Que alguen me diga que significa iso de “Galicia profunda”. Coma o do “gallego cerrado”
Que alguen me diga que significa iso de "Galicia profunda".
A expresión e utilizada nesta páxina do consello da cultura galega.
¿Significa que refirese a unha zona que non ten bos accesos? ¿que está incomunicada telemáticamente?
¿Significa que conserva as suas tradicións? ¿Significa que a xente e lista ou e parva?
¿Significa que a sua arquitectura e pertencente o feitico ou feismo?
¿Significa incultura? máis, se queren facer un referente a iconoloxia da cultura galega ¿Significa cultura? ¿non era que significaba incultura?
Todo isto lémbrame a expresión "gallego cerrado" ¿Que e o "gallego cerrado?
¿Que seria entón o "inglés cerrado"? ¿E o castelán cerrado"?
Que alguén me diga que significa iso de "Galicia profunda".
chúzame -
decembro 3rd, 2006 at 3:47 pm
Pois supoño que a iso so poderá respostar o que inventou o do “prezo político”, que non se sabe si se paga en cartos do labrillo, si se está a falar do prezo dos políticos, ou si se van a vender os políticos por algún prezo.
(Por certo, e falando do prezo que hai que pagar, o teu contador de estatísticas é un coñazo que mete un poppup con son a toda ostia, eu tiñao e quiteino)
Saudos
decembro 3rd, 2006 at 5:51 pm
Vou sacar o contador, grazas Peto Lareto.
decembro 3rd, 2006 at 9:25 pm
Unha hipótese: Esa Galiza que andan a buscar sen atopala xentes que non se doblan as costas para palpar. Coidan que está moi lonxe, en sitios apartados, mentras que está baixo os seus pés.