gold nach Rom, Bäume für die große Marine und den Wolfram für das Drittes Reich; während ihrer Geschichte waren die Zivilisationen viele, die durch Galizien überschritten.

Daß, wie Manager von etwas, das und notwendig für die westliche Industrie, chemische so empfindlich ist Mittel gleichzeitig mögen, Experte der ökologischen Probleme sein die Galizien in Jahrhundert XX und der gehabt uns hat, nahm von Jahrhundert XXI:

* das Regime des Diktators Francisco Franco löschte Masse, um sie nach enormen Waldmassen zu füllen. Dieser Sommer ein große Menge dieser Wälder hat, durch unterschiedliche Ursachen gebrannt.
* der Diktator Francisco Franco erlaubte auch die öffnung von zwei der Wärmekraftwerke, die aber von allem Europa verschmutzen: Meirama und als Pontes. Jetzt, die der Inhaber dieser Kraftwerke, die ENDESA Firma, absorvida durch die deutsche Firma AEON gewesen ist, hat Deutschland eine Verantwortlichkeit, die auf Galizien hinzugefügt wird. Sie
*en Galizien sind gewesen schwärzere Gezeiten als in einem anderen Ort der Planet Masse. Letztes und das grössere von ihnen verursachten durch den Prestigeöltanker.

Daß du nicht für das letzte ökologische Elend, aber sie verantwortlich bist, muß, einschließen/versteht, daß unsere Leute, die dieses von so vielen Angriffen gegen sein Klima ermüdete. Du bist nicht verantwortlich für, welchen Durchgang mit dem ölschiff Prestige noch mit welchem es mit den Wäldern geschehen ist, aber schuldig ist, eine Firma zu handhaben, die ein Feuer gehabt hat, das den überlauf der giftigen Reste zu einem Fluß verursacht hat. Du bist sie verantwortlich, zum dieser Position in der Tat zu wählen, und wenn sie nicht oben die genügenden Sicherheitsmaßnahmen begonnen haben, sind sie schuldig. Und wenn sie nicht die Sicherheitsmaßnahmen vorweggenommen haben, die auch nicht genügend sind, das im Falle des Feuers zu vermeiden, welches die Produkte zu Klima kommen, auch ich tue die Person, die zu ihm von diesem verantwortlich ist.

Seine Seite Netzklima Rede und trazabilidad, aber die Kette von Ausfällen zeigt wenig Liebe durch Klima an. Eine Gesellschaft, die, in Galizien, immer gelebte genommene Wurzel zu seinen natürlichen Mitteln hat. Sie behaupten, mit der Gesellschaft ehrlich zu sein, aber in seinem Netz erscheint es nicht die Nachrichten des Feuers und der neuere überlauf der giftigen Reste. Die Nachrichten scheinen nicht nichts entweder weder noch mindestens eine Anmerkung der Entschuldigung und verstecken die Wahrheit zu den internationalen Aktionären Brenntag I
“,0] ); D([“ce”]); //–>

Der Hoffnung, daß die folgenden Wochen, neben denen sie werden, Kosten der ökonomischen Kosten dieser ökologischen Katastrophe eine amtliche Nachricht allgemeine erbittene Entschuldigung zur Galician Bevölkerung durch die geschehene Sache gebildet werden.

Ich hoffe, daß, während geöffnetes hat, so viel dieses wie andere Fabriken im spanischen Zustand, diese Fabriken in der Klimasicherheit mustergültig sind. Wenn du nicht dies tust, verlieren die Firmen, die der industriellen Produktion des chemischen Mittels eingeweiht werden, ihr Argument, um notwendig zu sein, weil die einzige Sache, daß sie, ihn selbst Ende Klima ist, das Rohstoffe zu ihm zur Verfügung stellt und eine Beschädigung verursacht, die grösser als das gut ist, als.

Der giftige überlauf im Fluß Umia war eine Störung und Galizien Notwendigkeiten, denen sie sagen, daß genau, die eine Störung ist, das ist nicht Normal und daß du um Entschuldigungen für diesen Grund bittest.
Mariano Grueiro

fotografias do 14 de marzo de 2004 en Madrid

Mércores, Setembro 6th, 2006

cinco cadeiras

Veño de subir o meu arquivo de flickr o traballo que fixen o 14 de marzo en Madrid.

Aquel dia das eleccións xerais, so tres dias despois dos atentados do 11 de marzo eu estaba ali coa miña camara coa queria testimoniar todo o que vira.

