Archive for Outubro, 2007

Cartas a un joven español. / AZNAR, Jose Maria. = os vintedous euros millor gastados

Mércores, Outubro 24th, 2007

aznar

Dous euros máis barato que o de Calvo Sotelo.

Refirome a Leopoldo, o sobriño, o ribadense expresidente de governo, que no seu momento publicou unhas memorias parciais chamadas “pláticas de familia”. Merqueinas por 24 euros, editorial la esfera de los libros.

Cando vin hoxe que José María Aznar facia algo semellante, funme o Hipercor a mercalo. Tiñan un feixe deles riba dunha táboa. “Cartas a un joven español“, di o titulo.

Vintedous euros. Que poucos cartos para te-la oportunidade de ler a un amigo do señor ArBushto.

Dirixese a un tal Santiago. Terei que dicirlle a Santiago Sanjurjo que vou escribir un libro dirixido a el, eu chamariao “Cartas de un joven español” ou “Cartas a Chema” ou tamén “Cartas al mas tonto de la calle Ibiza”.

Admito ter descargado, moitos libros, sobre todo con licencia libre, pero este tiña que mercalo. E sei a quen van os cartos. E se inda non o sei, sabereino millor cando remate de leelo.

Polo momento xa estrenei o meu blog en castelán; tiña a conta creada pero estaba agardando unha oportunidade. Oportunidade coma esta.

Non sei se quedarei o comezo do libro, coma me pasara co Die Blechtrommel de Günter Grass, ou se sera entretido, coma o da sua muller Ana Botella (” Mis ocho años en La Moncloa”), pero coma dixen, este libro merece un “carta de un joven español”.

Feita , por suposto, por un “joven español”.

Yolanda Castaño ….. ¿por que non me defendiches ante Fraga no 2004?

Mércores, Outubro 17th, 2007

Por qué non me defendiches cando pasou o do peche do plan Galicia?

A min tamen me criticaron duramente dende os comentarios do meu blogue. Deben estar inda nel.

Por qué ti e tantos outros calabades ante o que pasaba cos artistas que estabamos a marxe da era Fraga?

A marxe daquela de Fraga e alguns inda agora a marxe do governo actual.

E hoxe o que fas e calarlle a boca a Aduaneiros sem Fronteiras.

O meu pulo para eles.

Meu rexeitamento cara ti.

O bo de non depender de orzamentos para tua obra artistica ten estas cousas: de cando en vez podes opinar.
Ti tamen, Bruto.

Comunicado de Aduareiros sem fronteiras

Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráficoTu Quoque Iolanda?” e os comentários a ele adjuntos, sob ameaça de demanda judicial por delitos de injúrias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa, Aduaneiros sem Fronteiras, questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site por enquanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fora de lugar.

alfandega@aduaneirossemfronteiras.org