Archive for Outubro, 2006

Xa podedes visitar o monstro de xeito virtual: central termica das Pontes con Google Earth 4

Xoves, Outubro 12th, 2006

Por se alguen lle interesa, xa se pode visitar a traves do Google Earth, version catro, a central térmica de As Pontes.

Unha vez que descargas o arquivo (tendo antes instalado a version 4 do Google Earth), levache directamente a As Pontes, e crease unha realizacion da termica por vectores.

O traballo esta feito por imaxefree.com da Coruña.

Para quen lle seña de utilidade, antes que alguen lle meta algo que tumbe a chimenea. Supoño que non sera a opa de EON ou Gas Natural a Endesa, senon…senon outra cousa.
Como detalle de curioside, tedes unha persoa na barandilla na parte superior da cheminea.

( “Mariano, pero como podes opoñerte a central ? se esa central da postos de traballo a galegos, de que vai vivir a xente se quitan a central.” “A resposta e sinxela meu, algunha vez preguntastevos canta xente de As Pontes tivo que irse pola puta central? Cando ides comezar a preguntarlles estas caralladas a todos eles, e o que e mais importante, cando ides pedir desculpas a eles e seus fillos e as xeracions vindeiras por ter apoiado a puta central?” )

Nota: acabo de enterarme que chuzaron esta nova, e que no chuza xa estaba a sua vez a nova dende hay varios dias. Pois non tiña nen idea: se me enterei da vectorizacion da central termica foi grazas unha busqueda no Google.

FLAN ALICIA, WONDERLIZA

Martes, Outubro 10th, 2006

Alo por xuño Antonio Gregorio xa se fixera eco deste cartel.

Chegando a Meira dende Ribadeo, no cruce cara a Piñeiro hay un cartel do plan Galicia

estrada N-640 , cruce de Piñeiro

Esta xunto da estrada, como a maioria. E de segunda xeración (abaixo a dereita ten o pelegrin do Xacobeo 2004). Deulle moito o sol e a septembro de 2006 xa esta azul.

Contra o que pasou con outros , este indica que destinaronse cartos para “Accesos en Piñeiro”.

A relacion e moi evidente: PETROLEIRO PRESTIGE – ACCESOS EN PIÑEIRO – XACOBEO 2004 – TRAGSA

Alguen chegou e quitoulle varias partes as letras, e agora pon: FLAN ALICIA.

estrada N-640 , cruce de Piñeiro

(preme na foto para ver as anotacions)

Alicia no pais das marabillas. Alice in wonderland. WONDERLIZA

estrada N-640 , cruce de Piñeiro

(preme na foto para ver as anotacions)
Terei que voltar un dia coa Mamiya para facerlle unha foto o FLAN ALICIA

CHAPAPOTE POR NOS

Venres, Outubro 6th, 2006

CHAPAPOTE POR NOS

alegria! en chuza.org

Mércores, Outubro 4th, 2006

alegria! en chuza.org

Fixome ilusión que se lembraran de min, pero non me gustou que a xente rife.

Claro, cando das opinión tamén haberia que preguntar se non se sabe, para iso temos a wikipedia.

Graciñas chuza. Xa que non teño subención, polo menos esta ben que alguén se lembre de ti.

Grueiro migra para Blogaliza

Avatar degrueiro.blogaliza.org/
enviado por susinho hai 16 horas 54 minutos

Alegría! Mariano Grueiro revive o seu blog levándoo para Blogaliza. É un dos pioneiros da internet galega, participante do 1º encontro hacker galego, creador polifacético, autor do primeiro podcast en galego e da primeira peli con licenza libre galega, activista sen descanso pola extensión de banda ancha e contra o Plan Galicia, autor do mellor documental sobre a manifa de Nunca Máis… mais un exemplo deses galegos dos que non sabemos nada… até que un día lles dan o nobel.

comentarios

  1. escrito por berto hai 16 horas 48 minutosberto
  2. #2 hahahahahha
    escrito por ascarida hai 16 horas 47 minutosascarida
  3. #3 Irrelevante? Endogamia ou ignorancia?
    escrito por susinho hai 16 horas 42 minutossusinho
  4. #4 Contéstome á miña retórica pergunta. Relacionando, claro.Web de protesto sobre o Plan Galicia

    http://www.enderezo.com/plangalicia/

    Psalmus, peli en CC

    http://www.youtube.com/watch?v=Qh3XqNmJzgk

    No primeiro encontro hacker galego

    http://hacklab.causaencantada.org/html/demo/registo/ardetroia.html

    Podcast en galego

    http://www.podcast-es.org/pipermail/podcast_podcast-es.org/2005-July/001650.html

    Petición para o rural galego

    http://www.petitiononline.com/f2004/petition.html

    Podería seguir, pero supoño que debería ser suficiente.

