mariano.grueiro.com e ribadeo.gl

Estes días creei, mediación de flavors.me, dous puxigos de entrada. A ferramenta flavors.me, resultou ser un sopro de ar fresco despois de as veces saturarme tanto de código. Non te deixa facer moito, e un sistema moi simple de ficha persoal de redes e ligazóns…máis gústame esa sinxeleza, e o que precisaba xusto agora.

Por causas varias, nestes tempos onde todos e todos estan na rede, semellara que eu tivera na rede menos presenza ca nunca.

Asi que fixenme dous puxigos de entrada

o primeiro deles da acceso os meus contidos persoais: este blogue, miña conta do flickr, do facebook, todo cunha breve introducción persoal.

está nunha URL ben sinxela de lembrar: http://mariano.grueiro.com
mariano.grueiro.com
Tamén puxen en marcha un vello proxecto: reunir nunha serie de albumes tódalas miñas fotos que teño encol Ribadeo, facer un arquivo fotográfico de Ribadeo.

O arquivo en realidade xa está feito, pero so unha pequena parte está subida a rede.

Pensaba utilizar o dominio ribadeo.gl exclusivamente para poñer gigapanes (fotografías panorámicas de moitísima resolución) de Ribadeo, máis inda non merquei o equipo axeitado, nen sei cando o farei. Podo facelo de xeito manual, máis os resultados de outros autores son moi mellorables.

Nestas estaba eu agardando, cando me din conta que podería retoma-lo proxecto de liga-lo dominio os albumes de Ribadeo que xa tiña no flickr, para acceder de xeito fácil .

e velaquí está o novo puxigo:

http://www.ribadeo.gl

ribadeo.gl

Que ningúen busque ningunha maravilla de foto….son meu arquivo de Ribadeo e hay moita foto, a maior parte son fotografías documentais, sen valor artístico pero con valor de deixar constancia de lugares, alguns recentemente desaparecidos.

A desfrutar deles.

Os comentarios están pechados.