Lookey Psalmus
Xoves, Decembro 7th, 2006Eu non darei cartos pero si poder actuar noutro filme.
O Von Trier chega dous anos tarde coa sua pelicula.
So citarei un Lookey : os corvos despois de certo momento...
chuzame - Eu non darei cartos pero si poder actuar noutro filme.
O Von Trier chega dous anos tarde coa sua pelicula.
So citarei un Lookey : os corvos despois de certo momento...
chuzame - Calidonia subiu a rede o festival rock celebrado no ano 1985 como oposicion a masacre do naval.
Atopeino de casualidade buscando, como fago cada certo tempo, a plabra "ASTANO" en diferentes media.
Vin que Calidonia anunciouno hay uns dias no seu blog. Tamén fixose eco disto ZERO VACAS.
Unha gran desgraza que temos inda e que o contrario do que pasou coas masacres industrais noutros paises, nos case non temos nen material documental, nen documentais, ficcion, etc, sobre o sucedido.
Eu vivia en Ferrol, e lembrome dos carteis do festival. Lembro inda millor cando xogabamos no colexio público Ibañez Martín coas pelotas de goma que utilizaba a Policia Nacional contra os nosos pais cando se manifestaban pedindo conservar un posto de traballo co que manternos a nos.
Daquela eu non sabia porque tiña ese nome. Chamase Ibañez Martín porque ese era o nome dun dos ministros de educación de Franco.
Ibañez Martín tamén foi sogro de Leopoldo Calvo Sotelo, ex presidente do governo español.
Un dia descubrin un manifesto sindical nun libro do meu pai, pero non conservo outro material da epoca. Fixeronse moitas cousas, pero nen eu nen moitos temos mais que as nosas lembranzas.
Esta e a ligazon poñendo a palabra "ASTANO" en youtube.
Esta e a ligazon o video da presentacion.
Esta e a ligazon os videos de Calidonia en Youtube.
Por favor, fago dende aqui unha petición, se alguen ten material sobre a reconversión (con ASTANO, BAZAN, etc), quere facelo publico e non sabe como, pode enviarmo o meu enderezo electronico, ou ben o apartado 120 de Ribadeo.
outras ligazons:
chuzame - Acaba de ser presentada na rede a película Psalmus.
Psalmus e unha película rural rodada nunha estrada en Vilaframil (Ribadeo, Galiza) , o 31 de xaneiro de 2004.
A pre-estrea da película tivo lugar en Ribadeo o 3 de septembro de 2004 no auditorio Hernán Naval.
Adxunto a continuación a sinopse da película. Dous anos despois da pre-estrea coido que segue a ser un texto válido. So engadiria que nestes tempos de iPod Video e televisión en 3G polo móvil, esta pelicula foi no seu momento concebida para ser reproducida perfectamente nestes aparellos, inda antes de que aparecesen. As limitacións técnicas convertíanse así noutro xeito de expresión, que inda que agora comeza a ser normal, daquela non o era.
Seguindo co anecdotario, supoño que esta e a primeira película galega con licencia libre e ademáis concebida para poder existir na rede, inda tendo aparte outros formatos (coma dvd con máis contidos, ou proxeccións públicas como na pre-estrea.)
Deixovos xa coa película, que e outra producción de Foula, productora que temos entre Santi e máis eu dende o 2003, na que adicamonos a facer películas con licencia libre. O mesmo día que Apple anuncia a venda de películas pola rede e Edonkey pecha como empresa, aqui tedes este agasallo feito con toda a ilusión e que xa podedes compartir de balde cos vosos.
Podedes abrir a película na sua páxina de youtube: nesta ligazon.
Ou vela aqui debaixo: (despois da película poño a continuación a sinopse)
Psalmus.
unha producción de Foula produccións,
Música: Santiago Sanjurjo
Tècnica: Mariano Grueiro
Escrita protagonizada e dirixida por Santiago Sanjurjo e Mariano Grueiro
Sinopse.
Duas persoas saùdanse e comenzan a falar, coa estrada Galiza-Asturias de fondo (paradigma do paso da vida, das viaxes, do coñecemento, do mundo) e tomando de referente os libros. Establècese entre eles unha especie de diàlogo e bi-monòlogo, a partir do cal sucèdense diferentes àreas temàticas ( a arte, o amor, a guerra, a vida, a terra...). A luz do dia da paso a noite, e a historia continùa. Trescentos enlaces e os automòbiles de fondo serven de fio nesta obra.Aspectos de estilo
E unha "road movie", pero en parado.
