Archive for Xuño, 2007

Mariano Grueiro: presentación do proxecto artístico SO2

Domingo, Xuño 17th, 2007

Esta e a presentación do meu novo proxecto artístico. Vai en video, e tamén e o videoblog 1 do proxecto.

En vindeiras datas apareceran máis detalles.

[gv data=”uMuaC_VNiaQ” width=”425″ height=”350″][/gv]

http://www.youtube.com/watch?v=uMuaC_VNiaQ

Myspace de Grueiro

Domingo, Xuño 17th, 2007

Se o director Kevin Smith ten conta en myspace…..¡eu tamen quero ter unha!Aparte de para recibir correo lixo cada pouco tempo  inda non lle atopei utilidade, máis xa me serviu para poñer en práctica toda esa estética barroca que tiña esquecido.

http://www.myspace.com/grueiro

Libros Falados. Follas Novas. Parte 4. Da terra

Sábado, Xuño 16th, 2007

portada podcast libros falados 144

Este e o cuarto capitulo do podcast libros falados.

E o libro catro de Follas Novas, de Rosalia de Castro: Da terra.

En total o libro ten cinco partes.

Estas versións faladas distribuense gratuitamente e baixo licencia creative commons 2.5 non comercial e compartir.
Ligazón o arquivo de audio:

podcast libros falados. Follas Novas. Parte 4. Da terra.

_____________________________________________


Velaqui unha ligazon a outros formatos, incluindo OGG.

o filme “quen matou o coche eléctrico”, na rede por tempo limitado

Sábado, Xuño 16th, 2007

Xa que non se fixo distribución comercial deste documental o ano pasado “who killed the electric car”, poño a ligazon para velo dende a rede, (en inglés), e estará na rede pouco tempo:

http://video.google.com/videoplay?docid=-3546315576859340929

[gv data=”http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=-3546315576859340929″ width=”400″ height=”326″][/gv]

En Europa, aparte dun coche eléctrico indio que comeza a importarse agora (que e bastante inseguro), e a alternativa de Vectrix nas motos, o único coche eléctrico que coñezo e o Smart EV, máis polo momento so en renting para empresas e únicamente no Reino Unido.

a temática da loita armada vs terrorismo na literatura galega

Sábado, Xuño 16th, 2007

Meu blog sae coma segundo resultado cando un pon “exercito guerrilleiro” no Google.

Non atopo a suficente información na rede encol desta área.

Lembro isto o coñecer, via chuza, que a Patricia Janeiro coa obra “a perspectiva desde a porta”, por un voto non lle deran o premio Xerais (interesante o blog de Bretemas, de Manuel Bragado, editor de xerais, para seguilo) e que isto fose porque na sua obra fala dunha avogada dun independentista galego.
Teño no asteleiro unha obra na que o protagonista non e xa un independentista galego, senon directamente alguen que pon bombas pola Galiza en certos sitios porque está farto do desprezo a terra que teñen politicos e empresarios galegos ¿Estou xustificando isto entón? Claro que non, pero a realidade esta ahi: hay quen se atopa tan desesperado polo noso sistema que so ve ese camiño. Abofe que o entendo. Por iso mesmo gosto de abordalo  o escribires, máis alguen me dira que eu xustifico tales feitos. Logo pasa o de sempre, explicacións a  forzas de seguridade cando so teñen que ler con atención o que digo. O que me faltaba, que un dia me deteñan por falar disto, mentres que ninguen faga nada porque alguen arruine o medio do que se supon que e España. Se tanta España  é, cona, que deteñan a tanto mafioso dunha vez ¿ouh?

Eu pregunto ¿e non se xustifica máis a violencia co feito de calar ante os que se fixeron millonarios cos cartos de axudas europeas que endexamais chegaron o seu destino final? E ninguén fala deles porque e millor falar do caralludo que vai todo.

Claro, máis entón, ¿e que temos que premiar a este tipo de temáticas? pois claro que non, remitome o caso da fotografia. ¿ten que ser millor unha foto de paisaxe da Antártida que de Ortigueira? poderiamos avaliar as fotografias e ver cal e millor. Isto e o mesmo, a priori non podemos dicir que unha obra polo feito de abordar certas eiras teñan que ser marxinadas, máis tampouco podemos consideralas coma unha deidade por sistema.

Dous interesantes artigos sobre Reganosa

Sábado, Xuño 16th, 2007

Dous interesantes artigos sobre Reganosa:

Ártabra 21 ten un artigo  de Manuel Afonso Domínguez (de Plataformas Offshore da UDC, membro do Colectivo Universitario Opositor á Planta de Gas da Ría de Ferrol – www.f-cape.org), sobre as consecuencias da instalación e uso das instalacións de Reganosa en Mugardos.

http://artabra21.blogspot.com/2007/06/verquidos-na-ra.html

GZnacion ten un artigo de Carlos Aymerich , “catro verdades sobre Reganosa“.

http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=2243 

SO2: patrimonio galego

Sábado, Xuño 9th, 2007

Fun a Berlin a facer a presentación internacional do meu novo proxecto artistico: SO2

Papamos SO2 durante anos, e o SO2 e un dos mellores valores culturais que podemos exportar.

