fotografia | photographyArchive for the '' Category

Sometimes You Can’t Make It On Your Own. As veces non podes facelo o teu xeito.

Venres, Setembro 22nd, 2006

captura escaneado proxecto plan Galicia

Facia ano e pico que non encendia o escaner.

Fixeno hoxe, a captura de pantalla de arriba amosa o ultimo no que estivera a traballar.

A fotografia e cadrada porque son as diapositivas de cor que fago coa Mamiya C330, en 6×6. De cor porque asi querian ver Galiza despois do Prestige. Mais cores que no arco da vella. Non querian cores. Ahi os teñen.
Sometimes You Can’t Make It On Your Own, di unha canción de U2: As veces non podes facelo o teu xeito.

Bono escribiuna despois da morte do seu pai.

Eu tamen lembrome de meu pai, el xa non esta aqui para ver nada do que faga.

E tampouco me esquezo dos quixeron que parase o proxecto. Han de roelo.

fotografias do 14 de marzo de 2004 en Madrid

Mércores, Setembro 6th, 2006

cinco cadeiras

Veño de subir o meu arquivo de flickr o traballo que fixen o 14 de marzo en Madrid.

Aquel dia das eleccións xerais, so tres dias despois dos atentados do 11 de marzo eu estaba ali coa miña camara coa queria testimoniar todo o que vira.

O traballo foi feito cunha Mamiya C330 (A mesma coa que estou facendo as fotos do proxecto plan Galicia) e inda que non pareza a camara ideal para fotodocumentalismo,  cando fago estos traballos a inmediatez do tempo de publicacon non e unha das miñas propiedades, de xeito que podome permitir utilizala; as fotografias estan feitas entre as 10 da mañá e as 17 horas da tarde do 14 de marzo de 2004. A maior parte das fotografias foron feitas na estación de tren de Atocha, na de El Pozo e na Puerta del Sol. Non puiden dar chorado, proque erame imposible proseguir pola emocion de todo o que estaba a pasar.

osiño

Ata agora , non foi publicado en ningun medio, asi que polo momento o unico xeito de ver este traballo e ver meu arquivo fotografico no flicrk.

ligazóns:

fotografias do 14 de marzo (version de fotografias soltas).

fotografias do 14 de marzo (version en presentacion de diapositivas).

o punto de vista do fotografo

Mércores, Setembro 6th, 2006

Estas son as tres fotografias que presentei o certame “Galicia en foco” no ano 2003:
we are sick of being a colony. Estamos fartos de ser unha colonia

“estamos fartos de ser unha colonia” (preme para aumentar)

A realidade dos medios

“a realidade dos medios” (preme para aumentar)

manifestación de nunca máis o 1-12-2002 no obradoiro

“Manifestacion o 1-12-2002 en Compostela” (preme para aumentar)
O xurado decidiu que non tiñan un minimo de calidade e quedei fora.
E viñenme abaixo.
E foi enton unha das poucas veces que parei de facer fotos.
Replantexeime todo.
Alguen pensaria que como e posible que lle concedera tanta importancia a algo asi se inda por riba eu case nunca me presento a certames ou concursos.
Pero daquela de menos era o certame.

Coma dixen, non participo moito en certames, case nunca ata o momento.
E tiña en moita estima participar no certame de Galicia en foco porque non era un certame competitivo. Suponse que eran as fotografias galegas que resumian todo o sucedido no ano anterior.
Para min o máis importante que tivera lugar en Galiza o ano anterior fora , non xa o ecocidio do Prestige.
Para min o máis importante do ano 2002 foi como reaccionou o pobo galego frente o ecodio.
E un resumo desa reacción non era a fotografia dos traxes brancos dos voluntarios, senon que como pobo, o 1-12-2002 todos os que puideron, achegaronse voluntariamente a Compostela para dar a cara frente o sucedido.

