Archive for Outubro, 2006

A casa de 1906 ¿A casa do rural de 2006?

Martes, Outubro 31st, 2006

Seica agora poñen pola galega un docudrama chamado “A casa de 1906” na que os participantes teñen que sair adiante con medios de 1906.
Nunca vin a serie. Tomei a decision en canto entereime da sua tematica.

A min pareceme moi mal, porque en moitos sitios as condicions de vida no 2006 case non cambiaron. No rural galego máis marxinado alguns teñen electricidade, non teñen agua corrente e tanto moviles como telefonia fixa coma internet son ciencia ficcion. Iso fai que estean peor que antes porque agora parte da sociedade si ten esos medios. Dicir que esas condicións quedaron atras son como rirse deles.
Xa din miña opinion nalgun foro galego.

ASTANO, ano 1985: festival rock, en youtube

Luns, Outubro 30th, 2006

Calidonia subiu a rede o festival rock celebrado no ano 1985 como oposicion a masacre do naval.

Atopeino de casualidade buscando, como fago cada certo tempo, a plabra “ASTANO” en diferentes media.

Vin que Calidonia anunciouno hay uns dias no seu blog. Tamén fixose eco disto ZERO VACAS.

Unha gran desgraza que temos inda e que o contrario do que pasou coas masacres industrais noutros paises, nos case non temos nen material documental, nen documentais, ficcion, etc, sobre o sucedido.

Eu vivia en Ferrol, e lembrome dos carteis do festival. Lembro inda millor cando xogabamos no colexio público Ibañez Martín coas pelotas de goma que utilizaba a Policia Nacional contra os nosos pais cando se manifestaban pedindo conservar un posto de traballo co que manternos a nos.

Daquela eu non sabia porque tiña ese nome. Chamase Ibañez Martín porque ese era o nome dun dos ministros de educación de Franco.

Ibañez Martín tamén foi sogro de Leopoldo Calvo Sotelo, ex presidente do governo español.

Un dia descubrin un manifesto sindical nun libro do meu pai, pero non conservo outro material da epoca. Fixeronse moitas cousas, pero nen eu nen moitos temos mais que as nosas lembranzas.
Esta e a ligazon poñendo a palabra “ASTANO” en youtube.

Esta e a ligazon o video da presentacion.

Esta e a ligazon os videos de Calidonia en Youtube.

Por favor, fago dende aqui unha petición, se alguen ten material sobre a reconversión (con ASTANO, BAZAN, etc), quere facelo publico e non sabe como, pode enviarmo o meu enderezo electronico, ou ben o apartado 120 de Ribadeo.

outras ligazons:

videoblog proxecto plan Galicia #03: entrevista a Antonio Gregorio

Domingo, Outubro 29th, 2006

Chegamos a edicion 3 do videoblog do proxecto. Non me esquezo do podcast, so e que para facelo antes teño que rematar de actualizar os artigos do blog de blogaliza cos dun dos antigos , e iso levara rato, pero non quita para que sega adiante con este videoblog, que ten unha loxistica moi sinxela.
Hoxe aproveito para entrevistar un amigo meu, Antonio Gregorio, de Ribadeo. Se non coñecedes o blog e queredes estar o tanto do que pasa por Ribadeo, so tedes que pasar por el: http://ribadeando.blogspot.com . Na entrevista preguntolle sobre o plan Galicia dende o punto de vista do ano 2006, e Antonio opina sobre plan Galicia, Nunca mais, e a actualidade da rede na Galiza (por exemplo, caso Brenntag no Umia).

