Archive for the 'artes visuais' Category

fotos da viaxe a Madrid, ano 2004

xoves, abril 29th, 2004

colonial city

Xa subin o flicrk as fotos da viaxe a Madrid do ano 2004.

Podelas ver como fotos separadas.
Podedelas ver tamén como pase de diapositivas.

Chuzame! chúzame -

Os barrios marxinais da fundación telefónica

martes, abril 27th, 2004

la moraleja

(preme na foto para ler as anotacións da mesma)

están falando agora na tele (teño que vela máis) a mandrágora, un programa que se di cultural, no cal fala da obra de Joan Colom sobre o barrio chino de Barcelona, coa sua leica.

A leica e unha cámara que costa uns cartiños.
Agora as fotos de Colom amosanse pola fundación telefónica na Gran Vía madrileña.
Ben, o programa, a crítica, insiste en falar deses retratos de branco e negro sobre "as zonas marxinais de Barcelona".
A min o que me parece e unha prostitución das imaxes en si mesmas, asi que a miña crítica foi coller un bus e ir a Madrid, para facer un traballo sobre zonas interesantes, tales coma Gran Vía, a universidade , e La Moraleja, un barrio marxinal de madrid: so esta cheo de chabolas illadas do resto de Madrid, que a diferencia das chabolas normais, estas non están intercomunicadas, nen teñen máis vida social que a través do centro comercial.

A falta que teña claro dunha vez como abordar a estructura da seccion galega do meu sitio (admito suxerencias) velaquí a ligazon para ver esta serie sobre as zonas mais marxinais de Madrid. (por suposto, parodiando o traballo de Salgado e Colom, meu traballo foi levado a cabo cunha zorki )

Chuzame! chúzame -

zorki 4

martes, abril 20th, 2004
My last camera.
Well, at now I was using in 35 mm a Mamiya SLR and a Revue rangefinder.
In my last trip to Ireland, the Mamiya say bye and the Revue, the same.And, because that, I was withouth a 35 mm camera, and I had not many options:

  • leicas
  • konica hexar
  • contax G series (g1, g2)
  • And no more?
    Yes, other one, russian clones

    And because that, I began to see my options.
    At the end I find a Zorki 4.

    Zorki it's a copy of a Leica II .
    The Leica inspired many camera makers to copy its styling and mechanics, a whole museum could be devoted to these alone. The Zorki 4 came from the Krasnogorsk Mekanicheski Zavod (KMZ) which translates as Krasnogorsk Mechanical Factory in typical un-romantic Russian style. The same factory brought us the Zenit.
    The Zorki was one of the cheaper Leica copies, and still is, thus establishing its eligibility to be in this collection admirably. Made from 1956 to 1973, they are quite nicely made and finished, the whole back of the camera removes to get to the film - at this point some caution needs to be exercised as the take up spool is not captive.......good places to avoid changing film would be boats, fields of long grass and rope bridges! Fitted with Screwmount interchangeable lens and coupled rangefinder. Shutter speeds have to be set after winding on or the indicator doesn't align correctly.

    I began to use in a april 2004 series at Madrid, which you can see at the works area of the website.

    The camera looks great, and heavy too. At the moment, the results are over of what I spected.
    Nice camera.
    The photos are from the man, not from the camera.

    Posted by:|Feito por: MarianoGrueiro

     
    Comments:|Comentarios

    Agremon on 27/04/2004

    Phtos are from the man...good sentence!

    Chuzame! chúzame -

    As duas Galicias

    domingo, abril 4th, 2004

    as duas galicias

    As duas Galicias

    on 04/04/2004

    as duas galicias

    Facia tempo que non ia por alí.
    O Grove, e latoja,-atoxa (normalmente utilizo o topónimo a toxa, pero e probable que estea nun erro: namáis chegar a esa illa ves "a toxa" en pequeno,coma querendo correxir erros)

    Fun cun par de amigos, Santi e Payute, que nunca estiveran ali, e coido que deixelles unha lembranza indelebel, do que alí viron durantes os primeiros minutos.
    Coches, coches grandes e de cor gris ou azul.
    Pero cousas diferentes, non se sabia o que.
    Non eran as marcas de coches 'de representación' (din eles) ou de luxo (digo eu!).
    Non eran os hoteis con mais estrelas que a via lactea que leva de camiño a compostela, ou era a latoja o millor.