Eu non entendin e inda non entendo esa decisión de quedarme fora. Non digo que señan fotos boas ou que señan dunha calidade pésima, refirome a que non sei facelas mellor.
Esas tres fotografias son o que mellor souben resumir a manifestacion daquel chuuivioso dia en compostela. e para min o que pasou aquela maña non so foi importante na historia dese ano. Foi importante para a historia de Galicia.
Ou seña, ou as fotos non eran importantes, o dia non era importante ou as duas cousas. Alquen me diria que non lle dese importancia. Pero para min si que a tiña.
Non era xa o certame en si, senon a apreciación.
Esquence toda complicación das cámaras e técnicas fotograficas.
A fotografía está feita de iconoloxía, de momentos.
Para min o momento do espertar do pobo galego era importante.
E para fin coma fotografo foi un dos momentos máis importantes.

O ano seguinte chegoume a invitación para participar. Agradecin de verdade o xesto, e coido que e unha boa idea ese certame, pero o 2003 foi o derradeiro ano no que participei, porque se tratábase de resumir ese ano 2002, eu non podo afastar da miña cabeza nen do meu corazón o que vin aquel dia, aquelas semanas na costa.
Non e rencor, e so que se o punto de vista e non darlle importancia, por engadidura nada do que eu faga na actualidade pode ter un mínimo nivel para ese certame, porque o autor, o punto de vista, e o mesmo que o do ano 2003.
Poucos meses despois de recibir aquela invitación, emigrei, porque foime imposible atopar un traballo, no que ou ben vivira da miña obra, ou ben fora doutra cousa pero que me deixara tempo para meus proxectos. Agora estou na opción B, e non por decisión propia, porque de terme quedado teria que rematar con todo. Non me pesou, porque se non teria que ter abandonado calquer relación coa fotografia a literatura ou a Rede. Non seria eu, senon un anaco de min, porque o igual que o certame, o meu punto de vista non coincidia co oficial,e daquela eu teria, non que cambiar o meu, se non que teria que anularme.

Agora, cando menos , podo seguir dando meu punto de vista.

os complexos dos españoles: photoespaña e os seus complexos

Mércores, Xuño 30th, 2004

Non, non e política.
As veces penso como fago para facer estos comentarios España-Galicia, pero non o busco: ven a min.
Falarei de arte.
Fotografía.
Hoxe achegueime a unha galeria dunha xente que fai moitas cousas ( como por exemplo photoEspaña). Alí dentro, un autor cubano cunha serie de fotos a cor enormes, contando unha historia.
Figura humana vestida, carallos en erección (sintoo, pero non podo poñer unha ligazon porque autocensuraron esa fotografia. Tanto presumir de liberdade e modernidade , para isto) e paisaxe catalana, aderezado por un uniforme das forzas de seguridade de Catalunya.

