Archive for the 'artes visuais' Category

1-12-2002. A manifestacion: o espertar do sono (video documental)

martes, setembro 12th, 2006

Despois de ontes anunciar outro documental galego, teño que darvos hoxe duas novas.

Unha, fun admitido a conta de director de youtube , de xeito que xa poderei subir traballos meus que duren máis de dez minutos (era o que estaba a agardar para poñer na rede os traballos)

O primeiro traballo que subin foi o documental feito o 1-12-2002, " A manifestación: o espertar do sono". E sobre a manifestación que tivo lugar ese día en Santiago de Compostela. Foi convocada por Nunca Mais en denuncia do pasado as semanas anteriores co afundimento e ecocidio do petroleiro "Prestige".

Hay xa camiño de catro anos deste traballo. Estiven no dique seco, por moitas razóns. A demanda con avogados feita pola Xunta polo proxecto plan Galicia foi unha delas (graciñas casa encantada e hacklab compostela) . A cámara coa que fixen este traballo, estropeouse por mor da chuvia dese día. Tiña duas opcións, seguir grabando e estropear a cámara, ou non grabar e agardar que TVE, TVG e demáis televisións me contaran o conto.
Escollin a opción A e tería que agardar a película "Psalmus" - un traballo de Santiago Sanjurjo e meu - para voltar as andadas. Neste momento levo un ano coa rodaxe de "Tanhäuser", sobre a emigración galega.
Non dou por rematado este traballo de "a manifestación"; gustaríame, inda anos despois, poder entrevistar os protagonistas, isto e, a xente que ali estivo, e que den sua opion, tanto de antes dela, como o que se atoparon ali, e o que ven hoxe en dia.

Durante unha breve temporada, subin a rede o documental. As poucas veces que puiden ir a algunha xuntanza de burla negra (unha en realidade), puxen o meu chiringuito vendendo fotos e peliculas miñas, xa que non tiña outro xeito de distribución.

E agora, inda que sego sen ter medio de distribución físico, polo menos xa podo voltar a poñer cousas na rede:

http://www.youtube.com/grueiro

Pouco a pouco tamén vou subindo miñas fotos eiqui:

http://www.flickr.com/photos/marianogrueiro/

Desfrutade do traballo. E sobre todo, desfrutade do orgullo e dignidade dun pobo que dende ese dia voltou a facer sua a rua.

Chuzame! chuzame -

NON TODO E CARBON. Adianto do documental sobre as Encrobas no youtube

luns, setembro 11th, 2006

Teño que felicitar os que están facendo, - Xosé Bocixa - ,os que xa fixeron , o documental sobre As Encrobas. Ogallá non seña o único. Ogallá moitos máis veñan tamén. Decenas, centos de visións sobre o acontecido. Ogallá A eléctrica fixera tamén a sua versión, máis iso non vai pasar: a película da empresa e a que vemos tódolos dias., xente dicíndoche despectivamente que se non de a ver de onde quitamos a corrente. Agora cos aeroxeneradores non o din tanto, e agora inda preto deles os cortes de luz continuan na Galiza como hay decenas de anos.
Gracias a Chuza e a si home si puiden ver no youtube un adianto (teaser) do traballo. Chorei, e quero dicilo, chorei por pena, e sobre todo porque alguén lle deu a oportunidade a xente.


"Non hay nada que legarlle os que veñen detras, porque todo o que eramos, temolo aqui (e sinala a cabeza) e temolo aqui (e sinala o corazón)", di unha muller. Ten toda a razón
Niso a rede xoga un papel moi importante. Non podemos esquecer nosa cultura , e nosos sentimentos cara a nosa terra.

