Archive for Decembro, 2006

Libros Falados. Follas Novas. Parte 3. Varia

Sábado, Decembro 23rd, 2006

portada podcast libros falados 144

Este e o terceiro capitulo do podcast libros falados.

E o libro tres de Follas Novas, de Rosalia de Castro: Varia.

En total o libro ten cinco partes.

Estas versións faladas distribuense gratuitamente e baixo licencia creative commons 2.5 non comercial e compartir.
Ligazón o arquivo de audio:

podcast libros falados. Follas Novas. Parte 3. Varia.

_____________________________________________


Velaqui unha ligazon a outros formatos, incluindo OGG.

amateurismo e profesionalidade no eido do software libre.

Mércores, Decembro 20th, 2006

Aledome moito que as cousas cambiaran na Galiza a niveis oficiais. Fernando avisoume que a Xunta esta a buscar a varias persoas para fomentar e desenrolar unha web para a creacción dunha forxa de software libre. Se me din isto hay tres anos, pensaria que e ciencia ficción. Non por non ser posible, senon pola actitude do governo galego daquela. 

Nembargantes, non participarei nesa convocatoria. Nesta porque non podo segundo os requisitos, e nas seguintes, coido que tampouco participarei. Por requisitos e porque sobro.

A razón e que entra as condicións, que podense descargar nesta ligazón, están Enxeñeiro/a Informático/a ou estudiante dos últimos cursos da Enxeñería Informática”.

Estas Cousas dan algo de baixón. ¿Fixen algunha vez algo?. Na lista de correo do grupo de traballo (que a estas alturas segue orfo de coordinador) da traducción o galego das aplicacións da fundación Mozilla dixen que me retiraba alomenos dous anos, sobre todo despois do pasado tute.

O millor teria que pensalo, e deixalo para sempre. Non hay sitio para min: non teño titulos de informática.

Segundo a sociedade,  non teño a menor idea de informática.  E non falo xa de min, senon de todala xente implicada no software libre. A etica hacker, a tomar polo cu.  A posibilidade de ser labrego e experto en C++ nas noites de inverno queda para os meus relatos de ficcion.

Mariano Grueiro non ten nen idea de informatica e ten que deixar sitio os profesionais. E os labregos expertos en C++ que emigren.

E coma o de fotografia, todo isto faime matinar no que e ser profesional. No seu momento ninguen daba un peso pola calidade de todo o software que non fose propietario, inda en tempos nos que era imposible a traducción a nosa lingua (agora fano porque ven perigar seu modelo de negocio coa chegada do software libre).

Polo menos, aledome que as cousas cambiaran, e agora polo menos de xeito oficial se queira proomover o software libre. E unha sorta para as novas xeracións de galegos, que veran o eido informático doutro xeito.

Engadidos:

Respostas oficiais da fundación Mozilla ante a solicitude da traducción (ollo as datas):

Description: [reply] Opened: 2005-02-21 03:01 PST

User-Agent: Mozilla/5.0 (Macintosh; U; PPC Mac OS X Mach-O; en-US; rv:1.8a4) Gecko/20040927 Build Identifier: Mozilla/5.0 (Macintosh; U; PPC Mac OS X Mach-O; en-US; rv:1.8a4) Gecko/20040927 contact details: Mariano Grueiro grueiro@enderezo.com website: http://galician.mozdev.org language to translate: Galician languagecode-countrycode: gl-ES hi, I contact to register as a Galician (Galego) language translator. In the summary of languages appear Jacobo Tarrio as the translator, but I emailed (jtarrio@trasno.net) him and he told me that he will not continue with the work (his last contribution was a year ago), so I want to continue the Galician translation of Mozilla (and, in future, of Firefox and Thunderbird). I’m trying to get in touch with more people, to do a translation team but at the moment it’s only me. thanks Reproducible: Always

——- Comment #1 From Robert Kaiser 2005-02-23 06:13 PST [reply] ——-

We’ll add you to the Seamonkey (MNozilla Application Suite) lists soon. When you’re starting work on an other product, please just file another bug report here, and we’ll take the needed steps.

——- Comment #2 From Robert Kaiser 2005-02-23 06:55 PST [reply] ——-

Have you already tried to contact Jacobo Tarrío who is listed as the current owner of Galician Mozilla localization? See http://www.mozilla.org/projects/l10n/mlp_status.html#mlp_gl-ES

——- Comment #3 From Mariano Grueiro 2005-02-23 10:57 PST [reply] ——-

(In reply to comment #2) > Have you already tried to contact Jacobo Tarrío who is listed as the current > owner of Galician Mozilla localization? > See http://www.mozilla.org/projects/l10n/mlp_status.html#mlp_gl-ES yes, first of all than I did was contact with him (jtarrioATtrasno.net), and he told me than he will not continue with the job anyway, while I was waiting for the bugzilla-answer, I’ll knew a team who want to translate to Galician the Firefox thanks!