Ata aqui todo ben.
Teño eu mesmo feito series similares (de feito do que mais gosto e do espido e da paisaxe), inda que estudiando máis ben a figura human, precisamente sen utilizar esas connotacions que máis que políticas, non me aportarían moito .
Ben, achegome a entrada a pedir o currículo do artista, e dinme que non o teñen , que o teñen na sua web (aqui esta para quen queira velo. Iso si, esta en .doc , nada de formatos libres).
Despois, pregunteilles se non lle interesaba ver un proxecto que podía ofrecerlles.
Non.
E continuou dicindome que so expoñían a xente de fama internacional (¿¿??).
Enton a min cruzáronseme os cables, posto que inda que os artistas galegos temos presións de todo tipo a hora de limitar as creacións, e máis políticamente correcto apoiar a cubanos ( e por favor, que isto non lles soe a ataque. Refírome precisamente a que moitos que din apoiar a liberdade de creación no mundo, na sua casa teñen todo por barrer), pregunteille de novo que se non era un contrasentido primeiro expoñer mundo adiante e despois en Madri.
E enton comezou a mirar para os lados, tentando atopar unha resposta, seguramente nas paredes pintadas de branco casto.
Pero non a atopou, e dixome.
“si, asi e”.
Asi que espeteille que en Dublin non tiveron problema par ver meu traballo.
Quedou pampa, e inda me deu tempo a darlle referentes concretos, por se dubidaba.
Claro, detalles asi sei que non soen contarse, pero e que non teño porque aturalo. Eu son o primeiro en ser comprensivo, posto que sei o complicadas que son algunhas cousas, os intereses que hay polo medio, e o mérito que ten sacar exposicións adiante, pero e que levo cinco anos asi (inda me lembro do cGac cando rexeitaron unha exposicion que lles propuxen en 1999 . Agardo que teñan a decencia de polo menos dicir que seus motivos terán , pero que non volten a afirmar da carencia que ten nosa terra de artistas).
E tamén teria que engadir que eu non son o único -a unica-, moitas e moitos pasan por isto, non estou dicindo ser millor nen peor que ninguén, máis se concreto e para comenzar a comentar o que non chega o público en xeral . Toda a vida traballando nalgo, e din que non e suficiente, que madri para arriba e para abaixo. E en madri, veña a falar de fora, polo que teóricamente un nunca fara nada, nen fora, nen en madri, nen na sua terra.
Pero velaqui que as veces somos quen de desafiar o sistema, e chegar o final sen pasar polo medio -madri- .
Pois naquel intre, visto que eran poucos argumentos, espetoume “si, e que os españois somos asi”.
Eu quedei un chisco abraiado, vindoseme por terra o merito que lles asignaba por apostar por unha exposición que non e fácil de dar a coñecer, de xeito que resposteille ” xa, o millor debe ser que non son moi español”.
E asi foi a cousa, e non fun eu o que chegara a esa conclusión.
Todo resúmese en que sempre poñen barreiras que teóricamente nunca poderas sobrepasar, ou que pasaras estas cando xa e tarde. E velaqui o resultado se fas antes de tempo os deberes: e todo mintira.
Asi que despois de falar un anaco máis con esta persoa, e dicirme que si , que o millor botábanlle un ollo o proxecto, sain pola porta pensando en que se me din que non, cousa que sempre respetei e que nunca entro a valorar, eles o perden.
Como dixen doutra vez, a este paso sera cousa de probar sorte por Xapon ou Rusia. Máis que mérito hay niso. Se un non logra conectar coa sua xente, ¿de que sirve irse polo mundo adiante?
E así foi unha destas aventuras botandolle unha ollada a photoEspaña. O millor non era mala idea facer un certame galego, vistos que no de madri so teremos entrada indome a Urbequistán.
E agora que caio se vou a Urbequistan e enton abrenme as portas, ¿para cando se supon que terei espacio cos meus traballos galegos?
Vaia vaia, recoñezo que non me da a cabeza para tanto. Voume tomar auga, que hay 42 graos , e quedara para as lembranzas o uso da terceira persoa por parte das galerias

Comments:|Comentarios

Barnikel on 30/06/2004

Un nunca é profeta na súa terra, xa o sabes. É ben triste que teñas que acadar a fama fóra antes de ser recoñecido na casa, pero se o fas, cando voltes ó lar e che fagan homenaxes, lémbrate do que sintes ahora e cágate neles no medio do brindis da cerimonia. Que moitos son os que baixan os pantalóns e esquecen todo o que pasaron.

fotos da viaxe a Madrid, ano 2004

Xoves, Abril 29th, 2004

colonial city

Xa subin o flicrk as fotos da viaxe a Madrid do ano 2004.

Podelas ver como fotos separadas.
Podedelas ver tamén como pase de diapositivas.

Os barrios marxinais da fundación telefónica

Martes, Abril 27th, 2004

la moraleja

(preme na foto para ler as anotacións da mesma)

están falando agora na tele (teño que vela máis) a mandrágora, un programa que se di cultural, no cal fala da obra de Joan Colom sobre o barrio chino de Barcelona, coa sua leica.