Rodado na terminal 4, T4, do aeroporto de Barajas en Madrid (Antonio viña de Atenas dunha viaxe de traballo , asi que aproveitei deste xeito seu paso por Madrid)
[gv data=”7aK3nlN16WM” width=”425″ height=”350″][/gv]
Ligazon a canle do videoblog proxecto plan Galicia.

parabens Fernando, o rapaz de la Manjoya

Domingo, Outubro 22nd, 2006

Parabens Fernando (Alonso). Lembrome desa vez que che vin naquela casa duns amigos comuns, preto de La Manjoya. Naqueles anos (1999-2002) vivin en Oviedo. Cando anos despois vinche de novo pola tele, lembreime daquel momento, daquela casa e de La Manjoya. Como cambian os tempos meu, e non son nen coñecido teu, tan so e por casualidade, antes de que foras coñecido coincidimos nunha aldea vaixo o mesmo teito porque coñeciamos a mesma xente. Fai uns meses estiven onde entrenabas arredor daquela pista de futbito. Tiraron todo abaixo e pasara por ali unha autovia, pero inda segue montado o de Casa Paulino. Como pasan os anos, e os dous emigrados

coleccion de libros de fotografia de tematica galega Fotoxoguete

Sábado, Outubro 21st, 2006

Fai uns dias recibin un correo de Carlos Puga sobre unha iniciativa orixinal no eido fotográfico galego, que reproduzo a continuación porque penso que a moitas persoas pode interesarlles.

Para que teñades unha idea, e un proxecto semellante o que comezou no seu momento co da colección Photobolsillo.

EDITORIAL FOTOXOGUETE

La editorial FOTOXOGUETE, creada en Galicia por personas vinculadas
profesionalmente al mundo de la fotografía, nace con el propósito de
publicar exclusivamente libros de temática fotográfica.

La primera colección que la editorial pondrá en el mercado lleva por
nombre FRAGMENTOS. Compuesta por libros con formato de bolsillo (10 x
15 cm), está previsto que el primer número aparezca en el mes de
diciembre de 2006. La colección FRAGMENTOS se regirá por los
siguientes presupuestos:
? Estarán representados en esta colección autores de reconocido
prestigio, autores de actualidad y autores noveles. Cada título
seleccionado para integrar el catálogo de la colección corresponderá a
una serie de 12 fotografías de un mismo autor regidas por una lógica
unidad temática.
? Es voluntad de los responsables de esta colección que las obras
seleccionadas establezcan un vínculo con la realidad natural, social y
cultural de Galicia. Por tanto, a la nómina de autores gallegos ?cuya
promoción fuera de nuestras fronteras es uno de los principales
propósitos de esta editorial, aun cuando el tema o el escenario de sus
trabajos sea ajeno a nuestro entorno? podrán sumarse artistas de fuera
de nuestra comunidad que hayan realizado sus obras en escenarios
gallegos.
? De cada libro se hará una edición única de 1.000 ejemplares. No se
contempla la reedición de ninguno de los títulos.
? Aunque no se ha fijado un calendario concreto para la publicación de
las obras, está previsto que la colección mantenga una periodicidad, a
razón de 4 títulos editados por año.
? Los libros tendrán un precio de venta al público de 10 ? y podrán
adquirirse en librerías, a través de la librería online
Fotoxoguete.com– (que estará en funcionamiento próximamente) o mediante
pedido al email carlospuga@fotoxoguete.com. Existe también una lista
abierta de suscripciones, que se regirá por las siguientes cláusulas:
1. Las suscripciones se harán por ciclos de tres títulos y se
renovarán al acabar cada ciclo. Quien no se haya suscrito al primer
número, puede suscribirse a los números pendientes de publicación de
cada ciclo.
2. El precio de la suscripción es de 30 euros.

3. Los suscriptores recibirán el libro numerado y firmado por el
autor, y mantendrán el mismo número de abonado en todos los títulos de
cada ciclo. En el caso de que un suscriptor interrumpiese dicho
contrato de registro durante un período de tiempo, perdería su número
de abonado.
4. Con alguno de los títulos editados se ofrecerá una copia de una de
las fotografías cedida por el autor. Sus dimensiones serán algo
inferiores al tamaño del libro.
5. El contrato de suscripción no incluye dicha copia, y se dejará a
decisión del suscriptor el hecho de adquirirla. El coste de la copia
será el que fije el laboratorio elegido para hacerla y se dará a
conocer a los suscriptores, por medio del correo electrónico, un mes
antes de la tirada del libro. El suscriptor deberá contestar a la
mayor brevedad si desea adquirir dicha copia.
6. Mientras no se haya hecho efectivo el pago, no se efectuará ningún
envío a los suscriptores. El pago puede hacerse en la propia editorial
o en el número de cuenta que se indica en el boletín de suscripción.
7. Para suscribirse, debe rellenarse la ficha con letra legible,
firmarla y, junto a una copia del ingreso de suscripción, enviarla por
correo postal a la dirección indicada en la ficha:

Fotoxoguete
Tomiño nº 4 – 1º B
36209 Vigo (Pontevedra)

Carlos Puga
Director editorial Fotoxoguete

Fotoxoguete.com (que estará en funcionamiento próximamente) o mediante
pedido al email carlospuga AT fotoxoguete.com. Existe también una lista
abierta de suscripciones, que se regirá por las siguientes cláusulas:
1. Las suscripciones se harán por ciclos de tres títulos y se
renovarán al acabar cada ciclo. Quien no se haya suscrito al primer
número, puede suscribirse a los números pendientes de publicación de
cada ciclo.
2. El precio de la suscripción es de 30 euros.

3. Los suscriptores recibirán el libro numerado y firmado por el
autor, y mantendrán el mismo número de abonado en todos los títulos de
cada ciclo. En el caso de que un suscriptor interrumpiese dicho
contrato de registro durante un período de tiempo, perdería su número
de abonado.
4. Con alguno de los títulos editados se ofrecerá una copia de una de
las fotografías cedida por el autor. Sus dimensiones serán algo
inferiores al tamaño del libro.
5. El contrato de suscripción no incluye dicha copia, y se dejará a
decisión del suscriptor el hecho de adquirirla. El coste de la copia
será el que fije el laboratorio elegido para hacerla y se dará a
conocer a los suscriptores, por medio del correo electrónico, un mes
antes de la tirada del libro. El suscriptor deberá contestar a la
mayor brevedad si desea adquirir dicha copia.
6. Mientras no se haya hecho efectivo el pago, no se efectuará ningún
envío a los suscriptores. El pago puede hacerse en la propia editorial
o en el número de cuenta que se indica en el boletín de suscripción.
7. Para suscribirse, debe rellenarse la ficha con letra legible,
firmarla y, junto a una copia del ingreso de suscripción, enviarla por
correo postal a la dirección indicada en la ficha:

Fotoxoguete
Tomiño nº 4 – 1º B
36209 Vigo (Pontevedra)

Carlos Puga
Director editorial Fotoxoguete

Anotacións:

  1. Os organizadores de Photobolsillo son os rapaces de la fabrica. Si, os mesmos que non quixeron expoñer o proxecto plan Galicia. E si, inda busco onde expoñelo, inda que agora gracias o arquivo calquera ten acceso a miña obra fotográfica, boa parte dela en creative commons.
  2. Xa que alguen me preguntou: non, polo momento ninguen contactou comigo para participar no proxecto. Supoño que rematarei publicando algo inda que teña que editalo eu, pero teran que pasar varios anos para chegar publicar algo en papel. Polo momento esta dende o 2004 o proxecto da editorial, distribuidora e productora Foula, a traves da cal Santiago Sanjurjo e mais eu publicamos traballos comuns e individuais de xeito electronico. (Xa ten unha pelicula, un documental e unha obra de teatro, todos coa licencia creative commons)

TELEFONICA: a estafa telematica no rural galego continua

Luns, Outubro 16th, 2006

Fai uns dias fixeron chegar o meu poder dous documentos que proban a nova estafa que a empresa de telecomunicacións TELEFÓNICA esta a argallar no rural galego. E esta vez xa nen se trata do acceso a rede no rural galego: son so as altas de liña telefónica no rural galego.

Poñereivos en antecedentes: o parecer, este cliente leva dende o 2002 agardando pola instalación dun teléfono fixo, e a poder ser, tamen ter acceso a internet.

Baixo unha premisa en principio tan sinxela, tornouse imposible por un detalle : o devandito cliente vive no rural galego, nunha aldea da Coruña

Nestes catro anos pasoulle de todo, dende que TELEFONICA (ou TELEFÓNICA) prometeu por activa e por pasiva que “o mes que ven vai o instalador a casa” ata que se lle enviaron cartas dicindolle que “esta prevista a implantación do novo servicio de acceso a internet dentro duns meses”.