Gustariame que alguen me contase as suas historias con respecto a mina de As Pontes, porque so teño a miña historia persoal e as do meu redor. Non digo que poida facer un documental, pero se teño as suficientes historias algo poderei facer. Neste momento non podo ir, casa por casa, pero meu correo volta a funcionar, a si que se tedes algo que dicir, dadelle uso a conta:
Quixera saber a historia dos que tiveron que rematar marchando, e dos que fixeron a que inda hoxe en dia e cos seus 356 metros a construcción máis alta do estado español. Os que fixeron esa chimenea. Quixera saber todo iso e para facelo agora teño so a rede, e a maior parte dos protagonistas non teñen acceso a rede, ven o sei, pero habera algún, ou familiar ou coñecido que si.
Despois de ver o resumo do documental das Encrobas , eu tamen digo que son da Faeira (As Pontes). Lembro inda cando eu era un cativo, o "cura das Encrobas", Moncho Valcarce, dando a misa na Faeira. E daquela eu non sabia quen era. Hoxe el non esta pero outros han de lembar o que pasou, e han de contar o que esta a pasar.
Han de roelo.
NON TODO E CARBON

Chuzame! chuzame -

kusturica e o galego da galega

luns, setembro 11th, 2006

O galego da galega e unha expresion que xa temos no inconsciente colectivo.
Kusturica e un que fai pelis e as suas personaxes falan na sua lingua, e non so na sua lingua, senon con cadanseu acento propio. Algún di que e como cando un pode utilizar inglés de cada sitio ou ben "inglés da BBC".
inglés da BBC > galego da galega.
Mais informacion del eiqui.

Chuzame! chuzame -

fotografias do 14 de marzo de 2004 en Madrid

mércores, setembro 6th, 2006

cinco cadeiras

Veño de subir o meu arquivo de flickr o traballo que fixen o 14 de marzo en Madrid.

Aquel dia das eleccións xerais, so tres dias despois dos atentados do 11 de marzo eu estaba ali coa miña camara coa queria testimoniar todo o que vira.

O traballo foi feito cunha Mamiya C330 (A mesma coa que estou facendo as fotos do proxecto plan Galicia) e inda que non pareza a camara ideal para fotodocumentalismo,  cando fago estos traballos a inmediatez do tempo de publicacon non e unha das miñas propiedades, de xeito que podome permitir utilizala; as fotografias estan feitas entre as 10 da mañá e as 17 horas da tarde do 14 de marzo de 2004. A maior parte das fotografias foron feitas na estación de tren de Atocha, na de El Pozo e na Puerta del Sol. Non puiden dar chorado, proque erame imposible proseguir pola emocion de todo o que estaba a pasar.

osiño

Ata agora , non foi publicado en ningun medio, asi que polo momento o unico xeito de ver este traballo e ver meu arquivo fotografico no flicrk.

ligazóns:

fotografias do 14 de marzo (version de fotografias soltas).

fotografias do 14 de marzo (version en presentacion de diapositivas).

Chuzame! chuzame -

o punto de vista do fotografo

mércores, setembro 6th, 2006

Estas son as tres fotografias que presentei o certame "Galicia en foco" no ano 2003:
we are sick of being a colony. Estamos fartos de ser unha colonia

"estamos fartos de ser unha colonia" (preme para aumentar)

A realidade dos medios

"a realidade dos medios" (preme para aumentar)

manifestación de nunca máis o 1-12-2002 no obradoiro

"Manifestacion o 1-12-2002 en Compostela" (preme para aumentar)
O xurado decidiu que non tiñan un minimo de calidade e quedei fora.
E viñenme abaixo.
E foi enton unha das poucas veces que parei de facer fotos.
Replantexeime todo.
Alguen pensaria que como e posible que lle concedera tanta importancia a algo asi se inda por riba eu case nunca me presento a certames ou concursos.
Pero daquela de menos era o certame.

Coma dixen, non participo moito en certames, case nunca ata o momento.
E tiña en moita estima participar no certame de Galicia en foco porque non era un certame competitivo. Suponse que eran as fotografias galegas que resumian todo o sucedido no ano anterior.
Para min o máis importante que tivera lugar en Galiza o ano anterior fora , non xa o ecocidio do Prestige.
Para min o máis importante do ano 2002 foi como reaccionou o pobo galego frente o ecodio.
E un resumo desa reacción non era a fotografia dos traxes brancos dos voluntarios, senon que como pobo, o 1-12-2002 todos os que puideron, achegaronse voluntariamente a Compostela para dar a cara frente o sucedido.