A leica e unha cámara que costa uns cartiños.
Agora as fotos de Colom amosanse pola fundación telefónica na Gran Vía madrileña.
Ben, o programa, a crítica, insiste en falar deses retratos de branco e negro sobre “as zonas marxinais de Barcelona”.
A min o que me parece e unha prostitución das imaxes en si mesmas, asi que a miña crítica foi coller un bus e ir a Madrid, para facer un traballo sobre zonas interesantes, tales coma Gran Vía, a universidade , e La Moraleja, un barrio marxinal de madrid: so esta cheo de chabolas illadas do resto de Madrid, que a diferencia das chabolas normais, estas non están intercomunicadas, nen teñen máis vida social que a través do centro comercial.

A falta que teña claro dunha vez como abordar a estructura da seccion galega do meu sitio (admito suxerencias) velaquí a ligazon para ver esta serie sobre as zonas mais marxinais de Madrid. (por suposto, parodiando o traballo de Salgado e Colom, meu traballo foi levado a cabo cunha zorki )

zorki 4

Martes, Abril 20th, 2004
My last camera.
Well, at now I was using in 35 mm a Mamiya SLR and a Revue rangefinder.
In my last trip to Ireland, the Mamiya say bye and the Revue, the same.And, because that, I was withouth a 35 mm camera, and I had not many options:

  • leicas
  • konica hexar
  • contax G series (g1, g2)
  • And no more?
    Yes, other one, russian clones

    And because that, I began to see my options.
    At the end I find a Zorki 4.

    Zorki it’s a copy of a Leica II .
    The Leica inspired many camera makers to copy its styling and mechanics, a whole museum could be devoted to these alone. The Zorki 4 came from the Krasnogorsk Mekanicheski Zavod (KMZ) which translates as Krasnogorsk Mechanical Factory in typical un-romantic Russian style. The same factory brought us the Zenit.
    The Zorki was one of the cheaper Leica copies, and still is, thus establishing its eligibility to be in this collection admirably. Made from 1956 to 1973, they are quite nicely made and finished, the whole back of the camera removes to get to the film – at this point some caution needs to be exercised as the take up spool is not captive…….good places to avoid changing film would be boats, fields of long grass and rope bridges! Fitted with Screwmount interchangeable lens and coupled rangefinder. Shutter speeds have to be set after winding on or the indicator doesn’t align correctly.

    I began to use in a april 2004 series at Madrid, which you can see at the works area of the website.

    The camera looks great, and heavy too. At the moment, the results are over of what I spected.
    Nice camera.
    The photos are from the man, not from the camera.

    Posted by:|Feito por: MarianoGrueiro

    Comments:|Comentarios

    Agremon on 27/04/2004

    Phtos are from the man…good sentence!

    As duas Galicias

    Domingo, Abril 4th, 2004

    as duas galicias

    As duas Galicias

    on 04/04/2004

    as duas galicias

    Facia tempo que non ia por alí.
    O Grove, e latoja,-atoxa (normalmente utilizo o topónimo a toxa, pero e probable que estea nun erro: namáis chegar a esa illa ves “a toxa” en pequeno,coma querendo correxir erros)

    Fun cun par de amigos, Santi e Payute, que nunca estiveran ali, e coido que deixelles unha lembranza indelebel, do que alí viron durantes os primeiros minutos.
    Coches, coches grandes e de cor gris ou azul.
    Pero cousas diferentes, non se sabia o que.
    Non eran as marcas de coches ‘de representación’ (din eles) ou de luxo (digo eu!).
    Non eran os hoteis con mais estrelas que a via lactea que leva de camiño a compostela, ou era a latoja o millor.

    O clú de golf.
    E alucinante.
    Santi puxo música de Chueca, que ademáis do nome dunha zona moi curriña de Madrid, e o nome dun compositor de zarzuela.
    Non puido ser millor a elección da banda sonora.
    Mentres o noso utilitario avanzaba lentamente, case mafiosamente sobre aquel cemento que facía de rua, meus compañeiros de viaxe miraban absortos polas ventás aquelas esceas de golf, case coma estampas vivas. Siluetas montadas en carriños de rodas pequeniñas, encerrados nunha alambrada, cuna eira de herba pequeniña, e xogando cun pao e unha pelota pequeniña.
    Había cousas pequeniñas, e cousas grandes.
    Os coches eran grandes, e as pelotas, pequeniñas.
    Os valados eran grandes, e as costas, pequeniñas.
    As eiras eran grandes, e os furados, pequeniños.
    Preferín non dicirlles nada os meus amigos, porque gústame que cadaquén se forme cadanséu criterio.
    E inda non me comentaron moito, pero farano.
    Eu admito que inda non teño moitos comentarios que facer.
    So que vin que a gracia do xogo e xogar co concepto da iconoloxía do grande e do pequeniño, algo que deixarei para outro artigo.
    Algún chámalle golf, pero eu coido que faino irónicamente.
    Coido que ese xogo e unha bomba semiótica.
    (oh, Mariano dixo que o golf e unha bomba semiótica!, dirá alguén preocupado)