——- Comment #4 From Tim Maks van den Broek 2005-08-21 03:19 PST [reply] ——-

(In reply to comment #3) > (In reply to comment #2) > > Have you already tried to contact Jacobo Tarrío who is listed as the current > > owner of Galician Mozilla localization? > > See http://www.mozilla.org/projects/l10n/mlp_status.html#mlp_gl-ES > > yes, first of all than I did was contact with him (jtarrioATtrasno.net), and he told me than he will > not continue with the job > > anyway, while I was waiting for the bugzilla-answer, I’ll knew a team who want to translate to > Galician the Firefox > > thanks! Can Jacobo Tarrío confirm in this bug that he will not coninue the translation of the Mozilla Suite and can you provide the contact details of the new team.

Correo de despedida coma coordinador:

De: Mariano Grueiro <grueiro@enderezo.com>

Para: galician@mozdev.org

Fecha: 27-sep-2006 20:24

Asunto: coordinador

ola!

Levo varios meses matinando nisto, e inda que a varios de vos dixenvolo en privado, coido que non ten sentido agardar máis tempo.

Quero deixar o posto de coordinador da traducción.

Se tedes duvidas aqui estarei, pero en principio quero desvincularme como minimo durante dous anos das tarefas de traducción.

Coido que agora as condicións son diferentes que en xaneiro de 2005, cando pedira permiso a Xacobo Tarrio para continuar a traducción, posto que daquela ninguén -ninguén- queria facerse cargo dela.

A miña opinión persoal en canto a situación actual e que poderia estar ben crear un equipo dentro de trasno ou outros grupos. Sumar esforzos. Vexo moita interese por parte de moitos colectivos e persoas en atopar unha solución. Coido que iso e o máis importante para atopala.

Non podo deixar de dar miña versión.

No seu momento tentei seguir a secuencia que che obriga a seguir a fundación Mozilla para facerse cargo da traducción. O primeiro paso, por suposto, foi pedir permiso o traductor anterior, Xacobo Tarrio. Despois foron outros puntos, como suscribirse a lista de correo de coordinación de equipos de traducción, e presentar unha solicitude co bugzilla. Durante meses e meses, non respostaron, e cando por fin o facian era para dicir que a traducción levabaa Xacobo, e se nos pediramoslle permiso, que fora o que fixeramos en primeiro lugar. A pescadilla mordendose a cola, e neste tempo non se podia facer outra cousa que agardar a que Xacobo se puxera en contacto cos da fundacion para aclarar a cousa. Ou iso ou publicar unha versión que non poderia ser oficial, e iso coido que non teria que ser o obxetivo, porque se non seria como facer unha versión pirata. E para iso non precisamos autorización de ninguen, pero seguiriamos sen ter unha traducción o galego destas aplicacións.

Non deixo isto por cansancio, falta de interese ou desilusión, fagoo por como se puxeron as cousas: Xacobo quere traducir, pero pola sua conta, e durante meses non avisou os da fundación que nos faciamonos cargo dela . Dame igual que foramos nos ou outros, pero non deixar isto nun limbo burocrático que so serviu para desanimar a moitos dos posibles colaboradores. Polo camiño, moitas pedras, pero non me queixo porque vai co posto e porque e normal: un quere botar unha mao, seña co codigo ou resolvendo dúbidas gramaticais de caracter isoglósic; penso o que pensaba daquela, que todos poderiamos ter noso espacio en proxectos coma este. Outras persoas coa mellor das vontades quixeron publicar as suas versións, pero os da fundación erre que erre, e o final ata meteronse coma rebumbio no galiñeiro estamentos oficiais sen tan siquer lerse as normas da fundación.

Non, non estou desanimado, so e que temos cousas por facer, que non dependen de nos e que eu nunca poderei facer, unha e o de Xacobo, outra e da fundación e hay mais.

Unha delas e que asi como coido que no seu momento facian fala coordinadores, coido que eu agora estou de mais. Xa sei que seguramente son parcial en canto a isto, pero e a opinion que teño de min nos ultimos meses, e por iso tomei esta decisión. Non queria rematar por convertirme no que critico: prender de xeito oligarca un grupo como quen leva o timon dun chalano. Temos que unir tripulacións, e como vos dixen a situación agora en conto as cousas do software libre e a rede coido que foi a mellor.