A diferencia das peliculas ianquis, esta road movie e ata prescinde do uso do coche polos protagonistas (o coche e utilizado polos actores secundarios).
A primeira "road movie" (poderìamos traducir este tipo de filmes coma de estrada) de toda a historia do cine mundial, que se fai en parado.
A estrada de fondo (Galiza-Asturias) serve de continuidade no tempo, e paradigma da vida, o mesmo tempo que a iluminaciòn: comeza sendo iluminaciòn natural, tornando cara a escuridade para falar de determinados temas, e rematar cunha càlida luz artificial barrolindiana. As referencias a obras clàsicas son constantes, tanto o detalle citado da iluminaciòn (Barry Lyndon, de Stanley Kubrick, 1975; a destacar que el tamèn fixo a rodaxe en entornos "rurais" da Irlanda), coma a sucesiòn dos feitos ( "en attendant a Godot", "agardando a Godot", de Samuel Beckett), ou o uso de localismos na lingua, asi como diferentes linguas, coma o Ulysses de Joyce. De feito, o igual que o Ulysses sucede nun dia, esta obra sucede a tempo real, e durante unha posta de sol.
Os exteriores son reais, nun entorno rural tamèn rural (en contraposiciòn a entornos rurais feitos en estudio).
E por iso unha pelìcula rural?
É unha pelicula real que prescinde precisamente deses tòpicos.
Asimesmo, tècnicamente, e un plano secuencia que ten unha duraciòn de duas horas e varios minutos. (de novo os referentes, esta vez da mao de Andy Warhol, que na sua obra, "Empire" (en referencia o Empire State Building de Nova Iorque) , facia unha única toma de 9 horas da posta de sol, encuadrando o Empire State.
A càmara utilizada foi unha càmara de videoconferencia, traballando o feito da contemporaneide da imaxe texturizada dixital, e a renuncia consciente de corrente a renunciar totalmente primitivista , un feito comparabel o uso da figura humana por Gauguin nas suas obras por illas exòticas. En lugar de renunciar a tècnica dixital para afianzar valores primitivos, utilizouse precisamente o traballo con equipo dixital absolutamente mìnimo ( a captura foi feita con ordenador, renunciando ata a ter unha imaxe en cinta de video dixital), e a unha resoluciòn baixa, para unir asi primitivismo e actualidade. Prescindese tamèn do uso de 24 fotogramas por segundo, utilizando 3 fotogramas por segundo, (un referente tamèn o cine de warhol, que facia proxectar os seu filmes a 16 fotogramas por segundo: desta tècnica dan boa conta os realizadores actuales de publicidade), iconificando asi a perpetua limitaciòn de ancho de banda no rural versus a sociedade de hoxe en dia ( e velaqui o icono de chaplin en "tempos modernos")
Recursos sobre Psalmus:
chuzame - Despois de ontes anunciar outro documental galego, teño que darvos hoxe duas novas.
Unha, fun admitido a conta de director de youtube , de xeito que xa poderei subir traballos meus que duren máis de dez minutos (era o que estaba a agardar para poñer na rede os traballos)
O primeiro traballo que subin foi o documental feito o 1-12-2002, " A manifestación: o espertar do sono". E sobre a manifestación que tivo lugar ese día en Santiago de Compostela. Foi convocada por Nunca Mais en denuncia do pasado as semanas anteriores co afundimento e ecocidio do petroleiro "Prestige".
Hay xa camiño de catro anos deste traballo. Estiven no dique seco, por moitas razóns. A demanda con avogados feita pola Xunta polo proxecto plan Galicia foi unha delas (graciñas casa encantada e hacklab compostela) . A cámara coa que fixen este traballo, estropeouse por mor da chuvia dese día. Tiña duas opcións, seguir grabando e estropear a cámara, ou non grabar e agardar que TVE, TVG e demáis televisións me contaran o conto.
Escollin a opción A e tería que agardar a película "Psalmus" - un traballo de Santiago Sanjurjo e meu - para voltar as andadas. Neste momento levo un ano coa rodaxe de "Tanhäuser", sobre a emigración galega.
Non dou por rematado este traballo de "a manifestación"; gustaríame, inda anos despois, poder entrevistar os protagonistas, isto e, a xente que ali estivo, e que den sua opion, tanto de antes dela, como o que se atoparon ali, e o que ven hoxe en dia.