    Despois , seguimos avanzando, ata chegar a zona dun embarcadoiro, onde fixen en decembro de 1998 unha das fotos do meu proxecto fin de carreira, adicado a costa da Galiza
    A foto titulábase “as duas Galicias”.
    Nela, a unha beira, aparecía un embarcadoiro deportivo, pechado, cun sinal de “prohibido el paso”. Na outra, podemos ver unha rampa, utilizado polos pescadores.
    Nela hay nasas (aparellos de pesca).
    A mar anda brava, lembro que de tanto vento que facía, tivera que termar do trípode, e pensei que os que estiveran pescando, de seguro que terían que facer uso da rampa.
    Pola contra, o embarcadoiro deportivo, estaba valeiro.
    Máis, paradóxicamente, mantiña unha cadea, e un sinal prohibindo o paso.
    Ou seña, que daba igual que te gañaras a vida pescando, non podias utilizalo, inda tendo temporal.
    O fondo o Gran Hotel da Toxa, varias estrelas.
    E o ceo, amenazador.
    Sobre quen , preguntábame.
    Cando un par de semanas depois, revelara o negativo, dérame problemas de densidade, pero solucioneino na copia final -despois de esforzos-.
    Abril de 2004, máis de cinco anos, coma pasa o tempo!, despois desa foto.
    Cinco anos despois voltei por alí, coa excusa de coñecer a pepi-luci-bom (omito nomes reais, pois elas saen con estes a rede), e vexo unha oportunidade de voltar o mesmo sitio.
    Cinco anos despois, inda non atopei xeito de publicar o proxecto. O millor non ten suficiente calidade, o millor non ten saida comercial. O soporte final non deixa de ser un libro, con todo o que iso conleva
    Cando pasou o ecocidio do Prestige, lembréime do proxecto: de súpeto, moitas persoas, ou máis ben entidades, preocupadas da costa galega.
    Vaia, tres anos despois do proxecto,de súpeto, interese.
    Máis foi temporal.
    Eu sempre me interesei e inda o fago, pola costa galega, motivo peremne de inspiración para moitas e moitos.
    Lembro que me deu problemas a hora de escoller como temática, a costa galega, porque tiñase coma moi vista, dicianme.
    Máis a visión de cada unha e subxetiva, persoal, e de ahí ven a orixinalidade e iso era outra directriz que abranguída no proxecto.