O traballo foi feito cunha Mamiya C330 (A mesma coa que estou facendo as fotos do proxecto plan Galicia) e inda que non pareza a camara ideal para fotodocumentalismo,  cando fago estos traballos a inmediatez do tempo de publicacon non e unha das miñas propiedades, de xeito que podome permitir utilizala; as fotografias estan feitas entre as 10 da mañá e as 17 horas da tarde do 14 de marzo de 2004. A maior parte das fotografias foron feitas na estación de tren de Atocha, na de El Pozo e na Puerta del Sol. Non puiden dar chorado, proque erame imposible proseguir pola emocion de todo o que estaba a pasar.

osiño

Ata agora , non foi publicado en ningun medio, asi que polo momento o unico xeito de ver este traballo e ver meu arquivo fotografico no flicrk.

ligazóns:

fotografias do 14 de marzo (version de fotografias soltas).

fotografias do 14 de marzo (version en presentacion de diapositivas).

o punto de vista do fotografo

Mércores, Setembro 6th, 2006

Estas son as tres fotografias que presentei o certame “Galicia en foco” no ano 2003:
we are sick of being a colony. Estamos fartos de ser unha colonia

“estamos fartos de ser unha colonia” (preme para aumentar)

A realidade dos medios

“a realidade dos medios” (preme para aumentar)

manifestación de nunca máis o 1-12-2002 no obradoiro

“Manifestacion o 1-12-2002 en Compostela” (preme para aumentar)
O xurado decidiu que non tiñan un minimo de calidade e quedei fora.
E viñenme abaixo.
E foi enton unha das poucas veces que parei de facer fotos.
Replantexeime todo.
Alguen pensaria que como e posible que lle concedera tanta importancia a algo asi se inda por riba eu case nunca me presento a certames ou concursos.
Pero daquela de menos era o certame.

Coma dixen, non participo moito en certames, case nunca ata o momento.
E tiña en moita estima participar no certame de Galicia en foco porque non era un certame competitivo. Suponse que eran as fotografias galegas que resumian todo o sucedido no ano anterior.
Para min o máis importante que tivera lugar en Galiza o ano anterior fora , non xa o ecocidio do Prestige.
Para min o máis importante do ano 2002 foi como reaccionou o pobo galego frente o ecodio.
E un resumo desa reacción non era a fotografia dos traxes brancos dos voluntarios, senon que como pobo, o 1-12-2002 todos os que puideron, achegaronse voluntariamente a Compostela para dar a cara frente o sucedido.

Eu non entendin e inda non entendo esa decisión de quedarme fora. Non digo que señan fotos boas ou que señan dunha calidade pésima, refirome a que non sei facelas mellor.
Esas tres fotografias son o que mellor souben resumir a manifestacion daquel chuuivioso dia en compostela. e para min o que pasou aquela maña non so foi importante na historia dese ano. Foi importante para a historia de Galicia.
Ou seña, ou as fotos non eran importantes, o dia non era importante ou as duas cousas. Alquen me diria que non lle dese importancia. Pero para min si que a tiña.
Non era xa o certame en si, senon a apreciación.
Esquence toda complicación das cámaras e técnicas fotograficas.
A fotografía está feita de iconoloxía, de momentos.
Para min o momento do espertar do pobo galego era importante.
E para fin coma fotografo foi un dos momentos máis importantes.

O ano seguinte chegoume a invitación para participar. Agradecin de verdade o xesto, e coido que e unha boa idea ese certame, pero o 2003 foi o derradeiro ano no que participei, porque se tratábase de resumir ese ano 2002, eu non podo afastar da miña cabeza nen do meu corazón o que vin aquel dia, aquelas semanas na costa.
Non e rencor, e so que se o punto de vista e non darlle importancia, por engadidura nada do que eu faga na actualidade pode ter un mínimo nivel para ese certame, porque o autor, o punto de vista, e o mesmo que o do ano 2003.
Poucos meses despois de recibir aquela invitación, emigrei, porque foime imposible atopar un traballo, no que ou ben vivira da miña obra, ou ben fora doutra cousa pero que me deixara tempo para meus proxectos. Agora estou na opción B, e non por decisión propia, porque de terme quedado teria que rematar con todo. Non me pesou, porque se non teria que ter abandonado calquer relación coa fotografia a literatura ou a Rede. Non seria eu, senon un anaco de min, porque o igual que o certame, o meu punto de vista non coincidia co oficial,e daquela eu teria, non que cambiar o meu, se non que teria que anularme.

Agora, cando menos , podo seguir dando meu punto de vista.

accion do EGG sobre a torre espacio de Madrid :)

Luns, Setembro 4th, 2006


Recibin outro comunicado do EGG. A xeito de resumo, declaranse autores do incendio da torre Espacio.

