Archive for Febreiro, 2008

Mariano Grueiro, candidato o senado por Lugo co POSI

Venres, Febreiro 22nd, 2008

Pois sí, presentareime nestas eleccións coma candidato polo POSI o senado por Lugo.

Os vindeiros días irei deixando artigos encol disto.

Hoxe, coma sei que non vai vir a prensa a preguntarme, deixo este artigo coma unha sección de preguntas frecuentes.

Primeira cuestión ¿ Por qué me presento coma candidato o senado pola provincia de Lugo co partido POSI?

Sinxelo, porque pedironmo 😉

Inda hoxe continuo sen estar afiliado a ningún partido político, e agora tampouco estou afiliado o POSI. O POSI ofreceume esa posibilidade e eu acepteina.
Considero que e moi importante poder ter variedade de partidos a hora de votar, e iso e especialmente importante en Lugo.

¿Algún dato máis con respecto a isto?

Si, hay dous feitos puntuais recentes que remataron de decidirme.

A manipulación dos poderes nas maos de Manuel Pizarro, que se votou a política. Este home, responsable da empresa máis contaminante de Europa sita na Galiza, nun debate ontes co ministro de economía Solbes, dixo que As Pontes tiña dereito a gañarse a vida co carbón (“Somos partidarios del carbón y que se investigue. Sitios como Asturias y As Pontes tienen derecho a vivir del carbón, y también me pregunto qué piensan hacer con el gas natural.”). Pois a corrupción institucional co medio ambiente (as Pontes e o maior contaminante europeo e inda agardo a chamada de Manuel Pizarro para pedirme desculpas) , cultura (destrucción do círculo lítico) e política (millor que non de nomes) nas Pontes e ampla. Eu de industria competitiva vin pouco e de contaminación, toda. E se falamos de gas natural, falemos da bomba de gas de Mugardos e os problemas que xenera iso a Ferrolterra.

Este señor teria que estar condeado por moitas das cousas que fixo. Poderia tirar por outras vias alegais, pero coido que inda que todo o sistema anda podre, non hay nada coma tentar utilizalo para darlle a volta. As veces penso se todo isto non e parte do proxecto artístico SO2. Manuel Pizarro semella que fixera un happening de si mesmo.

Outro feito que me influiu para aceptar a candidatura. Foi ver como un dos senadores por Lugo foi Francisco Cacharro Pardo. ¿Sabedes o que fixo Cacharro Pardo en toda a lexislatura? 200 iniciativas? 50? 25 cecais?
Non.
So unha.
Repito, so unha iniciativa.
E cal foi esa iniciativa, algo a favor dos gandeiros ou labregos? algo para dar acceso a rede?
A única iniciativa de Francisco Cacharro Pardo foi preguntar polos invitados a inaguración dunha ponte.
Isto non mo estou a inventar, pódese consultar na páxina do senado.
Abofé que se saira escollido actuaría con máis resonsabilidade que el.

¿Por qué presentarme coma senador e non coma deputado?

Porque co senado non escollemos unha lista, senon una persoa. E porque permíteche participar de xeito directo nas iniciativas lexislativas que atinxen a xente e maila terra.

¿Existen probabilidades de que saia elexido?

Con estes medios, non. Precisaría – tomando os datos da lexislatura anterior- 90000 votos , e agás sorpresas, non vai acontecer. Nembargantes, iso non quita para que poida comportarme tan serio ou máis que outras candidaturas máis coñecidas que van o colo de partidos maioritarios con medios. Cada voto recibido e unha obriga con el, saia ou non escollido para representar a Lugo no senado.

¿Que pasa se saio elexido?

Que levarei a cabo o que di o partido POSI. Por suposto tamén levaria a cabo iniciativas propias que non entrasen en contradicción co partido. É doado.

¿Qué partido e o POSI?

Partido Socialista Obrero Internacionalista. Sección en España da IV internacional.

Coma as veces os partidos comunistas pérdense en siglas, datas e máis datos, resúmoo de xeito sinxelo.
A POSI e un partido comunista que propugna a cuarta internacional. Trotsky e outros tentaron levalo a cabo antes do comezo da segunda guerra mundial, pero os intereses dos xefes económicos votaronlles todo abaixo. Durante a segunda guerra mundial, asesinaron todos os responsables desta corrente de pensamento, e inda despois. Lembremos que xa so en EEUU non había un, senon dous partidos comunistas. Xa so por todo isto teñen meu respeto e apoio.

Neste PDF atópase un resumo encol do partido.

O contrario que outros partidos comunistas españois, o POSI non acepta a monarquía.

E dos poucos partidos que teñen o valor de enfrentarse as drogas: pensan que son usadas polo estado para manipular o proletariado e desvinculalo da sociedade. E de valorar este punto , en especial na nosa terra, na que aparte do EGPGC ninguén tivo o valor de enfrentarse de frente a este problema.

¿Como o POSI quere rematar coa situación de marxinación obreira actual?

Ve outra via que non o independentismo pero que inda asi e moi interesante: pensan que o millor e unir toda a masa traballadora do estado español, porque estamos divididos e os poderes sacan partido disto a nivel lexislativo. Coincido sobre todo coa última parte desta reflexión. Nesta ligazón tes máis detalles.