Durante unha breve temporada, subin a rede o documental. As poucas veces que puiden ir a algunha xuntanza de burla negra (unha en realidade), puxen o meu chiringuito vendendo fotos e peliculas miñas, xa que non tiña outro xeito de distribución.
E agora, inda que sego sen ter medio de distribución físico, polo menos xa podo voltar a poñer cousas na rede:
http://www.youtube.com/grueiro
Pouco a pouco tamén vou subindo miñas fotos eiqui:
http://www.flickr.com/photos/marianogrueiro/
Desfrutade do traballo. E sobre todo, desfrutade do orgullo e dignidade dun pobo que dende ese dia voltou a facer sua a rua.
chuzame - Teño que felicitar os que están facendo, - Xosé Bocixa - ,os que xa fixeron , o documental sobre As Encrobas. Ogallá non seña o único. Ogallá moitos máis veñan tamén. Decenas, centos de visións sobre o acontecido. Ogallá A eléctrica fixera tamén a sua versión, máis iso non vai pasar: a película da empresa e a que vemos tódolos dias., xente dicíndoche despectivamente que se non de a ver de onde quitamos a corrente. Agora cos aeroxeneradores non o din tanto, e agora inda preto deles os cortes de luz continuan na Galiza como hay decenas de anos.
Gracias a Chuza e a si home si puiden ver no youtube un adianto (teaser) do traballo. Chorei, e quero dicilo, chorei por pena, e sobre todo porque alguén lle deu a oportunidade a xente.
"Non hay nada que legarlle os que veñen detras, porque todo o que eramos, temolo aqui (e sinala a cabeza) e temolo aqui (e sinala o corazón)", di unha muller. Ten toda a razón
Niso a rede xoga un papel moi importante. Non podemos esquecer nosa cultura , e nosos sentimentos cara a nosa terra.
Gustariame que alguen me contase as suas historias con respecto a mina de As Pontes, porque so teño a miña historia persoal e as do meu redor. Non digo que poida facer un documental, pero se teño as suficientes historias algo poderei facer. Neste momento non podo ir, casa por casa, pero meu correo volta a funcionar, a si que se tedes algo que dicir, dadelle uso a conta:
Quixera saber a historia dos que tiveron que rematar marchando, e dos que fixeron a que inda hoxe en dia e cos seus 356 metros a construcción máis alta do estado español. Os que fixeron esa chimenea. Quixera saber todo iso e para facelo agora teño so a rede, e a maior parte dos protagonistas non teñen acceso a rede, ven o sei, pero habera algún, ou familiar ou coñecido que si.
Despois de ver o resumo do documental das Encrobas , eu tamen digo que son da Faeira (As Pontes). Lembro inda cando eu era un cativo, o "cura das Encrobas", Moncho Valcarce, dando a misa na Faeira. E daquela eu non sabia quen era. Hoxe el non esta pero outros han de lembar o que pasou, e han de contar o que esta a pasar.
Han de roelo.
NON TODO E CARBON
chuzame - 
O galego da galega e unha expresion que xa temos no inconsciente colectivo.
Kusturica e un que fai pelis e as suas personaxes falan na sua lingua, e non so na sua lingua, senon con cadanseu acento propio. Algún di que e como cando un pode utilizar inglés de cada sitio ou ben "inglés da BBC".
inglés da BBC > galego da galega.
Mais informacion del eiqui.
chuzame - 2/9/2004
Por unha vez falarei na secciòn de cine de mìn.
En realidade, de Santiago Sanjurjo e de min.
Maña estreamos, preestreamos, ou como se lle dea en chamar, a pelìcula Psalmus.
Mais detalles dela na web de Foula.
E que màis? que eu non estarei, e que agardo que todo vaia ben, e que quede alguèn a ver o final (dura màis de duas horas).
...pero eu non teño onde proxectala (teño un salón pequeno)... pódese enviar igual sen visos de proxección?
chuzame - ![]()
Vaia, porque escribir sobre cine cando se vas ver a paxina oficial (por certo, encántoume a diglosia dos franceses: en troques de poñer "english site", puxeron "site anglais". oh, a diglosia, ese fenómeno tan galego. Cando entras en caixa activa, un servicio de caixa galicia para operar utilizando a rede, ves nun perfecto castelan "¿desea usted utilizar español o gallego") dunha politica xa veñen os datos? Que alguen resposte, eu mentras seguirei a falar desta película.