    Voltei onde fixera aquela foto, e que me atopo.
    Alquitrán.
    Alquitran,posto que ampliaran a zona de chegada, botándolle alquitrán.
    Iso e o que eu chamo atopa-las cousas con sorna.
    Vin que as cousas non mudaran moito.
    Non vin nasas.
    Asi que despois fomos a sentarnos a agardar, a agardar, a agardar, ata que o final atopámonos todas e todos, e botamos a tarde xuntos, falando.
    Falando de proxectos, de realidades, e falando de coña, e ata non falando.
    Que bo cando ves a alguen en persoa despois de coñecer a esa persoa na rede. E un luxo. Quedas con ganas de falar, pero falar en persoa directamente ten esas limitacións.
    O Grove ten un aquel que Ribadeo, so que máis, se ben e certo que Ribadeo ten certas esencias en cantidades moi concentrades, motivo polo cal iguálanse (comezo a pensar se os vasos comunicantes entre Ribadeo-O’Grove non seran estas seis persoas facendo un fluxo de datos)
    O camareiro da pizzeria era de Uruguay.
    Uns rapaces de Marrocos vendían cámaras a outros rapaces de Salamanca.
    O Grove como paradigma da rede.
    A cafetería tiña batidos e chocolate, e unha estanteria con varios libros.
    E servicios con espellos públicos, nos cales podías ver cine (se o levabas ti, e en tal caso, as mulleres que saian do baño, non lavaban as maos. O cal farianos pensar no motivo instrascendente de porque din iso dos homes, e que tera que ver todo isto co cine)
    E no cine hay intermedios, pero inda non descubrín porqué.
    E en pasados paralelos atopaste a ti mesmo. Vaia, coma o teatro. A ver se un dia destos puidera. Pero todo compénsase con outras cousas. Máis e fermoso ver a máis persoas con ilusión.
    En futuros hipotéticos veste a ti.
    Que tarde, precisa un de cousas asi.
    E o solpor sobre esa praia.
    E cunchas na area.
    E chapapote nos pes, xa tempo despois de que dixeran que todo rematou. Non existe.
    Friaxe nos pes da auga salgada.
    Pero iso so che da mais ganas de sair adiante.
    Ollos.
    Beizos.
    Bicos.
    E noite.

    Publicado tamén en Amigus

    Unha serie urbana sobre unha vila rural

    Xoves, Abril 1st, 2004

    vandalismo?

    on 01/04/2004

    La villa, que lle chaman moitos.
    O lugar onde levo vivindo dende hay moito tempo.
    Hay tempo que queria poñerme con esta serie, pero fai pouco un amigo deume a excusa perfecta para poñerme con ela.
    Procurei poñer nela o que sinto por ‘la villa’.
    Poderia quitarlle as comiñas. La Villa. Asi, como soa.
    Porque e lavilla en estado puro.
    Nestes últimos tempos, esta cambiando, como tantas ‘villas’ galegas.

