Xa podedes visitar o monstro de xeito virtual: central termica das Pontes con Google Earth 4
xoves, outubro 12th, 2006Por se alguen lle interesa, xa se pode visitar a traves do Google Earth, version catro, a central térmica de As Pontes.
Unha vez que descargas o arquivo (tendo antes instalado a version 4 do Google Earth), levache directamente a As Pontes, e crease unha realizacion da termica por vectores.
O traballo esta feito por imaxefree.com da Coruña.
Para quen lle seña de utilidade, antes que alguen lle meta algo que tumbe a chimenea. Supoño que non sera a opa de EON ou Gas Natural a Endesa, senon...senon outra cousa.
Como detalle de curioside, tedes unha persoa na barandilla na parte superior da cheminea.
( "Mariano, pero como podes opoñerte a central ? se esa central da postos de traballo a galegos, de que vai vivir a xente se quitan a central." "A resposta e sinxela meu, algunha vez preguntastevos canta xente de As Pontes tivo que irse pola puta central? Cando ides comezar a preguntarlles estas caralladas a todos eles, e o que e mais importante, cando ides pedir desculpas a eles e seus fillos e as xeracions vindeiras por ter apoiado a puta central?" )
Nota: acabo de enterarme que chuzaron esta nova, e que no chuza xa estaba a sua vez a nova dende hay varios dias. Pois non tiña nen idea: se me enterei da vectorizacion da central termica foi grazas unha busqueda no Google.
chuzame - 


