hoxe dia 1 decembro, dia da Galiza. Nen esquezo nen perdoo.
Hoxe e 1 de decembro.
Hoxe tería que ser o dia de Galiza.
Hoxe e non o 25 de xullo.
En troques de celebrar unha santidade, teriamos que pontificar o pobo galego, que en presencia ou ben de intención, estivo o 1 de decembro de 2002 na manifestación polo ecocidio do petroleiro Prestige.
Hoxe cumprense os catro anos daquela manifestación
Nada de Santiagomatamorosycierraespaña. O noso patrón e o pobo galego
Os heroes, o pobo.
Milleiros de homes, mulleres e nenos.
Ese dia fun facer fotos e rematei facendo tamén un documental.
Daquela tivera moitas dificultades en atoparlle o xeito para subilo a rede.
Agora, nestes tempos chegados de web 2.0, todo o traballo esta distribuido por ela.
Nen esquezo nen perdoo os responsabeis.
E quero lembrar que naquelas datas Suso de toro foi dos poucos que dixeron e din as cousas claras. Meu recoñecemento para el, que daquela e inda agora parece que so reciba malleiras de todos lados.
Ata Bush dixo nunca mais.
Aznar: precisase procesamento. E por riba diso prometia millons de axudas daquela.
Rajoy: querian poñelo de presidente de España polos servicios prestados ( son unos hilillos dixit. )
Fraga: se tanto di defender a Galiza , ¿por qué puxo por diante os intereses de partido e marchouse de cacería?
Alvarez Cascos: ten moitos intereses no allo.
A TVG e boa parte dos medios, mintindo. Inda lembro da resposición do programa LUAR cando parei a tomar un café para quentarme despois da choiva da manifestación. Parei nun bar de estrada, e en troques de aparecer o pobo galego naquel dia que foi o espertar do sono, a TVG pretendeu silencialo coa resposición de LUAR, como se todos e cada un dos que estiveramos ali non foramos conscientes que aquela mañá en Compostela cambiou o destino da nosa historia.
E inda quedan moitas preguntas por respostar.
Esta burla do pobo galego chegou o seu cénit co plan Galicia.
Un plan que consistia na implantación dunha sinalética pertencente a unha identidade corporativa mafiosa.
Daquela comecei o que hoxe inda non rematei, dar testimonio dese esperpento.
Como resultado deste proxecto artistico telematico, a Xunta demandoume e difamoume, contratando un bufete de avogados de Madrid. (unha vez máis, grazas, casa encantada).
A excusa era o dominio, pero querian que parase tamen o resto do proxecto (fotos, ensaios...podcast...todo).
A dia de hoxe, www.plangalicia.com pertence a xunta pero esta sen ser utilizado. Se por eles fose eu iria o carcere, e nen tan sequera preocúpanse por utilizar o dominio. Pagaron con cartos públicos centos de veces máis do que custaba rexistrar un dominio, pero inda hoxe, segue sen ser utilizado.
Ninguen se desculpou por isto, nen comigo, nen co resto do pobo galego, por esta burla.
Pero aqui seguimos, e seguiremos mentres poidamos, por todo o que nos botaron por riba nosa:
CHAPAPOTE POR NOS.
chúzame -