Archive for Agosto, 2007

libros que ando a ler

Xoves, Agosto 23rd, 2007

Image
Estes son meus, pero como teña que pagar vinte pesos , de xeito directo ou en forma de impostos indirectos, por tódolos libros que collo da biblioteca, vou apañado.

version en ingles

Sábado, Agosto 18th, 2007

Xa que a semente deste blog vai a medios galegos, comecei a separar os artigos en inglés e peneiralos noutro blog.

Por se alguen quere seguir os fios

http://grueiro.blogspot.com/

carreiros telemáticos

Sábado, Agosto 18th, 2007

Na facultade de informática da complutense de Madri,atopeime unha chea de xente falando de esquiar, e de cousas asi, de xeito que fun a biblioteca.
Segunda planta, e na sección de redes tiñan algun libro interesante.
Despois fun a facultade de Física. Teñen unha asociacion adicada a astonomia. E despois por un carreiro fun a facultade de matemáticas, onde tiñan unha chea de antenas para satélite no teito. Mais errei, aquelo poñía “centro nacional de meteorología”.
E dalí fun por un carreiro ata un edificio cheo de lousas o redor del. Alí ensinan telecos, e na biblioteca hay unha seccion interesante -10 libros- sobre criptoloxía.
Madri e moi rural tamén, máis moitos (non penso facer coma os que falan da Galiza, penso sinceiramente que haberá de todo) dos que estudian nestes sitios teñen panico a Galicia e so se atraven a deixar o iate alí: a cousa e complicada cando non tes nos carreiros antenas que falan co hispasat.
Polas noites non ves as estrelas con tanto fume , por madri.

Albert Speer: Memorias. Erinnerungen.

Sábado, Agosto 18th, 2007

Albert Speer: Memorias
Image
Erinnerungen
Este fin de semana estiven a ler as Memorias de Albert Speer. Un libro que xa agardaba ler dende hay moito: Ver “O afundimento”, decidiume a facelo.

A edición que lin, foi a traducción o castelán (non tiña libre máis que unhas horas do fin de semana para ler as 933 páxinas) da editorial El Acantilado. O texto non so me gustou, fixoseme curto.

Albert Speer foi un arquitecto alemán, que estivo vinculado o partido NSDAP dende coezos dos anos trinta. Co tempo, tivo unha relación máis forte con Adolf Hitler, e o final, rematou facendo unha gran cantidade de proxectos arquitectónicos para o réxime alemán. Mentres o lía, asi como as suas referencias a Mies van der Rohe, ou Peter Berhens, lembreime de cando estudiei -mentres estudiaba deseño gráfico na escola de artes de Oviedo- , a arquitectura do século XX, – co mestre Alfredo Navarro -, e matinei na razón de que Albert Speer fose para min so unha pequena referencia, posto que so coñecía seu traballo para a cancilleria alemana en Berlín, e algunha foto dunhas maquetas.

A figura pública de Speer e o mito de ser o arquitecto de Hitler. Coma el mesmo ben aclara, e non rexeita, se Hitler tivese amigos, un deles sería el, máis a figura histórica de Speer e suficientemente complexa para non poder resumilo deste xeito. Sería coma calificar a Susan Sontag coma a derradeira disidente dos Estados Unidos (que é o que dixo María Ramírez para El Mundo). Speer para moitos, e o millor arquitecto do século XX. Non sei se poderíamos chegar a esa afirmación, pero despois de comezar a ver a sua obra arquitectónica a través das suas memorias, coido que motivos non lle faltan, máis que coma teórico (Van der Rohe), coma proxectista, pola entidade do seu proxecto de Berlín, ou os proxectos para Nuremberg.