Eu non entendin e inda non entendo esa decisión de quedarme fora. Non digo que señan fotos boas ou que señan dunha calidade pésima, refirome a que non sei facelas mellor.
Esas tres fotografias son o que mellor souben resumir a manifestacion daquel chuuivioso dia en compostela. e para min o que pasou aquela maña non so foi importante na historia dese ano. Foi importante para a historia de Galicia.
Ou seña, ou as fotos non eran importantes, o dia non era importante ou as duas cousas. Alquen me diria que non lle dese importancia. Pero para min si que a tiña.
Non era xa o certame en si, senon a apreciación.
Esquence toda complicación das cámaras e técnicas fotograficas.
A fotografía está feita de iconoloxía, de momentos.
Para min o momento do espertar do pobo galego era importante.
E para fin coma fotografo foi un dos momentos máis importantes.

O ano seguinte chegoume a invitación para participar. Agradecin de verdade o xesto, e coido que e unha boa idea ese certame, pero o 2003 foi o derradeiro ano no que participei, porque se tratábase de resumir ese ano 2002, eu non podo afastar da miña cabeza nen do meu corazón o que vin aquel dia, aquelas semanas na costa.
Non e rencor, e so que se o punto de vista e non darlle importancia, por engadidura nada do que eu faga na actualidade pode ter un mínimo nivel para ese certame, porque o autor, o punto de vista, e o mesmo que o do ano 2003.
Poucos meses despois de recibir aquela invitación, emigrei, porque foime imposible atopar un traballo, no que ou ben vivira da miña obra, ou ben fora doutra cousa pero que me deixara tempo para meus proxectos. Agora estou na opción B, e non por decisión propia, porque de terme quedado teria que rematar con todo. Non me pesou, porque se non teria que ter abandonado calquer relación coa fotografia a literatura ou a Rede. Non seria eu, senon un anaco de min, porque o igual que o certame, o meu punto de vista non coincidia co oficial,e daquela eu teria, non que cambiar o meu, se non que teria que anularme.

Agora, cando menos , podo seguir dando meu punto de vista.

Chuzame! chuzame -

Psalmus, pre estrea en Ribadeo

xoves, setembro 2nd, 2004

Santi na cadeira e frikicola, Psalmus

2/9/2004

Por unha vez falarei na secciòn de cine de mìn.

En realidade, de Santiago Sanjurjo e de min.

Maña estreamos, preestreamos, ou como se lle dea en chamar, a pelìcula Psalmus.

Mais detalles dela na web de Foula.

E que màis? que eu non estarei, e que agardo que todo vaia ben, e que quede alguèn a ver o final (dura màis de duas horas).

Comments:|Comentarios

dorfun on 05/09/2004
...todo e friki...erreonce...psalmus...e o resto dos mortais, cando as poderemos ver?
mariano on 07/09/2004
http://www.enderezo.com/foula/psalmus/proxeccions_psalmus.html ;)
dorfun on 07/09/2004
xa oh! ...pero ribadeo queda tan lonxe... (quiriquiri, dixo... será cabrón! ;P)
mariano on 09/09/2004
referiame a que envianse copias de balde a quen queira facer proxecciòns pùblicas...
dorfun on 11/09/2004

...pero eu non teño onde proxectala (teño un salón pequeno)... pódese enviar igual sen visos de proxección?

