Archive for Abril, 2008

conspiracions do estado español: Móstoles. Sindrome Tóxico. Bicentenario.

Luns, Abril 28th, 2008

SSMM os reis de España irán as celebracións do bicentenario da independenza en Móstoles, concello da comunidade de Madrid. Terá lugar o dia 2 de maio; hoxe e 28 de abril.

O levantamento e algo interesantísimo da historia do estado español.

Foi unha conspiración …das boas, en tódolos sentidos.
Outra dia falarei , ou millor, “inventarei”,para asi non ter problemas legais, a historia dunha determinada personaxe apelidada poñamos que Calvo Sotelo a cal tivo relación co Sindrome tóxico ( quen non saiba do asunto, nesta ligazón, nesta, nesta e sobre todo nesta outra atopará máis información. Ah! engadirei que un dos acusados formais do asunto estivo moitos anos casualmente residindo en Ribadeo, por certo protexido pola Guardia Civil)

Hoxe so quero dicir que o de Móstoles é de traca. E non hay chivatazos nen hay nada que non vise xa CNI e outros. So digo o que vin paseando pola zona de Pradillo en Móstoles, e non darei detalles porque inda que rexeite esta monarquía, coma xa dixen outras veces , estas conspiracións non servirían de nada. Grazas e boa parte o petardazo da burbulla, hay moito local valeiro que podería dar lugar a outro fenómeno tipo Lee Harvey Oswald.

Logo que non se inventen unha cabeza de turco, motivo polo cal escribo este artigo.

O que eu chamo a doctrina cuneta, polo sucedido durante a dictadura, Naomi Klein chámalle a doctrina do shock (aconsello seu video explicativo)

Por suposto, de ser asi, tal magnicidio tería lugar de verdade dende determinados locais non valeiros, locais non pechados mais pouco usados un 2 de maio , vernes e dia festivo (tic tac tic tac o tempo conta e non son as tendas de lambetadas). O dos locais non valeiros sería para despistar.

¿E se non pasa nada? Pois se non pasa nada e todo isto semella unha tolada, como normalmente semellan cousas que digo , como cando antes da campaña electoral eu fun o ¿único? candidato en Lugo en falar de crise económica e fame, eu terei que comezar a crer que isto dos magnicidios e un conto todo e que non sei para destinan tantos medios e cartos para un xefe dun estado que debería ser republicano. Se non pasa nada non e porque o fagan ben os de seguridade, senon porque non hay tales “inimigos”.

Agora, que borren isto e maila caché do Google, que xa fixeran algo asi co de Jenna Bush.
(Ah, se alguen verdadeiramente responsable de determinados organismos oficiais le isto e dubida sobre as veracidade das miñas palabras: busque vostede no arquivo de telecinco e da TVG as imaxes da chegada de el-rei a Santiago de Compostela, a certo congreso que tivo lugar en 1997. Pistas: 1 foi o único evento na cal Sergio Pazos dalle unhas gafas a el-rei. 2 coido que unha das persoas que está diante del, carece das duas acreditacions precisas para acceder a zona. 3 supoñiase que o único que non tiña esa acreditación era Sergio Pazos, e foi afastado varios metros do alcance da burbulla central de seguridade. 4, e o igual que o anterior isto non e broma, ese día Sergio Pazos levaba unhas botas de pel de serpe. 5. A cidade ese día estaba tomada pola Policía. Varias furgonetas acudian a mañanciña a porta do camiño, e uns cantos francotiradores atopábanse xunto os toxos preto da zona do congreso. (hoxe xa non hay toxos senon máis edificios) Se ese día non pasou nada, non foi grazas a seguridade de el-rei)