Non falarei do deseño da gráfica (carteis, páxina, etc) utilizados, que son estupendos. Esta película fascinoume, e iso que é un musical. Digoo,porque a pesar que agora moitos musicáis gústanme, outros atópoos fráncamente aburridos. Con este, non parei de escarallarme. E moi francés, moi seu, pero precisamente por iso funciona, porque están todo o tempo ríndose de si mesmos (non ten que ver moito con iso, pero coido que no seu momento o éxito de "airbag", foi precisamente iso). A ver cando por aqui facemos algo parecido, sen recurrir a rinos dé, senon rirnos con.
A historia, e a de oito mulleres, con diferentes relacións entre si o redor dun home, ausente durante todo o tempo, que están nunha casa, ante a morte deste. A trama , a pesar de non utilizar efectos especiais nen tiros (perdón, hay un so tiro. Non, errei de novo, hay dous) resulta interesante, e as cancións están en situacións que complementan moi ben a trama. Tamén se escolleron moi ben coa trama.
A min gustaríame ver un musical galego, coa trama dun wannabe-cacique e todo o redor del, con cancions dende "eu quero ser funcionara ohhh eu quero ser de grupo a", ata "tu abuelo era un rojo, tu no sabes con quien estas hablando", pasando polo clásico "pepe, imos facer unha mariscada e cóntasme o de facer unha estrada ata marraxón,que votaron por nos". Pero admito que hay outros proxectos que me atren máis, como facer unha peli galega de coches, ou rematar un dia destos o documental do 1-12-2002.
Namais que engadir, oito mulleres (de tódalas idades, dende a experimentada Catherine Deneuve, esa besta da pantalla que tense atrevido ata con proxectos coma Dancer in The Dark -bailando na escuridade-, de Lars Von Trier ata Virgine Ledoyen, que moitos coñeceran de "a praia" con DiCaprio) en pantalla cantando e falando francés durante duas horas, e unha experiencia do máis saudabel.
chuzame - 
Non podo por menos que sentirme reconfortado de ter tido a ocasión de poder ver esta película. Non coñecía nen o seu director, nen os seus actores, pero atraeume dende o principio. Xapón e unha terra sempre atraente para calquera, coido, e a pesar de estar rodeados da influencia xaponesa en moitos dos eidos da nosa vida, e dificil acceder a obras feitas ali, contando historias de alá.
Audición (ou Audition que dirían no mundo anglosaxón, ou Odoshi, que e como soa en xaponés) está baseada nunha novela de Ryu Murakami, un escritor xapones que seica é moi coñecido, en especial polas suas historias desenvoltas nun Xapón contemporáneo, lonxe dos tópicos.
E a historia dun home ( interpretado por Ryo Ishibashi) que perde a sua muller hay uns anos, e remata cun amigo, organizando unha audición (de ahí o título da película) par buscar noza. Alí atopa a unha que chama poderosamente a sua atención, e embárcase nunha relación con ela. E antes de seguir, dous detalles que poden parecer sen importancia: el ten unha productora que se chama , non chun-sao, nen nada parecido, senon "tierra". E cando vai cun amigo a tomar unha copa, pódese ver claramente coma o carón deles hay unha botella de tio pepe. Eu pensei que a este paso, a ver se non comenzarán a aparecer as botellas dun augardente de herbas. A relación complícase, e entre tanta sofisticación xaponesa, a cousa vai tornando dificil .
Ryo Ishibashi e crible, e inda que falase de sentimentos comúns a todos os humáns, e moi interesante ver o xeito que teñen en Xapón de levar unha relación de parella, e ver como están marcados os seus roles. E desas cousas que damos por feito que cada un ten a sua individualidade, e moitas veces non chegamos a ser conscientes do que herdamos da nosa sociedade a hora de ter un corportamento que dicimos que é individual.
A primeira metáde da película avanza de xeito tranquilo, e a segunda acelera seu ritmo narrativo de xeito incrible, ata o punto de preguntarnos se a historia segue sendo a mesma. O seu manexo dos planos, dos ambientes, o vestuario, as actitudes, so fan aumentar esta sensación.
O final, non podo contalo, pero lembroume cando algúns autoras e autores franceses falancha sobre a dondura e transcendencia da pel da mazá para rematar trabándoa.
Eu agora o que quero e saber que teño que facer para levar meus traballos por aquelas terras, o millor alí tamén queren coñecer nosas historias...
guiriguiriguiriguiiiii........guiriguiriguiiiiiiiiii......guiriguiriguiriguiiiiiiiiiiiii(dorfun sabe de que falo)
chuzame -