Chuzame! chuzame -

huit femmes (oito mulleres)

venres, agosto 13th, 2004

Vaia, porque escribir sobre cine cando se vas ver a paxina oficial (por certo, encántoume a diglosia dos franceses: en troques de poñer "english site", puxeron "site anglais". oh, a diglosia, ese fenómeno tan galego. Cando entras en caixa activa, un servicio de caixa galicia para operar utilizando a rede, ves nun perfecto castelan "¿desea usted utilizar español o gallego") dunha politica xa veñen os datos? Que alguen resposte, eu mentras seguirei a falar desta película.
Non falarei do deseño da gráfica (carteis, páxina, etc) utilizados, que son estupendos. Esta película fascinoume, e iso que é un musical. Digoo,porque a pesar que agora moitos musicáis gústanme, outros atópoos fráncamente aburridos. Con este, non parei de escarallarme. E moi francés, moi seu, pero precisamente por iso funciona, porque están todo o tempo ríndose de si mesmos (non ten que ver moito con iso, pero coido que no seu momento o éxito de "airbag", foi precisamente iso). A ver cando por aqui facemos algo parecido, sen recurrir a rinos dé, senon rirnos con.

A historia, e a de oito mulleres, con diferentes relacións entre si o redor dun home, ausente durante todo o tempo, que están nunha casa, ante a morte deste. A trama , a pesar de non utilizar efectos especiais nen tiros (perdón, hay un so tiro. Non, errei de novo, hay dous) resulta interesante, e as cancións están en situacións que complementan moi ben a trama. Tamén se escolleron moi ben coa trama.
A min gustaríame ver un musical galego, coa trama dun wannabe-cacique e todo o redor del, con cancions dende "eu quero ser funcionara ohhh eu quero ser de grupo a", ata "tu abuelo era un rojo, tu no sabes con quien estas hablando", pasando polo clásico "pepe, imos facer unha mariscada e cóntasme o de facer unha estrada ata marraxón,que votaron por nos". Pero admito que hay outros proxectos que me atren máis, como facer unha peli galega de coches, ou rematar un dia destos o documental do 1-12-2002.
Namais que engadir, oito mulleres (de tódalas idades, dende a experimentada Catherine Deneuve, esa besta da pantalla que tense atrevido ata con proxectos coma Dancer in The Dark -bailando na escuridade-, de Lars Von Trier ata Virgine Ledoyen, que moitos coñeceran de "a praia" con DiCaprio) en pantalla cantando e falando francés durante duas horas, e unha experiencia do máis saudabel.

Chuzame! chuzame -

Audición, de Miike Takashi

martes, xullo 13th, 2004

Non podo por menos que sentirme reconfortado de ter tido a ocasión de poder ver esta película. Non coñecía nen o seu director, nen os seus actores, pero atraeume dende o principio. Xapón e unha terra sempre atraente para calquera, coido, e a pesar de estar rodeados da influencia xaponesa en moitos dos eidos da nosa vida, e dificil acceder a obras feitas ali, contando historias de alá.
Audición (ou Audition que dirían no mundo anglosaxón, ou Odoshi, que e como soa en xaponés) está baseada nunha novela de Ryu Murakami, un escritor xapones que seica é moi coñecido, en especial polas suas historias desenvoltas nun Xapón contemporáneo, lonxe dos tópicos.

E a historia dun home ( interpretado por Ryo Ishibashi) que perde a sua muller hay uns anos, e remata cun amigo, organizando unha audición (de ahí o título da película) par buscar noza. Alí atopa a unha que chama poderosamente a sua atención, e embárcase nunha relación con ela. E antes de seguir, dous detalles que poden parecer sen importancia: el ten unha productora que se chama , non chun-sao, nen nada parecido, senon "tierra". E cando vai cun amigo a tomar unha copa, pódese ver claramente coma o carón deles hay unha botella de tio pepe. Eu pensei que a este paso, a ver se non comenzarán a aparecer as botellas dun augardente de herbas. A relación complícase, e entre tanta sofisticación xaponesa, a cousa vai tornando dificil .