    O clú de golf.
    E alucinante.
    Santi puxo música de Chueca, que ademáis do nome dunha zona moi curriña de Madrid, e o nome dun compositor de zarzuela.
    Non puido ser millor a elección da banda sonora.
    Mentres o noso utilitario avanzaba lentamente, case mafiosamente sobre aquel cemento que facía de rua, meus compañeiros de viaxe miraban absortos polas ventás aquelas esceas de golf, case coma estampas vivas. Siluetas montadas en carriños de rodas pequeniñas, encerrados nunha alambrada, cuna eira de herba pequeniña, e xogando cun pao e unha pelota pequeniña.
    Había cousas pequeniñas, e cousas grandes.
    Os coches eran grandes, e as pelotas, pequeniñas.
    Os valados eran grandes, e as costas, pequeniñas.
    As eiras eran grandes, e os furados, pequeniños.
    Preferín non dicirlles nada os meus amigos, porque gústame que cadaquén se forme cadanséu criterio.
    E inda non me comentaron moito, pero farano.
    Eu admito que inda non teño moitos comentarios que facer.
    So que vin que a gracia do xogo e xogar co concepto da iconoloxía do grande e do pequeniño, algo que deixarei para outro artigo.
    Algún chámalle golf, pero eu coido que faino irónicamente.
    Coido que ese xogo e unha bomba semiótica.
    (oh, Mariano dixo que o golf e unha bomba semiótica!, dirá alguén preocupado)

    Despois , seguimos avanzando, ata chegar a zona dun embarcadoiro, onde fixen en decembro de 1998 unha das fotos do meu proxecto fin de carreira, adicado a costa da Galiza
    A foto titulábase "as duas Galicias".
    Nela, a unha beira, aparecía un embarcadoiro deportivo, pechado, cun sinal de "prohibido el paso". Na outra, podemos ver unha rampa, utilizado polos pescadores.
    Nela hay nasas (aparellos de pesca).
    A mar anda brava, lembro que de tanto vento que facía, tivera que termar do trípode, e pensei que os que estiveran pescando, de seguro que terían que facer uso da rampa.
    Pola contra, o embarcadoiro deportivo, estaba valeiro.
    Máis, paradóxicamente, mantiña unha cadea, e un sinal prohibindo o paso.
    Ou seña, que daba igual que te gañaras a vida pescando, non podias utilizalo, inda tendo temporal.
    O fondo o Gran Hotel da Toxa, varias estrelas.
    E o ceo, amenazador.
    Sobre quen , preguntábame.
    Cando un par de semanas depois, revelara o negativo, dérame problemas de densidade, pero solucioneino na copia final -despois de esforzos-.
    Abril de 2004, máis de cinco anos, coma pasa o tempo!, despois desa foto.
    Cinco anos despois voltei por alí, coa excusa de coñecer a pepi-luci-bom (omito nomes reais, pois elas saen con estes a rede), e vexo unha oportunidade de voltar o mesmo sitio.
    Cinco anos despois, inda non atopei xeito de publicar o proxecto. O millor non ten suficiente calidade, o millor non ten saida comercial. O soporte final non deixa de ser un libro, con todo o que iso conleva
    Cando pasou o ecocidio do Prestige, lembréime do proxecto: de súpeto, moitas persoas, ou máis ben entidades, preocupadas da costa galega.
    Vaia, tres anos despois do proxecto,de súpeto, interese.
    Máis foi temporal.
    Eu sempre me interesei e inda o fago, pola costa galega, motivo peremne de inspiración para moitas e moitos.
    Lembro que me deu problemas a hora de escoller como temática, a costa galega, porque tiñase coma moi vista, dicianme.
    Máis a visión de cada unha e subxetiva, persoal, e de ahí ven a orixinalidade e iso era outra directriz que abranguída no proxecto.