Xa hay varios anos que este puxose en contacto comigo para terme o dia da situación, e se hay uns dias decidiuse enviarme estes dous documentos foron por unha razon sinxela: isto linda xa cunha estafa ou tomadura de pelo.

Ben, pois a esta persoa, a que para maior comodidade e para conservar o seu anonimato, chamaremos Pepe, que vive nunha aldea a que chamaremos Neovila, recibe unha carta (menos mal que non din que quitan o servicio de correos por falta de cobertura no rural) co membrete de TELEFONICA. Puxose en contacto comigo e cando lle preguntei de que departamento de TELEFONICA se trata, respostame que o departamento chamase “TELEFONICA“. Non puiden creelo ata que non o vin: non poñia departamento algun, de xeito que se queres reclamar, non poidas, porque so teras unha referencia, pero non sabes se estas a falar co departamento de telefonia rural (¿existira iso?), investigación e desenrolo, etc. A carta ten o logotipo de TELEFONICA e nada mais. Isto e como se te chaga unha carta dun ministerio e pon “MINISTERIO”. E preguntas ¿ministerio de que?¿secretaria de que? e na carta so puxera “MINISTERIO”.

Primero chegou a primeira carta, dicindo no segundo párrafo que “instalarase no seu domicilio unha liña telefónica con tecnoloxía radioeléctrica“.

Parémonos aqui un intre ¿Que clase de tecnoloxía radioeléctrica? Outro TRAC? O TRAC era o sistema utilizado nos anos 90 (1990´s) para poñer liñas telefónicas no rural galego, cando xa a comezos dos anos 90 se desestimara levar o fio de cobre a todo o rural galego. Poderiamos falar moito do porque desta decisión política e económica pero non e o momento, segamos co TRAC: Chegaban o faiado da tua casa e poñían ali o aparato en cuestión. Funcionaba por ondas de radio, técnicamente era como se utilizaras un MOVILINE desos antigos que utilizaban radiofrecuencia analóxica. Despois enchufaban un cable que baixaban ata a cociña ou onde fose o teléfono, e ali conectabas teu telefono fixo. Era un teléfono movil so que os aparatos e as tarifas eran de fixo.

Xa hay varios anos que existe no mercado -tendas de electronica- outra alternativa a ista tecnoloxía e que as veces aconsello: ter un aparato semellante o antigo TRAC, pero funcionando con tecnoloxia GSM.

O trebello e unha caixa que leva seu espacio para que lle poñas unha tarxetiña SIM. Conéctase a rede movil, porque a efectos técnicos e outro movil máis, pero e unha caixa máis grande que un móvil. Por unha das suas beiras ten unha conexión que é un enchufe para poñer un teléfono fixo. Listo, xa temos un neoTRAC. Tecnolóxicamente está máis avanzado, pero para o usuario case parece máis cutre: xa non tes as tarifas do TRAC, e a cobertura e inda moito peor , non existe unha utilización propia do espectro electromagnético, senon que utilizas de xeito compartido as redes de móviles. ¿cando e practico? cando tes cobertura de movil e queres falar cun aparato de telefonia fixa, pola razon que seña.

Continuamos a ler a carta , na que di que “es preciso que se ponga en contacto con nosotros con la mayor brevedad posible……” .
Vaia, mete medo: catro anos agardando pola instalación dunha simple liña telefónica e agora…QUEREN METER PRISA O CLIENTE! . Xa me imaxino a escena de Pepe dicindolles “…e que hay tres anos que a compañia Z instaloume a liña”. O problema e que no rural galego, so hay unha empresa que teña o monopolio de instalación de liñas telefónicas, e esta empresa chámase TELEFONICA.

No cuarto párrafo di “Agradeceriamoslle unha pronta contestación pola sua parte, confirmando a interese nesta instalación. Noutro caso, entenderemos que renuncia a sua petición , polo que proc ederemos a sua baixa….” CHE CHE CHE CHEEEEEEEEEEE MANOOOOLOOOOO PAAAAAAAARA O CARROOOO SOOOOOOO.
A ver: Despois de catro anos pasando do cliente, agora non so queren que contestes apresa, senon que o fas rapidito, ou dante de baixa. Sen comentarios.