Ryo Ishibashi e crible, e inda que falase de sentimentos comúns a todos os humáns, e moi interesante ver o xeito que teñen en Xapón de levar unha relación de parella, e ver como están marcados os seus roles. E desas cousas que damos por feito que cada un ten a sua individualidade, e moitas veces non chegamos a ser conscientes do que herdamos da nosa sociedade a hora de ter un corportamento que dicimos que é individual.
A primeira metáde da película avanza de xeito tranquilo, e a segunda acelera seu ritmo narrativo de xeito incrible, ata o punto de preguntarnos se a historia segue sendo a mesma. O seu manexo dos planos, dos ambientes, o vestuario, as actitudes, so fan aumentar esta sensación.
O final, non podo contalo, pero lembroume cando algúns autoras e autores franceses falancha sobre a dondura e transcendencia da pel da mazá para rematar trabándoa.

Eu agora o que quero e saber que teño que facer para levar meus traballos por aquelas terras, o millor alí tamén queren coñecer nosas historias...

Comments:|Comentarios

dorfun on 14/08/2004
...non sei porqué, pero penso que teñen tanto ou máis interese na nosa cultura, coma nós na deles... ó mellor, polo seu xeito consumista de interesarse por todo o que ven de fora... ou polo feito de vivir nunha illa... ...aproveito para recomendarche unha que vin o ano pasado no festival de ourense, Dolls de Takesi Kitano, supoño que non será dificil de atopar...
Va! on 21/08/2004
pois eu tiña ganas d ve-la e agora xa teño mais, aber se podo pq co ke soen durar estas pelis no cine e/ou nos videoclubs tes ke ser rapido ke se non t kedas a dous velas. Creo que é a primeira vez que entro e Gustame moito a páxina, os contidos estan moi ben. http://tellaceibe.blogspot.com
dorfun on 02/09/2004
...remato de ver Audition, que vin gracias á túa recomendación... é unha sorte que non apareza aquí o teu número de teléfono... para despertarte esta noite cos meus pesadelos!!!... ;P
on 06/09/2004

guiriguiriguiriguiiiii........guiriguiriguiiiiiiiiii......guiriguiriguiriguiiiiiiiiiiiii(dorfun sabe de que falo)

Chuzame! chuzame -

os complexos dos españoles: photoespaña e os seus complexos

mércores, xuño 30th, 2004

Non, non e política.
As veces penso como fago para facer estos comentarios España-Galicia, pero non o busco: ven a min.
Falarei de arte.
Fotografía.
Hoxe achegueime a unha galeria dunha xente que fai moitas cousas ( como por exemplo photoEspaña). Alí dentro, un autor cubano cunha serie de fotos a cor enormes, contando unha historia.
Figura humana vestida, carallos en erección (sintoo, pero non podo poñer unha ligazon porque autocensuraron esa fotografia. Tanto presumir de liberdade e modernidade , para isto) e paisaxe catalana, aderezado por un uniforme das forzas de seguridade de Catalunya.