    Voltei onde fixera aquela foto, e que me atopo.
    Alquitrán.
    Alquitran,posto que ampliaran a zona de chegada, botándolle alquitrán.
    Iso e o que eu chamo atopa-las cousas con sorna.
    Vin que as cousas non mudaran moito.
    Non vin nasas.
    Asi que despois fomos a sentarnos a agardar, a agardar, a agardar, ata que o final atopámonos todas e todos, e botamos a tarde xuntos, falando.
    Falando de proxectos, de realidades, e falando de coña, e ata non falando.
    Que bo cando ves a alguen en persoa despois de coñecer a esa persoa na rede. E un luxo. Quedas con ganas de falar, pero falar en persoa directamente ten esas limitacións.
    O Grove ten un aquel que Ribadeo, so que máis, se ben e certo que Ribadeo ten certas esencias en cantidades moi concentrades, motivo polo cal iguálanse (comezo a pensar se os vasos comunicantes entre Ribadeo-O'Grove non seran estas seis persoas facendo un fluxo de datos)
    O camareiro da pizzeria era de Uruguay.
    Uns rapaces de Marrocos vendían cámaras a outros rapaces de Salamanca.
    O Grove como paradigma da rede.
    A cafetería tiña batidos e chocolate, e unha estanteria con varios libros.
    E servicios con espellos públicos, nos cales podías ver cine (se o levabas ti, e en tal caso, as mulleres que saian do baño, non lavaban as maos. O cal farianos pensar no motivo instrascendente de porque din iso dos homes, e que tera que ver todo isto co cine)
    E no cine hay intermedios, pero inda non descubrín porqué.
    E en pasados paralelos atopaste a ti mesmo. Vaia, coma o teatro. A ver se un dia destos puidera. Pero todo compénsase con outras cousas. Máis e fermoso ver a máis persoas con ilusión.
    En futuros hipotéticos veste a ti.
    Que tarde, precisa un de cousas asi.
    E o solpor sobre esa praia.
    E cunchas na area.
    E chapapote nos pes, xa tempo despois de que dixeran que todo rematou. Non existe.
    Friaxe nos pes da auga salgada.
    Pero iso so che da mais ganas de sair adiante.
    Ollos.
    Beizos.
    Bicos.
    E noite.

    Publicado tamén en Amigus

    Chuzame! chúzame -

    Unha serie urbana sobre unha vila rural

    xoves, abril 1st, 2004

    vandalismo?

    on 01/04/2004

    La villa, que lle chaman moitos.
    O lugar onde levo vivindo dende hay moito tempo.
    Hay tempo que queria poñerme con esta serie, pero fai pouco un amigo deume a excusa perfecta para poñerme con ela.
    Procurei poñer nela o que sinto por 'la villa'.
    Poderia quitarlle as comiñas. La Villa. Asi, como soa.
    Porque e lavilla en estado puro.
    Nestes últimos tempos, esta cambiando, como tantas 'villas' galegas.