Dias despois , Pepe recibe unha carta identica, so que engadiron en letra legriña un comentario:

AVISO: enviamoslle unha NOVA CARTA que inclue un número de referencia ACTUALIZADO para facilitar as xestion de alta de liña no 1004“.

A cousa vaise complicando máis e deixa ver a filosofia chapuceira de TELEFONICA. E vou razonar punto por punto porque penso que “chapuceira” e un calificativo correcto e non un insulto, a hora de falar de TELEFONICA.

  • Se engades unha nova información o cliente, que xa hay que ser chapuceiro, integrao no corpo da carta. Pero non, o unico que fixeron foi abrir o procesador de textos, e enchufarlle o párrafo.
  • Como danse conta que esta carta e case identica a enviada antes o cliente, poñen o texto, todo o texto, en negriña, para que se saiba que iso que se di nese párrafo e importante. E poñen tamen varias palabras EN MAIUSCULA, como fago eu tamén neste artigo parodiando sua escritura. Supoño que tanto TELEFONICA coa min aprendimos isto da importancia das maiusculas nos chat. Moi ben para unha carta dunha empresa.
  • O parecer levan un rexistro, pero a idea foi posterior o enviar as cartas, primeiro enviaron as primeiras cartas, logo danse conta que faltalles facer unha base de datos documental, e crean un novo campo chamado referencia, e informan nunha nova carta o cliente. E en lugar de explicarllo de xeito sinxelo o que fan e poñelo na mesma carta.
  • Pero a ver ¿ non habia que ir a fume de carozo correndo o pobo máis cercano (porque lembremolo……SE NA ALDEA NON HAY TELEFONOS COMO VAS A CHAMAR O 1004!!!!!!! ) para falar con TELEFONICA ? se facias iso nada mais chegar a carta a tua casa non tiñas número de referencia, co cal non saberían atenderte.

Con todos estos antecedentes, no que o unico que sabes e que a devandita empresa segue igual de prepotente cara o cliente e sen a máis mínima sensibilidade cara o rural , Pepe ponse en contacto con TELEFONICA para que un tecnico vaia a sua casiña na neovila para a instalación.

Semanas máis tarde, chega o técnico.
Vai o faiado e dille a Pepe….

-¡PEPE, NON SE PODE FACER!

E Pepe di

-E logo

E o instalador dille

-E que non hay cobertura

O diálogo transcurre coa pregunta obrigada:

– ¿Pero non se ia poñer un sistema novo?

– Que va, que va…as caixiñas estas teñen coma un movil dentro e conectanse a rede de movistar. Nada hoh, a ver se para máis adiante poñen máis cobertura. Se e que xa levo toda a semana perdida, que ontes estiven na outra aldea de Neocorme e Neoveiro e pasalles o mesmo.

Pepe enton lembrase dunha conversa que tivera comigo, cando faleille de poñer na sua casa este sistema: a casa de Pepe non ten cobertura de Movistar, nen de Orange (Amena), e so ten cobertura de Vodafone se sae da casa e anda uns metros. E dicir, que ante unha urxencia medica, millor sera que poida levitar ata 100 metros diante da casa, porque se non tera serios problemas para ser atendido.

O caso de Pepe na sua Neovila, e de tantas neovilas que hay Galiza adiante: a empresa TELEFONICA e tan prepotente que pensa que chega a todolos sitios, asi que sua “nova tecnoloxia radioelectrica” foi nin mais nen menos que utilizar a rede de telefonica MOVISTAR.

