Archive for Decembro, 2007

el pato drogas se mete tripis

Venres, Decembro 14th, 2007

(o parrulo droghas métese tripis sería unha mala traducción, a boa sería el pato drogas métese tripis; pato drogas versus pato Donald Fauntleroy)

el pato drogas te desea feliz navidad

os chemtrails do 11 e 12 de septembro de 2001 na Galiza

Luns, Decembro 10th, 2007

Agardei máis de seis anos e non vin na Rede comentarios do que vou contar, asi que darei por primeira vez meu punto de vista do asunto.

O 11 de septembro do ano 2001, alguen que estivese desconectado dos medios, observaria algo moi extrano no ceo de Ferrolterra/As Pontes.

Os chemtrails.

O 12 de septembro, máis inda. A ollo contara uns nove-once chemtrails a vez.

E uns poucos o 13 de septembro.

Endexamais vin tantos na miña vida.

¿Onde estaba a xente? Vendo a tele. Ou flipados mirando os televisores no Alcampo de Ferrol.

Eu puxen a radio do erreonce e adiqueime a pasear pola zona de Mugardos, pola fraga do Eume e por As Pontes.

Cando vin o que pasaba e que a cousa ia en serio, quedeime pechado nunha casa dunha aldea durante tres dias, escoitando a radio. Por iso nunca me crin a verdade oficial. Non puxen a tele e non esnifei o de fora.

Algun listo pensaría que tódolos aqueles chemtrails eran tráfico desviado. A min tamen se me pasou pola cachola.

Non cola, era Ferrolterra, non EEUU.

Non teño nen idea dos motivos polos que fixeron cos chemtrails, pero temos pistas.

O petróleo acábase, o banco europeo anda inflando o globo e os políticos falan de cousas que non interesan a xente. Os chemtrail tamén axudan.
A independenza galega non será obra de Castelao, senon da falta de TRE desta sociedade que vai esvaecendo por non querer deixar de medrar.

Os tempos son chegados

duas fotos da entrada da ria de Ribadeo

Xoves, Decembro 6th, 2007

Dúas fotos da entrada a ría de Ribadeo.

Tardei en ter unha cámara nova porque tódalas cámaras de formato pequeno (“tipo 35 mm”)  esquecen poñer visor óptico, e seu control manual parace un mal chiste.

Sorte de atopar a Ricoh GX100, que inda que ten visor electrónico, fai moi ben sua función, e a moi bo prezo. Utilizar os controis manuais nesta cámara e algo garimoso.

O único problema e atopalas, pero algo semellante a ela so atopaba as leicas dixitais, o que era peor solución.

Posted in artes visuais, fotografia | photography | Comentarios desactivados en duas fotos da entrada da ria de Ribadeo

pintaron con otros ojos el mundo que va a desaparecer sumergido en las profundidades

Martes, Decembro 4th, 2007

Un dos 5 pintores participantes no certame de pintura rápida patrocinado por ENDESA nas pontes, Alfonso Costa, resumiuno moi ben:

<<Pintaron con otros ojos el mundo que va a desaparecer sumergido en las profundidades. Son los testigos del tiempo que hacen posible el milagro de la memoria>>

emprazamento A Mourela, As Pontes

ENDESA, sei que me lees, toma outra nota máis: poderedes encher o lago, barrernos do mapa e sumerxir nas profundidades a vosa merda, pero sempre terémolas palabras.
O que estades a facer non ten perdon.
Tranquilos, que eu non son mafioso coma vos, que xogades co futuro da xente a golpe de cacicada e contaminación, a forta de apoio cultural e demanda xudicial.
E todos os que traballades para ENDESA, que inocentes sodes. ¿Pensades que os vosos fillos comeran outra froita que veña fora deste planeta?¿pensades que respiraran outro aire?

Os vosos fillos so terán un coche que contamine máis que o meu, porque esa foi a vosa herdanza. Sua aprendizaxe foi que mirasen para outro lado cando o neno facia preguntas. Por qué o Antón xa non vive eiqui. Por qué a avoa xa non fai compota. Por qué se vai a luz da Xosefa se está o pé da central. Papá por qué non temos que pagar a corrente se traballas na central. Mamá porque non podo chatear.
Mariano co smart na finca do muiño

Toma as chaves do coche neno e vai correr polo monte, coma os de InitialD.
En troques de tofu levaredes queixo sulfuroso feito por caciques.
Herdanza.
A que recibin da miña avoa foi apreciar a terra. Por iso eu despreciovos. Peideiros.

contas de correo de balde teunome@enderezo.com | 5gb por conta en enderezo.com | Isaac traizoado , longa vida a Isaac Diaz Pardo!

Luns, Decembro 3rd, 2007

A andaina de enderezo.com comezou no ano 2002.

Queria montar un servidor que dese contas de correo de balde, nun dominio con nome galego.

Curiosamente o dominio enderezo.com nunca fora rexistrado ata entón.

O sistema estivo funcionando varios anos, ata que tiven que emigrar. O problema non era administrar o sistema dende fora. O problema era que parte do proxecto era que o servidor estivese na Galiza. E iso non puido ser. Habia e hay continuos cortes de corrente, que non poden ser solucionados cun sinxelo SAI. Administradores de hacklabs rurais saben ben o conto. Tamen habia outras cousas polo medio. Era máis complexo que meter o servidor nun portátil.

Tras un periodo de tempo funcionando cun servidor de pago, o sistema foi desconectado. (“non, non podemos modificar a cuota de usuario para evitar que un usuario se quede coa cuota dos outros 70” [!!!!!!!!!!!!!!]: para estar asi mellor voltar os cortes de corrente ou desenchufar todo)
Fai uns dias vin que google da servicios de aloxamento de balde e dominios externos.

Asi que poño de novo en marcha o conto . Os servidores non están na Galiza, pero hoxe vexo que, excepto a alguns usuarios e a min -inda hoxe- , coido que o resto da sociedade dalle igual que teñamos unha boa infraestructura tecnolóxica na terra.

E un pouco triste. Sempre imaxinara un centro con servidores pequeniños, de moi baixo consumo, mantidos polo sol, en calquer vila galega.

So foi outra das miñas visións. E triste porque cos anos e despois de aprender a mallar código e peneira-las redes coido que o problema non era precisamente técnico. Pero vin que todo esto non e nada comparado co que lle esta a pasar a Isaac Diaz Pardo. Os actuais xestores seica pensan votalo. Xa o sacaron do mando e agora isto.

Isaac, se non e por ti hoxe non seria quen son.

nen plan galicia, nen proxecto fin de carreira da costa galega, nen so2, nen podcast, nen proxecto esquío nen nada de nada.

O igual que non me esquezo dos que me ameazaron, hoxe lembro para non esquecer os que hoxe che ameazan. E tento tirar para diante. E se a cousa  non saiu dun xeito hoxe saira doutro. E a miña homenaxe o meu estilo.
Se alguen quere contas de balde, so ten que mandar un correo a carteiroATenderezoPUNTOcom cun nome de usuario (mellor se son varios por se está tomado) e nome e apelidos.

Sempre me gustou moito este nome de dominio.

(nota: o simbolo co sobre feito con pluma caligráfica non e unha copia do sobre de gmail: gmail e de 2004, enderezo.com, do 2002)

http://www.enderezo.com

http://correo.enderezo.com

longa vida a Isaac Diaz Pardo. El non so tiña visións con Galiza, foi quen de materializalas. E sen recurrir a Google 😉

Apoiamos a Isaac D�az Pardo