    Ben. Eliminada a posibilidade da ignorancia -e como algunhas desas apareceron xa eiquí, ou cando isto aínda non existía en sitios como Barrapunto, outro coñecido niño de trolls- supoño que a cousa ficará en pura e simples endogamia.

    É endogámica a comunidade de chuza? Deixo plantexada a pregunta para os chuzanews.

    Como cura de humildade há vir quenindiós.

    escrito por susinho hai 16 horas 24 minutossusinho
  5. #5 E ademáis será amigo teu, eso non o pos no curriculum? pornotube
    escrito por ascarida hai 16 horas 22 minutosascarida
  6. #6 si creo que ninguen dixo que grueiro fixera cousas molonas (de feito chuzaronse cousas do seu blog regularmente), pero o feito de que migrara a blogaliza é bastante irrelevante, polo menos para min…
    escrito por berto hai 16 horas 22 minutosberto
  7. #7 Tomo nota da pregunta, susinho.
    escrito por Modesto hai 16 horas 13 minutosModesto
  8. #8 Que o anónimo X leve o seu blog para blogilandia non é relevante. Que Grueiro -il, non calquera outro… ou é que hai alguén niste país que poida asemellarselle aínda que sexa un pouquiño?- decida cambiar de estratéxia comunicativa, e que escolla Blogaliza sí que o é. Como o foi cando Linus cambiou de CVS, ou cando se lle queimou o portátil a Alan Cox: cuestións que non terían relevancia algunha, de non ser a personaxe que está detrás delas.En calquera caso discutir por iso non ten sentido. Quería deixar constancia da miña perspectiva, e nada máis.

    Ascarida (con ou sen til?): falei máis con Berto do que puiden ter falado nunca con Grueiro, por si che sirve de métrica. Así que non te preocupes, que hai sitio no star system do microcosmos da net galaica dabondo para que brilles todo o que precises. Bonito avatar, por certo.

    Modesto: txatxi. Prometo tomarmo con humor -)

    escrito por susinho hai 15 horas 58 minutossusinho
  9. #9 still trolling youe se muda de móbil, tamén é un cambio de estratexia comunicativa? ortigueira, porno, Galiza, tvg, pocholo, urbanismo
    escrito por ascarida hai 15 horas 47 minutosascarida
  10. #10 déixao estar muller. a cagada xa está feita; non é necesario xustificala e todo kiski ten direito a equivocarse.ademais, qué. estas cousas pasan non? dos erros apréndese.

    hale. non obsesionarse.

    escrito por susinho hai 15 horas 26 minutossusinho

En momentos coma este lembrome de que votei dous anos fora da rede, e os motivos desta. Se por algúns fose, millor que nunca voltase. Se por outros fose, millor que voltase. Voltar co weblog e coas outras cousas a esta Galiza telemática.
insisto: grazas

o rural galego no e un problema: e unha realidade. Por alo arriba neva dez meses o ano e fan os Nokia

Mércores, Outubro 4th, 2006

Leo hoxe o seguinte:

Estender a banda ancha ás zonas non rendibles


O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións reclama un maior apoio da Administración para compensar os fortes investimentos precisos para levar estas tecnoloxías a zonas con gran dispersión poboacional e dificultades orográficas.

Eu estou totalmente a favor desa iniciativa, pero coido que e moi importante matizar o de

*dificultades orográficas

*rendibilidade

Se o rural galego gañase cartos como a costa de California, non haberia problemas de rendibilidade. Un argumento fora. O outro, o das dificultades orográficas, realmente non existen….¡o rural galego e asi! ¡ninguen di que neva dez meses o ano en Finlandia!