E un insulto cara todos eses clientes que nen movil poden utilizar nas suas vilas, pensar en utilizar esa mesma tecnoloxia para darlles unha liña. ¿E que esos directivos e enxeñeiros nunca saen dos seus despachiños da sede de TELEFONICA I+D (telefónica investigación e desenrolo) da avenida de América de Madrid?
Porque para ideas tan brillantes e para un trato o cliente coma este, non facia falta que lles puxeran un edificio propio.
Sera por iso que agora, o igual que xa fixo o Banco de Santander coa sua vila financieira, TELEFONICA vaise montar unha pequena vila no noreste de Madrid. Dase conta que coas novas tecnoloxías rindese máis no rural. Iso si, faran un rural de seu, con acceso a rede. Falan moito de ” responsabilidad corporativa ” , máis a ver cando comezan a ter  responsabilidade coa sociedade. Con toda ela.
Anotacións:

1

Durante estos anos sempre me preguntei como e que o estado central ou o governo galego non toman cartas no asunto , polo menos con medidas puramente lexislativas:

  • obrigar as compañías telefónicas que dan acceso a rede a dar acceso o rural, e mentres non o den, obrigarlles a dar unha solución de maior nivel -satélite, UMTS-, tarifando o servicio básico.
  • o mesmo coa rede das compañias de telefonia movil, se non dan 3G crear tarifas

Isto pode parecer extrano dende o punto de vista dos que sufren esta deixadez….pero temos que lembrarnos o exemplo dos TRAC. Aquelo non deixaba de ser un movil, máis o que pagabas era unha tarifa de fixo

2

Transcripción dos documentos

CARTA UNHA:

Estimado/a cliente,

En primer lugar nos gustaría expresarle nuestro agradecimiento por elegirnos como operador de referencia para sus necesidades de comunicación.

Nos es grato ponernos en contacto con usted para, en respuesta a su solicitud de servicio, reiterarle nuestra disposición a proceder, en breve, a la instalación en su domicilio de una línea telefónica atendida con tecnología radioeléctrica.

Para poder realizar esta instalación en su domicilio es preciso que se ponga en contacto con nosotros a la mayor brevedad posible, llamando gratuitamente al 1004 su Linea de Atención Personal, para concertar día y hora.

Le agradeceríamos una pronta contestación por su parte, confirmando el interés en esta instalación. En otro caso, entenderemos que renuncia a su petición, por lo que procederemos a su baja, sin perjuicio d eque en cualquier otro momento desee realizar una nueva solicitud de servicio.

Quedamos a su disposición para cualquier aclaración, o si desea más información al respecto, pudiendo ponerse en contacto con nosotros gratuitamente en el 1004, su Línea de Atención Personal.

Atentamente,

**********na parte inferior da carta , despois de “atentamente”, non existe nengun tipo de firma nen indicación de departamento algún, está en branco. na parte superior da carta aparte da dirección de destino, so pon “TELEFONICA“************

CARTA DUAS:

a única diferencia coa carta anterior e que antes de poñer “Estimado/a cliente,”, poñen un párrafo en negriña:

AVISO: le enviamos una NUEVA CARTA que incluye un número de referencia ACTUALIZADO para facilitar las gestiones de alta de línea en el 1004

3 Teño acceso a estes orixinais, e autorización de Pepe para reproducilos. De xurdir calquer problema, Pepe non ten problema en sair a luz. Pepe non vive de falar ben ou mal de TELEFONICA – e eu tampouco-, dahi que en principio queira seguir anonimo.

carta unha a Pepe de Neovila

carta duas a Pepe de Neovila

videoblog proxecto plan Galicia #02: ¿DONDE-XD?

Domingo, Outubro 15th, 2006

videoblog proxecto plan Galicia #02: ¿DONDE-XD?

[gv data=”t3E9QT9Iwgw” width=”425″ height=”350″][/gv]

Como xa mencionei antes coas fotografias deste lugar, no seu momento desapareceu este cartel do plan Galicia, o primeiro fotografiado (en septembro de 2003) para o proxecto plan Galicia.

¿Donde? - XD

As imaxes estan tomadas en Vilaframil, Ribadeo ( Lugo ), o 25 de decembro de 2005.

Ligazon a canle do videoblog proxecto plan Galicia.

¿ onde esta “DONDE-XD?” ?

Domingo, Outubro 15th, 2006

O 25 de decembro de 2005 inda existia o cartel que se convirtiu na primeira fotografia do proxecto plan Galicia, titulado “ONDE-XD” pola sua pintada:

ONDE-XD?