    Todo moi amargo, coma os grelos.
    Son coma eses grelos que podes mercar os mércores no mercado.
    Grelos urbanos , entorno rural.
    Non fixeron palabras para falar diso.
    O entorno que chaman urban, e sen embargo e rural.
    O termo feismo, en troques, vaille moi ben para falar diso. Eu hay anos que o emprego, e sintome orgulloso del.
    Por suposto , non de que exista, pero si da sua aceptación, posto que iso significa aceptar esta realidade chea de arquitectos inútiles.
    Un dia destes falarei do ambiente da arquitectura actual.
    So engadirei que eu son o primeiro en vivir en casas feíticas e que non sei como moitos aturan ter unha constelación de mulleres e homes que se autodenominan arquitectos e fan edificios de cristal en Madri, edificios que despois para enfrialos hay que recurrir a contaminar Galicia. Se iso e ser arquitecto eu son tonto do cú. Cada vez que pasas por aldeas nas que so vive unha aboa e un par de marelas, e botas unha ollada seria os muros e coma estes van a nivel , botas en falta estudios con maior profundidade da arquitectura tradicional galega.
    O feismo temos que reclamalo coma algo propio, coma a emigración. Non e desexable que sega a pasar, pero pasou e pasa.
    Un dia farei un libro, como eses da Taschen. (e por qué non da Taschen?), enooooormes, con moitas cores, e que fale do feismo galego, en tódalas sua s variedades.
    Un dia estudiarase nas facultades , para saber que non hay que voltar a caer niso. Un dia os arquitectos farán casas asequibles, e sen embargo con xeito.
    Mentres, inda que tamen fago fotos de palleiras, arquitectura fisno e demais, tamen o fago do feismo, posto que é o que vexo a diario.
    Sei que isto parece un argumento razonable, pero as veces non o é.
    Fixen as fotos cunha TLR de formato medio, unha Mamiya c330. Últimamente é a única camara que utilizo, co seu 80 mm 2'8.
    Diane Arbus[vaia obra e vida a desta muller!] tamen colleulle agarimo a un equipo similar:
    (entereime hay pouco: The exhibition material also said she later used a Mamiya (a "Mamiyaflex") and just before she committed suicide, she was trying to save up money to buy a Pentax 6x7 that she tried and liked very much but never used extensively.">"The exhibition material also said she later used a Mamiya (a "Mamiyaflex") and just before she committed suicide, she was trying to save up money to buy a Pentax 6x7 that she tried and liked very much but never used extensively." - " O material da exposición tamén dicía que ela utilizara unha Mamiya, e xusto antes do suicidio, estaba tentando aforrar para mercar unha Pentax de 6x7, que ela probara e gustaballe moito, pero nunca poidera utilizala demasiado" (vaia, isto de descubrir o dos cartos e para enfadarse. Logo morres , e depois diran de ti "mira, mira o seu torturamento facendo fotos dos iocalitos. Cabrons miserentos famentos de canapés . De certo xeito, cando coñecin a vida e obra de Sylvia Plath, dixenme, vaia outra muller con xeito, mais que tivo unha vida dificil e que caeu no furado. Lin un pouco de Sylvia o outro dia e gustoume moito. Millor dito, axudoume. As veces so os que chegan a certos sitios, son os únicos que poden axudarche a sair deles ).
    , para facer fotos de frikis. O mesmo que digo eu, ela tamen sentíase friki, e un dia non puido máis e tirouse pola ventá, porque as veces, miras pola ventá e todo e un noxo moi grande.
    Iso foi unha magoa, era unha fotógrafa magnífica, máis as veces tes que estar tan preparado a hora de facer fotos, como de soportalas.
    Máis insisto, que fotógrafa tan boa, da que tanto aprendín e tanto me influiu, sobre todo , inda máis que a obra, a seu xeito de pensar, "a maior parte da xente teme pasar pola sua vida, unha experiencia traumática. Os frikis naceron cos seus traumas, eles xa pasaron a proba. . Son aristócratas".
    A película.
    Eclecticismo.
    Plus-x caducado de foto Artús (se ides, preguntade por el, que inda lles quedan varias caixas: ninguén o quere). (dixen que preguntedes, se non están, coma sempre, ocupados en vender máis e máis e máis cámaras dixitais carísimas...ben, recoñezo que cando hay pouca xente soen dar un bo trato persoal)
    Exposto a 500 ASA, revelado con ID-11.
    Tamén TMax 400, tirado a 1600.
    Qué por qué vai forzada a película? Ben, foron cousas do directo.
    Tamén hay fotos -que decidin non poñer nesta serie- feitas con Ilford delta 3200 [lembro cando descubrin esta película xa hay anos, en Portugal, e que preguntei en Artus se o tiñan. Ben, non so me dixeron que non o tiñan, senon que "una cosa asi no existe".. Nin que decir ten que un par de semanas despois xa estaba mercándoa en MAdrí. A eterna relación amor-odio coas tendas). É unha pelicula interesante, sobre todo cando queres traballar cun 2'8 de noite en interiores e non podes levar trípode.
    Se a alguen lle interesa, teño copias en 20x30 [o tamaño da imaxe e 19x19] da serie. hehe, máis baratas que as de outro bo fotógrafo galego [10 euros, logo non digades que no comercio de posters da rua Real da Coruña non atopades a fotógrafos galegos, se non nos dades oportunidade....]

    Posted by:|Feito por: MarianoGrueiro

    Comments:|Comentarios

    Agremon on 05/04/2004
    OK. Only OK. But... what difussion? ... Can you create your own entry (as registered user) in gl.wikipedia.org and shown the address of your pages? You has collaborate to the diffusion of galipedia!
    mariano on 06/04/2004

    ok Agremon.

    Chuzame! chúzame -

    Candles at Madrid

    luns, marzo 22nd, 2004

    Last days I was at Madrid.
    On 14-M, the same day of the elections and three days after the train blast, I did a work [i began to upload it to the website] at Atocha and El Pozo rail stations about the tribute of the people to the victims.
    I still have not many words to say .
    Too shocked to say anything.
    Peace and love, only this.

    Chuzame! chúzame -

    “…perdooche”

    sábado, febreiro 21st, 2004

    O onceese fixo esquecer cousas como que algunhas empresas farmacéuticas presionaban xa daquela para que non se proporcionasen medicamentos os enfermos de sida en África.
    Ou que parte das mesmas empresas, apoiadas polo goberno estadounidense, fixeron un programa para comercializa-los coñecementos mayas , programa chamado ICBG-Maya.
    E isto vai na sección de fotografía: No xornal El mundo sae unha exposición de Sebastiao Salgado, con fotos sobre como se dan vacunas a cativos afectados da polio. Arriba a dereita, un anuncio da compañía que participaba nas actividades antes mencionadas.

