¿de verdade queren que comezemos a tormarnos a xustiza da nosa mao? Caso Prestige
Que non fale do Prestige nen da estafa do plan Galicia non quere dicir que me teña esquecido un so dia nestes cinco anos do que pasou.
Esta era a ocasión do estado español para dicir "si, isto e e España, e como tal , aqui faise xustiza".
"esta e a quinta marea negra que chega as costas galegas, pero será a primeira na que se faga verdadeira xustiza" As veces penso que os únicos partidos coherentes son os de ultradereita: para eles xa que isto e un anaco de España, todo aquel que se cargue un anaco dela, merece ser axustizado. Punto.
Ademais dos imputados, eu estou inda a agardar moitos máis imputados
pepemari
don manuel (se ben me chegaron informacións de que fixo máis do que eu coidaba que fixera)
fefé
cascos-casquete
O ruso
O da realeza que liberou o ruso.
A muller do da realeza.
Non sego, xa sabemos o que pasou alí.
Para min e para a maior parte de persoas que se informen sobre o sucedido, aqui teñen que sentarse no banquillo moitos.
Aparte diso, tamén terian que indemnizar a maior parte de voluntarios, galegos, do estado español e do resto do mundo, que se viñeron a axudar. A eles tampouco os esquezo un so día.
Que queren, ¿Que tomemo-la xustiza pola nosa conta? Despois queixaranse, despois viran os choros.
Non estou sinalando nen ordeando, so digo que a moita xente, o do Prestige rematou de arruinarlles a vida, e poida que agora non teñan nada que perder. Poida que agora, moitas persoas, máis das que semellan, persoas que estiveron e estarán en silencio e sen chamar a atención, comecen a botar as suas contas, e digan, porque non, posto que isto vai camiño de acabar coma a causa xudicial do sindrome tóxico. Alongamento en dictar sentencia, nos recursos, no procedemento...o millor ata nen xuizo sae.
Onde está a xustiza? porque se mañá pasa algo, logo que non veñan a dicirnos que "vivimos nun estado democratico que non ampara a terroristas se non que nun estado democratico os partidos politicos e mailo poder xudicial son as vias para calquer reclamación".
O que está a pasar en Corcubión e case unha xustificacion, para moitos , da loita armada galega.
¿Afirmar isto e preconiza-lo terrorismo? non. Non estou dicir que iso seña a saida. So estou a dicir que e malo non deixar saidas democráticas. E coido que isto calquer que se chame demócrata ten que afirmalo: non e bo arrinconar ún gato.
Máis se algo disto pasase, tomariano coma a excusa para a militarización de Galiza. ¿será todo un plan argallado?
Coido que non, isto é o que é:os responsábeis do ecocidio están a influir para que suceda isto.
| Os Pinos. (Himno galego)¿Qué din os rumorosos na costa verdecente ao raio transparente do prácido luar? ¿Qué din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar? Do teu verdor cinguido Os bos e xenerosos Os tempos son chegados Teus fillos vagorosos Á nobre Lusitania Amor da terra verde, que á nobre prole insinen Estima non se alcanza Galegos, sede fortes, |
chuzame -
Maio 22nd, 2008 at 5:35 pm
¿ Y “El señor de los Hilillos”, qué?