Ata aqui todo ben.
Teño eu mesmo feito series similares (de feito do que mais gosto e do espido e da paisaxe), inda que estudiando máis ben a figura human, precisamente sen utilizar esas connotacions que máis que políticas, non me aportarían moito .
Ben, achegome a entrada a pedir o currículo do artista, e dinme que non o teñen , que o teñen na sua web (aqui esta para quen queira velo. Iso si, esta en .doc , nada de formatos libres).
Despois, pregunteilles se non lle interesaba ver un proxecto que podía ofrecerlles.
Non.
E continuou dicindome que so expoñían a xente de fama internacional (¿¿??).
Enton a min cruzáronseme os cables, posto que inda que os artistas galegos temos presións de todo tipo a hora de limitar as creacións, e máis políticamente correcto apoiar a cubanos ( e por favor, que isto non lles soe a ataque. Refírome precisamente a que moitos que din apoiar a liberdade de creación no mundo, na sua casa teñen todo por barrer), pregunteille de novo que se non era un contrasentido primeiro expoñer mundo adiante e despois en Madri.
E enton comezou a mirar para os lados, tentando atopar unha resposta, seguramente nas paredes pintadas de branco casto.
Pero non a atopou, e dixome.
"si, asi e".
Asi que espeteille que en Dublin non tiveron problema par ver meu traballo.
Quedou pampa, e inda me deu tempo a darlle referentes concretos, por se dubidaba.
Claro, detalles asi sei que non soen contarse, pero e que non teño porque aturalo. Eu son o primeiro en ser comprensivo, posto que sei o complicadas que son algunhas cousas, os intereses que hay polo medio, e o mérito que ten sacar exposicións adiante, pero e que levo cinco anos asi (inda me lembro do cGac cando rexeitaron unha exposicion que lles propuxen en 1999 . Agardo que teñan a decencia de polo menos dicir que seus motivos terán , pero que non volten a afirmar da carencia que ten nosa terra de artistas).
E tamén teria que engadir que eu non son o único -a unica-, moitas e moitos pasan por isto, non estou dicindo ser millor nen peor que ninguén, máis se concreto e para comenzar a comentar o que non chega o público en xeral . Toda a vida traballando nalgo, e din que non e suficiente, que madri para arriba e para abaixo. E en madri, veña a falar de fora, polo que teóricamente un nunca fara nada, nen fora, nen en madri, nen na sua terra.
Pero velaqui que as veces somos quen de desafiar o sistema, e chegar o final sen pasar polo medio -madri- .
Pois naquel intre, visto que eran poucos argumentos, espetoume "si, e que os españois somos asi".
Eu quedei un chisco abraiado, vindoseme por terra o merito que lles asignaba por apostar por unha exposición que non e fácil de dar a coñecer, de xeito que resposteille " xa, o millor debe ser que non son moi español".
E asi foi a cousa, e non fun eu o que chegara a esa conclusión.
Todo resúmese en que sempre poñen barreiras que teóricamente nunca poderas sobrepasar, ou que pasaras estas cando xa e tarde. E velaqui o resultado se fas antes de tempo os deberes: e todo mintira.
Asi que despois de falar un anaco máis con esta persoa, e dicirme que si , que o millor botábanlle un ollo o proxecto, sain pola porta pensando en que se me din que non, cousa que sempre respetei e que nunca entro a valorar, eles o perden.
Como dixen doutra vez, a este paso sera cousa de probar sorte por Xapon ou Rusia. Máis que mérito hay niso. Se un non logra conectar coa sua xente, ¿de que sirve irse polo mundo adiante?
E así foi unha destas aventuras botandolle unha ollada a photoEspaña. O millor non era mala idea facer un certame galego, vistos que no de madri so teremos entrada indome a Urbequistán.
E agora que caio se vou a Urbequistan e enton abrenme as portas, ¿para cando se supon que terei espacio cos meus traballos galegos?
Vaia vaia, recoñezo que non me da a cabeza para tanto. Voume tomar auga, que hay 42 graos , e quedara para as lembranzas o uso da terceira persoa por parte das galerias

Comments:|Comentarios

Barnikel on 30/06/2004

Un nunca é profeta na súa terra, xa o sabes. É ben triste que teñas que acadar a fama fóra antes de ser recoñecido na casa, pero se o fas, cando voltes ó lar e che fagan homenaxes, lémbrate do que sintes ahora e cágate neles no medio do brindis da cerimonia. Que moitos son os que baixan os pantalóns e esquecen todo o que pasaron.

Chuzame! chuzame -

Katsushiro okama, a cuota láctea e os oligopolios neotelemáticos

mércores, xuño 9th, 2004


Estaba a ver de novo Akira e o comezo vin de súpeto explosións termonucleares, vacas mortas cun feixe de teléfonos escachados.
Non recurro os tripis, pero as veces chego a dubidalo.

Comments:|Comentarios

ajaspino on 06/07/2004

Creo que te confundiches mariano, é Katsushiro Otomo... aunque ben enténdese coa foto da portada... aunque eu teño outra. A min unha das partes que máis abraiado me deixan, aunque en tódalas esceas fico alucinando e vendo pastillas de cores, é a de tetsuo como 'emperador' semi-ciborg (*_*), sentado no seu trono de formigón... alucinante. Ainda non sei moi ben o que esa escea provoca na miña cacholiña, pero sego a pensar que non é nada nada bo.

Chuzame! chuzame -