    O momento decisivo, unha mao cun reloxo dixital vello, tende unhas gotas para ese cativo que dese xeito escaparase dunha morte certa.
    Se na Galiza pedimos unha axuda para viaxar a esas terras para documentar esa realidade, toda axuda e negada (por favor , quen diga o contrario, que contacte comigo: se rexeito o ofrecemento, comprometome a facelo público, pero que non diga que non se informa do que pasa na África porque non hay quen o conte)

    Xa podo ver na inaguración da exposición, entre canapé e canapé de caviar , as maos sinalando a esa "preciosa gradación de grises", a "esa iconografía que queda tan ven reflectida pola Leica de Salgado".

    Eu antes tamén tiña unha mar salgada.

    Antes de que moitas desas manos emporcadas de caviar apuntaran a miña terra. E agora non falan dela. Non está ben. Falemos dos problemas de toda a pobre xente que morre porque ten que morrer, mentres nos o primeiro mundo ¡ oh salvadores do universo! dicímoslle cual emperador roman "perdooche".

    Un pregúntase se isto está ben. Sempre digo que o millor mañá serei eu quen teña que facelo, pero cústame mentalizarme diso. Unha cousa e que un ceda para que as cousas se leven a cabo, outra apoiar unha empresa que está a condenar a xente a morte, mentres patrocina o traballo dun famoso fotodocumentalista.

    Cando menos, habería que reflexionar, dun xeito ou doutro , algo sacaremos en limpo.

    Chuzame! chúzame -

    Stein e o ecocidio

    luns, xaneiro 5th, 2004

    Stein e o ecocidio
    on 05/01/2004

    Non quero meterme co traballo do meu colega Norman Stein, pero si matizar o seu traballo sobre Galiza. Explicome. Fai uns meses publicou un almanaque con fotos da marea negra do prestige. E parte das ganancias iran a parar a organizaciòns ecoloxistas. Iso non me parece mal.

    Pero o que me parece moi mal e que se fale de "catàstrofe". Non pedimos a xente que nos visita que se fagan uns expertos en cultura galega, a nosa iconoloxia, desgracias e heròes. Non. Pero nunca que non chamen as cousas polo seu nome. Isto non e unha desgracia, nen unha catàstrofe. E tampouco mala sorte. Nen tampouco unha desgracia divina. Por iso non participei na selecciòn de fotos que organizaba o colexio de xornalistas de Galicia. O igual que no caso de Stein, pareceme estupenda a labor de divulgaciòn que fan, pero non queria que aparecese miña obra baixo o amparo da palabra . catástrofe

    Allan Sekulla falaba no 2003 de iconoloxía, de percepción, de cousas moi interesantes, pero tamén falaba de catástrofe industrial. Él e , ademáis de fotógrafo, escritor e crítico.
    Él foi o que expuxo sobre o prestige. El ten a voz, porque danlle voz. E coa sua voz, deixa para a historia, coa obxetividade dun fotógrafo, coa rigurosidade dun escritor, coa valentía dun crítico....que isto e sinxelamente unha catástrofe industrial da cal falar coma icono da sociedade.
    Tal vez será un icono, pero non das catástrofes industriais. E a sua análise atópase valeira, pola carencia da experiencia.

    Mais dende Alemaña poderemos mercar o seu discurso. Discurso que non tardou moito en facer. Todo un profesional.
    Eu en contra, que tamen estou tentando deixar constancia da situación , vexo que so acabo de comezar. Cando teña mais traballo feito, supoño que estaría ven contactar coa editorial de Allan.

