cine | filmsArchive for the '' Category

Audición, de Miike Takashi

Martes, Xullo 13th, 2004

Non podo por menos que sentirme reconfortado de ter tido a ocasión de poder ver esta película. Non coñecía nen o seu director, nen os seus actores, pero atraeume dende o principio. Xapón e unha terra sempre atraente para calquera, coido, e a pesar de estar rodeados da influencia xaponesa en moitos dos eidos da nosa vida, e dificil acceder a obras feitas ali, contando historias de alá.
Audición (ou Audition que dirían no mundo anglosaxón, ou Odoshi, que e como soa en xaponés) está baseada nunha novela de Ryu Murakami, un escritor xapones que seica é moi coñecido, en especial polas suas historias desenvoltas nun Xapón contemporáneo, lonxe dos tópicos.

E a historia dun home ( interpretado por Ryo Ishibashi) que perde a sua muller hay uns anos, e remata cun amigo, organizando unha audición (de ahí o título da película) par buscar noza. Alí atopa a unha que chama poderosamente a sua atención, e embárcase nunha relación con ela. E antes de seguir, dous detalles que poden parecer sen importancia: el ten unha productora que se chama , non chun-sao, nen nada parecido, senon “tierra”. E cando vai cun amigo a tomar unha copa, pódese ver claramente coma o carón deles hay unha botella de tio pepe. Eu pensei que a este paso, a ver se non comenzarán a aparecer as botellas dun augardente de herbas. A relación complícase, e entre tanta sofisticación xaponesa, a cousa vai tornando dificil .

Ryo Ishibashi e crible, e inda que falase de sentimentos comúns a todos os humáns, e moi interesante ver o xeito que teñen en Xapón de levar unha relación de parella, e ver como están marcados os seus roles. E desas cousas que damos por feito que cada un ten a sua individualidade, e moitas veces non chegamos a ser conscientes do que herdamos da nosa sociedade a hora de ter un corportamento que dicimos que é individual.
A primeira metáde da película avanza de xeito tranquilo, e a segunda acelera seu ritmo narrativo de xeito incrible, ata o punto de preguntarnos se a historia segue sendo a mesma. O seu manexo dos planos, dos ambientes, o vestuario, as actitudes, so fan aumentar esta sensación.
O final, non podo contalo, pero lembroume cando algúns autoras e autores franceses falancha sobre a dondura e transcendencia da pel da mazá para rematar trabándoa.

Eu agora o que quero e saber que teño que facer para levar meus traballos por aquelas terras, o millor alí tamén queren coñecer nosas historias…

Comments:|Comentarios

dorfun on 14/08/2004
…non sei porqué, pero penso que teñen tanto ou máis interese na nosa cultura, coma nós na deles… ó mellor, polo seu xeito consumista de interesarse por todo o que ven de fora… ou polo feito de vivir nunha illa… …aproveito para recomendarche unha que vin o ano pasado no festival de ourense, Dolls de Takesi Kitano, supoño que non será dificil de atopar…
Va! on 21/08/2004
pois eu tiña ganas d ve-la e agora xa teño mais, aber se podo pq co ke soen durar estas pelis no cine e/ou nos videoclubs tes ke ser rapido ke se non t kedas a dous velas. Creo que é a primeira vez que entro e Gustame moito a páxina, os contidos estan moi ben. http://tellaceibe.blogspot.com
dorfun on 02/09/2004
…remato de ver Audition, que vin gracias á túa recomendación… é unha sorte que non apareza aquí o teu número de teléfono… para despertarte esta noite cos meus pesadelos!!!… ;P
on 06/09/2004

guiriguiriguiriguiiiii……..guiriguiriguiiiiiiiiii……guiriguiriguiriguiiiiiiiiiiiii(dorfun sabe de que falo)

Katsushiro okama, a cuota láctea e os oligopolios neotelemáticos

Mércores, Xuño 9th, 2004


Estaba a ver de novo Akira e o comezo vin de súpeto explosións termonucleares, vacas mortas cun feixe de teléfonos escachados.
Non recurro os tripis, pero as veces chego a dubidalo.

Comments:|Comentarios

ajaspino on 06/07/2004

Creo que te confundiches mariano, é Katsushiro Otomo… aunque ben enténdese coa foto da portada… aunque eu teño outra. A min unha das partes que máis abraiado me deixan, aunque en tódalas esceas fico alucinando e vendo pastillas de cores, é a de tetsuo como ‘emperador’ semi-ciborg (*_*), sentado no seu trono de formigón… alucinante. Ainda non sei moi ben o que esa escea provoca na miña cacholiña, pero sego a pensar que non é nada nada bo.