¿de verdade queren que comezemos a tormarnos a xustiza da nosa mao? Caso Prestige

Que non fale do Prestige nen da estafa do plan Galicia non quere dicir que me teña esquecido un so dia nestes cinco anos do que pasou.

Hoxe e nova no xornal el pais que hay risco de que se vaia todo o garete. Non entrarei en detalles porque se non estamos un ano so para a introducción.

Esta era a ocasión do estado español para dicir “si, isto e e España, e como tal , aqui faise xustiza”.

“esta e a quinta marea negra que chega as costas galegas, pero será a primeira na que se faga verdadeira xustiza” As veces penso que os únicos partidos coherentes son os de ultradereita: para eles xa que isto e un anaco de España, todo aquel que se cargue un anaco dela, merece ser axustizado. Punto.

Ademais dos imputados, eu estou inda a agardar moitos máis imputados

pepemari

don manuel (se ben me chegaron informacións de que fixo máis do que eu coidaba que fixera)

fefé

cascos-casquete

O ruso

O da realeza que liberou o ruso.

A muller do da realeza.

Non sego, xa sabemos o que pasou alí.

Para min e para a maior parte de persoas que se informen sobre o sucedido, aqui teñen que sentarse no banquillo moitos.

Aparte diso, tamén terian que indemnizar a maior parte de voluntarios, galegos, do estado español e do resto do mundo, que se viñeron a axudar. A eles tampouco os esquezo un so día.

Que queren, ¿Que tomemo-la xustiza pola nosa conta? Despois queixaranse, despois viran os choros.

Non estou sinalando nen ordeando, so digo que a moita xente, o do Prestige rematou de arruinarlles a vida, e poida que agora non teñan nada que perder. Poida que agora, moitas persoas, máis das que semellan, persoas que estiveron e estarán en silencio e sen chamar a atención, comecen a botar as suas contas, e digan, porque non, posto que isto vai camiño de acabar coma a causa xudicial do sindrome tóxico. Alongamento en dictar sentencia, nos recursos, no procedemento…o millor ata nen xuizo sae.

Onde está a xustiza? porque se mañá pasa algo, logo que non veñan a dicirnos que “vivimos nun estado democratico que non ampara a terroristas se non que nun estado democratico os partidos politicos e mailo poder xudicial son as vias para calquer reclamación”.

O que está a pasar en Corcubión e case unha xustificacion, para moitos , da loita armada galega.

¿Afirmar isto e preconiza-lo terrorismo? non. Non estou dicir que iso seña a saida. So estou a dicir que e malo non deixar saidas democráticas. E coido que isto calquer que se chame demócrata ten que afirmalo: non e bo arrinconar ún gato.

Máis se algo disto pasase, tomariano coma a excusa para a militarización de Galiza. ¿será todo un plan argallado?

Coido que non, isto é o que é:os responsábeis do ecocidio están a influir para que suceda isto.

Os Pinos.
(Himno galego)¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán
.

Teus fillos vagorosos
en que honor soo late,
a intrépido combate
dispondo o peito van
;
se, por ti mesma, libre
de indigna servidume
e de oprobioso alcume,
rexión de Breogán

Á nobre Lusitania
os brazos tende amigos,
ós eidos ben antigos
con un punxente afán;
e cumpre as vaguedades
dos teus soantes pinos
duns máxicos destinos,
¡oh, grei de Breogán!

Amor da terra verde,
da verde terra nosa,
acende a raza briosa
de Ousinde e de Froxán;
que aló nos seus garridos
xustillos, mal constreitos,
os doces e albos peitos
das fillas de Breogán;

que á nobre prole insinen
fortísimos acentos,
non mólidos concentos
que ás virxes só ben están;
mais os robustos ecos
que, ¡oh, patria!, ben recordas
das sonorosas cordas
das arpas de Breogán.

Estima non se alcanza
cun vil xemido brando;
calquer requer rogando
con voz que esquecerán;
mais cun rumor xigante,
subrime e parecido
ao intrépido sonido
das armas de Breogán.

Galegos, sede fortes,
prontos a grandes feitos;
aparellade os peitos
a glorioso afán;
fillos dos nobres celtas,
fortes e peregrinos,
luitade plos destinos
dos eidos de Breogán

One Response¿de verdade queren que comezemos a tormarnos a xustiza da nosa mao? Caso Prestige to “”

  1. xatevas Says:

    ¿ Y “El señor de los Hilillos”, qué?