¿Que pensan da monarquía?

Pensan que a El Rei habería que darlle unha xubilación. Punto. Sen traumas, sen agresividade. Somos un estado moderno e como tal temos que comportarnos, sen necesidade de ninguén que nos tutele. Posto que suponse que o estado español e un estado democrático e moderno, sen que veña o cacique de turno a dicir que pega catro tiros e remata todo. ¿A que estamos a xogar? Temos democracia en España ou non? ¿Verdadeiramente podemos defender en liberdade nosas ideas? .

O partido POSI define a España coma unha “Unión de repúblicas libres dos pobos do estado español”.

Eu prefiro que existan e se voten a varios partidos dereita en Lugo, coma Falange Española de la JONS (F.A. de la JONS), Falange Auténtica (F.A.) ou Alternativa Española (AES), e non o suposto PP, porque quen lles vota os verdadeiros partidos de dereita, sabe o que está a votar e non se leva a enganos, e non un partido de dereitas cacique que foi o cancro da Galiza durante tanto tempo, Que xoga o centrismo e non pasa de pailán.
Cadaquén e libre de votar a quen lle pete.

¿E para as próximas eleccións?

Nengún outro en partido se puxo en contacto comigo, así que en principio non seguirei, a menos que alguen volte a pedirmo: daquela voltarei a pensalo. Teño miñas propias ideas, pero cos meus actos demostro que son como se me ten acusado, nengún radical, e proba disto e esta candidatura.

¿Cal crees que e o estado das cousas e que pensas facer?

A resposta merece un minimo de análise, de xeito que respostarei cun artigo a isto os vindeiros días. Adianto que os partidos terían que antepoñer ante todo a actual crise enerxética co cénit do petróleo (peak oil), politicas de urxencia coa enerxia, proletariado e blindar a protección cos productos de primeira necesidade. Reforma lei hipotecaria, vivenda garantida. Frear no posible a brutal taxa de paro , emigración e fame que imos ter.

¿Faras campaña?

O POSI pediu un crédito ún banco para material da campaña. Foille negado, pero non asi a partidos maioritarios. Iso e inxusto e manipulador.

Inda que en Lugo tiven a total colaboración por parte da xunta electoral a hora de presentar a candidatura, o feito e que os medios son os que son: ningúns.
Non teño medios, e así e imposible sair escollido. Pero non polas ideas que represento, senon porque os partidos maioritarios son os que teñen os medios. Ben sei o ridículo que sería facer unha campaña na rede, cando boa parte da poboación de Lugo non ten acceso a rede.

O POSI foi investigado polo ministerio do interior, porque un rumor do xornal El Mundo dicía que o POSI era un partido encuberto de ETA. O que me faltaba xa, ser investigado polo CNI por relacións con ETA ¡veña hohhh! Xa de paso que me busquen relacións con Don Manuel Fraga Iribarne. (Esta é a fonte desta nova)

Con respecto as eleccións era boa cousa que todos fosemos a votar. E se pensamos que tódolos políticos e tódolos partidos son un noxo, votar en branco ou nulo (por exemplo, poñer no voto “Rosalía de Castro”: se 10000 persoas fixesemos iso, seria algo moi serio).

ligazóns relacionadas:

Agresión da seguridade de María San Gil a rapaces independentistas do AGIR.

Martes, Febreiro 12th, 2008

No video publicado polo xornal el pais pode verse como ante a manifestación con motivo da presencia na universidade de Santiago de Compostela de María San Gil, ela e sua troupe (escoltas e seguridade privada) quixeron irrumpir diante dos manifestantes do AGIR. Varios resultaron feridos, o igual que so un dos escoltas, máis esta versión e ocultada polos medios.

Paréceme unha provocación o sucedido, e non se dan conta. Quero suliñar que sego en contra de utilizar a loita armada, pero inda este suceso sen selo, agora os españolistas dirán de todo sobre Galiza, máis paréceme unha provocación organizar estes actos na universidade.

Como xa contarei noutro momento, coido que seria posibel unha España de repúblicas libres. logo que non me veñan coa excusa de radicalidade. Repúblicas e non monárquicas. E Tamén poderemos falar do independentismo galego, pero non creo en ir por ahi deixándose provocar, sobre todo pola xente que ven unha terra na cal un ministro de Franco governou ata hay nada e da cal creen inda que e seu cortijo. Esta muller saiu na COPE -radio que escoito a diario- falando da sua agresión. Tamén falou unha muller que chamou a radio dicindo que dáballe vergoña ser galega e que sucedese iso. Pois a min non me da. Tamén -a muller- dicía que para que servia o galego e con quen ia falalo. Señora, digollo eu, eche millor que saber C++ porque non falas con máquinas, senon con persoas, e inda que fose para falar cunha pagaria a pena aprendelo. Pero e que co galego pódese falar con varios millons de persoas, tanto de galegofalantes coma de variantes (portugues e portugues do Brasil).

Iso si, na COPE non falan da carga policial de fai uns dias, nunha manifestación a favor do galego, na Coruña.

Chuza , Vieiros e A nosa terra fanse eco da nova
Adiante e moito ollo, non nos deixemos provocar.