    Gracias precisamente a tentar reflectir a realidade do que esta pasar no seo da nosa sociedade (non as miñas ideas, senon o que chega a min: tan so subxetivismo obxetivo), logrei que a obra que adico a marea negra do prestige, pasara cen veces màis desapercibida que moitos aficionados que presentaron a sua obra en diferentes exposiciòns. Temos que ser coherentes e chama-las cousas polo seu nome. Poderemos quedar sen axudas, sen terra ou sen saude. Pero non podemos deixar de chamar as cousas polo seu nome. E dado que o petròleo non sae polo momento dos carballos, haberia que mirar dende porque pasaba pola costa ese fuel, de quen era, onde ia, porque parou no mar, porque do mar chegou a costa, porque segue na costa, porque din que non existe fuel ningun. Vou parar, que estas son outras historias ¿Què como lle chamo eu o que pasou ? Ecocidio

    Comments:|Comentarios
    João on 07/01/2004
    Eu puxera-lhe já no seu dia, eco-atentado, mas eco-cidio vale-me igual. Nunca Nunca na vida vou esquecer o som das máquinas escavadoras na praia, pitando ao dar marcha atrás, mentre o cheiro da peste essa te marea, e o vento zoa, e nom podes falar com ninguem...

    Chuzame! chúzame -

    o saco dos inocentes

    venres, decembro 5th, 2003

    GlendaloughFotógrafos, xornalistas, escritores, artistas e demais fauna : xa podedes estar orgullosos. Hay un ano chegastes a miña terra. Por quinta vez. Ou séptima. Perdín xa a conta dos buques que se votaron a durmir nesta curva perigosa do trafico marítimo internacional no que queren reducirnos. Para uns cantos só somos iso, sen historia, sen cultura.... sen nada. Non sei porque non traen as excavadoras e nos quitan do medio, así acababan con esta curva. Menos mal que inda temos memoria. Que dicir hoxe.

    Deume vergonza allea todos estes fotógrafos que chegaron de tódalas partes do mundo para facer carnaza de nosa desgracia. Seino, sei esa pregunta que anda no ar, porque non ir eu, que teño a sensibilidade de vivir estas mareas negras dende que era cativo. Ese tipo de de sensibilidade que desenrolas cando ata tes doencias cronicas debido os verquidos. En fin, supoño que me dixen que xa habería bastantes facendo a labor de berrar imaxes. Pois coido que a sexta vez si que irei, porque... ¿u-los fotógrafos todos ? ¿En Iraq ? ¿U-la súa verdade ?

    So hay unha vez na cal non puiden conterme. (outro día falarei dela)

    Xa pasou un ano. Ben, non dependo de ninguén. Iso as veces é un problema, agora só quero contar a historia do que pasa. Se non ¿que futuro queremos ? ¿turismo ? ¿industria ? ¿Qué clase de turista voltará se é enganado ? É só un exemplo.

    A verdade, é mala sorte cando túas fotos non falan das nenas que son noxentamente prostituidas en Asia ou da loita dos zapatistas, ou dos Cadillacs en La Habana. Quen quere saber nada de nós, dinme. Como se foran poucos os galegos que queren saber o que pasa. A pregunta tería que ser re-enfocada, ¿u-los críticos de arte, ou concretamente de fotografía ? ¿non falan dos autores que nos adicamos a falar da nosa terra ? ¿Qué pasa cos profesores de Historia da Arte das nosas facultades ? ¿Qué pasa cos do resto das facultades (xornalismo, etc) ?

    ¿Será que só e moi "cool" falares da obra de autores de hay 50 anos ? non ¿Será que a os títulos das nosas obras non son "a spanish village" ? tampouco ¿O millor sera que tes que facer fotos de Kosovo, de Iraq ou de fora ?

    NON. Acabo de vir de Irlanda do Norte. Por suposto, pola miña conta (o que os "cool" chaman freelance). Pero non fixen o que outros fixeron con nos hay un ano. Non fun alí a facer fotos dos tópicos, senon a amosar a miña visión do seu camiño cara a paz, e no eido da paisaxe, a fermosura desa terra irmá.

    Fagan apostas ¿cal será a seguinte excusa para ignorar os que falamos da terra ? Pois agardar a que o fagan dende fora, dese xeito seguirán atrasados e insensibles, pero maior será o medo o ridículo. Pois tanto ten, coido que hay moito por facer sen falar de xente que ten coma único mérito traducir textos do inglés o castelán, para despois ensinarllos a nosa mocidade. O dito : queda moito traballo por facer.

    Mais as veces, realmente, non o entendo. Non acerto a entender cando utilizas a túa terra coma referente e algún xa califica a obra de política ¿ ?. Pois bendita política, pero un non entende esas cousas, se non anda en politica e as únicas armas que coñece son a sua cámara e o seu teclado. Coime. Debo ser moi inocente, porque se non que alguén me explique porque nas revistas de fotoxornalismo só falaron de nós coas imaxes icónicas dun buque partido en dous. Por certo , ¿Algún de vos preguntouse o por qué de atopar só unha firma detras desas fotografías ? Ben, esas fotos foron premiadas, pero eu o premio daríallo a mala persoa que fixo que nese avión que sobrevoou o buque, so levara a un fotógrafo determinado.