(preme a foto para ve-las anotacions) 

Dous meses despois, o 23 de febreiro de 2006, xa non existia ese cartel, cortarano cunha radial:

¿onde foi

(preme a foto para ve-las anotacions)
¿onde foi

¿Quen foi? quen sabe, pero inda que na primeira fotografia non se ve ben o que esta a dereita da estación de autobuses de Vilaframil, no videoblog correspondente a este cartel, vese claramente que dous meses antes non existia o cartel que puxeron a sua dereita…..seguramente quitaron un e puxeron outro.

¿Seria boa idea conservar os carteis de plan Galicia, para lembrar todo o que pasou, non xa co petroleiro Prestige, senon despois?

Moitas veces os carteis do plan Galicia teñen irmans, e este e un deles:

outro dos carteis da Xunta de Galicia xunto o de

Por detras deste cartel vese a empresa que fai estes carteis, trazos

empresa que fai un dos carteis da Xunta de Galicia

o escudo franquista do instituto de Ribadeo

Venres, Outubro 13th, 2006

escudo franquista do instituto de Ribadeo

instituto de Ribadeo
Eu acuso os sucesivos directores do centro dende a chegada da democracia, entre eles o que me tocou coma alumno, Jose Carlos Rodriguez Andina, xefe do pp de Ribadeo, posterior Alcalde de Ribadeo e mandatario da deputación provincial de Lugo , despois de Cacharro Pardo, de mirar para outra parte durante todos estes anos. Case nengún dos meus mestres fixo nunca nengun tipo de comentario sobre a conveniencia de que este simbolo presidise o instituto.

Tamen lembrome dos mestres qos que existira unha correlacion directa entre ser do pp de Ribadeo e ser mestre: aproveitabanse do feito da politica para lanzar consignas nas suas clases e para redactar artigos que serian despois utilizados no pleno do concello.

Que casualidade que os peores mestres de ribadeo eran os que medraban en polticia e utilizaban o tempo de dar clase nas suas labouras particulares.

Por Alemaña poñer unha esvastica nun edificio e delito. Atopar unha nun centro educativo seria menos probable que sufrir un terremoto
Parece unha pequena cousa, pero eu preferiria ver un baixorelieve de Rosalia de Castro, Castelao ou Hernan Naval que o escudo da aguia de san Xoan, utilizada como icono na dictadura coma icono da España dictatorial e centralista.
Porque que un instituto onde se supon que medran as persoas, teña en lugar de honra o simbolo da dictadura, xa informa do futuro que lle agarda o futuro estudiante.

Moitos deses mestres que tiven -non todos- , mirabanche por riba do ombro, en especial cando sabian que traballaba de peon de albanel. Eu enton lembrabame do conto do escudo: terian que empezar por eles.

Dende a inaguración do edificio, en 1958, ese escudo segue ahi.

o dictador Francisco Franco inagura o instituto de Ribadeo en 1958

o dictador Francisco Franco inagura o instituto de Ribadeo en 1958

videoblog proxecto plan Galicia #01: Meira & Belfast.

Venres, Outubro 13th, 2006

FLAN ALICIA, parte duas

videoblog proxecto plan Galicia #01: Meira & Belfast

[gv data=”-H9kc9liKo8″ width=”425″ height=”350″][/gv]

Outra nova andaina no proxecto plan Galicia. Ademais de ir recollendo no arquivo fotografico o proceso de como vou buscando carteis para facer a foto definitiva, tamen quixen poñer videos, para amosar o contexto social e da paisaxe que vemos arredor dos carteis do plan Galicia.

Neste cartel, como noutros, o cartel foi posto a beira da estrada. Vemos no video un autobus indo de Ribadeo cara a Meira. A xente pasa e ve que hay cousas feitas. Na outra beira da estrada, outro cartel informativo. Na Galiza fanse cousas.

Esta e a ligazon do videoblog do proxecto artistico plan Galicia.

(nota respecto os dereitos de autor da musica: a menos que cambiaran a lexislacion, non e problema recoller a musica ambiente. Coma neste caso, dun coche coa venta aberta. E inda que Harley-Davidson ten rexistrado o son dos seus motores, coido que non esta rexistrado o son do autobus o pasar)