    Todo moi amargo, coma os grelos.
    Son coma eses grelos que podes mercar os mércores no mercado.
    Grelos urbanos , entorno rural.
    Non fixeron palabras para falar diso.
    O entorno que chaman urban, e sen embargo e rural.
    O termo feismo, en troques, vaille moi ben para falar diso. Eu hay anos que o emprego, e sintome orgulloso del.
    Por suposto , non de que exista, pero si da sua aceptación, posto que iso significa aceptar esta realidade chea de arquitectos inútiles.
    Un dia destes falarei do ambiente da arquitectura actual.
    So engadirei que eu son o primeiro en vivir en casas feíticas e que non sei como moitos aturan ter unha constelación de mulleres e homes que se autodenominan arquitectos e fan edificios de cristal en Madri, edificios que despois para enfrialos hay que recurrir a contaminar Galicia. Se iso e ser arquitecto eu son tonto do cú. Cada vez que pasas por aldeas nas que so vive unha aboa e un par de marelas, e botas unha ollada seria os muros e coma estes van a nivel , botas en falta estudios con maior profundidade da arquitectura tradicional galega.
    O feismo temos que reclamalo coma algo propio, coma a emigración. Non e desexable que sega a pasar, pero pasou e pasa.
    Un dia farei un libro, como eses da Taschen. (e por qué non da Taschen?), enooooormes, con moitas cores, e que fale do feismo galego, en tódalas sua s variedades.
    Un dia estudiarase nas facultades , para saber que non hay que voltar a caer niso. Un dia os arquitectos farán casas asequibles, e sen embargo con xeito.
    Mentres, inda que tamen fago fotos de palleiras, arquitectura fisno e demais, tamen o fago do feismo, posto que é o que vexo a diario.
    Sei que isto parece un argumento razonable, pero as veces non o é.
    Fixen as fotos cunha TLR de formato medio, unha Mamiya c330. Últimamente é a única camara que utilizo, co seu 80 mm 2’8.
    Diane Arbus[vaia obra e vida a desta muller!] tamen colleulle agarimo a un equipo similar:
    (entereime hay pouco: The exhibition material also said she later used a Mamiya (a “Mamiyaflex”) and just before she committed suicide, she was trying to save up money to buy a Pentax 6×7 that she tried and liked very much but never used extensively.”>“The exhibition material also said she later used a Mamiya (a “Mamiyaflex”) and just before she committed suicide, she was trying to save up money to buy a Pentax 6×7 that she tried and liked very much but never used extensively.” – ” O material da exposición tamén dicía que ela utilizara unha Mamiya, e xusto antes do suicidio, estaba tentando aforrar para mercar unha Pentax de 6×7, que ela probara e gustaballe moito, pero nunca poidera utilizala demasiado” (vaia, isto de descubrir o dos cartos e para enfadarse. Logo morres , e depois diran de ti “mira, mira o seu torturamento facendo fotos dos iocalitos. Cabrons miserentos famentos de canapés . De certo xeito, cando coñecin a vida e obra de Sylvia Plath, dixenme, vaia outra muller con xeito, mais que tivo unha vida dificil e que caeu no furado. Lin un pouco de Sylvia o outro dia e gustoume moito. Millor dito, axudoume. As veces so os que chegan a certos sitios, son os únicos que poden axudarche a sair deles ).
    , para facer fotos de frikis. O mesmo que digo eu, ela tamen sentíase friki, e un dia non puido máis e tirouse pola ventá, porque as veces, miras pola ventá e todo e un noxo moi grande.
    Iso foi unha magoa, era unha fotógrafa magnífica, máis as veces tes que estar tan preparado a hora de facer fotos, como de soportalas.
    Máis insisto, que fotógrafa tan boa, da que tanto aprendín e tanto me influiu, sobre todo , inda máis que a obra, a seu xeito de pensar, “a maior parte da xente teme pasar pola sua vida, unha experiencia traumática. Os frikis naceron cos seus traumas, eles xa pasaron a proba. . Son aristócratas”.
    A película.
    Eclecticismo.
    Plus-x caducado de foto Artús (se ides, preguntade por el, que inda lles quedan varias caixas: ninguén o quere). (dixen que preguntedes, se non están, coma sempre, ocupados en vender máis e máis e máis cámaras dixitais carísimas…ben, recoñezo que cando hay pouca xente soen dar un bo trato persoal)
    Exposto a 500 ASA, revelado con ID-11.
    Tamén TMax 400, tirado a 1600.
    Qué por qué vai forzada a película? Ben, foron cousas do directo.
    Tamén hay fotos -que decidin non poñer nesta serie- feitas con Ilford delta 3200 [lembro cando descubrin esta película xa hay anos, en Portugal, e que preguntei en Artus se o tiñan. Ben, non so me dixeron que non o tiñan, senon que “una cosa asi no existe”.. Nin que decir ten que un par de semanas despois xa estaba mercándoa en MAdrí. A eterna relación amor-odio coas tendas). É unha pelicula interesante, sobre todo cando queres traballar cun 2’8 de noite en interiores e non podes levar trípode.
    Se a alguen lle interesa, teño copias en 20×30 [o tamaño da imaxe e 19×19] da serie. hehe, máis baratas que as de outro bo fotógrafo galego [10 euros, logo non digades que no comercio de posters da rua Real da Coruña non atopades a fotógrafos galegos, se non nos dades oportunidade….]

    Posted by:|Feito por: MarianoGrueiro

    Comments:|Comentarios

    Agremon on 05/04/2004
    OK. Only OK. But… what difussion? … Can you create your own entry (as registered user) in gl.wikipedia.org and shown the address of your pages? You has collaborate to the diffusion of galipedia!
    mariano on 06/04/2004

    ok Agremon.

    Candles at Madrid

    Luns, Marzo 22nd, 2004

    Last days I was at Madrid.
    On 14-M, the same day of the elections and three days after the train blast, I did a work [i began to upload it to the website] at Atocha and El Pozo rail stations about the tribute of the people to the victims.
    I still have not many words to say .
    Too shocked to say anything.
    Peace and love, only this.