Archive for Decembro, 2006

Que alguen me diga que significa iso de “Galicia profunda”. Coma o do “gallego cerrado”

Domingo, Decembro 3rd, 2006

Que alguen me diga que significa iso de “Galicia profunda”.

A expresión e utilizada nesta páxina do consello da cultura galega.

¿Significa que refirese a unha zona que non ten bos accesos? ¿que está incomunicada telemáticamente?

¿Significa que conserva as suas tradicións? ¿Significa que a xente e lista ou e parva?

¿Significa que a sua arquitectura e pertencente o feitico ou feismo?

¿Significa incultura? máis, se queren facer un referente a iconoloxia da cultura galega ¿Significa cultura? ¿non era que significaba incultura?

Todo isto lémbrame a expresión “gallego cerrado” ¿Que e o “gallego cerrado?

¿Que seria entón o “inglés cerrado”? ¿E o castelán cerrado”?

Que alguén me diga que significa iso de “Galicia profunda”.

ADSL rural: ADSL de primeira, ADSL de segunda = cidadans de primeira, cidadans de segunda

Domingo, Decembro 3rd, 2006

Vin no blog Seve Garcia opinións o respecto do ADSL rural. Coincido con elas.
Outras ligazóns relacionadas co ADSL rural, que non e ADSL nen e rural nen e nada:

http://www.google.es/search?q=adsl+rural&hl=es&lr=&start=10&sa=N

http://www.bandaancha.st/foros.php?temid=1112531

Ley para poñer banda ancha en toda España:

http://www.adslzone.net/article1191.html (esta ley obrigará os operadores a darnos acceso a todos no 2008. e poñen un prazo, o2008. O que non sei e a reacción do governo cando as operadoras comezen coas excusas, coma no 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006 )

Protestas por Castela:
http://foros.internautas.org/viewtopic.php?t=2151&

(non sei a estratexia de telefonica, o millor chamalle ADSL rural a solucion para o rural, para que non lle amolen e teña que poñer ADSL de verdade.

Segundo movistar e telefonica, a definición do sistema ADSL da wikipedia non e certa.

Gustariame que a xente, cando todo isto pase, se lembre do que ten pasado. Se lembre dos anos que estivo o rural fora do eido telematico por cuestión exclusivamente políticas e non técnicas

No seu momento, nen rematei de escribir nen publiquei o que xa tiña escrito do libro “carreiros telemáticos”porque pensei que en meses chegaria a rede, e que de tódolos xeitos a xente esqueceriase de todo, comezando polo rural no que non todos queren defender o seu.

Máis tamén penso que a situación do rural e extrema: non poden reclamar os que non teñen nen como facelo. Non teñen presencia no eido telemático galego porque non poden acceder a rede. Na rede, o rural galego case que non existe. E non so no ámbito virtual, no mundo fisico, está deixando de existir.

quen diga queas cousas teñen que ser asi, ser a sua opinión. Quen diga que esa opinión e certa, esta dando a batalla por gañada. Porque isto nunca deixou de ser unha guerra.

A guerra telemática.

Guerra telemática na que uns gañan porque os seus opoñentes, nen se lles deixa chegar o campo de batalla.

libros de divulgacion matemática

Sábado, Decembro 2nd, 2006

Moitos docentes de matemáticas esquecen tentar atraer o alumno cara as mates, comunicarlles paixon e afectividade.

Nestes tempos nos que se permite que os alumnos den malleiras os mestres, tamén se permiten profesores de matemáticas nefastos ( como meu mestre de matemáticas do instituto de Ribadeo agora chamado Dionisio Gamallo Fierros).

Unha boa mediciña hoxe en dia e que pola rede podes atopar de balde libros de divulgación matemática.

Hoxe atopei un chamado “Matemática, estás ahi?” , de Adrián Paenza. (entrevista a Adrián Paenza).

Aqui unha ligazón para descargalo en PDF.

Aquí a segunda parte do libro, tamén en PDF.

Atopeino neste blog chamado curioso pero inutil, que a min resultoume de utilidade.

Todo isto fai que me replantexe o voltar a escribir e matinar sobre as ciencias.

dia do orgullo rural

Sábado, Decembro 2nd, 2006

Nos tamén teriamos que buscar algo asi.

Estaria ben facer algo asi en lugar de rifar.

hoxe dia 1 decembro, dia da Galiza. Nen esquezo nen perdoo.

Venres, Decembro 1st, 2006

Hoxe e 1 de decembro.

Hoxe tería que ser o dia de Galiza.

Hoxe e non o 25 de xullo.

En troques de celebrar unha santidade, teriamos que pontificar o pobo galego, que en presencia ou ben de intención, estivo o 1 de decembro de 2002 na manifestación polo ecocidio do petroleiro Prestige.

Hoxe cumprense os catro anos daquela manifestación

Nada de Santiagomatamorosycierraespaña. O noso patrón e o pobo galego

Os heroes, o pobo.

Milleiros de homes, mulleres e nenos.

Ese dia fun facer fotos e rematei facendo tamén un documental.

Velaqui as fotos.

Velaqui o documental.

Daquela tivera moitas dificultades en atoparlle o xeito para subilo a rede.

Agora, nestes tempos chegados de web 2.0, todo o traballo esta distribuido por ela.

Nen esquezo nen perdoo os responsabeis.

E quero lembrar que naquelas datas Suso de toro foi dos poucos que dixeron e din as cousas claras. Meu recoñecemento para el, que daquela e inda agora parece que so reciba malleiras de todos lados.

Esiximos responsabilidades.

Ata Bush dixo nunca mais.

Aznar: precisase procesamento. E por riba diso prometia millons de axudas daquela.

Rajoy: querian poñelo de presidente de España polos servicios prestados ( son unos hilillos dixit. )

Fraga: se tanto di defender a Galiza , ¿por qué puxo por diante os intereses de partido e marchouse de cacería?

Alvarez Cascos: ten moitos intereses no allo.

Cuiña estraperlista.

A TVG e boa parte dos medios, mintindo. Inda lembro da resposición do programa LUAR cando parei a tomar un café para quentarme despois da choiva da manifestación. Parei nun bar de estrada, e en troques de aparecer o pobo galego naquel dia que foi o espertar do sono, a TVG pretendeu silencialo coa resposición de LUAR, como se todos e cada un dos que estiveramos ali non foramos conscientes que aquela mañá en Compostela cambiou o destino da nosa historia.

E inda quedan moitas preguntas por respostar.

Esta burla do pobo galego chegou o seu cénit co plan Galicia.

Un plan que consistia na implantación dunha sinalética pertencente a unha identidade corporativa mafiosa.

Daquela comecei o que hoxe inda non rematei, dar testimonio dese esperpento.

Como resultado deste proxecto artistico telematico, a Xunta demandoume e difamoume, contratando un bufete de avogados de Madrid. (unha vez máis, grazas, casa encantada).

A excusa era o dominio, pero querian que parase tamen o resto do proxecto (fotos, ensaios…podcast…todo).

A dia de hoxe, www.plangalicia.com pertence a xunta pero esta sen ser utilizado. Se por eles fose eu iria o carcere, e nen tan sequera preocúpanse por utilizar o dominio. Pagaron con cartos públicos centos de veces máis do que custaba rexistrar un dominio, pero inda hoxe, segue sen ser utilizado.

Ninguen se desculpou por isto, nen comigo, nen co resto do pobo galego, por esta burla.

Pero aqui seguimos, e seguiremos mentres poidamos, por todo o que nos botaron por riba nosa:

CHAPAPOTE POR NOS.

CHAPAPOTE POR NOS