Quero agradecervos a todos e cada un de vos o que levades feito e a ilusión posta. Pidovos desculpas os que enviastesme de xeito privado correos o meu enderezo e non os respostei, por motivos personais tiven que pasar moito tempo fora da rede.

Coido que ese e e noso comezo, non o final, e animovos a seguir adiante.

unha forte aperta

mariano

metenme comentarios lixo na seccion do blog de ecoloxia

Venres, Decembro 15th, 2006

Si e que pensan que debemos ser parvos. Comentarios spam na sección de ecoloxia. Vaia, e iso co antispam funcionando. E xusto nesa sección ¡Que casualidade!

ENDESA, a ver se comezas a quitar lixo  propio en troques de botar lixo telemático nos demais.

Costa Rica irmanada con Caldas de Reis. Os asesinos ecoloxicos de Brenntag atacan de novo

Xoves, Decembro 14th, 2006

Noutrora falara do ecocidio de Brenntag de Caldas de Reis.

Ata publiquei unha carta o presidente de Brenntag.

Hoxe teño que falar de que un ecocidio identico sucedeu en Limón, Costa Rica.

Un camión. Unha explosión e os de Brenntag voltan o ataque.

Vergonza tiña que darvos lacazans!

“Paz a los muertos. Allende era una catástrofe. Pinochet dejó un país mejor que el que encontró”

Mércores, Decembro 13th, 2006

Paz a los muertos. Allende era una catástrofe. Pinochet dejó un país mejor que el que encontró”

Manuel Fraga, 12-12-2006

As Pontes, vila asolagada

Domingo, Decembro 10th, 2006

En principio a data de finais de 2007 para parar a explotación da mina de As Pontes e enchela de auga segue adiante, segundo leo no blog da federación ecoloxista galega.

Quixera contactar con guerrilleiros das fragas, pero non sei o xeito.

grupo de flickr sobre o PRESTIGE

Domingo, Decembro 10th, 2006

a realidade dos medios

Acabo de crear no flickr un grupo encol do ecocidio do prestige.

Fixeno porque ia subir fotos un grupo xa existente pero non atopei nengún que acollera esta temática.

Tratariase de reunir fotografias sobre as mareas negras, as manifestacións, as consecuencias de hoxe en dia, etc. Calquer cousa relacionada.

E un grupo público e calquera pode poñer fotos. So fai falta ser membro de flickr (e de balde a conta basica, so hay que rexistrarse no sistema do yahoo eiqui).

Agradecese se cando se suban as fotos estas están ben cheas de metadatos (ou etiquetas, ou tags ou como cadaquen o chame).

E importante subir so fotos propias, para que os de flickr non poñan problemas.

A poñerse:

http://www.flickr.com/groups/prestige/

o fuel do prestige provocou alteracions hormonais e xeneticas os que traballaron con el.

Domingo, Decembro 10th, 2006

we are sick of being a colony. Estamos fartos de ser unha colonia

A nova sae no 20 minutos e no ABC, a conto da publicación no xornal científico Environment International do traballo de Beatriz Pérez Cadahía, Josefina Méndez Felpeto e Blanca Laffon Lage, da universidade da Coruña.

Se isto afecta a quen traballou co fuel, que non afectara a toda a cadea no medio ambiente, con fuel a un metro de profundidade catro anos despois.

ligazón a outros artigos científicos relacionados.

Lookey Psalmus

Xoves, Decembro 7th, 2006

Eu non darei cartos pero si poder actuar noutro filme.

O Von Trier chega dous anos tarde coa sua pelicula.

So citarei un Lookey : os corvos despois de certo momento…

libros falados. Follas Novas. Parte 2. Do intimo

Domingo, Decembro 3rd, 2006

portada podcast libros falados 144

Este e o segundo capitulo do podcast libros falados.

E o libro dous de Follas Novas, de Rosalia de Castro: Do intimo.

En total o libro ten cinco partes.

Estas versións faladas distribuense gratuitamente e baixo licencia creative commons 2.5 non comercial e compartir.
Ligazón o arquivo de audio:

podcast libros falados. Follas Novas. Parte 2. Do intimo.

_____________________________________________


Velaqui unha ligazon a outros formatos, incluindo OGG.

Ligazon da semente para a suscripción do podcast:

http://feeds.feedburner.com/librosfalados

Ligazón para a suscripcion dende iTunes.