Supoño que isto é como cando se fala do feísmo [feismo: termo que inventei aló por 1997 para chamarlle a toda a arquitectura da cidade e do rural, durante a dictadura de Francisco Franco, que posue unha falta de referentes coa arquitectura anterior . Co tempo, dinme conta que , de xeito paralelo, outros autores e autoras, empregaron este mesmo termo, e co mesmo concepto ca min] Por noxo ou vergoña, omítese, pese a sua importancia.
Falarei de arquitectura galega un anaco: en Santiago de Compostela estanse a facer unhas construccións (seis edificios , no monte das ghaias) que chamaranse ” a cidade da cultura “. O uso final parece ir co título: alí estarán moitas cousas da cultura galega. Máis eu non sei moito do tema. Comezaron aló por 1999, onde rexeitaron unha proposta de César Portela, para escoller finalmente o de Peter Eisenman.
Peter Eisenman, quixo facer tamén alí unha homenaxe a John Hejduk.
Para min, a obra de John Hejduk destaca porque adicabase a facer unha arquitectura que carece de valor útil, e tanto lle tiñan os materiais ou a cultura no cal desenvolver seus proxectos. Os seus edificios estaban a marxe de deseños pensados no práctico.
De Portela, que citei antes, so direi que cando quixen ir ver seu cemiterio de Fisterra, chamoume a atención que a pista sen asfaltar que da acceso, estaba chea de regos feitos pola chuvia, posto que carecía de regos transversais, para levar a auga, algo que xa che ensina tua avoa cando xogas con ela a facer regos de patacas.
O cemiterio de Portela gustoume, máis estes detalles tamén teñen sua importancia.
A miña opinión sobre a cidade da cultura de Compostela e clara: parece unha homenaxe o feismo galego.
A homenaxe a John Hejduk e tamén outra homenaxe o feismo galego, ou seña, a homenaxe a emigración, a ignorancia, o noxo que provocou o noso trauma colectivo de rachar co noso cerne, a do funcionario acomplexado que o destinan a Galiza e que despois víngase pensando que , coma tamén di o funcionario acomplexado galego, calquer cousa de fora é o millor.

Detras de cada aldea hay unha obra de Hejduk.
Tras cada obra oficial, hay unha mariscada que nombra o seu Eisenman.
Portela está infravalorado, e o pobo está acomplexado.
Merecemos ter libros de Taschen sobre o feismo galego. Ou seña, que eu tamén merezo meu curruncho na Taschen.
E tamén merecemos que alguén en Estados Unidos faga homenaxes a arquitectura galega, ¿Qué e se non que un arquitecto estadounidense homenaxee outro arquitecto estadounidense nun sitio que é sobre a cultura galega?

Pois algo asi sentín o comezar a ler a obra de Albert Speer. A sorpresa.

Na primeira parte, na que descrebe a serie de edificios rematados, e proxectos para a cidade de Berlín, impresiona a calquer estudiante da arte ou da arquitectura.
Descubro que foi el o que fixo o Zeppelinfeld, grandemente influido polo altar de Pérgamo,no que se celebrarían os congresos do partido en Nuremberg. Verdadeiramente, aquel entorno de bandeiras de dez metros e focos cara o ceo, foron un dos grandes japenins do século XX.
Foi unha sorpresa ler a narración do que sería unha especie de nova acrópole contemporánea en Berlín: unha sala de congresos de 230 metros e 120 de altura, para 150.000 persoas de pé, ou o novo pazo dos deportes de Nuremberg, que sería a maior instalación deportiva de todo o mundo. Coma ben dí Speer, non eran proxectos irrealizables, como pasara noutros momentos da historia, senon que eran totalmente posíbeis. De feito, en Berlín comenzáranse as prospeccións e derribamentos para facer espacio as obras, e en Nuremberg comezaran a facer as obras.

QUOTE:

Peter Behrens, maestro de Gropius, e Mies vand er Rohe farían, propostos pola AEG, seu contratista habitual, a construcción na gran avenida dos novos edificios administrativos desa firma comercial”

Despois ven unha segunda parte, da época na que Speer introducenos nos anos nos que estivo de ministro do armamento ,

QUOTE:

Lenard dixeralle a Hitler que os xudeus exercían unha influencia perniciosa na física nuclear usando a teoría da relatividade

Con frases así vese que baixo a excusa de dictaduras , democracias ou partidos, hay sinxelamente loitas de intereses persoais.

Respecto a bomba atómica alemana, eu sempre defendin a tese de que podian facela, inda que o propio ministro responsable, Speer, diga o contrario. –
Seguindo esta tese, saira a mediados de marzo de 2005 un libro do Historiador berlines Rainer Karlsch, no que afirma que sei que puideron facela, inda que nunca da potencia da utilizada por eeuu, publicado por DVA. (eu baseábame sinxelamente en textos do matemático David Bodanis. .

Hay unha terceira parte, onde atopámonos coa decadencia do tercer reich: a vontade de destrucción do Fuhrer da sua terra, e a de Speer de opoñerse.

