a temática da loita armada vs terrorismo na literatura galega

Meu blog sae coma segundo resultado cando un pon "exercito guerrilleiro" no Google.

Non atopo a suficente información na rede encol desta área.

Lembro isto o coñecer, via chuza, que a Patricia Janeiro coa obra "a perspectiva desde a porta", por un voto non lle deran o premio Xerais (interesante o blog de Bretemas, de Manuel Bragado, editor de xerais, para seguilo) e que isto fose porque na sua obra fala dunha avogada dun independentista galego.
Teño no asteleiro unha obra na que o protagonista non e xa un independentista galego, senon directamente alguen que pon bombas pola Galiza en certos sitios porque está farto do desprezo a terra que teñen politicos e empresarios galegos ¿Estou xustificando isto entón? Claro que non, pero a realidade esta ahi: hay quen se atopa tan desesperado polo noso sistema que so ve ese camiño. Abofe que o entendo. Por iso mesmo gosto de abordalo  o escribires, máis alguen me dira que eu xustifico tales feitos. Logo pasa o de sempre, explicacións a  forzas de seguridade cando so teñen que ler con atención o que digo. O que me faltaba, que un dia me deteñan por falar disto, mentres que ninguen faga nada porque alguen arruine o medio do que se supon que e España. Se tanta España  é, cona, que deteñan a tanto mafioso dunha vez ¿ouh?

Eu pregunto ¿e non se xustifica máis a violencia co feito de calar ante os que se fixeron millonarios cos cartos de axudas europeas que endexamais chegaron o seu destino final? E ninguén fala deles porque e millor falar do caralludo que vai todo.

Claro, máis entón, ¿e que temos que premiar a este tipo de temáticas? pois claro que non, remitome o caso da fotografia. ¿ten que ser millor unha foto de paisaxe da Antártida que de Ortigueira? poderiamos avaliar as fotografias e ver cal e millor. Isto e o mesmo, a priori non podemos dicir que unha obra polo feito de abordar certas eiras teñan que ser marxinadas, máis tampouco podemos consideralas coma unha deidade por sistema.

Chuzame! chuzame -

One Response to “a temática da loita armada vs terrorismo na literatura galega”

  1. Agremon Says:

    … xa non é o segundo. O curioso é que agora o segundo é un sitio… catalán.

Leave a Reply