A razón de escoller ese obxetivo foi que a torre Espacio e propiedade de Villar Mir, o propietario da mina de seixo de Serrabal, a mesma persoa que se opuxo firmemente o AVE galego por pasar este pola sua mina, pedindo unha indeminación multimillonaria que facia imposibel a nivel presupuestario que esta se levase a cabo e finalmente aceptou o trazado facendo varios acordos baixo corda.
Tamén aclaran que tanto o fotógrafo Daniel G. López coma a xornalista Cristina Alonso , profesionais informativos do diario ABC, que publicaron o luns 4/9/2006 unha reportaxe sobre a torre espacio, non teñen nada que ver con esta acción, que o parecer foi levado a cabo polo comando Madrid do EGG.
Meus comentarios persoais sobre este comunicado son os mesmos que no caso do anterior.

A alternativa a creervos que isto e ou non certo e pensar que o do outro dia dos DNS foi por chapuza e que isto tamen, e con poucos dias de diferencia. Iso e imposible, ouh?

Rodolfo Langostino invade o castro de As Grovas, Ribadeo

Venres, Setembro 1st, 2006

(Preme na foto para ver a máxima resolución)

Unha invasión de Rodolfos Langostinos prepárase para invadir o castro de As Grovas en Ribadeo.
O tutor desta plaga de langostinos, a empresa Pescanova, declarou despois duns fogos artificiais, e por boca do seu presidente,Manuel Fernández de Sousa que “metense con nos, pero os noruegeses de «Stolt Sea Farm» deixanlles facer unha granxa de rodaballos preto do castro de Baroña. (suponse que iso otorga dereito a PESCANOVA a facer o que lle pete)

Dase a circunstacia que Ribadeo vive do turismo, pero pese a zona tan rica de xacementos arqueolóxicos da zona ribadense, a maioria estan sen investigar nen manter, e xa non digamos que estan sen explotar turisticamente
Existe un cargo de director da Gerencia de dinaminación turística de Ribadeo, Juan Luis Erice Calvo Sotelo (conferenciante, ex xestor de coñecemento de Egon Zehnder, e sobriño do ex-presidente de governo Leopoldo Calvo Sotelo), asi como unha fundación comarcal da mariña oriental. Seu director e Manuel Valin Valdes, e ata o momento tampouco declarou nada. E de agardar que estas persoas, xestores de entidades públicas que teñen coma obxetivo coidar do entorno como ferramenta para o turismo, o mesmo que o concello de Ribadeo, tomen medidas no asunto, porque baixo a hipotetica posta en marcha de novos postos de traballo, pretendese ignorar as repercursións sobre o patrimonio, e sobre todo ecolóxicas. Xa en Fuerteventura tiveron problemas por non tomar medidas e Ribadeo non sera menos.
Tal e como indicaba Antonio Gregorio, de Ribadeo, no seu weblog, a documentación da piscifactoría menciona que a máxima filtraxe sera de un milimetro (ou seña, que se por moita suciedade que teñas, pasaslle a batidora, todo iso vai directamente o mar)

José Martínez Couselo, no seu blog “acento gallego“, xa indica que despois do ecocidio do Prestige e cando todo o mundo falaba do Plan Galicia, PESCANOVA dixo que ia facer algo por Touriñan. Esa factoría de Touriñan e a que hoxe queren facer en Ribadeo. E sinxelo falar cando os políticos dician que darían 12.000 millons de euros para o PLAN GALICIA. ¿onde están? ¿onde está PESCANOVA?

Ligazóns relacionadas con Rodolfo Langostino, o okupa dos castros galegos.

Documentación do proxecto da piscifactoría de PESCANOVA en Ribadeo.
Ponte en contacto con Grumete, o amiguiño mariñeiro de Rodolfo Langostino, para que se alquile un piso con el e deixen en paz os castros.
Lexislación de aplicación da piscifactoria.
Foro de a las barricadas.
O tribunal superior de xustiza galego paraliza as obras de Rinlo.

Unha paxina moi interesante de estudiantes de historia da UNED con seccions de arqueoloxia .

weblogs Ribadenses que falan deste tema:

Antonio Gregorio.
Vida socio-politica de Ribadeo

Esta e a piscifactoría do noso amigo Rodolfo Langostino. Outro dia falaremos da piscifactoría que quere facer preto de ali o irmán do ex-ministro , Ramón Alvarez Cascos, titular de Acuinor tamén en Ribadeo.