QUOTE:

“Se o pobo alemán sucumbe nesta loita, será que foi demasiado feble. Neste caso, non terá superado sua proba ante a historia e únicamente estará adicado o afundimento”

Esta frase de Hitler, do catro de agosto de 1944, e sobre todo a última frase, está estes dias de actualidade a conto da película “Der Untergang” – o afundimento-, e amosa moi ben a verdadeira realidade de pensamento, máis aló da apariencia, que tiña Hitler do seu pobo. Máis e por xente coma Speer, polo que pode dicirse que o pobo alemán sí superou a proba.

Por último, veñen as conclusións , da época do xuizo, onde cada liña mereceria estar en moitos dos cadernos de texto de hoxe en día. Por so citar unha:

QUOTE:

“Nengunha vontade human podería deter esta evolución se o automatismo do progreso dera outro paso cara a despersonalización do home e privaralle de máís responsabilidade dos seus actos.”

Di isto falando das causas da guerra, concretamente respecto das técnicas actuais de comunicación-control de masas, e so podo dicir respecto a isto que sorprendeume a miña coincidencia con el: tiña miñas propias ideas e sorprendeume que sendo esta a primeira vez que leo un texto desta persoa, meus puntos respecto a esta área coincidan tanto con el.

Speer votou vinteun anos na carcere. Hay moitos libros que falan de se todo foi unha mentira para librarse da morte no xuizo de Nuremberg ou non. Nembargantes, recomento esta lectura.

____________

En relación co tema do estadio,posteriormente o fin da guerra, houbo unha serie de verquidos no que era o comezo das obras do estadio , unha excavacion que posteriormente convertiuse en lago – verteronse escombros industriais contaminados- , e un dos poucos restos que quedan en Nuremberg do proxecto.
Debido a estes verquidos, hoxe en dia as augas son tóxicas. Teñen H2S. Lembreime unha vez mais que os arredores de As Pontes son a zona europea con maior contaminación de SO2.

mais informacion deste apunte en:
http://www.angewandte-geologie.geol.uni-erlangen.de/silber02.htm

a reaccion e:

8 H+ + SO42- –> H2S + 2 H2O + 2 OH

os datos son do doutor Alfons Baier (quen non esté interesado pola bioquímica, o millor o está polo seu retrato, encántame):

http://www.angewandte-geologie.geol.uni-erlangen.de/alfons.htm

respecto o que dixen de As Pontes:

http://www.galeon.com/sloren/sosgali.htm

mais non esquezades que o millor son so un ignorante que di estas cousas so porque non vai o cesga – centro de supercomputacion de Galicia – :

http://www.cesga.es/ca/defaultC.html?Proxectos/Fotoq2.html&2

2003? 2005. Praia de Os Castros

Sábado, Agosto 18th, 2007


Image
Esta non e unha fotografía do 2002 ou 2003. E do 2005. De onte, na praia de Os Castros, concello de Ribadeo, provincia de Lugo. Lembrame a cando de pequeno viamos con normalidade ter unha pedra na bañeira para limpar o chapapote. Os nenos de agora teran a mesma sensación de normalidade. Pero , entón e agora, isto e unha situación anormal.
Galiza tivo unha marea negra. A quinta e mais grande de todas.
A maior marea negra non fixo que Galiza fose declarada zona catastrófica.
A marea negra foi negada.
Se facías fotos do chapapote chamábanche manipulador (por iso eu fixenas dos carteis do plan económico plan galicia )
Pero non por negas os feitos o fuel esvaece. Os políticos de hay tres anos falaban de praias limpas, cando todos sabemos que se deixas un coche riba da area da praia, o millor nun mes non ves o coche, máis será porque está so a uns centímetros baixo a area do sitio no que quedou.
A xente emigra, o caciquismo aumente, moitos temos esperanza, pero hay que comezar por recoñecer os feitos. E os feitos e que a costa , dous anos despois, inda non está limpa, e con ela, todo o ecosistema que depende dela.

plan galicia en gacemail , Arxentina

Sábado, Agosto 18th, 2007

O proxecto artistico plan Galicia sae nas novas de Gacemail

os panfletos do plan Galicia … do 2003

Sábado, Agosto 18th, 2007

Atopei un foro no que están a falar duns panfletos que se repartiron cos xornais, anunciando o plan Galicia….en marzo de 2003

http://burlanegra.vieiros.com/foro/read.php?f=3&i=716&t=716&lang=

A ver se hay alguén que teña un deses folletos pola casa, estaría ben telo a mao para dixitalizalo, e asi ver todo o que se leva feito. A min en concreto, serviríame para o proxecto, para estudiar a sua mensaxe e comparala coa dos carteis do plan económico plan Galicia.