Mentres que organismos oficiais de Cultura autorizan a desfeita de milenarios circulos líticos, sagrados para nos, o SO2 foi froito dunha colonización, máis quedara na terra e en nos. So temos que sacar o exterior o SO2 que levamos dentro.

SO2: patrimonio galego

patrimonio galego

me cago nos vosos mortos, a fin da Mourela. Bernardo Bastida, preso politico

Xoves, Xuño 7th, 2007

Vanse cargara Mourela, seica deixan algo pola excusa.

A Mourela. Un dos poucos ¿cantos mais hay? circulos liticos que temos no pais. Non e algo novo, sabemos del dende o século XIX.

As excavadoras estan pasando por riba de noso patrimonio. Se alguen coñece os palistas desas maquinas, que lles informen do que estan a facer.

Detiveron o patron de Ferrol, Bernardo Bastida, que iniciou unha folga de fame, por considerarse preso politico. E eo. Terian que levar presos a outros:

– o que utilizou nos anos 90 do seculo XX as pedras do circulo litico para a fonte das boliqueiras. Unha vez destruidas estas, todo foi máis sinxelo.

-os que nos tiveron sen infraestructuras 30 anos e agora querenas facer a calquer prezo

– os funcionarios que deron autorizacions medioambientais e de seguridade a REGANOSA.

Magoa non saber unirmonos todos mais, porque todo ten relación.

Hay anos que ENDESA leva por estrada carbón dende Ferrol a As Pontes -tema da autoestrada que virialle ben-

Agora REGANOSA quere cargar gas en Mugardos e levalo cara As Pontes para ENDESA.

Hay unha pintada na Mourela que resumia ben o que sentimos
emprazamento A Mourela, As Pontes
De agora en diante, so me queda o arquivo fotografico no flickr para ollar os restos da Mourela. E fotos de hay un século.
emprazamento A Mourela, As Pontes
Cando hay tres meses anunciaba dito arquivo, non pensaba que acabase todo asi.

Menos mal que todos teran sua ración de SO2

¿por qué tanto falar do SO2? . Cedo.

poboación SO2: un valor de futuro, coma as eiras contaminadas nuclearmente

Luns, Xuño 4th, 2007

O foro nuclear da por válida a seguinte tese: as eiras contaminadas nuclearmente, ou millor dito, as eiras que aloxan industria de tecnoloxia nuclear – xa lle estou collendo o truco – , son un valor de futuro, porque endexamais o estado fara ali nada que non teña relación co eido nuclear. Ou dito coas miñas palabras: que teñen tanta merda enriba que son o papacartos perpetuo por decreto.

Poboación SO2: As Pontes e parte da poboación SO2.

Hay uns dias lin no blog de Ortigueira sostible que querian poñer unha central de celulosas en As Pontes.

Hoxe lin que xa non a poñen. Dan a razón de por que ian poñela alí, e por qué non a poñeran.

Ian poñela porque saben abofé que gran parte da poboación de As Pontes e receptiva a instalación de industrias contaminantes debido ao continuo contacto coa central térmica de As Pontes , que e neste momento da empresa ENDESA.

E din que non van poñela porque claro, seria moi longo o tubiño que teria que sair da central cara o mar despois de varios kilómetros. Uhm, e eu preguntome ¿E que pasou no seu momento co SO2? Ah, si, un tubiño de 356 metros!
Endesa ten máis cabeciña que ENCE.

Para poñer unha central de ciclo combinado que funciona con gas de REGANOSA so precisou poñer un carril bici diante da central.
carril bici, central ciclo combinado As Pontes
Ou que fagan como Acciona, que adicase a poñer publicidade por tódolos medios de comunicación. Na era Fraga, moitos medios tremian de quedarse sen publicidade institucional: iso e o que para Acciona e a biodiversidade, o teres mantidiños os xornais para que ninguen teña valor de ter ideas opostas a eles.

Aposta pola poboación SO2, e docil, fai o que queiras, e se queres prescindir dela, ela soiña emigra ou suicidase. (ver taxas de emigración e suicidio, co suicidio achegamonos os paises nórdicos). E se alguen se queixa, sempre podes acusalo de demagogo, manipulador, terrorista ou ignorante

pd E curiosa a linguaxe empregada por La Voz de Galicia. Na sua larpeira liña habitual , non utiliza a expresión ” central de celulosas” nen unha soa vez. En troques diso, pon “ENCE”, que e o nome da empresa. Iso e coma dicir “Endesa non intalara sua Endesa en Madrid”, en lugar de dicir “Endesa non instalara a sua central térmica en Madrid”

Unha suxerencia se voas en Easyjet

Luns, Xuño 4th, 2007

Mentres ia camiño de Berlin atopeime unha revista que procedin a rectificar.
destinations, A Coruña, Galiza
Se estivese en castelán mesmo non faria nada. Todos sabemos que hay unha cidade dividida en duas, o mesmo que hay unha ria por Ribadeo e Castropol que son duas rias (Ria de Ribadeo-Ria del Eo, nunca tal vin). Pero a lacoruñizacion inglesa superoume.

Pero se alguen lacoruñiza ata en inglés, nos podemos acoruñizar e ata ghazear