    Non, tranquilos, eu nunca quixen ir nese avión, dende o principio dixen que xa habería traballo de sobras para os fotógrafos que quixeran, un ano despois de que pasara todo. Así é. E con iso non quero nen negar nen apoiar versións oficiais. O único que sei é, respecto o meu oficio de deseñador gráfico e fotógrafo, que tiven que buscar traballo fóra, posto que aquí non o atopo. Así págasenos os que queremos quedar na terra. Máis incógnitas o saco dos inocentes.

    Vamos,batédelle o saco. Batédenos os que queremos quedar, si, dádenos máis, máis forte, nós culpaveis de crer en nós e nesta terra. Imbéciles de crer que podemos facer algo sen ter bonos de mariscadas. Pero que saberei eu da vida ? Que saberemos nos, que só sabemos darlle un boton ?

    Repaso o anteriormente escrito e vexo información desestructurada. Confío na vosa intelixencia, hoxe non é o día para concentrarme no traballo.

    Hoxe é o aniversario.

    Cumprese un ano do novo día de Galiza.

    Acabouse SantiagomatamorospatróndeEspaña. Chegou o novo día do pobo. Un díá gañado a pulso. E aproveitarei para lembrarme dun proxecto agora en pausa. Fixen no seu momento un documental sobre o 1-12-2002, traballo que pensaba continuar con entrevistas ás persoas que participaron nela, un ano despois. Entrevistas voluntarias e sen censura, sen importar que fosen donos de iates ou furtivos, crear un espacio de opinión. Pero non puido ser. O equipo que ia utilizar para facer isto morreu o día mesmo que decidín non apagar a cámara o 1-12, aquel día de tanta choiva.

    Mentres sostiña a cámara, aquela mesma cámara que rexistraba o audio do discurso de Manuel Rivas, da canción de Uxia, de todo o pobo galego naquela praza, a cámara diciame adeus. Un ano despois non me arrepinto de facelo, mais o que queira que continue o proxecto, xa está tardando en mandarme un equipo (¡coime : que mañá dous de decembro e o meu cumpreanos !). Este é o problema que ten non ter unha productora subencionada, non vives dos teus documentais porque non se votan pola tele. E os que se pregunten polo mercado internacional : xa o tentei, pero polo de agora non hay interese. Admítense -digoo de verdade- suxerencias.

    Vexo que isto que xa non sei se chamar artigo, ten cada vez menos fíos conductores. Novo erro ; isto é unha materialización en palabras do noso ecocidio e a súa repercusión caótica na natureza. Así que ollo, quédanme un par de cousas por dicir dos que nos adicamos a centrar a maior parte da nosa obra na nosa terra por decisión propia. Un día fixen un traballo sobre a costa galega. Votei varios meses. Quixen sacalo a luz (é inédito na sua maior parte) mais só atopei pegas, risas e complexos. Hoxe todos falan da costa galega, e o traballo segue inédito (se vedes o meu nome nalgún recuncho perdido de Dublín ou Belfast ; si, son eu, esa xente tivo un maior interese). E tamén hay pouco tiñamos unha exposición dun autor de excepcional calidade, que facía fotos da súa terra. E el si que tiña cabida (Falovos de Ansel Adams, estou traducindo a sua biografía -inédita en castelán e galego- o galego ¿algunha editorial interesada ?), máis, ¿cal e o motivo de que autores similares galegos non teñan cabida. E por favor, inda que estea dando exemplos propios, e no ámbito da fotografía, non o tomedes ó pe da letra coma unha reivindicación persoal : refírome por suposto os fotógrafos e demais autores galegos, e se dou detalles e para deixar patente esa realidade (gustaríame dar detalles sangrantes sobre moita xente, pero iso sería falar da súa intimidade : cada quen e libre de compartila ou non).

    Ben, pasou un ano, esquecede se queredes todo o anterior pero quedádevos con isto : temos que seguir cara adiante, e temos que seguir entre todos. O traballo de todos é imprescindible.

    publicado en decembro de 2003 en andar21

    Chuzame! chúzame -