.gal, John Postel, e-galaecia e aparición da rede

Sábado, Agosto 18th, 2007

Hoxe leo(artigo do 2005) en Barrapunto que virá a Galiza un dos cofundadores de DNS, o mesmo tempo que estes días temos por fín preocupación dos políticos galegos para obter un dominio .gz. E paradóxico que veña a nosa terra un dos cofundadores de DNS, pero gustaríame lembrar alguén que coma persoa atraeme máis

Image

E deixarei esta foto para a sua lembranza. Non esta camiñando por carreiros galegos, pero ben poderian selo.

Hoxe suas cinzas descansan xunto unha árbore que el mesmo plantou dous anos antes de finar. A pesar de ser un dos fundadores da rede, non esquezeu que nos pertencemos a terra.

o proxecto plan Galicia en el Pais (2005)

Sábado, Agosto 18th, 2007

 Isto tamén podería titulalo “cinco anos sen unha entrevista”, que e o tempo que hay que non saio nos medios. Dous anos dende o comezo do proxecto, e esta e a primeira referencia.
Hoxe sae na páxina 24 do xornal el País, un artigo sobre o plan Galicia. Nel, saen varias declaracións miñas, tomadas dunha entrevista co xornalista Luis Gómez. O primeiro que teño que dicir e que a frase final (seguramente por confusión) non e exacta: plangalicia.com non e meu, nen está o meu nome (fácilmente comprobabel en http://www.enom.com/domains/whois.asp ), pero si que e certo que eu participo nese proxecto.

E moito máis que quero facer, pero nestes tempos as veces e dabondo con iniciar o dia seguinte.

Image

(título da fotografía:”Sísifo”. Sísifo foi condeado a subir unha pedra unha montaña, e de repetilo eternamente)

O texto da entrevista e o seguinte:

“[……] unos meses después de aquel anuncio, el joven fotógrafo Mariano Grueiro comenzó a observar en los alrededores de Ribadeo y en localidades de la Costa da Morte la aparición de grandes carteles anunciando futuras realizaciones bajo la denominación de Plan Galicia. “Observé que se colocaban en zonas muy visibles, en rotondas , de cara a la playa, mirando hacia la carretera”, dice. El número de carteles aumentó con el tiempo, aunque nada cambiara a su alrededor. El paisaje seguía quieto.
Fue entonces cuando decidió fotografiarlos. “Muchos fotógrafos llegaron a Galicia para tomar imágenes del desastre y convirtieron al voluntario con el mono blanco en el icono del Prestige, pero yo me preguntaba ¿Cuando se vayan de aquí, qué quedará? Quedaban esos carteles que parecían un absurdo. No anunciaban nada en concreto. Luego fueron cambiando: asfaltaban un camino rural y colocaban un cartel. Pensé primero en hacer un mapa, pero luego pensé en fotografiarlos y en hacer una exposición. Solo retrato aquellos que me comunican algo”.
Mariano Grueiro lleva 15 carteles fotografiados, entre los centenares que ha visto en este tiempo.
[……]
Mientras Galicia espera ver las realidades del plan, quedan los carteles. Y el fotógrafo Mariano Grueiro los retrata con su vieja cámara Mamiya. Prepara con unos colegas un plan galicia artístico por Internet. Para su sorpresa, estaba libre el dominio plangalicia.com. Ahora es su propietario”

Aparte do dito, so engadir que ata o momento foime imposible atopar negún sitio para expoñer, nen na Galiza nen en Madrí.
O da terra o entendo. Non por xustificalo, senon porque a xente ten medo, e iso merece meu respeto. Cando tiven ameazas de carcere polo tema de plangalicia.com , nen un so xornalista -nen un so- saiu a axudarme. E algúns tentarono, pero para os seus directores, eu (que non son persoaxe pública nen coñecida) debo ser persoa non grata. Inda que o meu respeto non e tal no caso das galerias que pensan en autores de madrí-madrí-madrí

Pero de Madrid o agardaba menos. E a sede da Photoespaña, e agardaba máís compresión, pero sempre están ocupados de mais para atenderme o meu proxecto. Supoño que , se algunha vez dou conseguido algo, haberá quen me poña a mao no pescozo e me diga “¡pero hombre!¡coño Mariano! ¿Por qué no te pasaste por mi despacho?”. E nen entón verán sua metedura de pata, sua inxustiza.
¿ o resultado?
Que case dous anos despois (comecei en septembro de 2003) de comezar, ata o momento non fun quen de expoñer, máis iso non foi problema para que sega adiante co proxecto.

