mais mintiras de Telefoníca: “La falta de interés, el principal obstáculo para el crecimiento de internet en España”
Nova de 20minutos.es, que non sei por que, segue a deixarme apampado:
"La falta de interés, el principal obstáculo para el crecimiento de internet en España"
Esa e a conclusión dun estudio da fundación Telefónica.
Eu o que digo e :
"A falta de interese de telefónica por aportar solucións telemáticas o medio rural, o principal obstáculo para que internet medre. Non so no rural galego, senon en todo o estado".
"Telefónica e culpabel de deixar apagado o rural, porque privatizouse, e privatizouse porque o seu daquela presidente era compañeiro de colexio barriosalmantino de Aznar, daquela presidente de governo, e o privatizarse tornou de dicir excusas para non levar a rede o rural cun "non pode facerse técnicamente" a "isto non e rendible" e "a xente non ten interese".
A forza de deixar sen acceso a rede na Galiza, non e que a xente perda interese.
E que deste xeito Galiza queda sen xente, mentres que as urbanizacións do norte de Madrid, poboadas de directivos desta Telefónica privatizada, medra, como medran as becas dos fillos deles , adicados a mangonear na sección de fotografía da fundación telefónica.
chuzame -
febreiro 9th, 2007 at 6:59 am
… ou entendo mal ou o que sobra é cara: telefónica ten moita, moita, moita.
febreiro 24th, 2007 at 11:27 pm
O de telefónica non ten nome pero tamén habería que mirar para os que lle permiten actuar como un ente semi-mafioso ou os que promoveron a súa privatización…