Archive for Outubro, 2009

Queremos galego. Presentación en Madrid

Xoves, Outubro 15th, 2009

O mercores 15 asistín no Círculo de Bellas Artes de Madrid a presentación da vindeira manifestación da plataforma queremos galego que terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro día 18.( as 12 da mañá sairá da Alameda; autobuses aqui)

Había outras persoas tanto do eido da cultura galega como da sociedade en xeral, e pasouse a expoñe-los datos. Entre eles, que o consello de Europa afirma que nosa lingua está en regresión, e que a menos que sexan tornadas unha serie de políticas isto non pinta ben.

Ofreceronse diferentes datos que veñen a contrastar cos dados coa plataforma oposta, Galicia Bilingüe.

  • O informe Pisa afirma que os resultados de língua e comunidades bilingües e superior as comunidades cunha soa língua.
  • Din que hay presión por parte dos monolingues en galego, pero en sitios como A Coruña hay so un 3 % de monolingües en galego
  • Coa lexislación derogada pretendíase chegar un 50% de asignaturas en galego. Cando lle dixen isto último ún madrileño, sua resposta foi “¡lo que tenian que hacer es poner todas las asignaturas en gallego!”
  • Contra o que se di, existe unha gran tolerancia de galegofalantes cara a castelanfalantes. Isto e asi día a día, e inda que poida suceder o contrario esa e a excepción.

Meus parabens o coordinador, Xurxo F. Martins. Polo ben que saiu todo e  a variedade do que se fixo. Leronse varias poesías , unha delas de Celso Emilio Ferreiro, fermosísimas, e tiñamos un par de músicos, un guitarrista brasileiro, e un gaiteiro madrileño que facíao de seu con todo dereito.

A plataforma de queremos galego e apolítica, o cal coido que é boa cousa para non caer en defectos anteriores. Explícome. Lembro dunha pseudosección fixa que habia diferentes programas, da cadena COPE (aquí un exemplo, aqui outro , ou tamén aqui), onde se contactaba con Galicia Bilingüe e na cal poñíase a caldo o galego pola sua opresión sobre o castelán (sic). A reacción de violencia cara esta xente foi totalmente negativa ,e déuselle unha razón que nen tiñan nen teñen. Os bilingües non son Galicia Bilingüe, na cal so fala de carencias do castelán e trata o galego coma unha lingua de opresión. Os verdadeiros bilingues somos os galegofalantes.  Inda que o que máis abunda e a diglose, e dela pareza que non queiran falar).

Faleino con Xurxo: temos que ser autocríticos, temos que ver as cousas que temos feito mal, e tamén temos que tirar para diante. Moi para diante, porque en troques do que se dí, a situación do galego non ten boas perspectivas se estudiamo-las estadísticas que din coma cada vez hay menos falantes que teñan o galego coma lingua materna.

Eu non poido ir o domingo. Ogalla puideran ir tódolos que quixeran a Compostela.

Engado a nota oficial de prensa:

Acto de presentación pública da plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO

Organizador(a):
Xurxo Fernández Martins
Red:
Global
Fecha:
jueves, 15 de octubre de 2009
Hora:
11:30 – 14:30
Lugar:
Madrid, Sala Gómez de la Serna do Círculo de Bellas Artes

Descripción

Acto de presentación pública da plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO en Madrid Na Sala Gómez de la Serna do Círculo de Bellas Artes este xoves 15 de outubro ás 11.30 da mañá

Mañá 15 de outubro a plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO, nacida en Galiza este pasado verán co obxectivo de “unir persoas, entidades e institucións na defensa da lingua e da cultura galegas”, constitúese formalmente na cidade de Madrid. Vaino facer nun acto público que terá lugar ás 11.30 da mañá na sala Gómez de la Serna do Círculo de Bellas Artes. A esta presentación xa confirmaron a súa asistencia diferentes entidades sociais vinculadas coa promoción da cultura e a identidade galegas no exterior e personalidades do ámbito cultural, musical, cinematográfico ou académico, así como un amplo grupo de cidadás e cidadáns anónimos, algúns galegos de orixe, outros de adopción, que tamén expresarán así a súa adhesión aos principios que defende QUEREMOS GALEGO.

O acto que mañá ás 11.30 se desenvolverá no Círculo de Bellas Artes pretende ser tamén un acto expreso de apoio á manifestación que QUEREMOS GALEGO convocou para este próximo domingo 18 de outubro en Santiago de Compostela, que se prevé multitudinaria. Nela, de feito, está previsto que participe un amplo colectivo de persoas residentes en Madrid, así como noutras zonas limítrofes, ademais de persoas doutros puntos da emigración. Algunhas das persoas representativas que tomarán a palabra no acto de mañá serán Xurxo Fernández Martins (coordinador de QUEREMOS GALEGO e da Mesa pola Normalización Lingüística en Madrid), Antón Patiño (pintor e intelectual galego residente en Madrid), Rubén Pardiñas (produtor, autor do documentario Fronteiras, sobre o galego exterior) ou Mariano Grueiro (fotógrafo). Tamén confirmaron a súa adhesión entidades como a Asociación Galega do Corredor de Henares, os centros galegos de Fuenlabrada e Alcobendas ou a Asociación Galega de Mulleres no exterior Rosalía de Castro.

Cóntase para este acto, malia non ser posíbel a súa presenza física, co apoio e adhesión de persoas do ámbito universitario como os profesores Carlos Taibo, Juan Carlos Moreno Cabrera, Xavier Frías Conde ou Manuel Rodríguez Alonso; Asunción Canal (leitora de galego na Universidade Complutense); intelectuais como Inés Canosa; ou músicos como Uxía Senlle, a cantora galega máis universal na actualidade ou Vicente Araguas, co fundador e integrante do grupo Voces Ceibes, alén de poeta, novelista e crítico literario.

Na presentación leranse textos galegos como o poema Penélope, de Xosé María Díaz Castro, ou Deitado frente ao mar, de Celso Emilio Ferreiro. Para rematar, un dúo de guitarra e gaita interpretará o Himno Galego.

Daniel Cortezón morreu

Luns, Outubro 5th, 2009

Daniel Cortezón morreu, pero deixa moito tras de si.

Coma el, eu tamén son “escritor autodidacta”.

Non sei ben que dicir. O millor seria momento de falar del, e lembrar tamen a Dionisio Gamallo e Hernán Naval.

Cortezón ten entrada na wikipedia galega e a catalana. Non chego a entender, ou si, coma sua obra non ten máis repercusión.

Para a cultura galega sua obra e incrible.