Unha aperta, gracias os amighos, a casa encantada e sobre todo o hacklab Compostela polo apoio neste tempo, a Luis Gómez por terme citado, a el País por publicalo, e a vos polos correos. Que se lembren así en momentos coma este, e unha sorte.

Comentarios

Publicado Por  Viana   www
En May 30, 2005, 2:29 pm

Sigo sen apreciar nada que che faga merecedor dese titulo de fotografo que che das a ti mesmo e que outros che dan. A fotografia que acompanha a esta entrada tua e horrorosa. Non ten arte ningun no tecnico nin no compositivo, mais ala da mensaxe que transmite. Non me estrana nada que non atopes ningun sitio onde exponher, porque con cousas asi non vas a ningures. Moita sorte.

Publicado Por  Xoel   www
En May 31, 2005, 1:00 am

Home, eu nen diría tanto… fotógrafos, fotógrafos… Todos somos fotógrafos, ainda sen arte, sen técnica, sen composición… mal que nos pesa, importan dúas cousas: dinheiro e cartos.

De qualquer das formas, a mensaxe esta clara, nesta foto que acompanha o blog, asi como outras que tenho visto -si, se callar, a seleccionada non foi a máis artística-, todas agochan un discurso: Unha palabra máis alta ca outra. Deso é do que se trata, e as expos xa chegarán.

Polo de agora fica aquí o convite para expor na sala do Teatro Ibérico de Lisboa.

Apertas Mariano!

X

Publicado Por  Viana   www
En May 31, 2005, 2:34 pm

Sendo sinceira, o que mais me amola e a prepotencia. Xente que saca fotografias como Mariano hainos a moreas, pero ninguen deles se lamenta porque as suas obras non as exponhen en Madrid, Londres ou Viduido de Abaixo. Se callar non: a seleccionada e unha foto moi mala e todas as fotos que se poden ver no fotolog de Mariano son fotos malisimas. A minha preferida, sen dubida, e a titulada Pixie e Dixie. Arte ningunha, pero humor moito. Moita sorte Mariano e menos prepotencia. Un saudo.

Publicado Por  Viana   www
En May 31, 2005, 2:36 pm

E que acabo de ler agora de novo o post e na primeira lectura non me daba conta do de PhotoEspanha. Pero cres que os senhores de PhotoEspanha, que soamente dan bola a fotografos profesionais, van a perde-lo tempo cun afecionado coma ti. Porque non probas primeiro nas paredes de Casa Moncho ou mesmo Flickr, matado!

Publicado Por  mariano grueiro
En May 31, 2005, 8:10 pm

Ti e -la miña única fan. Fagoo todo para conseguer unha crítica tua.

graciñas 😉

Publicado Por  mariano grueiro
En May 31, 2005, 8:12 pm

Xoel, tomo nota do que me dixeches. Obrigado.

Publicado Por  o gran paiute   www
En May 31, 2005, 8:45 pm

As fotos deben ter o mesmo arte que ortoghrafía tes ti miña nena…Os/As de Beca Erasmus sempre estades amarghados/as, logho volvedes ás vosas vilas no BMW importado de Alemania trais rematar algunha filoloxía, enxeñería ou mesmo arquitectura (cona!) para presumir de que sodes un alto cargho que te caghas nunha empresa mediocre, pero todo vai ben mentras os vosos pais poidan alza-la testa por riba da dos demais que teñen un fillo fotografo nunha empresa escravizadora ou un fillo debuxante nunha cerraxería, con iso xa chega…

unha aperta Mariano

O mais parecido a Arte que viches é unha mariscada carallo!

Publicado Por  Viana   www
En May 31, 2005, 10:25 pm

Gran Paiute saca conclusions de Gran Pailan ;) E probablemente si, Mariano, tenho unha fixacion contigo. Gosto da modestia, algo que ti non practicas demasiado.

Publicado Por  Homo Britoniensis   www
En June 2, 2005, 4:46 pm

Ninguén ve unha metáfora entre o cartel do plan Galicia e o sinal indicador da rotonda?

Aparte do cruceiro como elemento folclórico, o mais puro estilo “Benvido Mr. Marshall”, no medio dunha rotonda.

Publicado Por  Xoel   www
En June 10, 2005, 6:19 pm

Para fotografías….

www.galiz.com

Sen deixar de visitar a galería de estetica

Saúdos Mariano

X

Publicado Por  boricualibre   www
En June 15, 2005, 3:32 am

Dalles caña Mariano que o 19 van tomar polo cú. A mín as fotografías gústanme porque reflexan o que é o Plan Galicia, algo etéreo, irreal, algo que non existe, son só carteis.

vivir en Galicia e un dereito, mais que lles pese os galegofobos

Sábado, Agosto 18th, 2007

Vivir na Galiza e un dereito. E o que digo eu.

Lin no 2005 nos mintireiros dous artigos:

O primeiro, dicía que en Galicia queixámonos de vicio. Que pobriñas as eléctricas. Que queremos ter de todo no rural….incluso….¡internet!!!!! , cando -pobriñas as telecos- , saelles máis caro que nun pobo de la mancha.

A ver. Coido que para isto non e preciso este exemplo, pero vou dalo. Eu de toda a vida vivin na miña terra, e sempre me pareceu un grande desprezo afirmacións como as anteriores.
E vindo dun galego, como neste caso (O artigo fírmao Tucho Calvo, o cal respetoo, en tanto en canto cada vez é máis dificil atopar un artigo firmado que veña da Galiza), máis inda.
Nos últimos meses, tiven a experiencia de vivir por Madrid, e non so cambiei de parecer, senon reafirmeime…¡claro que non se pode comparar extender unha infraestructura nun pobo castelán, onde todo e unha chaira, con calquera aldea galega! ¿E qué? ¿Dende cando e iso un problema? ¿non somos todos españois? E aqui -parafraseando a Suso de Toro, co seu libro “españois todos”- ,se somos españois todos, pois temos dereito, pagamos tamén de seu.

E se non, millor inda: como nación independente, temos máis motivo ¿Por que o autor do artigo non di os custes de facer unha estrada ou de poñer fibra óptica en Finlandia, onde non e que chova como na Galiza, e que neva dez meses o ano?
Ajá!

Mirade, eu so sinto que por razóns persoais non lle poida adicar o tempo que quero a escribir o carreiros telemáticos, porque nel coido que poño bastante luz coa realidade telemática que sufrimos.

Agora ben, coincido con Tucho Calvo en que tamén hay persoas mal acostumada que queren telo todo o lado da casa: sei o caso -nome e apelidos- dun directivo de telefónica que fixo que levaran postes ata sua “casa de campo” despois de que os da mesma aldea o tentaran durante quince anos. Tamén coñezo o caso dun dos que leva a deputación provincial de Lugo, que fixo seu chalet nunha zona de Costa, preto da praia de As Catedrais, e a hora de facer os pilares , cargouse unhas mámoas que apareceron debaixo – hay fotografías: o contrario que o mintireiro nunca fago afirmacións de xeito gratuito-.

Segundo artigo do día: cada ano deixan os concellos galegos, unha media de 60.000 persoas.
60.000 persoas que so queren levar sua vida adiante, en que en moitos casos -incluome – so o fan por estricta necesidade, non porque non deixaran de tentar todo o posible quedar na sua terra.

Vou ir máis lonxe.
Éramos calificados pouco menos que de terroristas os que denunciamos dende o principio do ecocidio do Prestige que inda que a nivel ecolóxico ia ser unha das maiores catástrofes europeas, a nivel social sería unha ferida.
Pois velaquí tedes seu riego sanguíneo:

2001 >>>> 58.700
2002 >>>> 75.000
2003 >>>> 80.000

Sí, o presidente da Xunta hay uns días dixo que noso pobo saíra a rua a protestar. Eu por amosar miña opinión e facer un proxecto artístico, recibín unha demanda da Xunta (e dicir, con medios pagados por todos) en Xaneiro, ameazándome con cárcere. Iso e unha vergoña nun país democrático coma o noso. Se queren unha dictadura, ¡que marchen eles!

Vaia, dous artigos e ademáis contradictorios e con carácter.
Pero poñámoslle humor, que noso Daniel (xa sabedes, colleronlle seu apelido para dar premios os galegófobos) , inda que lle doía no corazón cousas como esta, sempre tentaba poñerlle noso humor negro, neghrisimo:

Se sigo poñendo ligazóns os que din mentiras vou rematares facendo un google bombing deses en que que pos ” ladrones ” e saenche os mesmos….
http://www.google.ie/search?hl=en&q=ladrones&btnG=Google+Search&meta
=